Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2012 Páx. 44503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro.

Mediante Resolución da Alcaldía do 2 de novembro de 2012, acordouse:

Primeiro. Realizar a convocatoria pública para a concesión de subvencións correspondentes a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Abegondo, con cargo ás partidas orzamentarias 337.48002 e 338.48001.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar esta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web do Concello.

Abegondo, 2 de novembro de 2012

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde