Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S. A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal desta empresa pública para as categorías profesionais de xefe de brigada e peón especialista, perfil Prevención/Defensa/Extinción de incendios forestais, ámbito Parque Nacional Illas Atlánticas.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para as categorías profesionais de xefe de brigada e peón especialista, perfil Prevención/Defensa/Extinción de incendios forestais, ámbito Parque Nacional Illas Atlánticas.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga, (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2012

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.