Pola Orde do 2 de agosto de 2012 (DOG do 20 de agosto), convocáronse axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario e mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia correspondentes ao curso académico 2011/12, e aprobáronse as bases desta convocatoria.
De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, podendo as persoas interesadas formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Rematado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria, e atendendo ao acordo elevado pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
RESOLVO:
Artigo 1
Concederlles axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo I desta orde e pola contía que se especifica.
As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada unha vez presentada a declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, no caso de sufrir variación nos datos do anexo II achegado dentro do prazo de presentación de instancias. De non existir variación, entenderase cumprido este requisito co documento (anexo II) xa presentado coa solicitude.
Artigo 2
O incumprimento total ou parcial por parte das persoas beneficiarias de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 2 de agosto de 2012 (DOG do 20 de agosto), e nesta orde, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 3
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Apelidos e nome |
Centro |
Duración da estadía |
Contía adxudicada |
Ameneiros Cribeiro, Virginia |
CMUS Superior da Coruña |
Curso completo |
540,00 € |
Cabanelas Peón, Pablo |
CMUS Superior de Vigo |
Un semestre |
360,00 € |
Campos Espiño, Margarita |
CMUS Superior de Vigo |
Un semestre |
360,00 € |
Carrera Carrera, Adriana |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
Carrera Carrera, Noelia |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
Casas Gendra, Ramiro José |
EASD Mestre Mateo |
Un trimestre |
180,00 € |
Chapela Díaz, Saúl |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
Cordo Viñas, Rosalía |
EASD Pablo Picasso |
Un semestre |
360,00 € |
Diago Busto, Paloma |
CMUS Superior da Coruña |
Curso completo |
540,00 € |
Dos Santos Sa, Mariana Cecilia |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
García Fernández, Lorena |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
García Rodríguez, David |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
González Casasnovas, David |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
González-Reynoso Sarabia, Jorge Alberto |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
Guijarro Torres, Pablo |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
Llano Díaz, Alexandre |
CMUS Superior da Coruña |
Curso completo |
540,00 € |
Martínez Rodríguez, Óscar |
EASD Mestre Mateo |
Un trimestre |
180,00 € |
Navidad Castro, Javier |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
No Lorman, Jorge |
EASD Pablo Picasso |
Un semestre |
360,00 € |
Perol Hermidas, Roberto |
CMUS Superior da Coruña |
Curso completo |
540,00 € |
Pulgarín Becerra, Daniel Carlos |
EASD Pablo Picasso |
Un semestre |
360,00 € |
Represas Alonso, Blanca |
CMUS Superior de Vigo |
Un semestre |
360,00 € |
Rodríguez Rodríguez, Francisco Javier |
CMUS Superior da Coruña |
Curso completo |
540,00 € |
Rodríguez Vázquez, José Antonio |
CMUS Superior de Vigo |
Curso completo |
540,00 € |
Rubio Fernández, Yolanda |
EASD Pablo Picasso |
Un semestre |
360,00 € |
Santos Varela, Paula Candelaria |
CMUS Superior da Coruña |
Curso completo |
540,00 € |
Total |
12.060,00 € |