Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2013 Páx. 27822

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 107/2013, do 11 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlle a súa máis alta distinción á persoa e entidades que se indican a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xullo de dous mil trece,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a:

– Manuel Ceferino Díaz Díaz, a título póstumo.

– Fundación Penzol.

– Organización Nacional de Ciegos Españoles.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil trece.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente
En substitución por ausencia, Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente
(Artigo 2 do Decreto 230/2012)

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza