Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37434

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de setembro de 2012 pola que se fai pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, define no seu artigo 14 o consello social como o órgano de participación da sociedade na universidade, indica que debe exercer como elemento de interrelación entre a sociedade e a universidade, e remite en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros á lei da comunidade autónoma correspondente.

A Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema universitario de Galicia, regula o consello social de cada unha das universidades públicas que integran o Sistema universitario de Galicia como órgano colexiado de goberno da universidade que garanta a participación da sociedade na vida universitaria galega.

O artigo 7 desta lei determina a composición do consello social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros.

Neste sentido, as universidades do Sistema universitario de Galicia, en uso das súas competencias, procederon á designación dos representantes que lle corresponden segundo o disposto no artigo 7.2 da citada Lei 1/2003, do 9 de maio.

Neste sentido, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 7.3 da citada Lei 1/2003 remitiulle aos consellos sociais respectivos e estes á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a comunicación coa designación dos seus representantes. Así mesmo, recibiuse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da citada lei, o documento de non incorrer en incompatibilidade.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Juan José Casares Long, reitor da universidade.

– Lourdes Noya Ferreiro, secretaria xeral.

– Lourdes Batán Aira, xerente.

– Julio Seijas Vázquez, en representación do profesorado.

– Adrián Dios Vicente, en representación do estudantado.

– Antonio Pérez Casas, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).

II. En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez.

– Enrique Feáns García.

– Jesús Couceiro Rivas.

– Raúl López López.

– Isabel Salazar Bello.

– José Sierra Fernández.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Manuel Puga Pereira, presidente do Consello Social.

– Carlos Martí Mallén.

– Mª Marta Álvarez Montes.

– Manuel Luis Silva Constenla.

– Miguel Ramón de la Calle Amaro.

– José Manuel Chousa Vázquez.

– Blanca de Cora García-Montenegro.

c) Designados polos sindicatos:

– Jesús Otero Calvo, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT).

– Marta Ferreiro Fernández, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– Jesús José Chenel Noya.

– Jesús Méndez Álvarez-Cedrón.

– Carmen Fernández Vilas.

– María Caeiro Rey.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Francisco Martín Iglesias (Lugo).

– Rebeca Domínguez Iglesias (Santiago de Compostela).

Artigo 2

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Xosé Luis Armesto Barbeito, reitor da universidade.

– Carlos Amoedo Souto, secretario xeral.

– Juan Manuel Díaz Villoslada, xerente.

– Ricardo Cao Abad, en representación do profesorado.

– José María Castrillo Neira, en representación do estudantado.

– Nuria Vieira Sousa, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).

II. En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Emma Lustres Gómez.

– Marcelo Castro-Rial Schuller.

– Carmen González-Rosón Flores.

– Alfonso Manuel López Pena.

– Ángel Manuel Teijeiro González.

– Andrés Vicente Salgueiro Armada.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social.

– Nona Inés Vilariño Salgado.

– Isidro Silveira Rey.

– José María de Miguel Gómez.

– Marta María Blanco Vispo.

– Rosa Carril Iglesias.

– Nuria Blanco Santiago.

c) Designados polos sindicatos:

– Fernando Vázquez Martínez, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT).

– Raquel Parada Serantes, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– Francisco Santiáñez Orero.

– Daniel Ramos Lobón.

– José Ramón Romero García.

– José Venegas Alonso.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Francisco José Mourelo Barreiro (A Coruña).

– Mª Concepción López Fernández (Ferrol).

Artigo 3

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da universidade.

– Inmaculada Valeije Álvarez, secretaria xeral.

– Manuel Fernández Jáuregui, xerente.

– José Manuel García Vázquez, en representación do profesorado.

– Estevo Sánchez Gálvez, en representación do estudantado.

– Carlos Mollinedo Lois, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).

II. En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– José Natalio Blanco Sierra.

– Antonio Coello Bufill.

– Julio Estévez Fernández.

– Xesús López Carreira.

– Mónica Vázquez Blanco.

– Natalia Zunzunegui Garrido.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social.

– Daniel Barata Quintás.

– José Manuel Díaz Barreiros.

– César Blanco Gómez.

– Ana Isabel Vázquez Reboredo.

– Marta Iglesias Bueno.

– José Manuel Figueroa Vila.

c) Designados polos sindicatos:

– Xosé Paraños Pardo, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

– Marta Dacosta Alonso, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– Javier Garrido Valenzuela (Pontevedra).

– Emilio López Fernández (Ourense).

– Flora Castro González (Ourense).

– Jorge Cebreiros Arce (Vigo).

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Federico Pérez Mato (Ourense).

– Agustín Fernández González (Pontevedra).

– Xulio Calviño Rodríguez (Vigo).

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria