Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20829

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 21 maio de 2013, da Direción Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se fai pública a localidade autorizada para producir pataca de sementeira en Galicia durante a campaña 2013/14.

O Decreto 3767/1972, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre a produción de sementes e plantas de viveiro, na súa redación dada polo Decreto 646/1986, do 21 de marzo, establece que a produción de pataca de sementeira se fará nas zonas xeográficas autorizadas polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Anualmente publicarase no DOG a relación de localidades autorizadas para a produción de pataca de sementeira na campaña, dentro das zonas autorizadas, entendéndose que de non facerse continuará en vigor a publicación do ano anterior.

De acordo co informe emitido polo Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, relativo ás localidades da Comunidade Autónoma para a produción de pataca de sementeira,

RESOLVO:

Autorizar a zona de Grixoa no concello de Viana do Bolo, Ourense, para a produción de pataca de sementeira na campaña 2013/14.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria