Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2012 polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental (DIA) do anteproxecto de construción e explotación da estación depuradora de augas residuais de Ribeira.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 15 de outubro de 2012, expediente ambiental 2009/0176, relativa ao anteproxecto de construción e explotación da estación depuradora de augas residuais de Ribeira, no concello de Ribeira (A Coruña), clave OH.315.933, promovido por Augas de Galicia.

A citada declaración de impacto ambiental correspondente a esta actuación pública hidráulica poderá ser consultada na súa integridade nos enderezos da internet
http://cmati.xunta.es e http://augasdegalicia.xunta.es

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia