Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40912

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de outubro de 2013 pola que se autoriza o segundo ciclo de educación infantil no centro privado Malvedo, do concello de Coles (Ourense).

A representante da titularidade do centro privado Malvedo, do concello de Coles (Ourense), solicita autorización para impartir 3 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar 3 unidades do segundo ciclo de educación infantil no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Malvedo.

Código do centro: 32016731.

Domicilio: Malvedo, s/n.

Localidade: Malvedo.

Concello: Coles.

Provincia: Ourense.

Titular: Colegio Concepción Arenal Malvedo, S.L.

– Composición resultante:

• 3 unidades de educación infantil.

• 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 4 unidades de bacharelato, das seguintes modalidades:

– Ciencias e tecnoloxía.

– Humanidades e ciencias sociais.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria