Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 19 de novembro de 2012 Páx. 43351

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de novembro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Aloya, do concello de Vigo (Pontevedra).

A representante da titularidade do centro privado (CPR) Aloya, do concello de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Xestión administrativa e do ciclo formativo de grao superior (CS) Restauración, e a autorización do CS Anatomía patolóxica e citoloxía.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o CM Xestión administrativa e o CS Restauración, e autorizar o CS Anatomía patolóxica e citoloxía no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Aloya.

Código: 36011622.

Domicilio: rúa do Couto nº 2.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación Fonteboa.

2. A supresión do segundo curso do CM Xestión administrativa terá efectos do remate do curso 2012/2013 (31 de agosto de 2013).

3. Composición resultante:

Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

1 CS Administración e finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Anatomía patolóxica e citoloxía (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Integración social (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 CS Laboratorio de diagnóstico clínico (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Secretariado (1 unidade para 30 alumnos/as).

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria