Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2012 Páx. 32144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 213/2008, do 18 de setembro (DOG núm. 187, do 26 de setembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 13 de xuño de 2012, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas que lle serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no Concello de Santa Comba e na zona durante o prazo de trinta días naturais, de conformidade co establecido na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no Concello refírense á determinación do perímetro, á clasificación de terras, á fixación dos coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, que contarán desde a notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo de Monelos, praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 27 de xullo de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña