Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2013 Páx. 1153

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 8 de xaneiro de 2013 pola que se renovan os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética.

O Decreto 177/2000, do 22 de xuño, polo que se regula a creación e autorización dos comités de ética asistencial, prevé na súa disposición adicional primeira que por orde da Consellería de Sanidade se regulará a creación, composición e funcións da Comisión Galega de Bioética, que terá como ámbito xeográfico e institucional de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia, e actuará como órgano asesor nesta materia e como órgano de referencia en materia de bioética para os comités de ética asistencial.

Por Orde da Consellería de Sanidade do 13 de febreiro de 2001 (modificada polas ordes do 13 de xullo de 2006 e do 25 de xuño de 2010) creouse a Comisión Galega de Bioética, e determinouse nos artigos 3 a 7 a súa composición.

Os primeiros nomeamentos producíronse por Orde da Consellería de Sanidade do 3 de setembro de 2001, e deberase proceder periodicamente á súa renovación consonte o previsto nos artigos 4, 5, 6 e 7 da antedita Orde do 13 de febreiro.

Polas ordes do 27 de outubro de 2009 e 22 de agosto de 2011 procedeuse á renovación dos membros integrantes da Comisión, de conformidade coas previsións regulamentarias.

Finalmente, o Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, estableceu no seu artigo 9.4 a adscrición da Comisión Galega de Bioética á Dirección de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Dado o tempo transcorrido, tendo en conta os cambios estruturais producidos e a necesaria renovación dos nomeamentos da Comisión, cómpre establecer a composición actualizada deste órgano.

Na súa virtude, e en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación coa disposición adicional primeira do Decreto 177/2000, do 22 de xuño, polo que se regula a creación e autorización dos comités de ética asistencial,

DISPOÑO:

Artigo único. Renóvase a composición da Comisión Galega de Bioética, co nomeamento das persoas que figuran no anexo á presente orde, en substitución das nomeadas pola Orde do 27 de outubro de 2009, que cesan no seu cargo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde da Consellería de Sanidade do 27 de outubro de 2009 pola que se renovaron os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido na presente orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

• Presidente: Félix Rubial Bernárdez, director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

• Secretaria: Teresa Conde Cid, funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia.

• Vogais:

– Licenciados en Medicina:

Begoña Aldámiz-Echevarría Iraurguri.

Mª Concepción Almanza Madera.

Francisco Barón Duarte.

Rosendo Bugarín González.

Fernando Domínguez Puente.

Juan Antonio Rodríguez Sanjuán.

Antonio Rodríguez Núñez.

– Licenciados en Farmacia:

Mónica Suárez Berea.

– Diplomados en Enfermaría:

Mª Victoria Lojo Vicente.

Ángel Alfredo Martínez Ques.

Elena Monteoliva Díaz.

– Profesionais sanitarios de titulación distinta ás anteriores:

Miguel Anxo García Álvarez.

Mariana García García.

– Persoas alleas ás profesións sanitarias, sendo polo menos unha delas licenciada en Dereito:

Natalia Cal Purriños.

José Ramón Amor Pan.

Jesús Martínez Carracedo.

María Francisca Ponte García.