Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 22 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte veciñal en man común Fontela e Ribeiro, a favor dos veciños das Bouzas, parroquia de Macendo, concello de Castrelo de Miño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 20 de novembro de 2012, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Fontela e Ribeiro, solicitada polos veciños das Bouzas, parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño (Ourense), resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 28 de setembro de 2011 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños das Bouzas, parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño (Ourense), no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 4 de xullo de 2012, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, e procede a designar instrutor e realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e ábrese, a seguir, un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Castrelo de Miño.

Denominación do monte: Fontela e Ribeiro.

Comunidade veciñal solicitante: veciños das Bouzas, parroquia de Macendo.

Superficie total: 6.17 ha aproximadamente.

Monte Fontenla: superficie: 1.79 ha.

Estremas:

Norte. Propiedades particulares pertencentes ao polígono 52, parcelas 228 (María Benilde Álvarez Méndez), 229 (Aquilino Álvarez Méndez), 230 (Amalia Álvarez Méndez) e propiedades particulares pertencentes ao polígono 53, parcelas 173 (Laudino Rodríguez), 60 (Castor Méndez Paz), 62 (Marina Iglesias Iglesias) 64 (Rosa Álvarez Paz).

Sur. Propiedade particular pertencente ao polígono 53, parcela 102 propiedad de Antonio Paz Pérez.

Leste. Propiedades particulares pertencentes ao polígono 53, parcela 4000 (veciños de Macendo).

Oeste. Propiedades particulares pertencentes ao polígono 53, parcelas 174 (Antonio Paz Paz), 158 (Albina Rodríguez Sousa), 3000 (Josefa González Álvarez), 44 (Rosa Álvarez Paz) e 2000 (veciños de Macendo).

Monte Ribeiro: superficie: 4.38 ha.

Estremas:

Norte. Propiedade particular pertencente ao polígono 54, parcela 2000 propiedade de Josefa González Álvarez.

Sur. Monte veciñal en man común Ribeiro, pertencente aos veciños de Casardeita.

Os límites entre o monte Ribeiro pertencente aos veciños das Bouzas e o monte Ribeiro pertencente aos veciños de Casardeita, veñan determinados pola liña imaxinaria que forman os seguintes puntos:

Marco do Coio Branco, de coordenadas UTM: X: 578231,7455; Y: 4683071,7845.

Marco intermedio, de coordenadas UTM: X: 578413,6153; Y: 4683237,2264.

Pozo do Ribeiro, de coordenadas UTM: X: 578675,5482; Y: 4683475,4993.

Leste. Propiedades pertencentes ao polígono 55, parcela 5000 (veciños de Macendo).

Oeste. Propiedades particulares pertencentes ao polígono 54, parcela 2000 (Josefa González Álvarez).

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei son montes veciñais en man común «os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños das Bouzas, parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño (Ourense) o monte denominado Fontela e Ribeiro, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 22 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense