Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47196

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012 pola que se adxudican as axudas da Orde do 12 de setembro de 2012, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2009), no marco das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2012, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 12 de setembro de 2012 (DOG núm. 180, do 20 de setembro) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación de 2009), no marco das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2012, en réxime de concorrencia competitiva.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberían cumprir os/as candidatos/as das axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación de 2009).

As solicitudes admitidas, unha vez avaliadas por expertos externos ao Sistema Universitario de Galicia, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 alíneas c), d) e e) das bases da convocatoria, foron estudadas pola Comisión de Selección establecida no artigo 6 das bases xerais da dita Orde do 12 de setembro de 2012.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 7 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta de concesión elevada pola citada Comisión de Selección, na súa reunión do 26 de novembro de 2012, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas correspondentes á prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación 2009) que se relacionan no anexo.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran no anexo desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. As dezaoito axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 8 da bases de convocatoria.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº prazas

2012

2013

2014

2015

Total

15.40.561B.444.0

UDC

2

936,99

57.000

68.400

10.463,01

136.800

15.40.561B.444.0

USC

9

0

256.500

307.800

51.300

615.600

15.40.561B.444.0

UVigo

7

0

199.500

239.400

39.900

478.800

Totais

18

936,99

513.000

615.600

101.663,01

1.231.200

Cuarto. As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80%. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e os/as solicitantes contratados/as deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) 1081/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Quinto. O artigo 8 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Sexto. A inobservancia por parte dos/das beneficiarios/as de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 12 de setembro de 2012 (DOG nº 180, do 20 de setembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Sétimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Universidade da Coruña.

Exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Data de inicio da prórroga

56

Maseda

Rodríguez

Ana Belén

*****370K

27.12.2012

10

Sanjurjo

Sánchez

Jorge

*****772D

27.12.2012

Universidade de Santiago de Compostela.

Exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Data de inicio da prórroga

31

Antelo

Martínez

Juan

*****985T

1.1.2013

6

Arines

Piferrer

Justo

*****287X

1.1.2013

13

Csaba

 

Noémi Stefánia

*****869C

1.1.2013

18

Doallo

Pesado

Sonia

*****249T

1.1.2013

36

Gulías

Costa

Moisés

*****399N

1.1.2013

58

Nieto

Suárez

Marina

*****020Q

1.1.2013

15

Pichel

Campos

Juan Carlos

*****626Z

1.1.2013

37

Sanmartín

Barros

Israel

*****482J

1.1.2013

35

Sendón

García

Raquel

*****664Q

1.1.2013

Universidade de Vigo.

Exp.

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Data de inicio da prórroga

34

Alonso

Gómez

José Lorenzo

*****871J

1.1.2013

59

Diz

Ferreiro

Paula

*****838Z

1.1.2013

50

Domínguez

Seoane

Marta

*****477N

1.1.2013

44

González

Jorge

Higinio

*****848Z

1.1.2013

22

Khmaladze

 

Emzar

*****63

1.1.2013

38

Kim

 

Sin-Yeon

*****770W

1.1.2013

21

Yáñez

Díaz

Mª Remedios

*****119Q

1.1.2013