Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1921

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Carballo.

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 10 de xaneiro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), redactado polo equipo redactor Fernández Carballada y Asociados, S.L.P., presentado con data do 16 de agosto de 2012, coa última redacción dada no documento presentado con data do 10 de decembro de 2012.

Segundo. Someter o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, ás consultas previstas no documento de referencia elaborado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (segundo a Resolución do 7 de decembro de 2010) e, simultaneamente, ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

Durante o dito prazo, os interesados poderán formular as alegacións que se consideren pertinentes para a defensa dos seus dereitos e intereses. A dita información pública tamén o será para os efectos da sustentabilidade ambiental do plan conforme o previsto no artigo 10.1.a) da Lei 9/2006, e no artigo 85.2 da Lei 9/2002.

Terceiro. Este acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos en que as determinacións do novo planeamento supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, conforme o previsto no artigo 77.2 da Lei 9/2002, determínanse como áreas afectadas pola suspensión de licenzas debido á aprobación inicial do PXOM de Carballo, polo período máximo de dous anos, os ámbitos que se recollen na planimetría dilixenciada para tal efecto pola Secretaría deste concello.

O expediente completo poderase consultar no Edificio Forum, situado na Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, de Carballo (antigo Campo da Feira) de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 horas, e ademais os martes e xoves, das 17.00 ás 20.00 horas.

Carballo, 16 de xaneiro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde