Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47192

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de novembro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado de educación especial Aspanaes-Duques de Lugo, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

A representante da titularidade do centro privado de educación especial Aspanaes-Duques de Lugo, do concello de Santiago de Compostela (A Coruña), solicita a ampliación de 1 unidade (autistas).

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros y Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de 1 unidade de educación especial no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro privado de educación especial.

Denominación específica: Aspanaes-Duques de Lugo.

Código do centro: 15025347.

Domicilio: Raiola, 6.

Localidade: Santiago de Compostela.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) da provincia da Coruña (Aspanaes).

Composición resultante: 8 unidades de educación especial (autistas).

Segundo. Para a posta en funcionamento da unidade que se amplía, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria