Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38302

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 28 de setembro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000 e a súa convocatoria para os anos 2012, 2013 e 2014.

Ao abeiro da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres (tamén coñecida como Directiva Hábitat), a Rede Natura 2000 xorde como unha rede coherente, ecolóxica e representativa de espazos naturais coa contribución de todos os Estados membros da Unión Europea, e ten como obxectivo principal asegurar o mantemento nun bo estado de conservación das mellores manifestacións da biodiversidade europea, ideada tamén para fomentar o equilibrio harmónico entre as actividades sociais e económicas que neles se levan a cabo e a calidade de vida das persoas que os habitan.

A Rede Natura 2000 está conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e lugares de interese comunitario (LIC).

En Galicia foron declaradas dezaseis zonas de especial protección para as aves (ZEPA), que abranguen 101.134,9 ha de extensión. A parte mariña integrada nas ZEPA galegas comprende 12.772,1 ha, mentres que a parte terrestre representa o 3 % da superficie total de Galicia. A contribución das ZEPA galegas á Rede Natura 2000 céntrase especialmente nos ecosistemas costeiros, cun total de once ZEPA, que inclúen illas, acantilados mariños, praias, rías ou esteiros. As ZEPA de montaña acollen, entre outros medios, monte baixo, bosques e zonas rochosas.

Na actualidade, a Rede Natura 2000 está representada en Galicia, ademais das ZEPA, por 59 lugares de importancia comunitaria (LIC), que suman unha superficie total de 374.434,8 ha das cales unhas 27.110 ha corresponden a áreas mariñas. A extensión terrestre dos LIC representa o 11,7 % da superficie de Galicia. A maioría dos espazos sitúanse na rexión bioxeográfica atlántica (49 LIC), catro están na rexión mediterránea e seis repártense entre ambas as dúas rexións, e abranguen no seu conxunto unha variada mostra de ecosistemas costeiros, fluviais e de montaña, entre outros.

Por último, cabe destacar que todos estes espazos (tanto as ZEPA como os LIC) foron declarados como zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril, consonte o establecido no artigo 16 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia.

O Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013 constitúe a resposta ás disposicións do Regulamento (CE) 1698/2005, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e un dos seus obxectivos prioritarios é a promoción dun desenvolvemento rural sustentable en toda a Comunidade a través de actuacións orientadas cara ao crecemento, á creación de emprego e ao desenvolvemento sustentable, focalizando os recursos nas medidas que fagan de Europa, en xeral, e dos seus Estados membros, en particular, un lugar máis atractivo para investir e traballar, e fomentando o coñecemento e a innovación como motores do crecemento.

O PDR articúlase en catro eixes fundamentais de actuación, que se corresponden cos enunciados no Regulamento 1698/2005, dos cales o segundo se denomina «mellora do ambiente e do contorno natural».

Desde esta perspectiva, a Rede Natura 2000 preséntase non só como un instrumento de conservación do medio natural, senón como un referente de sustentabilidade que brinda a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego. Neste senso, as denominadas «axudas a investimentos non productivos» (medida 21600 do PDR) constitúen un mecanismo idóneo de intervención nestas zonas.

Estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia.

O que se pretende coa publicación destas axudas é dar resposta e estes obxectivos fomentando e aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras.

A experiencia adquirida na xestión destas axudas fai conveniente introducir algunhas modificacións que afectan o sistema de xestión. Así mesmo, en adaptación á nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, e coa finalidade de facilitar o acceso ás bases reguladoras nun só texto, óptase polo establecemento na presente orde do texto definitivo das bases reguladoras para a concesión das axudas, que reflicten o contido definitivo despois das modificacións.

O réxime xeral das axudas e subvencións na nosa comunidade autónoma establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

O Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación co Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, que modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, e o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que no seu artigo 3 establece unha nova estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á cal se lle adscribe a Dirección Xeral de Conservación da Natureza atribuíndolle, dentro das súas competencias, as referidas á conservación da natureza e ao fomento de medidas de desenvolvemento socioeconómico dos espazos naturais protexidos.

De acordo co anteriormente exposto, respectando os contidos da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, da Lei estatal 42/2007, do 13 de decembro, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Finalidade e obxecto

O obxecto desta orde é regular as bases do réxime de axudas para a execución de accións que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a recuperación de especies historicamente relacionadas coa actividade agraria en zonas da Rede Natura 2000, así como a conservación e/ou restauración de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional coa finalidade de incrementar nas explotacións agrícolas, o valor de recreo público das zonas Natura 2000.

Así mesmo, procédese á súa convocatoria, correspondente aos exercicios orzamentarios dos anos 2012, 2013 e 2014.

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderanse acoller ás axudas desta orde os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie na Rede Natura 2000, na súa condición de entidades xestoras destas superficies.

2. As ditas entidades locais deberán concorrer individualmente e admitirase unha única solicitude e proxecto por concello, na cal se debe indicar expresamente a acción que se vai desenvolver e o investimento que se vai realizar correspondente á acción para a cal se solicita.

3. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Réxime e principios de aplicación

1. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non-discriminación, así como o de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados nesta orde e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, tal e como se establece no artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Consonte o anterior e o artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, esta orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas http://www.cmati.xunta.es

Artigo 4. Ámbito territorial

As actividades incluídas no artigo seguinte deberanse levar a cabo dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Actividades subvencionables e importe

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos: limpeza e restauración de camiños de acceso aos predios; sinalización de camiños, e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional (protección e restauración de elementos de valor patrimonial nas explotacións: hórreos, milladoiros, cabanas, valos e fontes; calquera outra de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000).

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas: sistemas de condución e drenaxes próximos a zonas de acceso; investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes; mantemento de sebes nas beiras das zonas comúns e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.

2. En ningún caso serán subvencionables aquelas actuacións ou actividades que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos da Rede Natura ou que poidan pór en perigo os valores que xustifican a protección deste espazos recollidos segundo as prescricións contidas na normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicables a estes espazos.

3. Concederase o 100 % do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 20.000 euro/proxecto.

Só se admitirá unha única solicitude de axuda e un único proxecto para un único grupo de actividades por concello.

4. Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes débense manter afectos para o fin para o cal se concedeu a subvención, como mínimo, durante cinco anos.

5. O IVE non será subvencionable.

6. As actividades que se van realizar cumprirán co condicionado establecido no anexo VIII desta orde.

7. Todo gasto deberá de suxeitarse ao establecido nos criterios relativos á subvencionalidade dos gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural (PDR) cofinanciados polo Feader, recollidos no Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar gastos no marco dos PDR financiados co Feader.

8. As obras obxecto de subvención deberán axustarse á lexislación vixente e, en particular, o interesado deberá contar no momento do inicio dos traballos coas licenzas e autorizacións preceptivas que sexan exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puider resultar de aplicación.

9. O beneficiario poderá subcontratar totalmente a actividade ou acción subvencionada respectando, en todo caso, as prescricións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento, así como na normativa que regula a contratación do sector público. En ningún caso se poderán subcontratar actividades que aumenten o custo da actividade subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido.

Artigo 6. Criterios de valoración

As axudas concederanse con base nos criterios de valoración que a seguir se indican:

1. Porcentaxe da superficie do concello incluída na Rede Natura 2000:

– Cando sexa menor do 30 %: 15 puntos.

– Cando sexa entre o 30 % e o 60 %: 20 puntos.

– Cando sexa maior do 60 %: 25 puntos.

A superficie dos diferentes concellos incluída na Rede Natura 2000 indícase no anexo VII.

2. Alcance e contido das repercusións ambientais da acción do proxecto en función da actividade que se vai realizar:

– Actividades pertencentes ao grupo 1.a do artigo 5: ata 10 puntos.

– Actividades pertencentes ao grupo 1.b do artigo 5: ata 15 puntos.

– Actividades pertencentes ao grupo 1.c do artigo 5: ata 20 puntos.

3. Alcance das repercusións e beneficios sociais da acción e contido/calidade do proxecto:

– Segundo os beneficios sociais xerados pola actividade: ata 15 puntos.

– Segundo o contido e calidade do proxecto ou memoria presentada: ata 20 puntos.

4. Porcentaxe da poboación ocupada do concello dedicada á agricultura (fonte: Instituto Galego de Estatística. Censos de poboación e vivendas, a partir dos ficheiros do INE 22.3.2005).

– Cando sexa menor do 7 %: 5 puntos.

– Cando sexa entre o 7 % e o 10 %: 10 puntos.

– Cando sexa maior do 10 %: 15 puntos.

5. Segundo o número de habitantes do padrón municipal (fonte: Instituto Galego de Estatística en 30.1.2012 a partir dos ficheiros do INE 17.1.2012).

– Cando sexa menor de 5.000 habitantes: 15 puntos.

– Cando sexa entre 5.000 e 10.000 habitantes:10 puntos.

– Cando sexa maior de 10.000 habitantes: 5 puntos.

Artigo 7. Baremación

1. As axudas solicitadas serán baremadas segundo os criterios xerais de valoración establecidos no artigo 6 desta orde.

2. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a esta convocatoria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar. Neste sentido, ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios do baremo indicado e aprobaranse estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible. En caso de empate por puntos, ordenaranse segundo a contía do investimento, tendo prelación a menor contía. De persistir o empate, prevalecerá o número máis baixo que forman as catro últimas cifras do NIF do solicitante.

Artigo 8. Solicitudes

As entidades locais sinaladas no artigo 2 desta orde deberán solicitar as axudas segundo o modelo que se xunta como anexo I, que estará ao dispor dos interesados nos servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na Dirección Xeral de Conservación da Natureza, mesmo tamén o poderán acadar na páxina web desta consellería (http://www.cmati.xunta.es) e na guía de procedementos da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es).

Artigo 9. Presentación de solicitudes

As solicitudes de subvención a que se refire o artigo anterior irán dirixidas á persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza e presentaranse, debidamente asinadas, nos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas directamente, ou ben en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou a través da sede eléctrónica con domicilio https://sede.xunta.es, con sinatura dixital, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 10. Documentación

Xunto coa solicitude, en orixinal ou debidamente compulsada, deberase presentar a seguinte documentación:

– Documentación acreditativa da representación do solicitante, copia do DNI ou autorización para comprobación de datos persoais polo órgano competente da Administración a través de medios electrónicos.

– Certificación expedida polo secretario/a do Concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde.

– Memoria explicativa da actividade que se vai realizar e para a cal se solicita a axuda. Esta memoria incluirá todos os datos precisos para a descrición detallada da actividade proxectada. No caso de prever achegar medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai achegar xunto cos seus previsibles custos materiais; achegaranse como mínimo, os datos indicados no anexo IV (memoria).

– Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante licitación.

– Relación, mediante datos do catastro ou código do SIXPAC, das explotacións agrícolas beneficiadas pola acción desenvolvida obxecto da axuda.

– Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude.

– Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou percibidas para a mesma finalidade de calquera Administración pública ou entidades dependentes (anexo VI).

– Número de conta bancaria en que se desexe cobrar a axuda (anexo II).

Artigo 11. Órganos de xestión e resolución

1. A avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude realizarana os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

2. Se a solicitude de subvención non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde, o servizo de Conservación da Natureza da provincia correspondente requirirá o solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixer, se poderá considerar desistido da súa petición e será arquivada a solicitude sen máis trámite, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas remitirán á Dirección Xeral de Conservación da natureza os expedientes, xunto cun informe-proposta de aprobación, nun prazo máximo de 30 días naturais, contados a partir da data límite de presentación de solicitudes. O servizo provincial acompañará o dito informe-proposta dunha táboa coa baremación proposta, das solicitudes segundo os criterios reflectidos no artigo 6 desta orde e doutro informe complementario asinado por un técnico/a competente desta consellería consonte a acción ou actividade é respectuosa coas finalidades e obxectivos da Rede Natura 2000 e non pon en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos.

4. Os expedientes serán avaliados definitivamente por unha comisión creada para tal fin. Esta comisión será presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e serán membros da dita comisión as persoas titulares da Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, da xefatura do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e da xefatura da Sección de Espazos Naturais nos servizos centrais. Este último actuará como secretario. Auxiliará o secretario un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Conservación da Natureza designado/a para o efecto polo seu titular.

Se algún dos membros da comisión non puider participar nunha sesión por calquera causa, será substituído por un/unha funcionario/a da dirección xeral designado/a polo seu titular.

5. A comisión de avaliación dará traslado das súas propostas de resolución ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a quen corresponderá ditar a resolución do procedemento.

6. A proposta de resolución fará mención aos solicitantes para os cales se propón a concesión da subvención e a contía desta de modo individualizado, especificándose a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

Artigo 12. Resolución

1. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nun prazo máximo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, resolverá conceder ou denegar as axudas solicitadas en atención aos criterios preferentes contidos nela e ás dispoñibilidades orzamentarias. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se dite e notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo consonte o establecido nos artigos 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, 44.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, e sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente de acordo co disposto no artigo 42.1 do mencionado texto legal.

3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención, informarase os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e o eixe prioritario 2 do programa de desenvolvemento rural. En todo caso, o prazo para a execución será improrrogable.

4. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta orde e na lexislación vixente en materia de subvencións. Constará, ademais, do solicitante ou relación de solicitantes aos cales se concede a axuda, de maneira expresa e, de ser o caso, da desestimación do resto das solicitudes.

5. Así mesmo, as resolucións de concesión da subvención incluiranse no Rexistro Público de Subvencións, Axudas e Convenios e no Rexistro Público de Sancións, creados polos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencional en Galicia. Os datos incorporados a el poden ser obxecto de rectificación, cancelación e oposición polo interesado. No suposto de que a publicación dos datos do beneficiario poida ser contraria ao respecto e salvagarda da honra e da intimidade persoal e familiar das persoas físicas segundo a Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, este poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos.

Artigo 13. Recursos

A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 do artigo anterior, porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación da resolución ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo coa lexislación da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 14. Publicidade

1. Deberase publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das axudas concedidas cando o seu importe, individualmente consideradas, sexa igual ou superior aos 3.000 €. Para as de contía inferior, a relación das concedidas e denegadas farase pública a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es), nos termos establecidos no artigo 13, puntos 3 e 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e tamén as sancións que se puideren impoñer, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

2. Así mesmo, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Deste xeito, sempre e cando a execución da actividade o permita, deberá pór un cartel, en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais (anexo V), que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida con expresión dos datos identificativos desta orde, que deberán ir acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

3. Do mesmo xeito, consonte o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do dito regulamento.

En particular, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa, no mesmo cartel que o descrito no punto 2 deste artigo, na cal figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais».

Artigo 15. Modificación da resolución

Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

Artigo 16. Aceptación

Se renunciar á subvención concedida, o beneficiario, no prazo de dez días naturais contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, deberá notificalo á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (modelo no anexo III).

Se así non o fixer no indicado prazo, entenderase que a acepta.

No caso de renuncias por parte de beneficiarios, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que, cumprindo cos requisitos para seren beneficiarios das axudas, non obtivesen puntuación suficiente, en aplicación dos criterios de valoración, para seren beneficiarios da subvención.

Artigo 17. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades non financiadas con fondos comunitarios, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos subvencionables, consonte o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

En todo caso, serán incompatibles coa concesión de axudas reguladas pola orde reguladora das axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18. Xustificación e pagamento

1. O pagamento da subvención efectuarase do seguinte modo:

a) Un primeiro pagamento do 20 % do total concedido en calidade de anticipo, para o que o beneficiario deberá solicitalo por escrito nun prazo de 10 días contado desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda.

De acordo coa normativa Feader, Regulamento (CE) 1974/2006, modificado polo Regulamento (CE) 363/2009, en concepto de garantía, o/a alcalde/alcaldesa, no escrito de solicitude do pagamento do anticipo, na súa calidade de máximo representante do Concello, comprometerase a pagar con cargo aos orzamentos municipais o 110 % do importe anticipado se, finalizado o prazo de xustificación final da actuación, non se tiver dereito ao importe percibido.

b) O 80 % restante pagarase en dúas anualidades, unha vez xustificada a realización da actividade correspondente.

2. Unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade, o beneficiario deberá comunicar ao departamento territorial competente en materia de conservación da natureza o remate das accións e solicitar o aboamento do importe da axuda correspondente.

3. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza deberán certificar, despois da súa inspección in situ, que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada.

4. No caso de execucións parciais da actividade, e sempre e cando non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actividade non executada. Do mesmo xeito, se o custo xustificado da actividade ou investimento for inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.

En caso de discrepancias entre o importe da axuda cuxo pagamento se solicita e o importe da axuda correspondente aos investimentos dos cales os servizos provinciais de Conservación da Natureza certifican a súa correcta realización, aplicarase o artigo 30 do Regulamento (UE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005, no que respecta á aplicación dos procedementos de control en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Establecerase:

a) O importe que se aboará ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento presentada.

b) O importe que se aboará ao beneficiario após o estudo da admisibilidade da solicitude de pagamento, documentación xustificativa presentada e realidade física dos investimentos correspondentes.

Se o importe establecido segundo a letra a) supera o importe establecido segundo a letra b) en máis dun 3 %, o importe que se debe pagar resultará de aplicar unha reducción ao importe establecido segundo a letra b) igual á diferenza entre os dous importes citados.

5. Xunto coa notificación do remate dos traballos e solicitude de pagamento, a entidade beneficiaria deberá presentar, para os efectos de xustificación da actividade ou acción subvencionada, as facturas en orixinais e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na súa normativa de desenvolvemento e na normativa comunitaria aplicable. As facturas marcaranse cun selo en que se indique a orde reguladora da subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificado se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención, así como que é cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Ademais, presentarase co documento xustificativo do pagamento no cal conste de xeito expreso, mediante o seu número, a factura que se aboa con el. No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, deberá presentar un documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios (horas de traballo/superficie, custo hora...), de posuír a maquinaria ou outros medios con que realizar os traballos e os xustificantes dos gastos polo importe total dos investimentos.

6. No momento de xustificación da execución total do proxecto, con anterioridade ao pagamento, o beneficiario deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

7. A data máxima de execución das accións para xustificar no ano 2013 remata o 15 de setembro de 2013 e fíxase, como data máxima de presentación da documentación xustificativa e finalización do período de xustificación, o 30 de setembro de 2013; para a anualidade de 2014, a data máxima de execución das accións remata o 15 de setembro de 2014 e fíxase, coma data máxima de presentación da documentación xustificativa e finalización do período de xustificación, o 30 de setembro de 2014 e serán, en todo caso, improrrogables. Para estes efectos considérase gasto realizado o que foi efectivamente aboado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

Artigo 19. Crédito

1. Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 07.07.541B.760.3 (Axudas a concellos en Rede Natura 2000) por un importe de 2.199.999,81 euros, coa seguinte distribución por anualidades: 576.831,40 euros para o 2012, 547.544,39 euros para o 2013 e 1.075.624,02 euros para o 2014.

Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 57,56 %.

2. Esta dotación inicial poderase modificar en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Control das actividades subvencionadas

1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para que foron concedidas. En consecuencia, os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde realizasen as actividades, mesmo con carácter previo á concesión das axudas, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que foron obxecto das axudas.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ao Consello de Contas, ao Tribunal de Contas e ás instancias de control comunitarias con suxeición tanto ao Regulamento (CE) 1975/2006 da Comisión coma ao Plan galego de controis canto a procedementos de control en relación coas medidas cofinanciadas co Feader.

Artigo 21. Obriga de facilitar información

1. Ademais da documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza poidan exixir durante a tramitación do procedemento, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga, consonte os artigos 42 e 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Para os efectos de comprobación e control, os beneficiarios deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, polo menos durante cinco anos desde o último pagamento.

3. Os beneficiarios teñen a obriga de levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

Artigo 22. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 18 desta orde e na lexislación aplicable en materia de subvencións.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión e publicidade contidas nos puntos 2 e 3 do artigo 14 desta orde.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro incluídas nesta orde e no resto da lexislación aplicable en materia de subvencións, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes adquiridos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 107 a 109 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Incumprimento de calquera das obrigas do beneficiario incluídas nesta orde e na normativa que resulta de aplicación.

2. Nestes supostos a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora producidos en función do tempo transcorrido entre a notificación ao beneficiario da obriga de reembolso e o reembolso efectivo, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Se se descubrir que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído do Feader de que se trate durante o exercicio do Feader seguinte.

3. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderanlles ser adxudicadas a outros beneficiarios de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

4. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

5. En todos caso, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

Artigo 23. Infraccións e sancións

Aos beneficiarios seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o procedemento previsto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Do mesmo xeito será de aplicación o Regulamento (UE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005, no que respecta á aplicación dos procedementos de control en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Disposición adicional primeira

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida e os traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citando as fontes dos titulares dos dereitos de propiedade intelectual e respectando, en todo caso, as prescricións contidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Disposición adicional segunda

No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, haxa un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo tantas veces como se considere oportuno, ata esgotar a consignación orzamentaria, por orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira

Delégase no secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o exercicio da competencia para resolver as axudas obxecto desta orde, contida no artigo 12.1, conforme o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a modificación da dita resolución.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO VII
Porcentaxe de superficie incluída na Rede Natura 2000

Concello

Provincia

Superficie concello ha

Superficie en Rede Natura ha

% superficie en Rede Natura

Laracha (A)

A Coruña

12.566,49

84,728

0,67

Abadín

Lugo

19.594,38

3.952,57

20,17

Abegondo

A Coruña

8.384,51

352,727

4,21

Agolada

Pontevedra

14.776,38

653,814

4,42

Alfoz

Lugo

7.746,72

1.831,96

23,65

Ames

A Coruña

7.998,10

56,03

0,7

Aranga

A Coruña

12.010,59

68,47

0,57

Arbo

Pontevedra

4.290,15

184,717

4,31

Ares

A Coruña

1.827,66

25,129

1,37

Arteixo

A Coruña

9.328,92

225,757

2,42

Baiona

Pontevedra

3.441,29

69,528

2,02

Baleira

Lugo

16.876,82

1.177,95

6,98

Baltar

Ourense

9.394,48

1,21

0,01

Bande

Ourense

9.890,21

1.137,96

11,51

Barreiros

Lugo

7.239,76

210,187

2,9

Beariz

Ourense

5.593,00

617,648

11,04

Becerreá

Lugo

17.200,86

873,692

5,08

Begonte

Lugo

12.673,08

1.320,56

10,42

Bergondo

A Coruña

3.269,83

214,218

6,55

Betanzos

A Coruña

2.423,60

232,154

9,58

Boborás

Ourense

8.775,92

1,699

0,02

Bolo (O)

Ourense

9.114,87

2.997,39

32,88

Boqueixón

A Coruña

7.312,60

31,264

0,43

Bóveda

Lugo

9.107,26

269,893

2,96

Brión

A Coruña

7.483,68

80,309

1,07

Bueu

Pontevedra

2.636,83

603,909

22,9

Cabana de Bergantiños

A Coruña

10.001,13

308,597

3,09

Cabanas

A Coruña

2.972,58

659,291

22,18

Calvos de Randín

Ourense

9.765,57

3.151,44

32,27

Camariñas

A Coruña

5.178,52

1.200,48

23,18

Cambados

Pontevedra

2.336,815

362,496

15,51

Cambre

A Coruña

4.067,07

53,674

1,32

Campo Lameiro

Pontevedra

6.373,66

18,778

0,29

Cangas

Pontevedra

3.803,66

430,505

11,32

Cañiza (A)

Pontevedra

10.738,32

1,184

0,01

Capela (A)

A Coruña

5.696,34

1.579,36

27,73

Carballeda de Valdeorras

Ourense

22.267,85

3.233,92

14,52

Carballedo

Lugo

13.877,25

323,496

2,33

Carballo

A Coruña

18.668,88

789,255

4,23

Cariño

A Coruña

4.790,41

2.133,10

44,53

Carnota

A Coruña

7.064,00

2.961,56

41,92

Carral

A Coruña

4.798,86

26,223

0,55

Castrelo do Val

Ourense

12.200,92

78,299

0,64

Castro de Rei

Lugo

17.690,00

124,135

0,7

Catoira

Pontevedra

2.935,76

25,47

0,87

Cedeira

A Coruña

8.535,47

1.829,93

21,44

Cee

A Coruña

5.746,53

481,938

8,39

Cerdedo

Pontevedra

7.976,58

1.198,53

15,03

Cerdido

A Coruña

5.268,59

100,37

1,91

Cervantes

Lugo

27.759,54

27.063,83

97,49

Cervo

Lugo

7.773,20

245,119

3,15

Chandrexa de Queixa

Ourense

17.174,59

10.144,48

59,07

Chantada

Lugo

17.662,64

1.890,24

10,7

Coirós

A Coruña

3.361,09

80,354

2,39

Corcubión

A Coruña

 

 

<30 %

Coristanco

A Coruña

14.102,67

41,635

0,3

Cospeito

Lugo

14.472,36

980,31

6,77

Cotobade

Pontevedra

13.458,25

597,94

4,44

Covelo

Pontevedra

12.521,42

132,805

1,06

Crecente

Pontevedra

5.741,47

70,55

1,23

Dodro

A Coruña

3.609,14

250,042

6,93

Dumbría

A Coruña

12.464,61

1.179,45

9,46

Entrimo

Ourense

8.446,33

5.441,81

64,43

Estrada (A)

Pontevedra

28.055,34

472,257

1,68

Ferrol

A Coruña

8.307,25

1.520,78

18,31

Fisterra

A Coruña

2.940,15

675,464

22,97

Folgoso do Courel

Lugo

19.276,35

18.509,88

96,02

Fonsagrada (A)

Lugo

43.836,88

3.528,09

8,05

Forcarei

Pontevedra

16.826,36

4.028,87

23,94

Fornelos de Montes

Pontevedra

8.304,06

2,196

0,03

Foz

Lugo

10.025,27

159,579

1,59

Frades

A Coruña

8.167,74

76,716

0,94

Friol

Lugo

29.197,85

63,23

0,22

Gondomar

Pontevedra

7.444,81

0,087

0

Grove (O)

Pontevedra

2.052,35

590,377

28,77

Guarda (A)

Pontevedra

2.049,92

567,053

27,66

Gudiña (A)

Ourense

17.137,62

832,64

4,86

Guitiriz

Lugo

29.356,70

275,508

0,94

Illa de Arousa (A)

Pontevedra

641,121

110,044

17,16

Incio (O)

Lugo

14.619,06

1.425,20

9,75

Irixo (O)

Ourense

12.097,22

1.471,03

12,16

Irixoa

A Coruña

6.818,34

37,436

0,55

Lalín

Pontevedra

32.660,80

4.023,21

12,32

Lama (A)

Pontevedra

11.168,09

3.388,38

30,34

Larouco

Ourense

2.368,52

443,826

18,74

Laxe

A Coruña

3.634,74

553,584

15,23

Laza

Ourense

21.583,01

3.741,27

17,33

Lobeira

Ourense

6.883,69

3.376,49

49,05

Lobios

Ourense

16.827,15

10.958,23

65,12

Lourenzá

Lugo

6.261,70

19,819

0,32

Lugo

Lugo

32.962,81

273,365

0,83

Maceda

Ourense

10.187,77

3,852

0,04

Malpica de Bergantiños

A Coruña

6.036,59

1.228,96

20,36

Manzaneda

Ourense

11.455,81

11.017,23

96,17

Mañón

A Coruña

8.216,07

587,316

7,15

Mazaricos

A Coruña

18.712,45

31

0,17

Meaño

Pontevedra

2.777,57

29,637

1,07

Meira

Lugo

4.653,92

2,687

0,06

Melide

A Coruña

10.123,53

1.373,41

13,57

Mesía

A Coruña

10.662,16

37,974

0,36

Mezquita (A)

Ourense

10.424,97

4.813,00

46,17

Miño

A Coruña

3.250,10

8,28

0,25

Moaña

Pontevedra

3.504,90

1,19

0,03

Moeche

A Coruña

4.846,78

13,994

0,29

Mondariz

Pontevedra

8.506,17

93,308

1,1

Mondariz-Balneario

Pontevedra

230,503

9,238

4,01

Mondoñedo

Lugo

14.259,63

2.133,74

14,96

Monfero

A Coruña

17.247,99

5.951,32

34,5

Monforte de Lemos

Lugo

19.943,26

109,577

0,55

Montederramo

Ourense

13.550,61

2.357,80

17,4

Monterrei

Ourense

11.906,18

144,54

1,21

Mugardos

A Coruña

1.276,28

3,794

0,3

Muíños

Ourense

10.964,91

4.316,27

39,36

Muras

Lugo

16.373,78

5.735,24

35,03

Muros

A Coruña

7.277,04

350,752

4,82

Muxía

A Coruña

12.119,94

751,081

6,2

Narón

A Coruña

6.696,11

388,936

5,81

Navia de Suarna

Lugo

24.253,63

17.572,00

72,45

Neda

A Coruña

2.397,90

12,398

0,52

Negreira

A Coruña

11.501,39

11,136

0,1

Negueira de Muñiz

Lugo

7.225,35

4.528,26

62,67

Neves (As)

Pontevedra

6.545,56

192,54

2,94

Nigrán

Pontevedra

3.455,48

30,892

0,89

Nogais (As)

Lugo

11.032,20

4.331,45

39,26

Nogueira de Ramuín

Ourense

9.827,72

1.234,88

12,57

Noia

A Coruña

3.717,81

208,933

5,62

Oímbra

Ourense

6.843,17

30,142

0,44

Oleiros

A Coruña

4.368,28

315,729

7,23

Ordes

A Coruña

15.719,68

78,815

0,5

Oroso

A Coruña

7.203,61

167,544

2,33

Ortigueira

A Coruña

20.860,23

1.391,69

6,67

Ourol

Lugo

14.200,11

1.127,24

7,94

Outeiro de Rei

Lugo

13.413,25

426,505

3,18

Outes

A Coruña

9.965,34

270,804

2,72

Oza dos Ríos

A Coruña

7.187,15

23,434

0,33

Paderne

A Coruña

3.989,85

212,884

5,34

Padrenda

Ourense

5.699,62

2.556,15

44,85

Padrón

A Coruña

4.833,50

98,881

2,05

Palas de Rei

Lugo

19.956,44

937,437

4,7

Pantón

Lugo

14.316,76

1.297,63

9,06

Parada de Sil

Ourense

6.240,66

977,083

15,66

Pazos de Borbén

Pontevedra

4.995,13

7,465

0,15

Pedrafita do Cebreiro

Lugo

10.488,52

10.265,19

97,87

Petín

Ourense

3.047,49

165,76

5,44

Pino (O)

A Coruña

13.176,22

36,793

0,28

Pobra de Brollón (A)

Lugo

17.665,36

2.720,77

15,4

Pobra de Trives (A)

Ourense

8.414,18

2.468,42

29,34

Ponteareas

Pontevedra

12.546,40

81,24

0,65

Ponteceso

A Coruña

9.193,18

1.151,56

12,53

Pontecesures

Pontevedra

668,911

9,038

1,35

Pontedeume

A Coruña

2.940,18

180,265

6,13

Pontenova (A)

Lugo

13.572,94

1.292,58

9,52

Pontes de García Rodríguez (As)

A Coruña

25.039,97

2.319,51

9,26

Pontevedra

Pontevedra

11.826,94

71,572

0,61

Porqueira

Ourense

4.337,86

462,566

10,66

Porriño (O)

Pontevedra

6.116,94

391,904

6,41

Porto do Son

A Coruña

9.456,43

528,34

5,59

Quintela de Leirado

Ourense

3.124,28

1.098,50

35,16

Quiroga

Lugo

31.732,18

11.671,61

36,78

Rábade

Lugo

516,815

12,442

2,41

Rairiz de Veiga

Ourense

7.206,87

872,479

12,11

Redondela

Pontevedra

5.200,45

15,835

0,3

Rianxo

A Coruña

5.881,26

24,819

0,42

Ribadeo

Lugo

10.888,52

724,683

6,66

Ribadumia

Pontevedra

1.966,32

90,366

4,6

Ribas de Sil

Lugo

6.776,19

345,251

5,1

Ribeira

A Coruña

6.630,52

1.079,59

16,28

Ribeira de Piquín

Lugo

7.297,32

414,523

5,68

Riotorto

Lugo

6.631,00

0,384

0,01

Rodeiro

Pontevedra

15.480,31

1.017,46

6,57

Rois

A Coruña

9.268,37

11,849

0,13

Rosal (O)

Pontevedra

4.409,42

449,125

10,19

Rubiá

Ourense

10.065,99

1.725,58

17,14

Salceda de Caselas

Pontevedra

3.589,03

20,091

0,56

Salvaterra de Miño

Pontevedra

6.248,91

220,733

3,53

Samos

Lugo

13.657,49

7.819,79

57,26

San Cristovo de Cea

Ourense

9.438,368

2.076,50

22

San Sadurniño

A Coruña

9.985,99

1.214,33

12,16

Sandiás

Ourense

5.283,45

570,1

10,79

Santiago de Compostela

A Coruña

22.038,66

102,033

0,46

Santiso

A Coruña

6.734,20

1.079,53

16,03

Sanxenxo

Pontevedra

4.496,75

358,753

7,98

Sarreaus

Ourense

7.729,03

538,4

6,96

Silleda

Pontevedra

16.784,05

2.127,00

12,67

Sober

Lugo

13.328,15

2.455,66

18,42

Somozas (As)

A Coruña

7.092,48

599,357

8,45

Soutomaior

Pontevedra

2.496,96

2,401

0,1

Teo

A Coruña

7.923,97

39,837

0,5

Tomiño

Pontevedra

10.651,75

569,896

5,35

Toques

A Coruña

7.786,73

3.238,70

41,59

Tordoia

A Coruña

12.443,23

30,788

0,25

Touro

A Coruña

11.525,54

19,644

0,17

Trabada

Lugo

8.268,55

57,945

0,7

Trasmiras

Ourense

5.673,47

1.058,50

18,66

Trazo

A Coruña

10.134,19

52,573

0,52

Triacastela

Lugo

5.116,76

1.725,75

33,73

Tui

Pontevedra

6.826,02

1.417,19

20,76

Valadouro (O)

Lugo

11.040,12

2.750,37

24,91

Valdoviño

A Coruña

8.813,68

1.470,02

16,68

Valga

Pontevedra

4.060,63

136,61

3,36

Vedra

A Coruña

5.274,03

73,429

1,39

Veiga (A)

Ourense

29.045,66

10.497,66

36,14

Verea

Ourense

9.417,35

1.756,86

18,66

Verín

Ourense

9.403,19

265,606

2,82

Viana do Bolo

Ourense

27.035,79

11.089,82

41,02

Vicedo (O)

Lugo

7.571,57

207,791

2,74

Vigo

Pontevedra

10.511,72

457,722

4,35

Vila de Cruces

Pontevedra

15.485,43

455,769

2,94

Vilaboa

Pontevedra

3.685,13

69,846

1,9

Vilalba

Lugo

37.882,20

3.729,16

9,84

Vilamarín

Ourense

5.605,63

1,444

0,03

Vilamartín de Valdeorras

Ourense

8.824,75

0,652

0,01

Vilar de Barrio

Ourense

10.669,59

357,68

3,35

Vilar de Santos

Ourense

2.070,35

106,2

5,13

Vilariño de Conso

Ourense

20.016,45

15.727,40

78,57

Vimianzo

A Coruña

18.738,66

3,708

0,02

Viveiro

Lugo

10.930,17

1.109,70

10,15

Xermade

Lugo

16.651,15

1.865,09

11,2

Xinzo de Limia

Ourense

13.268,08

1.335,30

10,06

Xove

Lugo

8.903,84

951,917

10,69

Xunqueira de Ambía

Ourense

6.020,88

1.655,60

27,5

ANEXO VIII
Condicionado das accións

1. Limpeza, restauración de camiños.

Para a realización destas actuacións deberase ter en conta o seguinte:

– Na reparación do piso, os traballos axustaranse á mellora da explanación existente e non se producirán modificacións no trazado nin na largura das vías.

– Exclúese o fornecemento de materiais aglomerados, asfálticos, formigón ou similares.

– O acondicionamento de cunetas non afectará os noiros adxacentes nin as árbores próximas.

– Poderase actuar nun máximo de 250 metros lineais de camiño por cada 10 ha de terreo.

2. Protección e restauración de elementos de valor patrimonial nas explotacións agrícolas.

– Realizarase a adecuación paisaxística dos elementos mediante a instalación de cubertas tradicionais, revestimentos de fachadas con materiais propios da zona e adecuación das portas, portóns, fiestras... paisaxisticamente asumibles.

3. Preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes.

– Creación de ripisilvas de estrutura complexa, de máis de 10 metros de largura, con vistas a aumentar a calidade ecolóxica das beiras dos ríos, regos e regatos, en tramos onde este tipo de ecosistema fose substituído.

– A repoboación farase con especies ripícolas propias da vexetación natural da contorna e respectando a vexetación autóctona preexistente.

4. Mantemento de sebes.

– As sebes deben atoparse entre parcelas ou en beiras non cultivadas.

– As especies que se utilicen serán frondosas autóctonas da zona.

– Terán, cando menos, 1,5 metros de largura.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file