Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15577

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 2 de maio de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de maio de 2013, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir ese acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Na vixente relación de postos de traballo do Instituto de Estudos do Territorio, engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Persoal funcionario

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO (IET)

CENTRO DE DESTINO: INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

Código do posto

Denominación

Niv.

Complem. específico

Tipo posto

Forma prov.

Subgrupo

Corpo/Escala

Adscr. Adm. P.

Titulación académica

Formación específica

Observacións

MA.O31.00.000.15770.015

POSTO BASE SUBGRUPO A1

20

6.083,52

N

C

A1

XERAL

AXG

OCUPADO POR PERSOAL LABORAL INDEFINIDO NON FIXO

CÓDIGO-DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

CÓDIGO-DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA