Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Nogueira (Meis, Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Nogueira (Meis, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 307/1998, do 6 de novembro (DOG nº 225, do 19 de novembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de febreiro de 2013, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisorias, aprobou as bases definitivas, que serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no Concello de Meis e na zona, durante o prazo de trinta días, de conformidade co establecido na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro, á clasificación de terras, á fixación dos coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas cuxa titularidade se declara formalmente.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleira do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, que contarán desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo, rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 15 de maio de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra