Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2012 Páx. 33025

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 31 de xullo de 2012 pola que se convocan probas selectivas para cubrir seis prazas da categoría profesional técnico especialista en Informática, especialidade Desenvolvemento de Sistemas, grupo III, tres pola quenda de promoción interna e tres pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 14 de agosto, cómpre facer as oportunas correccións.

Na páxina 32732, onde di:

«ANEXO II

Programa»

Debe dicir:

«ANEXO II

Denominación das prazas: técnico especialista en informática, especialidade desenvolvemento de sistemas

Programa»

Na páxina 32736, onde di:

«ANEXO III

Tribunal»

Debe dicir:

«ANEXO III

Denominación das prazas: técnico especialista en informática, especialidade desenvolvemento de sistemas

Tribunal».