Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2438

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012 pola que se realiza unha addenda á encomenda ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar das xestións para a construción das escolas infantís 0-3 nos concellos de Ames, O Corgo, Muros, Oroso, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontedeume, O Porriño, Salvaterra de Miño, Touro, Vilanova de Arousa e Xinzo de Limia.

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia a addenda á encomenda da Consellería de Traballo e Benestar ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar das xestións para a construción de escolas infantís 0-3 nos concellos de Ames, O Corgo, Muros, Oroso, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontedeume, O Porriño, Salvaterra de Miño, Touro, Vilanova de Arousa e Xinzo de Limia, realizada mediante Resolución do 8 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 31 de agosto).

Addenda: introdúcese unha nova redacción ao ordinal segundo, letra a), punto tres, da Resolución do 8 de agosto, que queda da seguinte forma: «O compromiso expreso do concello de subscribir un convenio de xestión, que non supoña incremento de gasto para a Xunta de Galicia, co obxecto de atender os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído».

Prazo de vixencia: modifícase a vixencia establecida no ordinal sexto da Resolución do 8 de agosto, estendéndose esta ata que sexan acreditados os compromisos adquiridos por cada unha das partes e, en todo caso, non antes do 31 de marzo de 2013.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar