Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 20 de xuño de 2013 Páx. 23918

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de determinadas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

O artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, establece: «Porén, en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada por que non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben por que haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selecctivo para ese grupo, escala, especialidade ou categoría...».

Por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 22 de febreiro de 2010 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) e de conformidade co disposto no artigo 6 do decreto, acordouse o peche para a incorporación de novas solicitudes en determinadas listas, entre as que se atopaban as correspondentes ás escalas de profesores numerarios de institutos polítécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de lexislación marítima, procesos de cultivo acuícola e inglés marítimo e de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de máquinas e produción e traballos técnicos de mergullo.

Así mesmo, por Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de febreiro de 2012 (DOG núm. 43, do 1 de marzo), acordouse o peche para a incorporación de novas solicitudes en determinadas listas, entre as cales se atopaba a correspondente á categoría 002 do grupo I (titulado/a superior médico...).

Tendo en conta o número actual de integrantes das devanditas listas e as previsións de chamamentos para a cobertura de prazas das ditas especialidades e categorías, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. A apertura do prazo de presentación de novas solicitudes de incorporación nas lista correspondentes ás especialidades e categorías que se relacionan nos anexos I e II, respectivamente.

Segundo. Os/as interesados/as en formar parte das listas, deberán presentar a instancia conforme o modelo que está á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe «Listas de contratación», subepígrafe «Xeración de solicitudes».

Terceiro. O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xullo deste ano.

Cuarto. As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e presentaranse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinto. Contra esta resolución, de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas de persoal funcionario

Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros

Grupo

Corpo/escala

Especialidade

Titulación académica/requisitos

Ámbito

A1

2093-01

Lexislación marítima

– Licenciatura en Dereito

– Capitán/a da Mariña Mercante

– Licenciatura en Navegación e Transporte Marítimo

Autonómico

A1

2093-02

Procesos de cultivo acuícola

– Licenciatura en Bioloxía

– Licenciatura en Ciencias do Mar

Autonómico

A1

2093-05

Inglés marítimo

– Licenciatura en Filoloxía Inglesa

– Capitán/a da Mariña Mercante

– Licenciatura en Navegación e Transporte Marítimo

Autonómico

Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros

Grupo

Corpo/escala

Especialidade

Titulación académica/requisitos

Ámbito

A2

2094-01

Traballos técnicos de mergullo (1)

– Diplomatura universitaria ou equivalente

Autonómico

A2

2094-02

Máquinas e produción

– Diplomatura en Máquinas Navais

– Enxeñería Técnica Naval ou Industrial

Autonómico

(1) Deberá estar en posesión da tarxeta profesional de mergullador profesional de 1ª clase ou superior e coa especialidade subacuática correspondente á materia que vai impartir

ANEXO II
Grupos e categorías de persoal laboral

Grupo

Categoría

Descrición

Titulación académica/requisitos

Ámbito

I

002

Titulado superior médico

– Licenciatura en Medicina

Provincial