Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35732

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de setembro de 2013 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 28 de maio de 2013 convocouse concurso de méritos específico entre funcionarias/os de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

En aplicación do disposto no artigo 6 da citada convocatoria, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, os seleccionados quedarán adscritos aos postos obtidos con data do 1 de setembro de 2013 por un período dun ano e un máximo de seis, coa reserva do posto de traballo de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Girón García, Mª José

33229140M

Asociación para a Formación e o Emprego de Mozos Discapacitados (Santiago de Compostela)

Blanco Álvarez, Mª Dolores

32810411Z

Once (A Coruña)

Vidal Vidal, Paula

32835166K

Once (A Coruña)

Silva Baldonedo, María Lidia

52480479E

Once (Ourense)

Domínguez Besada, Ana Belén

44088590M

Once (Pontevedra)

Uceira Rey, Eva

32828102H

Aspanaes (A Coruña)

Beltrán Ortiz, Edda Georgina

46897489Y

Secretaría Xeral para o Deporte (A Coruña)

Lorenzo López, Carlos

33856842Z

Secretaría Xeral para o Deporte (Lugo)

Carreira Varela, Mª Carmen

33837898E

Centro Santo Anxo de Rábade (Lugo)

Losada Vázquez, Eugenio

52482519S

Centro Santo Anxo de Rábade (Lugo)-ámbito sociotecnolóxico

Carregal González, Yolanda

33308883F

Centro Santo Anxo de Rábade (Lugo)-ámbito sociolinguístico

Ares Casal, María Paz

33264759C

Centro de Atención Específica Monteledo (Ourense)

Niebla Saavedra, Juan

32621937W

Escola de Especialidades Antonio de Escaño-Ferrol (A Coruña) Equipamentos electrónicos

Amor Boquete, Yolanda

79319085C

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña