Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44030

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas convocado pola Resolución do 31 de xullo de 2013.

Mediante a Resolución do 26 de setembro de 2013 (DOG número 186, do 30 de setembro) publicáronse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de xullo de 2013 (DOG número 150, do 7 de agosto).

Trancorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións e unha vez examinadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Publicar a relación definitiva de excluídos como anexo desta resolución.

A lista de solicitantes admitidos está á disposición dos/das interesados/as no Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe «Función pública».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

1º APELIDO

2º APELIDO

NOME

NIF

NRP

MOTIVO DA EXCLUSIÓN

Dapia

Prieto

María Elena

34983954B

3498395457 A997C

12, 13

Dapia

Prieto

Paula Antusa

34983957Z

3498395713 A997B

12

Dapia

Prieto

Raquel

34983958S

3498395824 A997B

12

Cód. causa

Causa exclusión

12

Corpo-escala ou categoría non corresponde ás do concurso

13

Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo