Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42662

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, convocadas pola Resolución do 10 de xuño de 2013, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 117, do 20 de xuño), convocáronse as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes para o ano 2013.

Segundo o artigo 10.4 das bases reguladoras, establecidas na Resolución do 10 de maio de 2011 (DOG núm. 96, do 19 de maio) e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación individual das resolucións das axudas poderá ser substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 8 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas e subvencións económicas para o financiamento das actuacións que se indican no anexo I, con indicación do programa cofinanciado, o orzamento elexible, a contía da concesión e o tipo de axuda e/ou tipo de gasto subvencionado, a favor das entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, como consecuencia da aplicación dos criterios establecidos no artigo 9 das bases reguladoras e 5 da convocatoria, por un importe total de 888.976,48 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.481.2 (código de proxecto 2012 00093) dos orzamentos vixentes deste departamento. Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 71.

Segundo. Denegar e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumprir o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 7 das bases reguladoras, ou ben por non cumprir algún dos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Terceiro. De conformidade co artigo 17.2 das bases reguladoras realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, unha vez publicada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da completa xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 10 de maio de 2011.

Cuarto. Informar as entidades beneficiarias de que a obtención da axuda comunitaria implica a aparición na lista pública de persoas beneficiarias que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L/45, do 15 de febreiro de 2007) e que na dita lista figurarán os datos de identidade ou denominación social, das operacións e da contía de fondos públicos asignada a cada operación.

Quinto. Segundo o artigo 2 das bases reguladoras, nestas axudas é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superen o custo das accións subvencionadas. Non obstante o anterior, os gastos financiados ao abeiro desta resolución non poderán acollerse a outras axudas procedentes do FSE ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios.

Sexto. A data límite de presentación da xustificación dos gastos efectuados será o 30 de novembro de 2013.

1. Con base no establecido no título III, artigo 48.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o obxecto e natureza destas subvencións, as entidades beneficiarias, para cobrar as subvencións concedidas, deberán presentar, no prazo e lugares sinalados no artigo 7 da convocatoria, a seguinte documentación, da cal se achegará un único exemplar orixinal e tendo en conta as consideracións establecidas no punto 4 do artigo 5 das bases:

a) Solicitude de cobramento asinada segundo o modelo do anexo IX, publicado na Resolución do 10 de maio de 2011 (DOG núm. 96, do 19 de maio).

b) Certificación de gasto realizado: documento expedido polo órgano competente da entidade, acreditativa do gasto realizado no desenvolvemento do programa subvencionado que inclúa a relación de xustificantes de gasto, clasificada e ordenada conforme o orzamento da solicitude, na cal consten: identificación da persoa acredora, número e data da factura ou documento equivalente, concepto, importe total e importe imputado e data de pagamento (anexo X, publicado na Resolución do 10 de maio de 2011, DOG núm. 96, do 19 de maio). As entidades beneficiarias que teñan que incluír un elevado número de xustificantes poden optar por presentar este certificado no formulario oficial publicado na Resolución do 10 de maio de 2011, DOG núm. 96, do 19 de maio, ou ben nun elaborado por elas adaptado ao volume de documentos; neste caso teñen que respectar exactamente o modelo sen excluír ningún dos datos nel exixidos, en caso contrario será rexeitado. Nesta certificación teñen que incluírse todos os gastos do proxecto segundo o indicado pola entidade na súa solicitude, independentemente de seren gastos subvencionables.

c) As entidades que sexan beneficiarias de axudas por ocupación presentarán, xunto coa documentación xeral das letras a), b), e) g) e h), certificación de estadías en que constará cada número de entrada co número de días de estadía correspondentes e a data de entrada e de saída; a certificación comprenderá as estadías atendidas entre o 1 de decembro de 2012 e o 30 de novembro de 2013 como máximo.

d) As entidades que sexan beneficiarias de axudas tipo incentivo presentarán certificación do importe dos custos de persoal realizados (con desagregación de retribucións salariais e custos sociais) pola entidade no período subvencionable diferenciado por posto de traballo (anexo VIII publicado na Resolución do 10 de xuño de 2013, DOG núm. 117, do 20 de xuño). Achegará, ademais desta documentación e da documentación xeral das letras a), b), e) g) e h), informe de vida laboral das persoas traballadoras que se inclúan nese certificado que reflicta a alta desde o inicio da contratación.

e) Declaración de axudas actualizada na data de xustificación (anexo V, publicado na Resolución do 10 de xuño de 2013, DOG núm. 117, do 20 de xuño).

f) As entidades que sexan beneficiarias de subvención por gasto corrente e de persoal presentarán, ademais da documentación xeral das letras a), b), e) g) e h, as facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) acreditativas dos gastos correntes e de persoal subvencionados (agás dos postos incentivados) xunto cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento, presentaranse ordenadas conforme a relación clasificada dos gastos certificados e a cada unha xuntarase o correspondente xustificante de pagamento.

g) Memoria xustificativa, en formato electrónico, da actuación realizada na cal se reflicta o cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención e que conteña unha explicación clara, completa e concisa das actividades levadas a cabo no desenvolvemento do recurso e dos resultados acadados como consecuencia da dita realización. Esta memoria deberá incluír os materiais didácticos e todos aqueles outros materiais, carteis, folletos, fotografías ou outra documentación elaborada ad hoc e que complementa a xustificación da acción subvencionada. Así mesmo, como documento anexo á memoria, as entidades beneficiarias incluirán a relación de mulleres beneficiarias que conterá os datos de identidade e residencia para os únicos efectos da realización das accións de control establecidas na normativa aplicable, consonte co disposto no artigo 6.4 das bases reguladoras, e xuntaráselle copia das enquisas de satisfacción cubertas polas mulleres beneficiarias das accións integradas do programa; estas enquisas deberán conter, como mínimo, os seguintes datos:

– Datos sobre o perfil das participantes: datos de idade, desagregación mínima exixida: menos de 25//entre 25 e 54//maiores de 54.

– Datos do nivel de formación: primaria//secundaria obrigatoria ou equivalente//secundaria non obrigatoria ou equivalente//superior.

– Datos da situación laboral, desagregación mínima exixida: ocupada//desempregada//xubilada.

– Datos de situacións especiais, desagregación mínima exixida: inmigrante//discapacidade//minoría étnica//vítimas de violencia//outras.

– Datos da información sobre o FSE ofrecida pola entidade ás beneficiarias.

h) Fotografías do lugar de realización da acción que reflictan claramente a exposición do cartel publicitario exixido no artigo 20 (na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade informarase das características do dito cartel e dos logos e lendas de obrigada inclusión).

2. Deberá darse cumprimento aos restantes puntos do artigo 16 das bases reguladoras e demais normativa de aplicación.

Os gastos que se subvencionarán deberán respectar o disposto na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica, e o establecido ao respecto nas bases reguladoras. En todo caso debe terse en conta que:

– Os gastos de persoal xustifícanse con nóminas pagadas, documentos de cotización á Seguridade Social pagados e documentos acreditativos da retención á conta do IRPF; na xustificación debe constar (preferentemente na memoria) a asignación da persoa ás tarefas, as súas funcións e competencias e o tempo desempeñado.

– Na xustificación de gastos de desprazamentos é necesario presentar a orde de servizo asinada pola persoa responsable da entidade onde se indiquen o motivo do desprazamento, a data e lugar, os datos de identidade da persoa que realiza o servizo, o custo deste co método de cálculo e o documento acreditativo do pagamento.

– Os gastos indirectos e xerais presentaranse xunto co documento no cal a entidade estableceu, de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas, o método, equitativo e xustificado, de rateo para a súa imputación con base no gasto real en que se incorren e na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a acción e sexan efectivamente necesarios para a súa execución, tendo en conta que as entidades son responsables da veracidade e exactitude dos custos xerais imputados, dos criterios de repartición empregados e de manter os rexistros e a documentación xustificativa soporte dos custos e dos cálculos á disposición dos órganos de control.

– Cando o programa for financiado, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras axudas ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ao programa subvencionado.

– A data límite de xustificación é a data límite de realización de gastos e tamén a data límite de realización dos pagamentos dos ditos gastos, sen prexuízo do disposto no punto 2 do artigo 16 das bases reguladoras.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento das súas actuacións con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo. Para isto, no lugar onde se realicen as actuacións deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no cal aparezan os anagramas da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo en aplicación do disposto na normativa aplicable. Na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade infórmase das características do dito cartel e dos logos e lendas de obrigada inclusión.

Cando o proxecto teña publicidade nun sitio da internet, deberán figurar na súa páxina de inicio e en lugar visible as citadas referencias; cando se materialice nunha aplicación informática deberán facerse as citadas referencias na zona de inicio ou menú principal da aplicación informática, así como na epígrafe de información da aplicación (axuda, acerca de ou similares).

Cando o proxecto dese lugar a documentación (manuais, cadernos, enquisas, folletos, notas informativas, CD-Rom) deberán constar na dita documentación as citadas referencias, que se colocarán na contraportada no caso das publicacións.

Oitavo. De acordo co disposto no artigo 18 das bases reguladoras, o incumprimento por parte das entidades beneficiarias de calquera das obrigas establecidas na normativa aplicable a estas subvencións, incluída a publicidade das accións subvencionadas, dará lugar, logo do oportuno expediente, á obriga de reintegrar a contía indebidamente percibida e aos xuros de demora correspondentes e, se é o caso, á perda do dereito ao cobramento das cantidades pendentes de percibir, conforme co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Noveno. As entidades beneficiarias das subvencións adquiren os compromisos e obrigas que, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se establecen no artigo 13 das bases reguladoras, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable.

Décimo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2013

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Procedemento SI427A

núm. expte.

DNI/CIF

Solicitante

(orde alfabética)

Programa

Orzamento elixible

Total orzamento elixible

Importe concesión

Tipo de axuda/gasto subvencionable

1

2013/000048-0

G15747678

Asociación Amicos

Programa mulleres, discapacidade e maltrato

Gasto de persoal

18.280,28

18.280,28

14.989,83

Gasto de persoal

2

2013/000016-0

G15210388

Asociación Antonio Noche

Programa de recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección

Gasto de persoal

15.715,76

23.856,76

21.948,22

Gasto corrente e de persoal

Gasto corrente

8.141,00

3

2013/000064-0

G15414667

Asociación Axuda e Atención ao Preso

Mulleres reclusas 2013

Gasto de persoal

5.800,00

8.562,00

8.048,28

Gasto corrente e de persoal

Gasto corrente

2.762,00

4

2013/000015-0

G36642726

Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete

Programa de intervención socioeducativa dende unha perspectiva de xénero con mulleres privadas de liberdade

Contrato laboral a tempo completo por un período mínimo de 12 meses

22.412,06

42.972,49

35.268,91

Incentivo posto educadora social e gastos de persoal

Gasto de persoal

20.560,43

5

2013/000008-0

G36802536

Asociación de Ayuda a la Vida-Ayuvi

Ti podes

Gasto de persoal

7.806,61

11.977,44

10.300,59

Gasto corrente e de persoal

Gasto corrente

4.170,83

6

2013/000059-0

G32104663

Asociación de Empresarias e Profesionais da Provincia de Ourense-AME

Ame Apoia IV

Gasto de persoal

8.932,26

8.932,26

8.217,68

Gasto de persoal

7

2013/000017-0

G32354227

Asociación de Mulleres Algueirada

Servizo de atención ás mulleres que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

Gasto de persoal

6.770,00

6.770,00

6.228,40

Gasto de persoal

8

2013/000011-0

G32207516

Asociación de Mulleres ANEL

Servizo de atención ás mulleres anciás que viven soas

Gasto de persoal

22.138,03

22.138,03

20.809,75

Gasto de persoal

9

2013/000041-0

G15458060

Asociación de Síndrome de Down Teima de Ferrol

En igualdade 2013

Gasto de persoal

10.705,00

10.705,00

9.634,50

Gasto de persoal

10

2013/000061-0

G15500853

Asociación Dignidad Galicia

Acompañamento social a mulleres xestantes e lactantes con fillos menores de 3 anos

Contrato laboral a tempo parcial por un período mínimo de 12 meses

10.302,05

10.302,05

8.859,76

Incentivo posto traballadora social

11

2013/000039-0

G15731466

Asociación Down Coruña

Identidade, imaxe e desenvolvemento persoal

Gasto de persoal

23.817,67

23.817,67

21.435,90

Gasto de persoal

12

2013/000002-0

G27431873

Asociación E-Deidades para a Integración Laboral e Social da Muller

Non estás soa, emprégate

Gasto de persoal

8.300,00

8.300,00

7.304,00

Gasto de persoal

13

2013/000057-0

G28197564

Asociación Española contra o Cancro

Programa de apoio psicosocial para a rehabilitación integral de mulleres operadas de cancro de mama

Gasto de persoal

43.396,93

43.396,93

16.396,93

Gasto de persoal

14

2013/000004-0

G15173263

Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra Soneira e Fisterra

Mulleres con diversidade: servizo de información e asesoramento para mulleres condiversidade funcional nomedio rural

Gasto de persoal

12.957,83

12.957,83

11.402,89

Gasto de persoal

15

2013/000044-0

G15945686

Asociación Labregas

Programa de sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

Gasto de persoal

36.052,29

36.052,29

30.000,00

Gasto de persoal

16

2013/000075-0

G27198977

Asociación Lucense de Axuda aos Enfermos Mentais

Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación para mulleres vítimas de violencia de xénero e que sofren enfermidade mental crónica

Gasto de persoal

42.377,30

45.815,30

38.350,00

Gasto corrente e de persoal

Gasto corrente

3.438,00

17

2013/000070-0

G27255108

Asociación para el Desarrollo Sociocultural, Formación y Empleo-ASFEM

Programa de acompañamento e apoio a mulleres inmigrantes

Gasto de persoal

7.000,00

7.000,00

6.160,00

Gasto de persoal

18

2013/000036-0

G15476310

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

Proxecto integral de apoio a mulleres con enfermidade mental no medio rural

Gasto de persoal

19.438,87

19.438,87

17.494,98

Gasto de persoal

19

2013/000005-0

G15775901

Asociación Proxectos Globais de Inserción e Integración Sociolaborais ALAR Galicia

Proxecto Madre 2013

Gasto de persoal

15.000,00

15.000,00

12.300,00

Gasto de persoal

20

2013/000005-0

G15775901

Asociación Proxectos Globais de Inserción e Integración Sociolaborais ALAR Galicia

Programa Súmate 2013

Gasto de persoal

14.000,00

14.000,00

12.600,00

Gasto de persoal

21

2013/000045-0

G70370119

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

Recursos especializados dirixidos ás mulleres do rural

Gasto de persoal

29.305,41

29.305,41

24.616,54

Gasto de persoal

22

2013/000051-0

G27707686

Asociación Red Madre Pontevedra

Nais 2013

Gasto de persoal

23.000,00

23.000,00

22.540,00

Gasto de persoal

23

2013/000050-0

G36928646

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

Proxecto Re-Actívate

Gasto de persoal

11.703,08

12.663,08

10.636,99

Gasto corrente e de persoal

Gasto corrente

960,00

24

2013/000069-0

G70180229

Asociación RedMadre Coruña

Servizo de intervención social para mulleres xestantes e lactantes 2013

Gasto de persoal

37.673,13

37.673,13

34.659,28

Gasto de persoal

25

2013/000058-0

G32394082

Asociación RedMadre Ourense

Nais 2013

Gasto de persoal

4.400,00

4.400,00

3.960,00

Gasto de persoal

26

2013/000034-0

G36046241

Asociación Rexurdir de Actividades Sociais

Programa de atención integral a mulleres xestantes e lactantes

Gasto de persoal

5.839,00

5.839,00

5.021,54

Gasto de persoal

27

2013/000074-0

G27202043

Asociación Síndrome de Down de Lugo

Servizo de atención integral para mulleres coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Gasto de persoal

14.025,00

14.025,00

13.464,00

Gasto de persoal

28

2013/000047-0

G32261307

Asociación Xarela Formación-Animación

Valor-es

Gasto de persoal

12.522,15

12.522,15

11.269,94

Gasto de persoal

29

2013/000056-0

R1500247J

Betania de Jesús Nazareno

Tú puedes

Axuda por ocupación

58.000,00

58.000,00

40.000,00

Axuda por ocupación

30

2013/000038-0

R1500053B

Cáritas Diocesana Santiago de Compostela

Agromar

Gasto de persoal

5.300,00

5.300,00

4.558,00

Gasto de persoal

31

2013/000038-0

R1500053B

Cáritas Diocesana Santiago de Compostela

Grávida

Gasto de persoal

20.001,00

20.001,00

18.800,94

Gasto de persoal

32

2013/000028-0

G32010449

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

Actívate

Gasto de persoal

4.206,00

4.206,00

3.954,21

Gasto de persoal

33

2013/000042-0

G32115941

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

Gasto de persoal

32.915,10

32.915,10

27.607,12

Gasto de persoal

34

2013/000030-0

G32311870

Down Ourense

Programa de atención integral de mulleres con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual para fomentar a súa inclusión

Gasto de persoal

5.729,17

5.729,17

5.156,25

Gasto de persoal

35

2013/000019-0

G36164887

Down Pontevedra Xuntos

Proxecto atención integral a mulleres e familias de persoas coa Síndrome de Down e/ou outra discapacidade intelectual

Gasto de persoal

18.670,66

18.670,66

8.721,30

Gasto de persoal

36

2013/000024-0

G36697324

Down Vigo: Asociación para a Síndrome de Down

Recursos integrais de apoio e mellora de oportunidades na formación e inserción laboral de mulleres con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Gasto de persoal

15.275,67

15.275,67

14.053,62

Gasto de persoal

37

2013/000062-0

G15354483

Ecos do Sur

Programa apoio a nais

Gasto de persoal

29.409,77

29.409,77

27.621,63

Gasto de persoal

38

2013/000026-0

G15545353

Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Discapacidade Mental de Galcia-FEAFES Galicia

Proxecto de atención integral a mulleres con enfermidade mental grave

Gasto de persoal

21.388,87

21.388,87

18.822,21

Gasto de persoal

39

2013/000009-0

G32362279

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

Servizo de apoio ás mulleres anciás que viven soas

Gasto de persoal

23.301,50

23.301,50

20.971,35

Gasto de persoal

40

2013/000007-0

G15068091

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia-FAXPG

Recursos de apoio dirixidos a mulleres xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas

Gasto de persoal

49.174,60

49.174,60

29.000,00

Gasto de persoal

41

2013/000072-0

V15226004

Federación de Empresarias de Galicia-FEGA

Talento en feminino

Gasto de persoal

30.982,88

30.982,88

29.123,91

Gasto de persoal

42

2013/000018-0

G15665144

Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down, Down Galicia

Información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou en mellora de emprego

Gasto de persoal

33.064,45

33.064,45

15.058,27

Gasto de persoal

43

2013/000012-0

G15969868

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

Entreredeiras II

Gasto de persoal

13.000,00

13.000,00

10.920,00

Gasto de persoal

44

2013/000013-0

G32237869

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro

Femuro concilia e emprega

Gasto de persoal

14.604,46

14.604,46

13.436,10

Gasto de persoal

45

2013/000023-0

R0800037D

Fillas do Divino Celo-Rogacionistas

Centro de acollida e inclusión social María Nazarena

Contrato laboral a tempo completo por un período mínimo de 12 meses

8.684,74

8.684,74

8.337,35

Axuda por incentivo do posto de traballador social

46

2013/000022-0

G15859911

Fundación Amigos de Galicia

Programa de recursos integrais para mulleres vítimas de violencia de xénero ou mulleres en risco de sufrir violencia de xénero

Gasto de persoal

53.212,00

53.212,00

40.000,00

Gasto de persoal

47

2013/000010-0

G36861078

Fundación Érguete-Integración

Proxecto E.V.A.

Gasto de persoal

19.400,00

24.800,00

14.600,00

Gasto corrente e de persoal

Gasto corrente

5.400,00

48

2013/000006-0

G15258213

Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia

Axuda a mulleres en risco de exclusión

Gasto de persoal

19.190,25

19.190,25

17.655,03

Gasto de persoal

49

2013/000040-0

G15752660

Fundación Ronsel

Xerentas, programa para o fomento do autoemprego e a economía social

Gasto de persoal

16.717,19

16.717,19

14.376,78

Gasto de persoal

50

2013/000014-0

G15597289

Fundación Universidade da Coruña

Programa en competencias profesionais Assessment week

Contrato laboral a tempo completo por un período mínimo de 6 meses

13.895,82

35.714,70

30.509,75

Axuda por incentivo para o posto de técnica de emprego e subvención para gastos de persoal e correntes

Gasto de persoal

18.218,88

Gasto corrente

3.600,00

51

2013/000067-0

G15940414

ONG Mestura

Ne-nei-ras

Gasto de persoal

22.075,00

22.075,00

18.592,25

Gasto de persoal

52

2013/000029-0

G15383011

Unión Xeral de Traballadores de Galicia-UGT Galicia

Servizo de atención a mulleres

Gasto de persoal

16.075,00

16.075,00

13.181,50

Gasto de persoal

ANEXO II

Procedemento SI427A

núm. expte.

DNI/CIF

Solicitante

(orde alfabética)

Programa

Causa inadmisión/denegación

1

2013/000020-0

G27021120

Aliad Ultreia

Obradoiros con mulleres en situación de risco ou proceso de exclusión

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

Obradoiros con mulleres vítimas de violencia de xénero

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

2

2013/000060-0

G32423691

Asociación Cuarto Sector Desarrollo Social

Somos quen

Artigo 3 das bases reguladoras e 2 da convocatoria: entidade non rexistrada na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

3

2013/000031-0

J32197584

Asociación de Alumnos e Ex-alumnos do Centro San Pablo

Formación, axuda e busca de emprego

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

4

2013/000001-0

G27105220

Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo

Nai emprégate

Artigo 8.3, parágrafo segundo, das bases reguladoras: programa similar e confluente co presentado por unha entidade de 2º nivel en que está integrada (na Federación de Empresarias de Galicia), polo que só pode obter subvención o programa que obtivo maior puntuación

5

2013/000027-0

G15592801

Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego-AMFAR Galicia

Ferramentas de apoio á busca de emprego para mulleres do ámbito rural

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

6

2013/000054-0

G36837433

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

Programa de recursos integrais para mulleres en situación de risco ou proceso de exclusión

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

7

2013/000055-0

G32350555

Asociación de Mulleres Rurais Alumear

Atención biopsicosocial para mulleres na terceira idade

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

8

2013/000032-0

G36622835

Asociación de Persoas Xordas de Vigo

Servizo de canguros

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

9

2013/000043-0

G70223417

Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade-ACADAR

Servizo de atención e desenvolvemento para a muller con discapacidade

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

10

2013/000049-0

G27753029

Asociación para a Formación e a Orientación AFORO

Programa impulso ao emprego

Artigo 3 das bases reguladoras e 2 da convocatoria: entidade non rexistrada na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

11

2013/000036-0

G15476310

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

Programa integral de apoio e inserción sociolaboral

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

12

2013/000073-0

G27442540

Asociación RedMadre Lugo

Nais 2013

Artigo 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

13

2013/000034-0

G36046241

Asociación Rexurdir de Actividades Sociais

Educar para avanzar

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

14

2013/000056-0

R1500247J

Betania de Jesús Nazareno

Acompáñame

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

15

2013/000021-0

R2701016D

Cáritas Diocesana Lugo

Programa de atención especializada a mulleres

Artigo 3 das bases reguladoras e 2 da convocatoria: entidade non rexistrada na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

16

2013/000033-0

R3600368I

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

Proxecto Bolboreta II

Artigo 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

17

2013/000063-0

R1500053B

Cáritas Interparroquial A Coruña-Centro Formación Violetas

Medranza 2013

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

18

2013/000053-0

G36617082

Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares

Servizos de formación, atención á infancia, orientación

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

Servizos á familia, formación e apoio urxente

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

19

2013/000065-0

G27437581

Educando en Familia

Educando en familia

Artigo 3 das bases reguladoras e 2 da convocatoria: entidade non rexistrada na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

20

2013/000035-0

G70101647

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur Galicia

Conciliamos no rural?

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

21

2013/000068-0

V15440639

Federación de Autónomos de Galicia

Programa de difusión para promover a igualdade entre homes e mulleres

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

Estudo comparativo sobre a igualdade de oportunidades no ámbito asociativo empresarial e profesional de Galicia

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

22

2013/000046-0

G15299357

Federación EFA Galicia

Mulleres con proxecto

Artigo 3 das bases reguladoras e 2 da convocatoria: entidade dada de baixa no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

23

2013/000022-0

G15859911

Fundación Amigos de Galicia

Programa de recursos integrais para mulleres en situación de vulnerabilidade social

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

24

2013/000052-0

G70040258

Fundación Down Compostela

Medrando en igualdade

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

25

2013/000025-0

G36818367

Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galicia-Forga

Habilidades e estratexias para a reinserción

Artigo 3 das bases reguladoras e 2 da convocatoria: entidade non rexistrada na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais

26

2013/000037-0

G79408852

Médicos do Mundo-Galicia

Programa de mellora de atención sociosanitaria ao colectivo de mulleres inmigrantes

Artigo 1 das bases reguladoras e 1 da convocatoria: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables