Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 6/2009).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado LMTS, CTC, RBT Taboada.

Situación: concello de Val do Dubra.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Bembibre Concello, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,244 km, con orixe no paso aero-subterráneo proxectado no apoio nº 127-7 existente, que se substituirá por un novo apoio da LMT NEG-803, onde actualmente se realiza o paso aéreo a subterráneo da LMT a CT San Lourenzo, nº 15, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña existente do CT Bembibre Concello, despois de realizar entrada e saída no CT San Lourenzo, nº 15.

Liña eléctrica de media tensión subterránea ao CT Taboada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,337 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS NEG-803, no tramo entre o CT Bembibre Concello e o CT Arcai, 68, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT Taboada proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea ao CT Campo fútbol, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,426 km, con orixe en cela de liña do CT Taboada proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS NEG-803, no tramo entre o CT de intemperie Taboada, que se retirará, e o CT Campo fútbol.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,155 km, con orixe no CT Taboada proxectado, condutor tipo XZ1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña