Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 349

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de decembro de 2012 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011-2012, convocados pola Orde do 3 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 13 de agosto).

A Orde do 3 de agosto de 2012 (DOG do 13 de agosto) pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2011-2012, establece no seu artigo 13.2 que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola comisión ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que recollerá a relación de códigos alfanuméricos dos premiados.

Unha vez publicada a relación provisional da proposta, dado cumprimento ao disposto no citado artigo 13.2, vista a acta coa proposta definitiva da Comisión de Selección de adxudicación dos premios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2011-2012, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011-2012

Código persoal

Importe do premio

AZGGLLGM

750 €

GWAUVEFN

750 €

MJ1YCSN0

750 €

ALLPTTIK

750 €

JAIOLIAL

750 €

KIPCBVBO

750 €

XPAJT8XK

750 €

QPBSDTTE

750 €

I2SF2RBC

750 €

UTROMJXC

750 €

YQXHJFDT

750 €

QNSJHSGA

750 €

51SR6IM1

750 €

LTKUITLV

750 €

AFLDMBYV

750 €

EHOTCVYP

750 €

GJGP3ME8

750 €

QRJZGUGI

750 €

YIYMUOSY

750 €

GGVQUDDT

750 €

Os/as gañadores/as deberán enviar, no prazo de dez días, á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, edificio administrativo s/n, bloque 2, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela, a certificación da titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos na cal se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio.