Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a presentación dunha solicitude para a creación da Academia de Enfermaría de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a presentación da solicitude de creación da Academia de Enfermaría de Galicia, co fin de que no prazo dun mes os interesados lexítimos poidan examinar o expediente nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas) sitas no edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta, en Santiago de Compostela, e formular as alegacións que estimen oportunas.

Os promotores da academia fundamentan a súa creación na necesidade de contar cunha corporación que constitúa un referente científico, de investigación e de consulta dos profesionais da enfermaría en Galicia, e para un mellor servizo aos intereses xerais.

A solicitude foi presentada por Sergio Quintairos Domínguez e sete persoas máis, profesionais da enfermaría en Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza