Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39574

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de outubro de 2012 pola que se resolve a convocatoria do 9 de maio de 2012, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Formalizados os trámites que figuran na Orde do 9 de maio de 2012 (DOG do 14 de maio) pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Vista a proposta de adxudicación da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo as previsións dos artigos 5 e 9 da orde de convocatoria, e de conformidade co disposto no seu artigo 10,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2012, prazo maio, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, Oficina de Atención ao Cidadán, e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria