Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35138

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 22 de agosto de 2012 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 10 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (código de procedemento MT984B).

A Orde do 10 de abril de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 83, do 2 de maio, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a pequenas e medianas empresas de Galicia para o financiamento de proxectos relacionados coa prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental na nosa comunidade autónoma.

Esta convocatoria de axudas, cofinanciadas polo Feder, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e identificadas co código de procedemento MT984B, establece no seu artigo 9, punto 1º, o seguinte: «O período subvencionable para a convocatoria que se abre por medio desta orde abranguerá os gastos relativos ás actuacións subvencionables a que se refire o artigo 4, realizados pola entidade solicitante:

• Entre o 1 de decembro de 2011 e o 30 de novembro de 2012, ambos inclusive, para as seguintes actuacións subvencionables:

– Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire (art. 4, punto 2º, letra a).

– Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2º, letra b).

– Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2º, letra c).

• Entre o 1 de decembro de 2011 e o 30 de xuño de 2012, ambos inclusive, para as actuacións incluídas no punto:

– Implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental-EMAS (art. 4, punto 2º, letra d)».

Por outra banda, o artigo 15 desta orde, no seu punto 1º, ao se referir á xustificación das subvencións, sinala que: «A data límite para dar cumprimento, por parte do beneficiario, da obriga de xustificación da subvención e solicitar o pagamento da subvención outorgada será o 30 de novembro de 2012».

Este mesmo artigo 15, no punto 3º, letra c), indica que a data límite para «as facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa (…) e a documentación acreditativa do pagamento» terán como data límite para a xustificación dos proxectos incluídos nas letras a), b) e c) do artigo 4 o 30 de novembro de 2012. Para as actuacións sinaladas na letra d) do artigo 4 a data límite das facturas será o 30 de xuño de 2012.

Así mesmo, o artigo 19, punto 1º, establece que «As actuacións subvencionadas deberán estar rematadas:

• O 30 de novembro de 2012, as incluídas nos seguintes puntos do artigo 4 da orde:

– Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire (art. 4, punto 2º, letra a).

– Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2º, letra b).

– Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2º, letra c).

• O 30 de xuño de 2012 as incluídas no seguinte punto do artigo 4 da orde:

– Implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental-EMAS (art. 4, punto 2º, letra d).

Tendo en conta a data de resolución das devanditas axudas, motivada polo elevado volume de solicitudes recibidas, o longo proceso de avaliación e atrasos experimentados na tramitación das emendas e, co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación por parte dos beneficiarios resultantes, sen que con iso se cause prexuízo a terceiros, considérase necesario introducir modificacións na redacción dada aos artigos 9, punto 1º; 15, puntos 1º e 3º, así como ao artigo 19, punto 1º da Orde do 10 de abril de 2012.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modifícase o artigo 9, punto 1º, da Orde do 10 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás pemes para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, que queda redactado nos seguintes termos:

«O período subvencionable para a convocatoria que se abre por medio desta orde abranguerá os gastos relativos ás actuacións subvencionables a que se refire o artigo 4, realizados pola entidade solicitante:

• Entre o 1 de decembro de 2011 e o 15 de decembro de 2012, ambos inclusive, para as seguintes actuacións subvencionables:

– Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire (art. 4, punto 2º, letra a).

– Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2º, letra b).

– Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2º, letra c).

• Entre o 1 de decembro de 2011 e o 30 de xuño de 2012, ambos inclusive, para as actuacións incluídas no punto:

– Implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental-EMAS (art. 4, punto 2º, letra d)».

Artigo 2

Modifícase o artigo 15, punto 1º, desta mesma orde, que queda redactado no xeito seguinte: «A data límite para dar cumprimento, por parte do beneficiario, da obriga de xustificación da subvención e solicitar o pagamento da subvención outorgada, será o 15 de decembro».

Neste mesmo artigo 15 modifícase tamén o punto 3º, letra c), ordinal segundo, cando se refire á documentación exixida para a xustificación da subvención outorgada, que queda redactado así: «As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior e a documentación acreditativa do pagamento. A data límite das facturas achegadas para a xustificación dos proxectos incluídos nas letras a), b) e c) do artigo 4, será o 15 de decembro de 2012. Para as actuacións sinaladas na letra d) do artigo 4, as facturas terán o seu límite o 30 de xuño de 2012».

Artigo 3

Modifícase o artigo 19, punto 1º, da Orde do 10 de abril de 2012, que queda redactado nestes termos: «As actuacións subvencionadas deberán estar rematadas:

• O 15 de decembro de 2012, as incluídas nos seguintes puntos do artigo 4 da orde:

– Investimentos das empresas solicitantes co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera ou unha mellora da calidade física e química do aire (art. 4, punto 2º, letra a).

– Investimentos das empresas solicitantes destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos (art. 4, punto 2º, letra b).

– Estudos de análise e avaliación de riscos ambientais en instalacións industriais (art. 4, punto 2º, letra c).

• O 30 de xuño de 2012 as incluídas no seguinte punto do artigo 4 da orde:

– Implantación e mantemento no Sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental-EMAS (art. 4, punto 2º, letra d)».

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas