Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29443

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, entre funcionarios do corpo de médicos forenses, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2013.

De conformidade co establecido nos artigos 51, 52 e 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e da Resolución do 15 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocaban a concurso de traslados postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, entre os funcionarios do corpo de médicos forenses (BOE/DOG do 19 de abril de 2013), esta dirección xeral

acorda:

Primeiro. Resolver o concurso de traslados adxudicando os postos convocados aos médicos forenses que se relacionan no anexo I. Decláranse desertos os postos relacionados no anexo II.

Segundo. Para os funcionarios que se atopen en servizo activo, en servizos especiais ou en excedencia voluntaria polo coidado de familiares, o cesamento deberá efectuarse o 3 de setembro de 2013, agás que se encontren gozando de permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, caso en que cesarán o día da súa incorporación.

A toma de posesión do novo destino obtido por concurso, para os funcionarios indicados no parágrafo anterior, producirase nos tres días naturais seguintes ao do cesamento se non implica cambio de localidade do funcionario; nos oito días naturais seguintes, se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma, e nos vinte días naturais seguintes, se implica cambio de Comunidade Autónoma, coa excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, nas cales o prazo será dun mes a partir do cesamento, tanto se o posto de traballo é de orixe coma se é de destino.

O prazo de toma de posesión será retribuído pola Administración competente respecto da praza obtida no concurso.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo desde as situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, o prazo de toma de posesión será de vinte días naturais a partir do 3 de setembro de 2013.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición competente, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, ambos os dous prazos contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, se esta non é simultánea á do Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I
Fase de resultas

Adxudicataria

DNI

Nº orde

Posto adxudicado

Posto de orixe

Pérez Gómez, Ana Belén

33857803D

178

Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Subdirección de Vigo

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección de Vigo

ANEXO II
Prazas desertas

Nº orde

Centro de traballo

Vacantes

Denominación

172

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección de Santiago de Compostela

1

Médico forense (xeneralista)

176

Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Ourense

1

Médico forense (xeneralista)