Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24137

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

É un feito indubidable que a incorporación das mulleres ao mercado de traballo sitúa a cuestión da conciliación da vida familiar e laboral nun primeiro plano e que, ademais, supuxo unha transformación non só laboral senón tamén social que provocou, así mesmo, modificacións nos valores culturais dominantes respecto do papel das familias, da maternidade e da repartición de roles entre mulleres e homes.

A necesidade de compaxinar a vida familiar e laboral leva consigo, ademais dos cambios necesarios no ámbito lexislativo, a obriga de promover servizos e recursos complementarios que dean resposta ás demandas da poboación, como son os servizos de atención a menores, dado que permiten adecuar os horarios escolares dos e das menores cos horarios laborais das súas familias, e os poderes públicos deben ter un papel importante na potenciación de programas e accións facilitadores da conciliación. Nesta liña, o VI Plan galego para a igualdade entre mulleres e homes recolle, no seu eixo 4, actuacións dirixidas a estimular formas de organización dos tempos de traballo para facilitar a conciliación de homes e mulleres, así como tamén medidas dirixidas a adecuar e potenciar o desenvolvemento de servizos e recursos favorecedores da conciliación.

O desequilibrio na repartición dos tempos dedicados ás tarefas de reprodución e coidado, desfavorable para as mulleres, é un aspecto prioritario que debe ser abordado á hora de reducir a discriminación por razóns de xénero no mercado laboral. Con esta finalidade, recóllense no eixo 2, tema prioritario 69 do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, medidas para mellorar o acceso das mulleres ao mercado laboral, así como a súa participación e o seu progreso permanente no dito mercado, e para impulsar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, co fin de reducir a segregación sexista en materia de emprego e reconciliar a vida laboral e privada, por exemplo, facilitando o acceso aos servizos de coidado e atención de nenos e nenas.

De conformidade co Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, correspóndenlle á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, as funcións de planificar, deseñar, coordinar e avaliar a xestión das políticas da Xunta de Galicia en materia de promoción da corresponsabilidade entre mulleres e homes no eido persoal, familiar e laboral, así como tamén propor medidas, programas e normas dirixidas á promoción do exercicio efectivo dos dereitos das mulleres, a incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural e a eliminar as discriminacións existentes entre sexos.

Polo anteriormente exposto, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende con esta convocatoria impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes adoptando medidas que a favorezan, polo que se considera oportuno realizar unha convocatoria de axudas destinadas á realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, de programas de actividades complementarias e extraescolares nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

As subvencións concedidas a través da presente resolución estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo a través do programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, eixo 2, tema prioritario 69, e axustaranse ás normas sobre elexibilidade aplicables ás axudas financeiras con fondos comunitarios e, en particular, ao disposto no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, no Regulamento (CE) 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007) e na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e a Orde TIN/788/2009 que a modifica.

A convocatoria destas axudas axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 121, do 25 de xuño), no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia (DOG número 20, do 29 de xaneiro), no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG número 214, do 5 de novembro), na Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, e no que resulte de aplicación, na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, do 18 de novembro) e no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2007, do 21 de xullo (BOE número 176, do 25 de xullo).

Por todo o exposto, unha vez obtidos os informes preceptivos na tramitación, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás asociacións de nais e pais de alumnos/as legalmente constituídas, dos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades extraescolares e complementarias dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que teñan como fin contribuír á conciliación da vida familiar e laboral, durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2013 ata o 30 de novembro de 2013.

2. O outorgamento das axudas a que se refire esta convocatoria realizarase en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación.

Artigo 2. Financiamento

1. As axudas obxecto da presente convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312 G.481.0 (código proxecto 2013 00168) por un importe total máximo de douscentos cincuenta mil euros (250.000 euros), e cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2007-2013, eixo 2, tema prioritario 69.

De acordo co disposto no artigo 30.2 do Regulamento de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias sinaladas e, de ser o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que isto implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

2. O crédito asignado será obxecto de desconcentración nas xefaturas territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de maneira proporcional ao número de instancias presentadas en cada provincia.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de nais e pais de alumnos/as dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. As entidades solicitantes deberán cumprir, en todo caso, ademais dos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 respectivamente da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os seguintes:

a) Manter un sistema de contabilidade con codificación adecuada que permita identificar todas as transaccións realizadas relativas ao proxecto subvencionado e conservar os documentos xustificativos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

b) Facilitarlle ao persoal designado pola Secretaría Xeral da Igualdade, para a verificación do cumprimento do disposto nestas bases, o acceso ás instalacións onde se leven a cabo as accións subvencionadas e a toda a documentación de carácter técnico, administrativo ou contable que teña relación coa subvención concedida. No caso de estar permitida a subcontratación de acordo co establecido no artigo 15, as/os subcontratistas están obrigadas/os a facilitaren ao persoal de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas.

c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión.

Artigo 4. Programas e gastos subvencionables

1. Poderán ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a realización de programas de actividades extraescolares dirixidos ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas.

b) Que a programación das actividades se leve a cabo nas dependencias do centro e fóra do horario lectivo, de luns a venres ao longo do curso escolar, e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.

c) Que a programación das actividades sexa en horario continuado dende a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.

d) Que as actividades que formen parte do programa se centren en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.

e) Que cada actividade se dirixa obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido.

2. Os programas achegados deberán prever expresamente de que xeito se van atender as necesidades das nenas e nenos con discapacidade.

3. Queda expresamente excluído desta convocatoria a prestación do servizo de comedor.

4. Gastos subvencionables.

4.1. Terán a consideración de subvencionables os gastos ocasionados polo desenvolvemento dos programas de actividades extraescolares que a continuación se relacionan, tendo en conta o establecido nas normas sobre elixibilidade aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e, en especial, o artigo 11 do Regulamento 1081/2006 do Parlamento e do Consello, do 5 de xullo, relativa ao Fondo Social Europeo:

a) Gastos do persoal necesario para a execución das accións: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, segundo a contía establecida na normativa aplicable por xornada real de traballo para os correspondentes grupos profesionais nos seus respectivos convenios colectivos.

b) Gastos de seguros de accidentes e pólizas de responsabilidade civil, se é o caso.

c) Gastos de materiais funxibles necesarios para o desenvolvemento das accións.

4.2. Os gastos anteriormente mencionados deberán cumprir os seguintes requisitos: ser un gasto directo da acción, adecuado aos obxectivos, que exista constancia documental sobre a súa realización de forma verificable, que se acredite mediante facturas ou documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa (exemplo: nóminas, boletíns de cotización á Seguridade Social), que se realice dentro do período establecido no artigo 1 desta convocatoria e que sexa efectivamente pagado pola entidade beneficiaria dentro do período de referencia establecido no punto 6 deste artigo.

5. No caso de que o orzamento presentado pola entidade solicitante inclúa gastos considerados como non subvencionables no presente artigo, estes non serán tidos en conta co obxecto de determinar o orzamento de gastos subvencionables que será tido en conta para a determinación do importe da subvención.

6. O período de referencia para a realización do pagamento dos gastos xerados polo desenvolvemento das actuacións será do 1 de xaneiro de 2013 ao 30 de novembro de 2013.

7. A contía destas axudas determinarase sobre a base da puntuación asignada en función dos criterios de valoración establecidos no artigo 11, por proposta do órgano instrutor, sen que poida exceder os 6.000 euros por entidade.

8. Para os efectos destas axudas non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

9. As dúbidas e controversias en relación coa elixibilidade dos gastos serán resoltas pola Secretaría Xeral da Igualdade, por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades beneficiarias.

10. Cando, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o/a beneficiario/a deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se tivera realizado con anterioridade á solicitude de subvención.

Artigo 5. Compatibilidade das axudas

1. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado. Non obstante, os gastos financiados ao abeiro desta resolución non poderán acollerse a outras axudas procedentes do Fondo Social Europeo ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios.

2. O importe da subvención concedida non poderá en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, superar o custo da actividade que vai desenvolver a entidade solicitante.

3. No caso de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para o mesmo fin concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía.

Artigo 6. Iniciación

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

3. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, ao/á xefe/a territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social.

Artigo 7. Documentación

1. Con cada solicitude é obrigatoria a presentación da seguinte documentación, que será imprescindible para a súa valoración:

a) Fotocopia do NIF da entidade.

b) Fotocopia compulsada dos estatutos da entidade debidamente dilixenciados, salvo que xa estea en poder da Secretaría Xeral da Igualdade, circunstancia que haberá que facer constar expresamente identificando o procedemento en que consta.

c) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asinar a solicitude.

d) Certificacións da/o secretaria/o da entidade solicitante, segundo modelo que se determina no anexo II.

e) Certificado da dirección do centro educativo que acredite a súa conformidade para o desenvolvemento das actividades nas instalacións do centro.

f) Memoria detallada do programa de actividades solicitado. Esta memoria recollerá expresamente como se integra o fomento da igualdade entre os xéneros masculino e feminino e como se atenden as necesidades de nenas e nenos con discapacidade, e fará referencia necesariamente aos seguintes aspectos:

– Obxectivos perseguidos polo programa.

– Descrición de cada unha das actividades propostas: contidos, metodoloxía, medios materiais e persoais precisos, duración, resultados previstos e persoas responsables da súa execución:

• Lugar e data de realización.

• Número estimado de persoas participantes desagregado por sexo.

• Sistema de avaliación, mediante o establecemento de indicadores ou medidores cuantificables do grao de cumprimento do obxectivo ou obxectivos perseguidos.

g) Orzamento estimado de gastos para cada unha das actividades propostas (anexo III).

h) Anexo IV:

– Declaración responsable asinada pola/o representante legal da entidade na cal se exprese que a entidade cumpre todos os requisitos para obter a condición de beneficiaria das axudas reguladas nesta convocatoria e non está incursa en ningunha das circunstancias ás que se refire o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Declaración de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

– Declaración de estar de acordo coas actuacións de control e supervisión destas axudas que leven a cabo o Fondo Social Europeo, a unidade administrativa do FSE do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e do órgano concedente.

– Autorización expresa á Secretaría Xeral da Igualdade para que realice as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos ou documentos achegados.

– Compromiso de utilización de linguaxe non sexista

– Compromiso de utilización da lingua galega, de ser o caso.

– Declaración responsable acerca da veracidade dos datos relativos á titularidade da conta bancaria consignados na solicitude.

i) Declaración do conxunto de todas as solicitudes de axudas concedidas e/ou solicitadas para a mesma finalidade, procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais; así como de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo V).

j) Calendario semanal de realización das actividades (anexo VI).

2. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. O órgano instrutor reservará para si a facultade de solicitar a información complementaria que considere conveniente para a correcta definición, avaliación, seguimento e comprobación da solicitude presentada.

Artigo 8. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras e comporta a autorización da entidade solicitante para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificacións telemáticas. Cando da actuación de oficio resulte que a entidade solicitante ou beneficiaria non se atopa ao día das súas obrigas tributarias e sociais, requiriráselle para que regularice a situación e presente por si mesma o correspondente certificado. Para o trámite de adxudicación, estes certificados poderán ser substituídos por declaración responsable do órgano competente da entidade solicitante, que se presentará xunto coa solicitude.

De conformidade co artigo 20.3º da Lei 9/2007, se a persoa solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa figura no poder da Administración, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a ela. Para estes efectos, a documentación débese manter vixente e identificarase no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada.

2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a entidade solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral da Igualdade publicará na súa páxina web oficial a relación de entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

4. A Secretaría Xeral da Igualdade velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para eses efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación dos expedientes correspondentes e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega. Os datos non serán obxecto de cesión a terceiras persoas; non obstante, a Secretaría Xeral da Igualdade revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e lle sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso. Decláranse recoñecidos os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición, que poderán exercerse ben mediante escrito en que se achegue identificación suficiente, dirixido ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para estes efectos dispoñible na Guía do cidadán da páxina web da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde ás unidades de igualdade das delegacións territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, o órgano instrutor requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se considerará que desisten da súa petición, logo da correspondente resolución. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade, a cal producirá os mesmos efectos que a devandita notificación.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderase requirir á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo 10.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, que non conteñan a documentación necesaria ou, de ser o caso, non a presenten nos modelos normalizados, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta. En todo caso, non se admitirán a trámite, procedéndose ao seu arquivo sen posibilidade de emenda, as solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na correspondente convocatoria.

Artigo 10. Comisión de valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, crearase en cada delegación unha comisión de valoración para estes efectos, a cal estará presidida pola/o xefa/e territorial da respectiva delegación e da que formarán parte, ademais, dúas/dous traballadoras/es designados polo/a respectivo/a xefe/a territorial. Actuará como secretari/a un/unha traballador/a da xefatura territorial. Se por calquera causa algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir ás reunións, será substituída pola/o funcionaria/o que designe o órgano competente para o outorgamento da axuda.

2. A comisión de valoración, motivadamente, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

3. Avaliadas as solicitudes seguindo os criterios establecidos no artigo 11, a comisión de valoración emitirá un informe con base no cal o órgano instrutor elevará unha proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou denegación da subvención solicitada. Nesta proposta figurarán as solicitudes propostas para obter a axuda e o importe para cada unha delas, ata esgotar o crédito dispoñible. O resto das solicitudes consideradas subvencionables quedará en reserva para seren atendidas no suposto de quedar crédito libre por producirse algunha renuncia ou de producirse un incremento do crédito inicialmente dispoñible, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos poderanse realizar sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 11. Criterios de avaliación

1. Na valoración das solicitudes presentadas polas entidades peticionarias que, en todo caso, deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 3, teranse en conta os seguintes criterios, e de acordo coas ponderacións sinaladas a seguir:

a) Interese e calidade do programa que se propón, valorada en función da súa claridade expositiva e da integración nel, ademais do fomento efectivo da igualdade entre os sexos e da atención das necesidades de nenas e nenos con discapacidade, doutros valores que contribúan ao desenvolvemento integral da personalidade: ata 30 puntos segundo a seguinte desagregación:

– Interese e calidade do programa: ata 15 puntos.

– Fomento da interculturalidade, de hábitos de vida saudable, respecto polo ambiente e/ou consumo responsable: ata 15 puntos.

b) Número de alumnos/as que se benefician do programa: ata 20 puntos segundo a seguinte escala:

– Máis de 100 alumnas/os: 20 puntos.

– Entre 10 e 100 alumnas/os: proporcionalmente de 0 a 19 puntos.

c) Número de persoas asociadas: ata 15 puntos, que se distribuirán proporcionalmente segundo o número de familias asociadas con respecto ao total de familias do centro.

d) Grao de consolidación e experiencia previa da entidade en actuacións similares nos cinco últimos cursos: ata 10 puntos a razón de 2 puntos por curso.

e) Cofinanciamento por parte da entidade solicitante: ata 10 puntos, dos cales corresponderán 2 puntos por cada 10 % de financiamento con recursos propios.

f) Amplitude do horario do programa das actividades: ata 4 puntos.

– Unha hora e media diarias: 2 puntos.

– Dúas horas diarias: 4 puntos.

g) Actividades complementarias e extraescolares que se desenvolvan en centros educativos situados en concellos onde a proporción de mulleres paradas con respecto aos homes parados nese concello sexa superior á proporción de mulleres paradas no conxunto da comunidade autónoma: 5 puntos. Estas porcentaxes calcularanse con base nas medias do ano 2012, segundo os datos de paro rexistrado do Servizo Público de Emprego de Galicia.

h) Centro educativo situado nun municipio con poboación inferior a 5.000 habitantes: 3 puntos.

i) Emprego da lingua galega: 3 puntos.

2. Á solicitude que acade maior puntuación corresponderalle, dentro dos límites establecidos no artigo 4.7, unha axuda do 100 % do orzamento elixible; en caso contrario, a contía da axuda reducirase proporcionalmente. No suposto de que máis dunha proposta obteña a mesma puntuación e non sexa posible por razóns orzamentarias adxudicar axuda a todas elas, o desempate establecerase en función das puntuacións mais altas segundo as epígrafes parciais dos criterios empezando pola letra a).

Artigo 12. Resolución e notificación

1. Avaliadas as solicitudes segundo os criterios establecidos no artigo 11 da presente resolución, o órgano instrutor, á vista do informe da comisión de valoración, elevará unha proposta de resolución á/ao xefa/e territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que resolverá a concesión ou denegación da axuda solicitada ao abeiro desta convocatoria por delegación da secretaria xeral da Igualdade.

2. A/o xefa/e territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias sen que, en ningún caso, o importe total das axudas poida superar o límite establecido no artigo 2 desta resolución.

3. O prazo para resolver será de catro meses. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, entenderase desestimada.

4. A publicidade das subvencións realizarase segundo dispón a normativa vixente. Nos cinco días seguintes á notificación da concesión publicarase na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade a relación de beneficiarias con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, segundo indica o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

5. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º.b) da indicada lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas con expresión dos motivos da desestimación.

6. Na resolución de concesión informarase as entidades beneficiarias de que a obtención de axuda comunitaria implica a aparición na lista pública de persoas beneficiarias que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2º.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (DOUE L 45, do 15 de febreiro de 2007) e de que na devandita lista figuran os datos de identidade ou denominación social, das operacións e da contía de fondos públicos asignada a cada operación.

Artigo 13. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas ditadas ao abeiro da presente resolución poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 14. Modificación da resolución de concesión das axudas

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, tal e como se establece no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Subcontratación

1. Para os efectos previstos nesta convocatoria, a subcontratación poderá chegar ao 100 % das actividades subvencionadas, entendendo por esta a concertación con terceiras persoas da execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención.

2. Todo procedemento de contratación deberá respectar os principios de transparencia, publicidade e libre concorrencia.

3. Os/as subcontratistas quedarán obrigados/as soamente ante a entidade beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade fronte á Administración. As entidades beneficiarias das subvencións serán as responsables de que na execución da actividade subvencionada concertada con terceiras persoas se respecten os límites establecidos nesta resolución en canto á natureza e contía dos gastos subvencionables e exixiranlles aos/ás subcontratistas os documentos acreditativos dos pagamentos correspondentes.

4. Os/as subcontratistas están obrigados/as a lles facilitar aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas.

5. En ningún caso poderá concertar a entidade beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios/as ou asesores/as cuxos pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria, agás que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e que se obteña a autorización previa do órgano concedente nos termos que se fixen nesta resolución.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente.

Artigo 16. Responsabilidade

A organización e materialización das accións obxecto de subvención será responsabilidade exclusiva da entidade beneficiaria. A actuación da Secretaría Xeral da Igualdade quedará limitada ao seu outorgamento e a garantir o cumprimento da normativa en materia de axudas públicas.

Artigo 17. Xustificación

1. Conforme o establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para cobrar as axudas concedidas ao abeiro desta resolución as entidades beneficiarias deberán presentar, con data límite do 30 de novembro de 2013, nos lugares indicados no artigo 6 desta convocatoria, os orixinais da seguinte documentación:

a) Solicitude de cobramento asinada segundo o modelo do anexo VII.

b) Unha relación dos gastos realizados, onde conste a natureza e o importe de cada un deles, coa identificación do acredor e do documento, data de emisión e data de pagamento, expedida pola secretaría da entidade co visto e prace da súa presidencia, segundo o modelo que se achega como anexo VIII.

c) As facturas orixinais ou documentos de valor probatorio equivalente dos gastos subvencionados. Estes documentos deberán estar emitidos conforme a normativa aplicable e acompañaranse dos xustificantes bancarios de pagamento e, de ser o caso, dos xustificantes de ter aboado as cotas, taxas ou impostos correspondentes. As entidades presentarán os orixinais para seren selados pola unidade tramitadora correspondente. Unha vez completa esta dilixencia e sempre que se solicite expresamente, os ditos orixinais serán devoltos coa maior brevidade posible.

Nos xustificantes bancarios que se presenten deberá constar o número da factura ou facturas obxecto de pagamento, a identificación da persoa pagadora e da destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emite a factura ou ben acreditar a súa relación con esta.

As facturas deberán traer o IVE desagregado.

d) No caso de que se contraten monitoras/es para a realización das actividades, a xustificación deste gasto farase por calquera das seguintes formas: se as actividades as desenvolven empresas externas e/ou profesionais autónomos/as, achegaranse facturas ou recibos de honorarios, onde consten de forma detallada as actividades desenvolvidas; no caso de que a entidade solicitante contrate directamente o/a monitor/a das actividades, será necesario achegar as nóminas da persoa ou persoas contratadas, así como acreditar o ingreso en concepto de retención a conta do IRPF e os documentos xustificativos de ingreso dos seguros sociais.

e) Memoria de execución do programa, que deberá incluír como mínimo: descrición das actividades desenvolvidas (datas de realización, duración, contidos e metodoloxía empregada no seu desenvolvemento), valoración do cumprimento do obxectivo de fomento da igualdade entre os sexos masculino e feminino, indicación de como se atenderon as necesidades de nenas e nenos con discapacidade, publicidade e divulgación que se realizou, así como a seguinte información:

– Número de persoas participantes desagregadas por sexo.

– Número de familias beneficiarias, identificando o nº de familias monoparentais.

– Número de nenas/os participantes con discapacidade.

f) Enquisa de satisfacción ás nais e pais do alumnado que participase nas actividades complementarias e/ou extraescolares (anexo IX).

g) Os tres orzamentos que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba ter solicitado a entidade beneficiaria.

h) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas, como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

i) Declaración de que as actividades foron desenvolvidas en lingua galega, de ser o caso.

j) Copia do material impreso usado para a difusión das actividades subvencionadas, que incorporará, de forma visible, o logotipo do Fondo Social Europeo (FSE), o cal levará debaixo a seguinte inscrición: «O Fondo Social Europeo inviste no teu futuro», e o logotipo da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 21.1 da presente resolución.

k) Un exemplar de todos os materiais elaborados (carteis, folletos, enquisas, material didáctico, fotografías ou outra documentación elaborada ad hoc e que complemente a xustificación da actividade subvencionada).

2. Cando o importe dalgún xustificante non se impute totalmente á finalidade da subvención concedida, indicarase a contía exacta daquel que resulte afectado por esta.

3. Transcorrido o prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación, requirirase a entidade para que no prazo improrrogable de 10 días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo anteriormente sinalado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

4. Para os efectos do establecido nestas bases, a condición de elixibilidade do gasto imputable a unha actuación deriva do cumprimento dos seguintes requisitos: que sexa un gasto directo da acción, que sexa axeitado aos obxectivos da medida a que pertence a actuación, que exista constancia documental sobre a súa realización de xeito verificable e que se realice dentro do período establecido, que se acredite mediante facturas ou documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa (exemplo: nóminas, boletíns de cotización á Seguridade Social) e que sexa efectivamente pagado pola entidade beneficiaria dentro do prazo de xustificación, agás que se trate de gastos correspondentes a impostos ou cotas por seguros sociais relativos a gastos directos da acción liquidables con posterioridade a esta data; neste caso, o período de elixibilidade excede o prazo de xustificación e abrangue ata o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria. En todo caso, observarase o cumprimento das condicións establecidas na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica.

5. No caso de que a xustificación fose incorrecta e/ou incompleta requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez días, advertíndolle de que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.

6. De acordo co artigo 65.4.f) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, quedan exoneradas de constituír garantía as entidades beneficiarias das subvencións reguladas na presente resolución.

Artigo 18. Pagamento

1. Unha vez xustificada a subvención, o órgano competente, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da conduta e/ou actividade subvencionada.

2. Os departamentos territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de atopar conforme a documentación xustificativa, proporán o pagamento do importe concedido ou do resultante da minoración determinada conforme o número 4 deste artigo.

3. Antes de proceder ao pagamento da liquidación final, o órgano xestor incorporará ao expediente a acreditación de que as entidades adxudicatarias están ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

4. Nos supostos en que o custo total definitivo do proxecto ou actividade sufra unha minoración respecto do que se tomou en consideración para calcular a subvención, ou cando a cantidade xustificada mediante documentos acreditativos do gasto (facturas, recibos etc.) fose inferior á da axuda concedida, efectuarase a correspondente e proporcional diminución no montante da subvención.

5. Cando formen parte da conta xustificativa documentos de gastos que impliquen ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe destes ingresos ou cotas considérase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) en que se reflicta o importe da retención ou cotización devindicadas na data de xustificación, quedando as entidades beneficiarias obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, a dita presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.

Artigo 19. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta operativa do Tesouro 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar perante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 20. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta resolución ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 21. Control

1. A Secretaría Xeral da Igualdade poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta convocatoria.

2. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a Secretaría Xeral da Igualdade poderá realizar, ben con persoal propio ben a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta convocatoria. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Secretaría Xeral da Igualdade xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal asignado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

3. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 22. Publicidade e información

1. As entidades beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do programa, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co programa subvencionado, o financiamento dos seus activos con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo. Para isto, no lugar onde se realicen as actuacións deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo en que aparezan os anagramas da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, en aplicación do disposto na normativa aplicable. Na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade informarase das características do dito cartel e dos logos e lendas de obrigada inclusión. Cando o proxecto teña publicidade nun sitio da internet, deberán figurar na súa páxina de inicio e en lugar visible as citadas referencias; cando se materialice nunha aplicación informática deberán facerse as citadas referencias na zona de inicio ou menú principal da aplicación informática, así como na epígrafe de información da aplicación (axuda, acerca de ou similares). Cando o proxecto dera lugar a documentación (manuais, cadernos, enquisas, folletos, notas informativas, CD-Rom) deberán constar na dita documentación as citadas referencias, e colocarse na contraportada no caso das publicacións.

2. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, os departamentos territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publicarán no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria do programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da axuda, en aplicación do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e dos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión. Igualmente, nos cinco días seguintes ao da notificación da concesión publicarase na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade a relación de beneficiarias con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, segundo indica o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

3. As entidades beneficiarias, coa presentación das solicitudes, autorizan a Secretaría Xeral da Igualdade para incluír e facer público, nos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevantes referidos á axuda recibida, así como ás sancións impostas.

A reserva que a entidade solicitante poida facer no sentido de non autorizar a obtención de datos ou a publicidade de datos nos rexistros, que en todo caso terá que ser expresa, poderá dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a subvención ou, noutro caso, á revogación do acto de outorgamento e, se procede, ao reintegro do importe concedido.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nesta resolución observarase o disposto no Regulamento (CE) 1081/2006, do 5 de xullo, relativo ao Fondo Social Europeo; no Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; na Orde do 21 de decembro de 2009, da Consellería de Facenda, pola que regulan as normas para a execución, seguimento e control dos programas operativos Feder de Galicia 2007-2013 e FSE de Galicia 2007-2013; na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica; e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Artigo 24. Información ás persoas interesadas

Sobre o procedemento administrativo asociado a esta resolución, que ten o código SI449A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional nas unidades de igualdade das delegacións territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza; a través da páxina web oficial da Xunta de Galicia, http://www.xunta.es/resultados-da-guia-do-cidadan, ou da Secretaría Xeral da Igualdade, http://www.igualdade.xunta.es

Disposición adicional

Apróbase a delegación de atribucións nos/as xefes/as territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos ámbitos competenciais respectivos, para resolver a concesión, denegación, modificación das subvencións previstas nesta resolución, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta dos pagamentos, e as relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file