Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24214

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 13 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

As axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria, e as destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo son medidas amparadas no Regulamento 1698/2005, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural para Galicia 2007-2013. O cofinanciamento do Feader nestas axudas acada unha porcentaxe do 75 % do gasto executado para o ano 2013.

Para acadar os obxectivos de modernización das explotacións agrarias galegas, as actuacións incluídas nos plans de melloras diríxense ás explotacións agrarias que acrediten a súa viabilidade económica, que cumpran as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, nas cales a persoa titular teña a capacidade e competencia profesionais adecuadas.

Por outra banda, a incorporación da poboación moza e capacitada ás explotacións agrarias é unha das mellores vías para asegurar a súa competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Tamén, por outra banda, a racionalización do uso dos factores de produción leva a acometer proxectos de carácter agropecuario de explotación conxunta polos socios de entidades asociativas, que teñan como obxectivo un marcado carácter innovador ou de introdución de novas tecnoloxías, así como de incorporación de novos procesos ou de obtención de novos produtos que contribúan a diversificar a actividade principal das entidades ou a introducir actuacións de apoio complementarias á actividade dos socios, e que promovan o aumento da rendibilidade económica das explotacións agrogandeiras galegas e a mellora das condicións do traballo.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e beneficiarios

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2013 das seguintes liñas de axuda:

a) Plans de mellora nas explotacións agrarias.

b) Primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas.

c) Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo.

2. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións ou que pretendan selo para as axudas establecidas nos anteriores parágrafos 1.a) e 1.b), e as cooperativas agrarias, as súas unións, e as cooperativas de explotación comunitaria da terra, para as axudas establecidas no parágrafo 1.c), que, en todos os casos, teñan por obxecto prioritario levar a cabo actuacións na produción primaria e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta orde teranse en conta as definicións dadas pola Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias (BOE nº 159, do 5 de xullo), polo Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia –Reaga– (DOG nº 196, do 15 de outubro), así como pola Lei 35/2011, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias (BOE nº 240, do 5 de outubro). Así mesmo, teranse en conta as seguintes definicións:

1. Renda total do/s titular/es da explotación: a renda fiscalmente declarada como tal pola/s persoa/s titular/es da explotación no último exercicio. Non obstante o anterior, poderá utilizarse para a avaliación da renda total do titular da explotación a media das rendas fiscalmente declaradas como tales por este durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio.

2. Viabilidade económica da explotación: considerarase que unha explotación é viable economicamente cando a súa renda unitaria de traballo, segundo a definición dada polo Decreto 200/2012, polo que se regula o Reaga, non sexa inferior ao 20 por 100 da renda de referencia, a cal para o ano 2013 é de 28.278 euros.

Tamén se considerarán viables as explotacións clasificadas como prioritarias de conformidade co establecido na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, no Decreto 200/2012, polo que se regula o Reaga, así como pola Lei 35/2011, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

CAPÍTULO II
Bases reguladoras para a concesión de axudas para a modernización
das explotacións agrarias: plans de melloras B (agricultores profesionais)
e plans de melloras R (agricultores non profesionais)

Sección 1ª. Plans de melloras B (agricultores profesionais-procedemento MR405A)

Artigo 3. Persoas físicas. Requisitos dos beneficiarios

1. Os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser titular dunha explotación agraria no momento da solicitude, agás que simultaneamente solicite unha axuda para a instalación de mozos, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións.

b) Levar a cabo un plan de mellora da súa explotación conforme o indicado no artigo 7.

c) Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco anos contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda. Este compromiso será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podéndoselle exixir, para eses anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao servizo territorial de Explotacións Agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.

d) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Acreditar a súa viabilidade económica, mediante a presentación do correspondente plan de viabilidade, conforme o definido no número 2 do artigo 2 desta orde. Neste plan deberán acadar, polo menos, unha UTA no momento da solicitude da axuda (situación inicial do plan), tendo en conta a definición de agricultor profesional establecida pola Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias.

f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea.

g) Posuír a capacitación profesional suficiente, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % dos socios posúen a capacitación suficiente.

h) Posuír a condición de agricultor/a profesional, segundo se establece na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, que se xustificará no momento da solicitude, agás no caso de agricultores non profesionais que tiveran recibido a explotación dun agricultor profesional, que se xustificará xunto coa solicitude de pagamento do expediente.

i) Ter dezaoito anos cumpridos e non superar os sesenta anos.

2. Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, ademais dos requisitos sinalados no punto 1, estas deberán acreditar a súa constitución e que polo menos o 50 % dos comuneiros ou comuneiras reúnen os requisitos establecidos para os titulares persoas físicas, e poderán resultar beneficiarias da axuda, coa condición de que cumpran as esixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Persoas xurídicas. Requisitos dos beneficiarios

As persoas xurídicas deberán cumprir os requisitos establecidos nas letras a), b), c), d), e), f), e g) do punto 1, artigo 3, e ter a condición de explotación agraria prioritaria ou acadar tal condición coa aplicación destas axudas, o que se acreditará segundo se establece na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias.

Sección 2ª. Plans de melloras R (agricultores non profesionais-procedemento MR409A)

Artigo 5. Persoas físicas, xurídicas e comunidades de bens. Requisitos dos beneficiarios

a) As persoas físicas, xurídicas e comunidades de bens ademais de cumprir os requisitos establecidos nas letras a), b), c), d), e), f), e g) do punto 1, artigo 3, letra i) para as persoas físicas, e o punto 2 no caso das comunidades de bens, deberán ocupar na explotación polo menos 1 UTA no momento da solicitude de axuda.

b) Deberán obter polo menos o 10 % da súa renda total de actividades agrarias ou complementarias. No caso de entidades xurídicas este extremo xustificarase tendo en conta que ou ben o 50 % dos socios teñan unha renda agraria que sexa maior ou igual ao 10 % da súa renda total, segundo a declaración do IRPF, ou que a marxe neta obtida segundo o estudo de viabilidade sexa maior ou igual ao 10 % do resultado antes de impostos declarado no imposto de sociedades.

Sección 3ª. Documentación que se presentará nos procedementos MR405A
e MR409A

Artigo 6. Documentación que se presentará

1. Para solicitar as axudas dos procedementos MR405A ou MR409A, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo I (plans de melloras B agricultores profesionais-procedemento MR405A) ou anexo II (plans de melloras R agricultores non profesionais-procedemento MR409A).

b) Informe de vida laboral de cara a acreditar a condición de explotación agraria prioritaria.

c) Xustificante da capacitación profesional; a dita capacitación xustificarase no momento de solicitar a axuda.

d) Declaración do IRPF do último exercicio cuxo prazo para a presentación en período voluntario teña rematado (no caso de haber rendementos do traballo achegarase certificado de retencións). Así mesmo, todos aqueles interesados que xa presentaron a súa declaración da renda no período voluntario que estea aberto no momento da publicación desta orde, poderán presentar esta última declaración, ou ben as declaracións de tres dos últimos cinco anos sempre que inclúa a do último exercicio, para a acreditación da condición de explotación agraria prioritaria. No caso de entidades xurídicas os socios presentarán as súas declaracións individuais do IRPF ou ben a declaración do imposto de sociedades da entidade para xustificar que polo menos o 10 % da renda total da entidade se obtén de actividades agrarias ou complementarias.

e) Estatutos ou regulamentos de réxime interno (se fose o caso).

f) Certificado do número de socios e dos que cumpren os requisitos de agricultor profesional (se fose o caso).

g) Conformidade da entidade bancaria coa concesión do préstamo (se fose o caso).

h) Documento de participación do mozo nos investimentos (se fose o caso).

i) Memoria do plan de mellora, onde se xustificará a realización do plan.

j) Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).

k) Facturas pro forma, nas que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita axuda (fabricante, características técnicas).

l) As persoas xurídicas xustificarán que desenvolven a actividade agraria presentando os estatutos ou documento de constitución, e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agraria dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas das orientacións produtivas e das actividades económicas da explotación.

m) As comunidades de bens deberán acreditar a súa constitución mediante a presentación dos estatutos e acta de constitución e deberán acreditar os requisitos dos seus comuneiros mediante a presentación de toda a documentación especificada para este tipo de entidades nos artigos 3 e 5, respectivamente segundo sexan ou non profesionais.

n) As comunidades de bens e as sociedades civís presentarán o anexo IX desta orde, onde se farán constar os compromisos de execución asumidos por cada un dos seus membros, así como o importe de subvención que vai ser aplicada por cada un deles. Así mesmo presentarán o documento de nomeamento do seu representante ou apoderado único, e o xustificante de que se ten asinado un pacto de indivisión por un período mínimo de cinco anos contados a partir da data de concesión da axuda.

Sección 4ª. Investimentos elixibles, contía da axuda e prazo de execución

Artigo 7. Condicións dos plans de melloras B e R

Os plans de melloras das explotacións agrarias suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, e deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións:

1. Para todos os casos, o plan de mellora deberá demostrar mediante cálculos específicos, que os investimentos materiais ou inmateriais están xustificados desde o punto de vista da situación da explotación e da súa economía e que a súa realización suporá unha mellora do rendemento global da explotación agrícola.

Para estes efectos, considerarase que un plan de mellora cumpre as condicións establecidas no parágrafo anterior cando, tras a súa realización, incremente a renda unitaria de traballo da explotación ou, nos casos en que se incremente o número das UTA, non diminúa a súa marxe neta.

2. Así mesmo, deberán incluír:

a) Unha descrición das situacións anterior e posterior á realización do plan de mellora, establecidas en función dun orzamento estimativo e comprendendo, cando menos, os seguintes datos:

1º. Superficie da explotación, especificando a dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.

2º. Maquinaria agrícola.

3.º Equipamento, melloras territoriais e edificios.

4º. Composición e dedicación da man de obra asalariada.

5º. Produción bruta de cada actividade.

6º. Gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.

b) Unha indicación das medidas e, en particular, dos investimentos previstos.

3. Ademais, cando o plan de mellora afecte unha explotación gandeira, deberase cumprir o seguinte:

a) A normativa relativa a campañas oficiais de saneamento gandeiro.

b) As normas mínimas en materia ambiental, hixiene e benestar dos animais, conforme se dispón no anexo X desta orde.

4. Así mesmo, no caso de agricultores/as mozos/as beneficiarios/as da axuda á primeira instalación, poderáselles conceder unha axuda para os investimentos destinados a axustarse ás normas comunitarias existentes. O período de graza en que deberán axustarse a estas normas non poderá superar os 36 meses desde a data da instalación.

5. Os servizos técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar emitirán os informes correspondentes sobre o cumprimento destas normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais.

6. As obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con esta, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para iso, deberán presentar a licenza municipal, a máis tardar, o 30 de outubro do ano da convocatoria. O mesmo prazo se establece para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial. O non cumprimento destes requisitos suporá a denegación da axuda.

Artigo 8. Condicións dos investimentos obxecto da axuda

1. So serán elixibles os investimentos que figuren no anexo XI desta orde, cos módulos máximos establecidos na Norma complementaria de desenvolvemento do procedemento de xestión destas axudas publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar no enderezo http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/explotacions/plans_de_mellora/

2. Os investimentos obxecto de axuda dedicaranse:

a) Á mellora das condicións de vida e traballo dos/as agricultores/as e dos/as empregados/as das explotacións. Os investimentos considerados destinaranse, en exclusiva, á mellora das prácticas agrarias e tarefas derivadas da explotación agraria.

b) Á mellora cualitativa e a ordenación de producións en función das necesidades de mercado e, se é o caso, con vistas á adaptación ás normas comunitarias de calidade, así como para a diversificación das actividades agrarias, especialmente mediante investimentos destinados á clasificación, acondicionamento, fabricación, transformación e comercialización dos produtos agrarios da propia explotación. Porén, os investimentos destinados á transformación e comercialización realizados na propia explotación limitaranse aos que dean como resultado un produto incluído no anexo I do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

c) Á adaptación das explotacións con vistas a reducir os custos de produción, aforrar enerxía ou auga, ou á incorporación de novas tecnoloxías, incluídas as de informatización e telemática.

Artigo 9. Investimentos non elixibles

1. Non se concederá axuda para os seguintes investimentos:

a) A reforma, reposición ou cambio de uso de bens inmobles.

b) Os investimentos na compra de dereitos de produción, animais e plantas anuais e a súa plantación.

c) Os establecidos no punto 8 do artigo 28.

2. Non serán subvencionados os investimentos das mesmas características durante os cinco anos seguintes ao pagamento da subvención correspondente aos plans de melloras e á mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas a través da redución dos custes de produción, e sen prexuízo do establecido no artigo 3.15 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Esta limitación non se aplicará:

– Aos investimentos que supoñan un incremento da superficie forraxeira.

– Aos honorarios de proxecto.

– No caso de construcións novas, cando se acredite un incremento da capacidade produtiva dun mínimo do 25 %.

3. Ademais, e tamén sen prexuízo do establecido no artigo 3.15 do Real decreto 1852/2009, a maquinaria agrícola tan só será elixible nas explotacións que nos últimos 15 anos non tiveran recibido axudas de plans de mellora para este tipo de investimento. No caso de solicitar subvención en maquinaria, presentarase unha declaración xurada de toda a maquinaria agrícola pertencente á explotación.

Artigo 10. Contía dos investimentos elixibles dos plans de melloras

1. Os investimentos elixibles poderán chegar a un máximo de 100.000 euros por UTA sen superar 200.000 euros por explotación cando a persoa titular sexa unha persoa física ou unha comunidade de bens. No caso de titulares persoas xurídicas, este límite máximo por explotación poderá chegar aos 800.000 euros, sen prexuízo do límite por UTA.

2. Malia o anterior, no caso de explotacións con orientación produtiva principal a produción de leite, cunha produción superior aos 500.000 quilogramos os investimentos poderán chegar a un máximo de 150.000 euros por UTA sen superar 300.000 euros por explotación cando a persoa titular sexa unha persoa física ou unha comunidade de bens. No caso de titulares persoas xurídicas, este límite máximo por explotación poderá chegar aos 1.200.000 euros, sen prexuízo do límite por UTA.

3. O número de plans de mellora que se poderán aprobar por explotación e beneficiario/a, para o anterior volume de investimento, será como máximo de 3 nos seis últimos anos, contados desde a data á que corresponda a aprobación do último plan solicitado nas axudas para a modernización de explotacións agrarias de anteriores exercicios. Ademais, no caso da fusión de explotacións permitirase solicitar un plan adicional para a creación dunha entidade asociativa. Tamén os titulares de explotacións agrarias afectadas por unha catástrofe natural poderán solicitar un plan adicional, previo informe técnico emitido polo servizo territorial de Explotacións Agrarias.

4. Malia o anterior, no caso de explotacións con orientación produtiva principal á produción de leite, cunha produción superior aos 500.000 quilogramos o número de plans de mellora que se poderán aprobar por explotación e beneficiario/a, para ese volume de investimento, será como máximo de 4 nos seis últimos anos.

Para estes efectos, atribuiranse a unha soa explotación beneficiaria o conxunto de plans de investimentos agrarios realizados por calquera titular dela.

5. En calquera caso, serán denegadas aquelas solicitudes de axuda cando a explotación ou o peticionario estivese pendente de presentar a solicitude de pagamento dun plan de mellora aprobado nunha convocatoria anterior, na data en que remata o prazo para a solicitude.

6. Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais indicadas no artigo 3.1.e) desta orde.

7. Cando se trate dun plan de mellora dun agricultor/a mozo/a que se presente simultaneamente á primeira instalación, o límite máximo de investimento por UTA calcularase en función do número de UTA correspondente á situación posterior á realización do plan de mellora.

8. A determinación das axudas aos investimentos que se vaian realizar nas explotacións efectuarase de acordo coas condicións específicas que correspondan ao municipio asignado á explotación, en función da pertenza a este da fracción maioritaria dos bens, dereitos e elementos da explotación.

Artigo 11. Contía das axudas dos plans de melloras

1. A contía máxima de axuda, expresada en porcentaxe do investimento, con carácter xeral, poderá chegar ata as cantidades seguintes:

Contía máxima de axuda (porcentaxe do investimento)

Bens inmobles

Bens mobles

Agricultores profesionais

Zonas desfavorecidas (*)

Ata o 50 %

Ata o 30 %

Resto de zonas

Ata o 40 %

Ata o 25 %

Agricultores non profesionais

Zonas desfavorecidas (*)

Ata o 35 %

Ata o 15 %

Resto de zonas

Ata o 25 %

Ata o 10 %

(*) Zonas desfavorecidas incluídas nas listas a que fan referencia os incisos i) e ii) da alínea a) do artigo 36 do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro.

2. Se o beneficiario da axuda é un agricultor/a profesional, menor de 40 anos no momento da súa primeira instalación que, simultaneamente a ela, ou nos seguintes 5 anos, presente un plan de mellora para a súa explotación, poderá obter unha axuda suplementaria do 5 % do investimento, como máximo, das previstas no punto 1 deste artigo. Esta axuda suplementaria concederase, na súa integridade, cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor/a mozo/a instalado ou que se vaia instalar na modalidade de titularidade exclusiva ou cando se trate dunha explotación prioritaria asociativa e, polo menos, a porcentaxe de socios/as mozos/as que cumpran este requisito sexa igual ou superior ao 50 % dos socios totais.

3. No caso de que o beneficiario da axuda sexa titular dunha explotación de produción ecolóxica, obterá unha axuda suplementaria de ata o 5 % das previstas no punto 1 deste artigo, e que, en ningún caso, poderá superar os límites de intensidade establecidos no Regulamento (CE) 1698/2005.

Artigo 12. Tipos de axuda

1. A axuda consistirá en:

a) Unha subvención directa de capital.

b) Unha subvención de capital, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento, tendo en conta que a subvención non poderá superar o límite de intensidade de axuda sobre o investimento total indicado no artigo 11.1. Estes préstamos non poderán superar o 90 % do investimento total que se vaia realizar, e formalizaranse no marco do convenio financeiro entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade financeira en vigor.

2. Non obstante, serán denegadas as solicitudes para investimentos de plans de mellora cuxo investimento auxiliable sexa inferior a seis mil (6.000) euros.

Artigo 13. Prazo de xustificación do plan de mellora

1. As axudas recollidas nesta sección terán carácter plurianual sendo o prazo de xustificación dos investimentos aprobados, como máximo ata o 15 de decembro de 2014, inclusive. Non obstante poderanse atender excepcionalmente as solicitudes de prórroga dos investimentos que sexan presentadas, xustificadas e tramitadas de acordo co establecido no seguinte parágrafo, sempre e cando a xustificación dos investimentos e a correspondente solicitude de pagamento, non exceda do 15 de xuño de 2015.

2. En referencia ao anterior, e en casos excepcionais en que a persoa beneficiaria por causas alleas á súa vontade, debidamente xustificadas, non poida rematar a mellora no prazo previsto, deberá solicitar, como mínimo con 3 meses de antelación ao do prazo máximo previsto na resolución aprobatoria, unha prórroga do prazo de execución establecido na resolución aprobatoria, especificando os motivos, que deberá ser aprobada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar. O prazo para resolver a prórroga do prazo de execución será de 2 meses. Se transcorrido o prazo para ditar a correspondente resolución, esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de ampliar o prazo de execución.

Artigo 14. Modificación dos proxectos subvencionados

1. Unha vez aprobado o expediente, calquera cambio sobre os investimentos que se aprobaron deberá ser solicitado antes de que se cumpran os seguintes prazos:

a) Para os proxectos de edificación, 3 meses antes de que remate o prazo de execución establecido na resolución aprobatoria, tendo en conta que:

– Os cambios que supoñan a modificación da licenza deben estar autorizados con anterioridade a data da solicitude de pagamento, e deberase entregar o proxecto coas modificacións autorizadas xunto coa licenza modificada e co resto da documentación esixida no artigo 7 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

– Os cambios que non supoñan a modificación da licenza non será necesario solicitalos, e na solicitude de pagamento entregarase o proxecto coas modificacións e coa certificación municipal de non modificación da licenza orixinal xunto co resto da documentación esixida no artigo 7 da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Se este tipo de cambios non foron solicitados e posteriormente autorizados, a axuda certificarase con base na resolución da aprobación.

b) Para os investimentos en maquinaria agrícola, 3 meses antes de que remate o prazo de execución establecido na resolución aprobatoria, tendo en conta que:

– Unha vez aprobada a axuda para un tipo de maquinaria, non se permitirá o cambio para outro tipo distinto de maquinaria.

– Os cambios nas características do mesmo tipo de maquinaria inicialmente aprobada deben ser solicitados para a súa autorización posterior. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

c) Para o resto de investimentos (cambio de parcela...) 6 meses antes de que remate o prazo de execución. A autorización destes cambios será anterior á execución destes. Isto supón que os xustificantes do gasto e do pagamento destes novos investimentos autorizados deberán ter data posterior á dita autorización.

Os cambios sobre os investimentos deberán ser autorizados polo secretario xeral de Medio Rural e Montes por delegación da Conselleira de Medio Rural e do Mar, agás aqueles que non supoñan cambios nas características técnicas, que serán autorizados polo xefe do servizo de Explotacións Agrarias correspondente.

O prazo para resolver estes cambios será de 2 meses. Se transcorrido o prazo para ditar a correspondente autorización, esta non se producise, o beneficiario entenderá denegada a súa petición de cambio de investimento.

2. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade o plan de mellora para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos que a solicita, recalculándose a axuda segundo corresponda á redución do investimento.

CAPÍTULO III
Bases reguladoras para a concesión de axudas para a primeira instalación de agricultores/as mozos/as

Sección 1ª. Primeira instalación de agricultores/as mozos/as
(procedemento MR404A)

Artigo 15. Modalidade de primeiras instalacións

A primeira instalación dun/ha agricultor/a mozo/a poderá realizarse mediante as seguintes modalidades:

1. Acceso á titularidade exclusiva ou compartida da explotación agraria prioritaria (modalidade 1), por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento, parzaría ou figuras xurídicas análogas, asumindo o/a mozo/a que se instala, polo menos, o 50 % dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación. Neste caso ambos os titulares terán a consideración de socios dunha entidade asociativa, para os efectos de outorgar as axudas íntegras por mozo incorporado, aínda tratándose da mesma explotación.

2. Acceso á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria (modalidade 2).

3. Integración como socio/a nunha entidade asociativa con personalidade xurídica (modalidade 3), preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación agraria prioritaria.

4. Instalación por primeira vez nunha explotación agraria non prioritaria (modalidade 4): aquela en que o/a mozo/a se instala por primeira vez como titular persoa física, que acade, polo menos, o 15 % da renda de referencia en termos de marxe neta, compatibilizando a actividade agraria desenvolvida na súa propia explotación con calquera outra actividade económica e absorbendo a dimensión da explotación 0,25 UTA.

5. Cando, sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supere o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria (modalidade 5).

6. Cando, sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo e traballo e de renda unitaria deste inferiores aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, acaden esta consideración en calidade de agricultor a título principal (modalidade 6).

Artigo 16. Casos especiais de primeiras instalacións

1. Respecto dunha mesma explotación non poderá percibirse máis dunha prima por primeira instalación, durante o prazo dos cinco anos seguintes á data da súa concesión. No caso de instalacións múltiples, as axudas distribuiranse en función do grao de participación de cada mozo/a no conxunto dos gastos e investimentos derivados das ditas instalacións. Exceptúanse desta regra as primeiras instalacións dos/as mozos/as mediante a súa integración como socios nunha entidade asociativa, que se outorgarán de forma íntegra a cada mozo/a solicitante, sempre que o volume de traballo na explotación asociativa requira unha UTA para cada mozo/a que se instale.

2. As axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as poderanse conceder tamén naqueles casos en que a instalación se produza nunha explotación de nova creación. Nestas situacións deberase acreditar o acceso á explotación, mediante documento público, xa sexa de arrendamento do predio ou predios, compravenda, cesión etc., ou documento de arrendamento a través do Bantegal.

3. Os cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas, que acrediten que están en réxime de separación de bens no momento da solicitude, serán asimilados ás axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as nalgunha das modalidades indicadas no artigo 15. No caso de cónxuxes ou parellas de feito legalmente recoñecidas, en réxime de gananciais, só poderán ser beneficiarios das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as cando, non sendo suxeito de titularidade compartida, se dea algunha das seguintes circunstancias:

a) Cando o/a mozo/a se incorpore nunha explotación en que o titular sexa o seu cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, e constitúan unha sociedade entre si, sempre que a explotación proporcione polo menos unha RUT do 35 % da renda de referencia para cada un dos membros e ámbolos dous coticen como UTA na explotación.

b) Cando se instale por integración como socio/a dunha entidade asociativa, que sexa resultado da fusión de, polo menos, dúas explotacións preexistentes en funcionamento, aínda que figure como socio/a partícipe o outro cónxuxe ou parella de feito legalmente recoñecida, sempre que a explotación resultante proporcione unha RUT para cada mozo ou moza, polo menos, do 35 % da renda de referencia e ámbolos dous coticen como UTA na explotación.

Artigo 17. Requisitos dos beneficiarios

1. Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria (A-procedemento MR404A), ademais dos requisitos que se desprenden da definición recollida na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, deberán cumprir os seguintes:

a) Posuír, no momento da súa instalación, o nivel de capacitación profesional suficiente, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou comprometerse a adquirilo nun prazo de dous anos desde a data de resolución da axuda.

b) Instalarse nunha explotación agraria que requira un volume de traballo equivalente polo menos a unha UTA ou acadar esta condición nun prazo máximo de dous anos desde a súa instalación.

c) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda.

Este compromiso será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podéndoselle exixir, para eses anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que remita ao servizo territorial de Explotacións Agrarias a copia cotexada da declaración do IRPF e os boletíns de cotización á Seguridade Social ou o informe de vida laboral.

d) Cumprir a explotación as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, segundo o indicado no anexo X desta orde, no prazo máximo de dous anos desde a instalación do/a mozo/a.

e) Ter cumpridos os 18 anos e ser menor de 40 anos de idade no momento da solicitude de axuda.

f) No caso de instalarse nunha explotación prioritaria, acadar a condición de agricultor profesional.

g) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Na modalidade 5 terase en conta o seguinte:

– Que a explotación non teña recibido axudas para o plan de mellora nin primeira instalación, nin tivese a cualificación de explotación prioritaria (agás se estiver situada en zona de montaña).

– Que a marxe neta da explotación sexa inferior ao 20 % da renda de referencia.

– Que na última declaración do IRPF a persoa solicitante acredite unha renda agraria inferior ao 20 % da renda de referencia.

3. Na modalidade 6 terase en conta:

– Que a explotación non teña recibido axudas para plan de mellora nin primeira instalación, nin tivese a cualificación de explotación prioritaria (agás se estiver situada en zona de montaña).

– Que a marxe neta da explotación sexa inferior ao 35 % da renda de referencia.

– Que na última declaración do IRPF a persoa solicitante acredite unha renda agraria inferior ao 35 % da renda de referencia.

4. A instalación do/a mozo/a poderá realizarse dentro dos seis meses anteriores á solicitude de axuda ou ben durante o prazo de execución, sendo auxiliables os investimentos ou gastos realizados polo/a mozo/a neses períodos.

5. Considerarase como data de primeira instalación a máis antiga entre a alta na Facenda na actividade agraria ou a alta na Seguridade Social. Non obstante, e para os efectos da axuda, naqueles casos en que o/a mozo/a estea dado/a de alta na Seguridade Social Agraria e o titular da explotación sexa outra persoa, poderase considerar como data da instalación a da alta na Facenda na actividade agraria. En todo caso, no momento da solicitude deberase acreditar a non existencia de ingresos agrarios a través das últimas cinco declaracións do IRPF efectuadas á Axencia Estatal de Administración Tributaria. En caso contrario, considerarase que o mozo está instalado desde o momento en que declara eses ingresos agrarios.

6. Non procederán estas axudas cando a instalación do/da mozo/a implique unha segregación de parte da explotación.

Sección 2ª. Documentación que hai que presentar no procedemento MR404A

Artigo 18. Documentación que hai que presentar

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR404A, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo III (procedemento MR404A).

b) Plan de explotación (plan empresarial establecido no artigo 13 do Regulamento (CE) 1974/2006, do 15 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) que reflicta o grao de viabilidade económica e a situación da explotación en que se instala e prevexa para el, en xeral, unha renda procedente daquela, medida en termos de marxe neta, polo menos do 35 % da renda de referencia e inferior ao 120 % desta. A marxe neta anterior deberá acadarse, como moi tarde, no momento da presentación da solicitude de pagamento do expediente, e a revisión do plan empresarial farase nos 5 anos desde a data da concesión da axuda, e consistirá en comprobar o mantemento das súas condicións e unha avaliación dos progresos e previsións expostos nel.

Este plan de explotación non será requirido no caso de que o/a mozo/a que se instala presente un plan de mellora.

c) Informe de vida laboral.

d) Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre as declaracións do IRPF dos últimos cinco anos presentadas polo/a solicitante e, se é o caso, copia das indicadas na letra d) do punto 1 do artigo 6 desta orde.

e) Solicitude de cambio de titularidade da explotación, se é o caso, en favor do agricultor/a mozo/a, axustado ao modelo normalizado da consellería.

f) Solicitudes de transferencia, en favor da nova persoa titular, de ser o caso, dos dereitos de prima e da cota láctea que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.

g) Conformidade da entidade bancaria coa concesión do préstamo (se fose o caso).

h) Memoria do plan de mellora.

i) Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).

j) Facturas pro forma, nas que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita (fabricante, características técnicas).

k) Xustificación do nivel de capacitación profesional suficiente, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou compromiso de adquirilo nun prazo de dous anos contado desde a data de resolución da axuda.

l) Compromiso asinado de exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda.

m) O cumprimento na explotación das normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais mediante a presentación de informe, emitido polos servizos técnicos competentes desta consellería.

2. Os documentos públicos sinalados nos puntos 3 e 4 deste artigo, así como a solicitude de cambio de titularidade e as solicitudes de transferencia recollidas nas letras e) e f) do punto 1 deste artigo, poderán ser presentados unha vez aprobada a solicitude de outorgamento da subvención xunto coa xustificación da realización dos investimentos. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado polas dúas partes.

3. Na modalidade 1 o mozo acreditará que asume o 50 % dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación mediante a escritura pública correspondente, así como a declaración do IRPF ou imposto de sociedades, segundo o caso, do anterior titular. Tamén se considerará acreditada a titularidade no caso de cónxuxes ou persoas ligadas cunha relación de análoga afectividade, que constitúan unha entidade sen personalidade xurídica de titularidade compartida da explotación agraria conforme á Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias e a inscriban no Rexistro de titularidade compartida das explotacións agrarias de Galicia.

4. Na modalidade 2 na escritura pública que se asine para tal efecto deberá constar o seguinte:

a) A relación de todos os elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten ao/á mozo/a, que deberán representar, polo menos, un terzo do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, un terzo da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de todos os elementos da explotación transmitidos ao/á mozo/a cotitular continuarán integrados na referida explotación.

b) O acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre a persoa titular e o/a agricultor/a mozo/a conforme este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e aos investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ao 50 %.

5. Na modalidade 3 presentarase a seguinte documentación:

a) Unha certificación expedida polo órgano reitor da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación do/a agricultor/a mozo/a e a súa contribución.

b) Os estatutos da entidade.

c) A relación de socios/as que exercen a dirección técnica e de xestión.

d) A condición da explotación como prioritaria, conforme o disposto no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

6. Cando entre os gastos ou investimentos dun/ha mozo/a que se instale como socio/a dunha entidade asociativa figure o concepto de achega económica do/a mozo/a á entidade, a xustificación do gasto poderá realizarse mediante a acreditación correspondente da achega en diñeiro do/a mozo/a á entidade xunto á acreditación do gasto realmente efectuado pola sociedade nos ditos investimentos.

7. Na modalidade 4 no momento da solicitude de pagamento presentará a alta na AEAT na actividade agraria e a declaración da renda que xustifique a obtención de ingresos agrarios, ou compromiso de presentala.

8. Nas modalidades 5 e 6, a persoa moza solicitante deberá ser titular de explotación agraria, polo que deberá figurar inscrito no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Sección 3ª. Investimentos elixibles, contía da axuda e prazo de execución

Artigo 19. Investimentos elixibles

1. Serán elixibles os seguintes gastos e investimentos:

– Pagamento da anualidade dun contrato de arrendamento de terras.

– Gastos notariais e rexistrais derivados da primeira instalación.

– Gastos de permisos, licenzas e autorizacións administrativas orixinados pola instalación do beneficiario.

–Adquisición de dereitos de produción e dereitos a prima de carácter individual e transferible conforme a normativa vixente de carácter sectorial que resulte de aplicación.

–Custos de avais dos préstamos de primeira instalación.

–Pagamento dos dereitos hereditarios, se é o caso, a coherdeiros/as da explotación familiar en que se instala a persoa beneficiaria.

– Maquinaria agrícola.

– Adquisición ou acondicionamento da vivenda situada en solo rústico ou en núcleo rural de poboación, a cal deberá constituír a residencia habitual do/a mozo/a e estar situada na mesma comarca ou nunha comarca limítrofe á da explotación. Ademais, a construción nova efectuarase nun soar da propiedade, privativa ou ganancial, do mozo ou moza, e deberá ser acorde coa tipoloxía da zona e coa normativa urbanística correspondente.

– Os investimentos que figuran no anexo XI.

2. Así mesmo, as obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con esta, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para iso deberán presentar a licenza municipal, a máis tardar, o 30 de outubro do ano da convocatoria. Ademais, no caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial, este deberá presentarse, a máis tardar, o 30 de outubro do ano da convocatoria. O non cumprimento destes requisitos suporá a denegación da axuda.

Artigo 20. Contía e tipo de axudas á instalación de agricultores mozos

A axuda á primeira instalación de agricultores/as mozos/as, dirixida a auxiliar gastos e investimentos derivados dela consistirá en:

1. Unha prima por explotación, nunha contía máxima de 20.000 euros que se poderá substituír, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuro equivalente.

2. Unha bonificación de xuros, que poderá aplicarse sobre o xuro preferente na súa totalidade, por un importe non superior a 20.000 euros dun préstamo formalizado no marco do convenio financeiro establecido entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e as entidades financeiras, o importe do cal non poderá superar o 90 % do gasto total e será compatible coas axudas do número 1.

3. A contía máxima das axudas expresadas anteriormente poderase incrementar nun 10 % nos seguintes casos:

a) Cando se xere na explotación, polo menos, 1 UTA asalariada adicional á do/a mozo/a que se instala;

b) Cando a explotación estea situada nas zonas desfavorecidas incluídas nas listas a que fan referencia os incisos i), ii) e iii) da alínea a) do artigo 36 do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro.

4. No modalidade 4 a axuda será de ata o 60 % dos valores indicados nos puntos anteriores.

5. Non obstante o establecido nos parágrafos anteriores, as axudas á primeira instalación non poderán superar os 48.000 euros nin o importe dos gastos e investimentos da instalación realizados.

Artigo 21. Prazo de xustificación e acreditación da primeira instalación, e modificación dos investimentos subvencionados

1. O prazo de xustificación dos investimentos e gastos aprobados para a primeira instalación será o mesmo que o previsto para os plans de mellora no artigo 13 desta orde.

2. A acreditación de que se produciu a primeira instalación, con carácter previo á percepción da axuda, efectuarase coa presentación de:

a) A documentación suficiente xustificativa da realización dos gastos de instalación aprobados.

b) O documento de alta no réxime na actividade agraria da Seguridade Social que lle corresponda e o documento de alta no censo de actividades económicas da AEAT (declaración censual modelo 036 ou 037).

c) A declaración do IRPF correspondente ao último período, se é o caso.

d) Os documentos indicados no artigo 18.2, de non telos presentado coa solicitude de axuda.

3. En casos excepcionais en que a persoa beneficiaria, por causas alleas á súa vontade debidamente xustificadas, non poida rematar os investimentos elixibles no prazo previsto, deberá solicitar unha prórroga do prazo de execución tal e como se establece no artigo 13.

4. Unha vez aprobado o expediente, calquera cambio sobre os investimentos que se consideraron elixibles deberá ser solicitado tal e como se establece no artigo 14.

5. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade os investimentos para o cal ten concedidas axudas ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos que a solicita, recalculándose a axuda segundo corresponda á redución do investimento.

CAPÍTULO IV
Bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común

Sección 1ª. Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común
(procedemento MR323C)

Artigo 22. Requisitos dos beneficiarios

Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser cooperativas agrarias ou as súas unións, e as cooperativas de explotación comunitaria da terra.

b) As cooperativas de explotación comunitaria da terra deberán ter un mínimo de 15 socios para poder solicitar estas axudas.

c) Xustificar, mediante un proxecto de explotación, a necesidade e viabilidade técnico-económica dos investimentos segundo a documentación relacionada neste artigo.

d) Comprometerse a exercer a actividade agraria, obxecto da axuda, durante polo menos cinco anos contados desde a data da presentación da solicitude de pagamento da axuda.

e) Establecer as normas internas de funcionamento que sexan necesarias para garantir o correcto funcionamento e a continuación da actividade de que se trate.

f) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de ser o caso, de conformidade coa normativa comunitaria, nacional e autonómica.

g) Cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sección 2ª. Documentación que hai que presentar no procedemento MR323C

Artigo 23. Documentación que hai que presentar

1. Para solicitar a axuda do procedemento MR323C, presentarase a seguinte documentación:

a) Anexo IV: solicitude de axudas para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asociativo (procedemento MR323C).

b) Anexo V: certificación do acordo do consello reitor do acordo de solicitude de subvención.

c) Anexo VI: certificación da entidade solicitante sobre os compromisos esixidos na orde nos seguintes aspectos:

– Cumprimento dos requisitos, así como das obrigas e compromisos que se establecen na orde.

– Autenticidade dos datos facilitados e da documentación presentada.

– Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta administración considere oportunas.

– Que a entidade non está incursa nas circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Compromiso de cumprir as normas mínimas autonómicas, estatais e comunitarias en materias de medio ambiente, e hixiene e benestar dos animais.

– Compromiso de realizar un programa sanitario específico, cando corresponda.

– Compromiso de non vender, doar nin ceder en uso as instalacións, tanto fixas como móbiles, ou equipamentos subvencionados, antes de cinco anos ou de que remate o seu prazo de amortización, salvo por causa técnica xustificada e acreditada documentalmente, en concordancia co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Anexo VII: plan de investimentos, que incluirá relación dos investimentos que se vaian desenvolver, a súa contía económica e previsión por anos da súa execución.

e) Copia cotexada dos estatutos da entidade. No caso de novas entidades que presenten por primeira vez a solicitude de axuda, copia cotexada da escritura de constitución e inscrición rexistral. De encontrarse en fase de constitución, presentarase a composición da comisión promotora e compromiso de presentar a documentación que acredite a constitución efectiva antes da aprobación da axuda.

f) Balances e contas de resultados do último exercicio presentado no rexistro mercantil e realizadas de acordo co plan xeral de contabilidade. No caso de entidades de nova constitución aportaranse os documentos do exercicio dispoñible.

g) Certificación por parte da entidade solicitante na que consten os nomes e data de elección das persoas que compoñen o seu órgano de goberno.

h) Memoria técnica da entidade solicitante, asinada polo presidente, que conteña polo menos os seguintes contidos e estrutura:

– Descrición detallada da entidade asociativa (número de socios, capital social, capital de explotación, instalacións, outros activos, actividades que desenvolve, ou pretende desenvolver etc.).

– Relación nominal de socios da entidade solicitante que pretenden participar no proxecto.

i) As obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con esta, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para iso deberán presentar a licenza municipal, a máis tardar, o 30 de outubro do ano da convocatoria. O mesmo prazo se establece para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial. O non cumprimento destes requisitos suporá a non aprobación da axuda.

j) Estudo de viabilidade técnico-económica elaborado por técnico ou equipo técnico competente que deberá incluír:

a. En todos os casos:

i. Definir e xustificar claramente, de acordo co artigo 24 da orde, as condicións que determinan que se trata dunha nova tecnoloxía, produto ou proceso, ou da implantación dunha actividade alternativa ou complementaria.

ii. Relación e análise técnica das instalacións e medios necesarios acordes co proxecto que se vaia desenvolver.

iii. Anteproxecto ou proxecto técnico en soporte papel e dixital (ficheiro pdf), de acordo co artigo 28.6.

iv. Orzamento desagregado dos investimentos obxecto da solicitude de axuda.

v. Carga de traballo prevista para desenvolver a actividade vinculada ao proxecto.

vi. Financiamento previsto.

vii. Análise económica da súa viabilidade.

b. No caso de proxectos relacionados coa gandería, ademais do anterior, presentarase un estudo no que se recolla a información e análise seguintes:

i. Referencias catastrais ou datos das referencias do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac), provincia, concello, zona, polígono e parcela da base territorial da explotación.

ii. Plan de xestión de xurros e ou estercos da explotación.

k) Orzamentos ou facturas pro forma dos investimentos que se van realizar.

2. No caso das entidades que estean en trámites de constitución, a solicitude de axuda poderá facela a comisión promotora, que estará formada polo menos por tres membros, actuando un deles como presidente e outro como secretario, acompañada da solicitude de inscrición da entidade no rexistro correspondente e compromiso de presentar a documentación que acredite a efectiva inscrición no rexistro oficial. A aprobación da axuda queda condicionada, en todo caso, á constitución efectiva da entidade no período previo á resolución.

Artigo 24. Condicións dos investimentos obxecto da axuda

1. Serán elixibles os investimentos en novas tecnoloxías, produtos ou procesos, ou que supoñan a implantación dunha actividade alternativa ou complementaria ao tipo de produto que no momento da solicitude desenvolva o solicitante.

2. Serán subvencionables as actuacións relacionadas a continuación, sendo auxiliables en todo caso os investimentos que figuran no anexo XI cos módulos máximos establecidos na Norma complementaria de desenvolvemento do procedemento de xestión destas axudas publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar
(http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/explotacions/plans_de_mellora/):

a) A construción do conxunto de instalacións necesarias para exercer os proxectos establecidos neste artigo.

b) Instalacións fixas e móbiles, incluídos equipos e programas informáticos asociados á xestión do proxecto a implantar.

c) Gastos de transformación e preparación de terreos incultos.

d) Gastos en honorarios profesionais na redacción do anteproxecto e proxecto que no seu caso se requira e vinculados ao obxecto desta orde.

3. Poderán subvencionarse así mesmo, os gastos de adquisición de terreos, ata un importe máximo do 10 % dos gastos subvencionables do conxunto do proxecto de explotación e sempre de acordo co establecido no artigo 8 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader.

4. Investimentos exceptuados de axuda:

Non se concederán axudas para os seguintes investimentos:

a) Os proxectos cun investimento inferior ós 50.000 euros.

b) Os establecidos no punto 8 do artigo 28.

5. Non serán subvencionados os investimentos das mesmas características durante os cinco anos seguintes ao pagamento da subvención correspondente, e sen prexuízo do establecido no artigo 3.15 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos Programas de Desenvolvemento Rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Artigo 25. Contía das axudas

A intensidade da axuda, con carácter xeral, poderá chegar ata o:

a) 50 % do investimento auxiliable para bens inmobles e o 30 % para bens mobles nas zonas desfavorecidas incluídas nas listas a que fan referencia os incisos i) e ii) da alínea a) do artigo 36 do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, que poderán acadar os beneficiarios.

b) 40 % para bens inmobles e o 25 % para bens mobles nas demais zonas, que poderán acadar os beneficiarios.

Artigo 26. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación dos investimentos e gastos aprobados para estas axudas é o previsto no artigo 13 desta orde.

Artigo 27. Modificación dos proxectos subvencionados

O procedemento para a modificación dos proxectos será o previsto no artigo 14 desta orde.

CAPÍTULO V
Disposicións comúns

Artigo 28. Disposicións comúns

1. Os beneficiarios deberán destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que nunca será inferior a cinco anos, contados desde a data da solicitude de pagamento, salvo que por causa técnica xustificada e acreditada documentalmente sexa autorizado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, concordancia co artigo 29.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura pública esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, estes extremos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente.

2. Durante os cinco anos seguintes á solicitude de pagamento, os investimentos subvencionados non deberán sufrir ningunha modificación importante que afecte a súa natureza ou ás súas condicións de execución, ou que resulte, ben dun cambio na natureza do réxime de propiedade dunha determinada infraestrutura, ben da interrupción ou do cambio de localización dunha actividade produtiva.

3. O incumprimento da obriga de destino referido anteriormente, que se producirá, en todo caso, co alleamento ou o gravame do ben, será causa de reintegro, quedando o ben afecto ao pagamento do reintegro, calquera que for o seu posuidor, agás o referido no artigo 29.4º.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non se considerará incumprida a obriga de destino referida no anterior punto cando:

a) Tratándose de bens non inscritibles nun rexistro público, fosen substituídos por outros que sirvan en condicións análogas ao fin para o cal se concedeu a subvención e este uso se manteña ata completar o período establecido, sempre que a substitución sexa autorizada pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

b) Tratándose de bens inscritibles nun rexistro público, o cambio de destino, alleamento ou gravame sexa autorizado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. Neste suposto, o adquirente asumirá a obriga de destino dos bens polo período restante e, no suposto de incumprimento desta, do reintegro da subvención.

5. De cara aos controis administrativos sobre a moderación dos custos, establecidos no artigo 24.2.d) do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, os investimentos elixibles estarán modulados de acordo co establecido na Norma complementaria de desenvolvemento do procedemento de xestión destas axudas publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar (http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/explotacions/plans_de_mellora/). Ademais, en todos os casos o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de empresas que o subministren ou presten. A escolla entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a escolla cando non recaia na proposta máis vantaxosa economicamente.

6. Se os investimentos polos que se solicita a axuda se corresponden con obra civil, deberase presentar o correspondente bosquexo acoutado e memoria descritiva da construción. No caso de que o investimento en obra civil sexa superior a 30.000 euros, coa solicitude de axuda deberase achegar proxecto técnico, en soporte papel e dixital (ficheiro pdf), asinado polo persoal técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, tal como se indica no artigo 41.2º.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo. Neste caso, a certificación final de obra valorada deberase presentar, o máis tardar, no momento da solicitude de pagamento dos investimentos. Sobre os anteriores puntos, e en referencia ao proxectista, ao director de obra e ao director da execución da obra, terase en conta o reflectido no capítulo III da Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.

7. Todos os proxectos técnicos presentados nas axudas terán que incluír, obrigatoriamente, un anexo relativo á produción e xestión dos residuos da explotación.

8. A parte do especificado para cada tipo de axuda, non se concederán axudas para os seguintes investimentos:

a) Os investimentos de simple substitución, nin se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.

b) Gastos de conservación e mantemento ou os derivados de actividades de funcionamento da explotación.

c) Os gastos non subvencionables distintos dos anteriores, e aos que fai referencia o artigo 3 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader.

CAPÍTULO VI
Procedemento de concesión das axudas

Artigo 29. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. No caso de que algún dos documentos a presentar por parte do/a solicitante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

2. Xunto coa solicitude de axuda achegarase a documentación complementaria establecida nos apartados que figuran a continuación para cada tipo de axuda solicitada:

a) Plans de mellora: artigo 6.

b) Instalación de mozos: artigo 18.

c) Utilización de instalacións e equipamentos en común: artigo 23.

3. Ademais da documentación establecida para cada axuda en concreto, presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia NIF das persoas xurídicas solicitantes das axudas e fotocopia do DNI do seu representante, e fotocopia do DNI das persoas físicas. As fotocopias do DNI deberanse achegar no caso de non autorizar á Consellería do Medio Rural e do Mar á consulta de datos do DNI no sistema de verificación de datos de identidade do ministerio de de facenda e administracións públicas.

b) De cara á avaliación do cumprimento dos indicadores de resultados (R2 e R7) do PDR de Galicia 2007-2013 de acordo co establecido no Marco común de seguimento e avaliación do Feader e o Regulamento (CE) nº 1974/2006 e o artigo 79 do Regulamento (CE) 1968/2005 do Consello, así como o artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os beneficiarios deberán presentar a declaración da renda (persoas físicas) ou imposto de sociedades (persoas xurídicas) correspondente ó exercicio no que se xustifica a subvención. As persoas beneficiarias quedan obrigadas á presentación da mesma documentación relativa aos dous exercicios posteriores a aquel exercicio no que se xustifica a subvención, no prazo dun mes desde que finalice a data de presentación destas declaracións.

A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado levará consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria necesaria para a cumprimentación dos indicadores de resultados do PDR.

c) Anexo VIII: declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos.

4. A documentación complementaria poderase presentar tamén electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

5. Non obstante o disposto nos puntos anteriores, a presentación dentro do prazo establecido nesta orde da seguinte documentación considerarase mínimo imprescindible para a tramitación das solicitudes:

– O anexo I, II, III ou IV, segundo sexa o caso.

– Memoria do plan de mellora e a descrición detallada dos investimentos que se van realizar.

– Planos e bosquexo, ou proxecto en soporte papel e dixital (ficheiro pdf).

– Facturas pro forma, nas que se detallen claramente os conceptos dos bens polos que se solicita (fabricante, características técnicas).

6. Ademais, de acordo co artigo 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas que soliciten as axudas previstas nesta orde, acreditarán, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, que se encontran ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por concepto ningún, coa Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión da axuda pola persoa interesada comportará, durante todo o período de compromisos, a autorización á Consellería do Medio Rural e do Mar para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. As oficinas agrarias comarcais asesorarán as persoas solicitantes na realización dos estudos técnico-económicos necesarios para a elaboración dos plans de melloras das explotacións e das axudas á primeira instalación de agricultores/as mozos/as, iniciando a instrución dos expedientes, os cales serán remitidos debidamente cubertos aos servizos de Explotacións Agrarias.

Artigo 30. Conformidade previa á formalización do préstamo

Na tramitación das solicitudes de axuda dos procedementos MR404A, MR405A e MR409A que estean vinculadas a préstamo, e como condición para que a axuda sexa aprobada, a persoa solicitante deberá achegar a conformidade coa concesión do préstamo correspondente dunha entidade financeira asinante do convenio financeiro.

Artigo 31. Criterios de prioridade para as axudas aos plans de melloras

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 47, segundo o tipo de solicitante:

a.1. Solicitante dun plan de mellora para agricultores profesionais: 90 %.

a.2. Solicitude dun plan de mellora para agricultores non profesionais: 10 %.

2. Dentro de cada un dos grupos anteriores establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación:

a) Explotación prioritaria: 6 puntos.

b) Investimentos en implantación de pradarías e peches para pastoreo, superiores ao 50 % do investimento total elixible: 6 puntos.

c) Plan de mellora ligado a primeira instalación nas modalidades 1, 2 e 3 do artigo 15: 6 puntos.

d) Situación da explotación nun concello de montaña: 3 puntos.

e) Explotacións de produción ecolóxica: 3 puntos.

f) Creación por UTA asalariada: 1 punto por UTA, ata un máximo de 3 puntos.

g) Explotacións sitas no ámbito territorial do Plan Impulsa de reactivación económica das provincias de Lugo e Ourense: 2 puntos.

i) Explotación de titularidade compartida: 1 punto.

3. No caso de empate en puntos priorizaranse as explotacións prioritarias, e se o empate continúa, priorizaranse os plans de mellora ligados a unha primeira instalación mediante a modalidade de cotitularidade, de continuar o empate priorizaranse as situacións na orde indicada neste punto, e se seguise o empate priorizaranse en orde de maior a menor investimento elixible.

4. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado nalgún dos dous puntos, o importe sobrante pasará ao outro punto.

Artigo 32. Criterios de prioridade para as axudas á primeira instalación

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Primeira instalación ligada a un plan de mellora: 6 puntos.

b) Instalación do/a mozo/a mediante a modalidade 1: 4 puntos.

c) Instalación dun mozo que subscribe un contrato de explotación sustentable: 4 puntos.

d) Instalación nunha explotación ecolóxica: 3 puntos.

e) Situación da explotación nun concello de montaña: 3 puntos.

f) Instalación do/a mozo/a mediante as modalidades 2 e 3: 2 puntos.

g) Instalación do/a mozo/a nunha explotación sita no ámbito territorial do Plan Impulsa de reactivación económica das provincias de Lugo e Ourense: 2 puntos.

2. No caso de empate en puntos priorizaranse as primeiras instalacións ligadas a un plan de mellora, e se o empate continúa priorizaranse as situacións na orde indicada neste apartado.

Artigo 33. Criterios de prioridade para as axudas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común

1. Establécense os seguintes criterios de prioridade:

a) Proxectos que introduzan novas tecnoloxías ou innovacións de procesos ou produtos de maior valor engadido: 10 puntos.

b) Proxectos que teñan por obxecto prioritario levar a cabo actividades complementarias aos procesos produtivos das explotacións dos seus socios: 8 puntos.

c) Atendendo á introdución de actividades alternativas nas cooperativas agrarias: 6 puntos.

d) Atendendo á orientación produtiva do proxecto:

i. Vacún do leite: 10 puntos.

ii. Vacún de carne: 8 puntos.

iii. Produción agrícola: 6 puntos.

iv. Outros proxectos no ámbito da produción primaria: 4 puntos.

e) Se o órgano de goberno ten unha porcentaxe de mulleres superior o 40 % que sexan membros do órgano de goberno da entidade: 2 puntos.

f) Situación do investimento a realizar nun concello de montaña: 3 puntos.

2. No caso de empate en puntos priorizaranse as entidades que obteñan a máxima puntuación na letra a), se continuase o empate, os que teñan a máxima puntuación na letra b) e se este continúa seguirase coa letra c). Por último, de persistir este empate, priorizaríase en orde de maior a menor investimento elixible.

Artigo 34. Tramitación e resolución

1. O órgano responsable da instrución dos expedientes destas axudas será a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. A resolución do procedemento corresponderá ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, por proposta da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, logo da avaliación das solicitudes polo órgano colexiado, que estará presidido polo subdirector xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario. Posteriormente serán notificadas as persoas interesadas e, de ser o caso, a entidade financeira correspondente, segundo o previsto na normativa vixente e nos convenios establecidos ou que se establezan entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e as entidades financeiras.

2. O prazo para resolver e notificar as subvencións será de 7 meses desde a publicación desta orde. Se transcorrera o citado prazo máximo sen se ditar resolución expresa por parte do órgano competente, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes, para os efectos da interposición dos correspondentes recursos potestativos de reposición e contencioso-administrativo.

3. Na resolución aprobatoria indicarase o prazo de execución dos investimentos aprobados establecido nos artigos 13, 21 e 26 respectivamente, así como que a operación é cofinanciada polo Feader, dentro do eixe prioritario 1, de mellora da competitividade do sector agrario e forestal de Galicia.

4. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida.

Artigo 35. Solicitude de pagamento dos investimentos

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude agás no caso dos gastos anteriores a esas datas establecidos no punto 16 do artigo 3 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos Programas de Desenvolvemento Rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e ata a data límite de realización dos investimentos, sempre e cando recaia resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicarllo, preferentemente por escrito, ás oficinas agrarias comarcais, ata a data de remate do prazo concedido para a execución das melloras, presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, para os efectos do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión.

3. Cando se trate de investimentos en maquinaria, ademais da factura, achegarase xustificante da inscrición no rexistro de maquinaria agrícola. No caso de maquinaria arrastrada, presentarase a documentación de matriculación.

4. Respecto das condicións de admisibilidade da adquisición de bens mediante fórmulas de financiamento e pagamento que difiren a adquisición da plena propiedade do ben, terase en conta o seguinte:

a) Os bens deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de financiamento que condicionen a adquisición da propiedade do ben a un momento posterior (contratos de financiamento de bens con reserva de dominio, leasing etc.) só se consideran subvencionables sempre que os bens pasen a ser da propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de xustificación da axuda. En concreto, a adquisición de maquinaria e equipamento a través de operacións de arrendamento financeiro só será subvencionable se o contrato inclúe o compromiso de compra en que se prevexa que o beneficiario chegue a ser propietario da maquinaria ou equipamento de que se trate dentro do prazo límite de xustificación da axuda. O importe máximo subvencionable non superará o valor de mercado do activo arrendado.

b) En ningún caso, serán subvencionables outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou gastos de seguros.

c) Non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo (lease-back).

d) Os anteriores supostos deberán respectar o establecido no artigo 5 do Real decreto 1852/2009.

5. Unha vez presentada a solicitude de pagamento dos investimentos, o persoal técnico das oficinas agrarias comarcais, dos servizos provinciais de explotacións agrarias ou outro designado pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas. Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 6.000 euros de investimento, agás nos casos referidos no punto 2 do artigo 12.

6. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase ao beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

7. No caso de que no control administrativo sobre as UTA da explotación na solicitude de pagamento, se o número desas UTA é menor que o que figura na aprobación do expediente na situación prevista, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia a perda do dereito á axuda. Así mesmo, se no caso de que no dito control se verifica que non se cumpren os condicionantes para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito á axuda.

8. Antes do pagamento das axudas para plans de mellora, da primeira instalación de agricultores/as mozos/as ou de fomento de instalacións e equipamentos agrarios en común, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de que non teñen ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da comunidade autónoma.

9. Sen prexuízo dos anteriores puntos, e para os efectos da xustificación dos investimentos, terase en consideración o establecido no artigo 4 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader.

10. Os beneficiarios deberán dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

11. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo de mellora perseguido no momento da solicitude. de non ser así, poderase iniciar o procedemento de revogación da aprobación da solicitude.

Artigo 36. Xustificantes do gasto dos investimentos

1. Os xustificantes do gasto consistirán, de forma xeral, nas facturas orixinais acreditativas dos investimentos, que cumpran as esixencias que establece a Axencia Tributaria (Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro).

2. No caso de presentar fotocopias das facturas, achegará tamén os orixinais para seren dilixenciados pola Administración, co texto «cofinanciado con Fondos Comunitarios».

3. As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Número e, se é o caso, serie.

b) A data da súa expedición.

c) Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

d) Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co que realizara a operación o obrigado a expedir a factura.

e) Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

f) Descrición das operacións, consignándose todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no devandito prezo unitario.

g) O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

h) A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

i) A data en que se efectuasen as operacións que se documentan sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

j) No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que si o recoñece.

k) Con carácter xeral, só se considerará subvencionable a base impoñible que figure na factura, salvo que se trate dunha entidade non suxeita, exenta de IVE ou suxeita á regra de prorrata; nestes casos, deberá xuntarse a documentación xustificativa desta circunstancia (declaración de non suxeición ou exención de IVE emitida pola AEAT e, no caso de aplicación da regra de pro rata, o modelo 390 de declaración resumo anual IVE correspondente ao último exercicio en que figure a porcentaxe de dedución ou prorrata).

l) Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets cando sexa obrigatoria a expedición de factura, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

m) Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

4. O xustificante do pagamento de facturas realizarase mediante a presentación de orixinal e copia, para a súa compulsa e selaxe, dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Como regra xeral, presentarase a factura definitiva e o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria deberá ser orixinal ou copia cotexada, e estará selado pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto deste.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e acompañarase unha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

Artigo 37. Solicitude de anticipo

1. Os beneficiarios das axudas aos plans de melloras ou ao fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativa, poderán solicitar coa solicitude de axuda o aboamento dun anticipo que non poderá superar nin o 20 % do custo total do investimento considerado como elixible, de acordo co artigo 56.2 do Regulamento (CE) 1974/2006, nin o 50 % da subvención concedida, segundo se establece no artigo 63.1.2 do Decreto 11/2009, ou calquera outra porcentaxe superior aprobada regulamentariamente pola Comisión Europea. O aval sobre o anticipo solicitado deberase formalizar e presentar ante o órgano concedente da axuda no prazo de quince días a partir da notificación de concesión.

2. Este aval será equivalente ao 110 % do importe do anticipo, e liberarase cando a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria comprobe que o beneficiario cumpre todos os requisitos esixidos na convocatoria para o pagamento da axuda e o importe dos gastos considerados finalmente como elixibles supera o importe do anticipo.

3. Cando se concedese un anticipo, e unha vez certificados os investimentos, se a axuda definitiva a que ten dereito resultase inferior ao importe do anticipo, o beneficiario reembolsará a diferenza entre o anticipo percibido e a axuda que lle corresponde, máis os xuros legais, salvo que concorra algunha das causas de forza maior sinaladas no artigo 40. Ademais se o beneficiario non executara os investimentos no prazo máximo previsto nos artigos 13, 21 e 26, deberá reintegrar todo o anticipo máis os xuros legais contados desde a data do pagamento, salvo que concorra algunha das causas de forza maior sinaladas no punto 2 do artigo 41.

Artigo 38. Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda, excepto as previstas no Real decreto 457/2010, do 16 de abril, polo que se regulan as bases para a concesión de axudas para a renovación do parque nacional de maquinaria agrícola, así como nas previstas nas axudas destinadas ás explotacións gandeiras para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano.

2. As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 39. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, as persoas beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, ou polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 40. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, sempre que non exceda do prazo establecido para a realización da actividade.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución de concesión, por instancia da persoa beneficiaria, sempre que cumpra as condicións previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en canto non se opoña á citada Lei 9/2007.

A solicitude de modificación deberá presentarse 6 meses antes de que remate o prazo de execución establecido na resolución aprobatoria, agás nos supostos contemplados no artigo 14.

3. A modificación poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiro.

4. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución tiveron lugar con posterioridade a ela.

5. A Consellería poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 41. Reintegro das axudas

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora producidos desde o pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas. Os xuros de mora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos esixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Longa incapacidade profesional da persoa beneficiaria.

c) Expropiación dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.

d) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente as terras da explotación.

e) Destrución accidental dos edificios para o gando da explotación.

f) Epizootia que afecte a totalidade ou a unha parte do gando do/a produtor/a.

A persoa beneficiaria ou o seu habente causa notificará por escrito á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes os casos de forza maior ou as circunstancias excepcionais, presentando as probas suficientes no prazo dos dez días hábiles seguintes á data en que a persoa beneficiaria ou o seu habente causa estea en condicións de facelo.

3. Segundo se establece no artigo 44 do Regulamento 1974/2006 cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, a persoa beneficiaria transfira a súa explotación a outra persoa que cumpra os requisitos esixidos, esta poderá asumir o compromiso e subrogarse en compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas. Segundo dito artigo 44 do Regulamento 1974/2006, poderase non exixir o reembolso se, no caso de cesamento definitivo das actividades agrarias por parte dunha persoa beneficiaria que cumprise unha parte significativa do compromiso, a asunción do compromiso polo/a sucesor/a non resulta factible.

Artigo 42. Recursos administrativos

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou na respectiva orde de convocatoria esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer os seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa.

Artigo 43. Medidas informativas e publicitarias das axudas cofinanciadas polo Feader

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural e do Mar farase constar que, á marxe doutras fontes de financiamento público, concorre o financiamento con fondos Feader, e informarase tamén os beneficiarios do eixe prioritario do programa de desenvolvemento rural en que están incluídas estas axudas.

2. Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 e 500.000 euros, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa ou un panel publicitario, respectivamente, no cal figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema Feader: «Europa inviste no rural».

3. Así mesmo, neste senso deberase tamén cumprir o establecido no Decreto 409/2009, do 5 de novembro, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

Artigo 44. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. A Dirección Xeral de Produción Agropecuaria será a responsable de efectuar os seguintes controis en aplicación do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión:

a) En todos os casos:

– Control administrativo sobre o 100 % das solicitudes de axuda e de pagamento. As solicitudes de axuda que superen este control serán propostas para aprobación polos servizos provinciais de Explotacións Agrarias. De entre elas seleccionaranse por concorrencia competitiva as que serán aprobadas. Por outra banda, se no caso de que no control administrativo da solicitude de pagamento se detectasen discrepancias co solicitado polo beneficiario, e logo de requirimento ao mesmo para que confirme ou emende a súa solicitude, aplicarase o réxime de reducións e exclusións establecido no apartado 2 deste artigo, e contemplado no artigo 30 do Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

– Control administrativo sobre o 100 % das solicitudes de pagamento. As solicitudes de pagamento que superen este control serán propostas para o pagamento.

– Control sobre o terreo sobre unha porcentaxe das solicitudes de pagamento que superasen o control administrativo da solicitude de pagamento.

– Control a posteriori sobre unha porcentaxe dos expedientes xa pagados e que estean dentro do período de cumprimento de compromisos.

b) A maiores dos anteriores, no caso das primeiras instalacións comprobarase o cumprimento do plan empresarial sobre unha porcentaxe dos expedientes xa pagados e que estean dentro do período de compromisos.

2. Os pagamentos calcularanse sobre a base do que se considera elixible, tras determinar:

a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.

A cantidade a pagar ao beneficiario será a definida no importe b). Cando o importe a) supera o importe b) en máis dun 3 %, a cantidade pagadoira é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes. Esta redución non se aplicará cando o beneficiario poida demostrar que non é responsable da inclusión do importe non elixible.

As reducións prescritas aplicaranse igualmente sobre os gastos non elixibles identificados nos controis sobre o terreo, cando son posteriores ao pagamento, e nos controis a posteriori.

3. Cando se determine intencionalidade na presentación dunha declaración falsa, o beneficiario quedará excluído da axuda Feader en cuestión e do resto das axudas vinculadas á medida durante o exercicio Feader de que se trate e os dous seguintes. Ademais, recuperaranse os importes aboados pola operación ata ese momento, no caso de ter pagamentos parciais.

4. Así mesmo, será aplicable o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto na Lei 9/2007. Todo o anterior é sen prexuízo das sancións a que puideren dar lugar a aplicación da lexislación vixente en materia de axudas.

CAPÍTULO VII
Convocatoria 2013

Artigo 45. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2013 as axudas regulamentadas por esta orde. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serán as establecidas, con carácter xeral, nesta orde.

Artigo 46. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 47. Financiamento das axudas

O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

1. 12.22.712B 772.0 (CP 2007 00399), para as axudas previstas na sección primeira número 1: Plans de mellora da devandita orde, na cal existe crédito adecuado para o ano 2013, cen mil (100.000) euros; para o ano 2014 un millón catrocentos mil (1.400.000) euros, e para o ano 2015 tres millóns cincocentos mil (3.500.000) euros. En total cinco millóns (5.000.000) de euros. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma.

2. 12.22.712B 772.0 (CP 2007 00400) para as axudas previstas na sección primeira número 2: Primeira instalación de agricultores mozos, na cal existe crédito adecuado para o ano 2013, cen mil (100.000) euros; para o ano 2014 un millón novecentos mil (1.900.000) euros. En total dous millóns (2.000.000) de euros. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma.

3. 12.22.712C 770.0 (CP 2007 00425) para as axudas previstas na sección primeira número 3: Fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativa en Galicia, na cal existe crédito adecuado para o ano 2013, cen mil (100.000) euros; para o ano 2014 un millón novecentos mil (1.900.000) euros. En total dous millóns (2.000.000) de euros. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma.

4. As cantidades dos apartados 1, 2 e 3 deste artigo correspóndense cos compromisos dos expedientes a aprobar nesta convocatoria. Os ditos gastos serán comunicados á Comisión Europea no período establecido pola programación dos fondos Feader. En todo caso os compromisos adaptaranse ao período de subvencionalidade establecido na Decisión que aproba o PDR Galicia 2007-2013, Decisión CE (2008) 703, do 15 de febreiro, modificada pola Decisión C (2010) 1227, do 5 de marzo de 2010.

Disposición adicional primeira. Cualificación de explotacións agrarias prioritarias

Nos casos en que a documentación presentada pola persoa solicitante das axudas previstas nesta orde sexa suficiente e se reúnan os requisitos esixidos, a directora xeral de Produción Agropecuaria efectuará a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido na Lei 19/1995, de modernización de explotacións agrarias e no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Disposición adicional segunda. Normativa subsidiaria

En todo o non recollido nesta orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o establecido no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 e no Regulamento (CE) nº 1698/2005, do 25 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, e nos regulamentos que o desenvolven, así como tamén no Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos Programas de Desenvolvemento Rural cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), así como na Lei 19/1995, de modernización das explotacións agrarias, do 4 de xullo, e na Lei 35/2011, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, do 4 de outubro.

Disposición adicional terceira. Publicidade das axudas

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos/as beneficiarios/as e da súa publicación na citada páxina web, así como tamén procederase á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos para os efectos do disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Disposición adicional cuarta. Documentación en poder da Administración

Os documentos esixidos nesta convocatoria e que figuren nos diferentes rexistros da Consellería do Medio Rural e do Mar ou na súa base de datos, non será necesario que os presente a persoa solicitante, serán obtidos directamente pola unidade tramitadora do expediente, entre outros, folla de saneamento gandeiro, cota láctea, dereitos de prima, axudas do pagamento único, declaración de superficie, cualificación da explotación como prioritaria, cualificación da explotación como ecolóxica ou contrato de explotación sustentable. Así mesmo terase en conta o que establece a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 12 de xaneiro de 2012 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro), pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico.

Disposición adicional quinta

Os expedientes de axuda presentados ao abeiro da convocatoria de 2012 respecto dos cales non se ditou resolución expresa de concesión da axuda, poderanse ter en conta na convocatoria de 2013, sempre que a persoa interesada así o solicite expresamente e cumpra co disposto nesta convocatoria.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a directora xeral de Produción Agropecuaria para o establecemento das marxes brutas das principais actividades produtivas das explotacións das distintas comarcas galegas, así como para ditar as instrucións precisas para o mellor desenvolvemento e execución do disposto nesta orde, as cales serán publicadas na web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X
Aspectos relacionados coas limitacións sectoriais e o cumprimento
das normas ambientais de hixiene e benestar dos animais exixibles
ás explotacións beneficiarias destas axudas

A) Limitacións sectoriais.

1. En razón do produto, do tipo de investimento e da capacidade actual e prevista da explotación, poderán excluírse deste réxime de axudas os investimentos que aumenten a produción sen saídas normais do mercado. En todo caso, serán de aplicación as limitacións á produción, investimentos ou axudas reguladas nas organizacións comúns de mercado.

2. Os investimentos que se vaian realizar naqueles sectores para os cales se teñan establecido cotas, primas ou calquera outro dereito de produción, serán auxiliables sempre que se acredite, á súa finalización, a dispoñibilidade deles en contía suficiente, o cal se comprobará na base de datos da Consellería.

3. Estas axudas non serán de aplicación aos investimentos dirixidos a mellorar a produción agraria que sexan auxiliados acolléndose aos fondos establecidos nas organizacións comúns de mercado. No caso concreto da viña, non se concederán axudas para a súa reestruturación previstas no Regulamento (CE) 1493/1999 do Consello, do 17 de maio, polo que se establece a OCM vitivinícola, e normativa de desenvolvemento.

4. No sector da produción do mel non se auxiliarán as accións establecidas no Regulamento (CE) 797/2004, do Consello, do 26 de abril, relativo ás medidas destinadas a mellorar as condicións de produción e comercialización dos produtos da apicultura.

5. Estas axudas non se aplicarán a investimentos no sector forestal, xa contempladas na subsección segunda do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

B) Para poder acceder ás axudas ao desenvolvemento rural no período 2007-2013, e en particular ás destinadas á mellora das estruturas agrarias, a normativa aplicable ao dito período establece no Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no artigo 26 na súa alínea b) que as explotacións agrarias cumpran as normas comunitarias aplicables aos investimentos de que se trate.

1. Normas mínimas de ambiente, hixiene e benestar dos animais exixibles ás explotacións beneficiarias.

a) As explotacións con actividade gandeira obxecto de auxilio deberán levar a efecto as accións sanitarias derivadas dos plans oficiais de profilaxe e loita contra enfermidades, establecidos ou que se establezan no futuro, de acordo co previsto na Lei 8/2003, de sanidade animal, e normativa que a desenvolve.

b) As explotacións con actividade agrícola obxecto de auxilio deberán levar a efecto as accións sanitarias derivadas dos plans oficiais de profilaxe e loita contra os axentes nocivos, establecidos ou que se establezan no futuro, de acordo co previsto na Lei 43/2002, de sanidade vexetal, e normativa que a desenvolve.

A seguir enuméranse as normas de aplicación:

• Normas ambientais.

Directiva 96/61/CE do Consello, do 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ao control integrados da contaminación.

Lei 4/1989 de conservación de espazos naturais e da flora e fauna silvestres (Directiva 79/409 CEE e parte da Directiva 92/43/CE) e as súas modificacións.

Lei 42/2007 do Patrimonio natural e da biodiversidade.

Real decreto 1997/1995 polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitat naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva 92/43 CE), e as súas modificacións.

Lei 10/1998, sobre residuos (Directiva 91/156/CEE), e as súas modificacións.

Real decreto 261/1996 sobre protección contra a contaminación por nitratos procedentes de fontes agrarias (Directiva 91/76CE), e as súas modificacións.

Real decreto 1310/90 e Orde do 26 de outubro de 1993 sobre o emprego de lodos de depuradora en agricultura e as súas modificacións.

• Normas de hixiene.

Entre as normas de hixiene que requiren adaptación das explotacións e de recente entrada en vigor figuran:

Regulamento (CE) 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Regulamento (CE) 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.

Directiva 2002/99/CE sobre normas zoosanitarias aplicables á produción, transformación, distribución e introdución dos produtos animais destinados a consumo humano.

• Normas de benestar dos animais.

Real decreto 348/2000, do 10 de marzo, relativo á protección dos animais en explotacións gandeiras (Directiva 98/58/CE), e as súas modificacións.

Sector vacún (becerros).

Real decreto 1047/1994, do 20 de maio, relativo ás normas mínimas para a protección de becerros, modificado polo Real decreto 229/1998, do 16 de febreiro (Directiva 91/629/CEE), e as súas modificacións.

Sector avícola.

a) Real decreto 3/2002, do 11 de xaneiro, polo que se establecen as normas mínimas de protección das galiñas poñedoras, e as súas modificacións.

b) Real decreto 1084/2005, do 16 de setembro, de ordenación de avicultura de carne, e as súas modificacións.

Sector porcino:

a) Real decreto 1135/2002, do 31 de outubro, relativo ás normas mínimas para a protección de porcos, e as súas modificacións.

b) Decreto 324/2000, do 3 de marzo, polo que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións porcinas, e as súas modificacións.

Sector cunícola:

Explotacións cunícolas: Real decreto 1547/2004 do 25 de xuño, que establece as normas de ordenación das explotacións cunícolas, e as súas modificacións.

Sector apícola:

Explotacións apícolas: Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, e as súas modificacións.

ANEXO XI

Investimentos incremento superficie forraxeira:

Cercas e mallas.

Pastor eléctrico.

Implantación de praderías con e sen destoconado.

Implantación cultivos:

Acolchados para horta ou para flor.

Invernadoiros.

Umbráculos.

Implantación de plantas ornamentais.

Implantación de outros cultivos.

Plantación de froiteiras.

Instalacións de auga:

Conducións xerais.

Estanque ou balsa.

Sistemas de rego.

Pozos.

Saneamentos e drenaxes.

Bomba de auga.

Depósito de auga.

Instalacións de muxido:

Equipos de muxido.

Tanque de refrixeración.

Instalacións agrícolas:

Alprendes e almacéns.

Cortes, construcións e instalacións para as diferentes especies de gando.

Fosa lavado-lixiviado.

Fosa xurro.

Silos forraxeiros.

Silo de penso.

Instalacións aforro enerxético:

Baterías condensadores.

Grupo electróxeno.

Instalación de produción térmica/biomasa.

Instalación placa para arrefriamento do leite.

Instalación de enerxía solar, fotovoltaica, eólica.

Paneis para produción de enerxía solar.

Sistema recuperador de calor.

Variadores de frecuencia.

Outros:

Equipo de detección de celos e mamite.

Honorarios de proxecto e anteproxecto.

Potabilizadora.

Sistema dosificador de medicinas.

Maquinaria agrícola:

Tractores, maquinaria e apeiros agrícolas.

Poderanse aprobar investimentos, baixo o concepto Outros investimentos sempre que se trate de melloras que pola súa especificidade ou a súa innovación tecnolóxica, non foron recollidos no anexo. Nestes casos, xunto coa solicitude presentarase unha memoria na que se xustifique a súa importancia e necesidade para o funcionamento da explotación, así como, de ser o caso, a innovación tecnolóxica que introduce.

Tamén deberán presentar tres orzamentos diferentes, independentemente do volume de investimento, ou unha xustificación de que non hai oferta suficiente para acadar os tres orzamentos.

O importe destas melloras será o menor dos tres orzamentos presentados.

Estes investimentos para ser elixibles deberán ser informados favorablemente polo Servizo Territorial correspondente, e comunicados á Subdirección Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias.