Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2012 Páx. 38070

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 18 de setembro de 2012, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:

a) 5 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.

c) 1 bolsa de formación en publicacións.

d) 2 bolsas de formación en informática.

e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

As bases están dispoñibles no BOPG número 763, do 25 de setembro de 2012, e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais desde o seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia