Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1781

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

Ao estaren vacantes diversos postos de traballo desta universidade, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, en relación co artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades; modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, de acordo co que dispón o artigo 79 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico de empregado público; o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro (DOG do 18 de novembro); o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado; a Resolución do 8 de abril de 2013, da Universidade da Coruña, pola que se fai publica a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos (DOG do 16 de abril), e despois de consultar a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos,

RESOLVE:

Publicar a convocatoria do concurso para cubrir os postos vacantes que se relacionan no anexo I desta resolución, así como os que resultaren vacantes no seu proceso de cobertura, conforme as seguintes bases:

Primeira. Requisitos e condicións de participación

Poderán participar neste concurso todos os/as funcionarios/as de carreira das escalas de administración e servizos da Universidade da Coruña, así como o persoal laboral fixo que ocupe prazas catalogadas como de funcionarios, calquera que for a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, así como os que pertenzan a corpos ou escalas xerais de calquera das administracións públicas que se achen na data desta convocatoria prestando os seus servizos nesta universidade como funcionario de carreira, sempre que reunan, na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación, as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria, así como o establecido no artigo 9.2 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo: os funcionarios deberán permanecer en cada posto de traballo de destino definitivo un mínimo de dous anos para poderen participar nos concursos de provisión, non sendo por supresión do posto.

Despois de transcorrer o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para a persoa peticionaria e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obtiver outro destino por medio de convocatoria pública antes de finalizar o prazo de toma de posesión.

Segunda. Postos de traballo

Os postos de traballo son os que se detallan no anexo I e será necesario para poder optar a calquera deles pertencer ao grupo e ao corpo ou escala que se sinala nese anexo, así como reunir os requisitos específicos que se sinalan nel e na vixente relación de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña, coas excepcións feitas na base primeira.

Así mesmo, os funcionarios que o desexaren, poderán solicitar os postos que, a resultas, poidan quedar vacantes durante o proceso de cobertura.

Terceira. Valoración de méritos

A valoración dos méritos das persoas aspirantes para a adxudicación dos postos de traballo que se soliciten será como a seguir se indica.

1. Méritos xerais.

1.1. Grao persoal consolidado.

A valoración do grao persoal consolidado efectuarase segundo os seguintes criterios:

Grao consolidado

Máximo: 15

30

15

29

14,5

28

14

27

13,5

26

13

25

12,5

24

12

23

11,5

22

11

21

10,5

20

10

19

9,5

18

9

17

8,5

16

8

15

7,5

14

7

13

6,5

12

6

1.2. Valoración do traballo desenvolvido.

A valoración do traballo desenvolvido na UDC efectuarase segundo os seguintes criterios:

Valorarase o traballo desenvolvido en postos actualmente catalogados como de funcionario que se ocupen con carácter definitivo ou en adscrición provisional e pertencentes á mesma escala (administración xeral, bibliotecas).

No caso de ocupar unha praza en comisión de servizos, este tempo valorarase como prestado no último posto que se ocupou con carácter definitivo ou con adscrición provisional.

Para a valoración do traballo desenvolvido na UDC tomarase a puntuación fixada por ano para cada posto na táboa que a seguir se relaciona. Os períodos inferiores ao ano ratearanse por meses.

Escala de administración xeral

Letrada/o asesor/a

2,45

Vicexerente

2,375

Xefa/e de servizo

2,3

Xefa/e de sección

1,85

Administrador/a

1,775

Secretaria/o do/da reitor/a, Consello Social

1,25

Xefa/e de negociado

1,175

Secretaria/o do/da secretario/a xeral, vicerreitor/a, xerente

Secretaria/o de decanato/dirección

0,875

Secretaria/o de Instituto Universitario

0,8

Secretaria/o administrativa/o

0,725

Posto base

0,5

Xefe de grupo

0,5

Escala de bibliotecas

Xefe/a de servizo

2,3

Xefe/a de sección

1,85

Director/a de biblioteca

1,775

Bibliotecario/a//técnico/a de arquivo

1,175

Auxiliar técnico/a de biblioteca

0,8

Neste punto considerarase como servizos prestados na UDC o traballo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo (DOG do 24 de xaneiro).

O traballo desenvolvido noutras administracións valorarase segundo a puntuación que corresponda cos postos que figuran na táboa, segundo o seu nivel de complemento de destino e específico, de acordo cos niveis de complemento de destino e específico acreditados na certificación de servizos prestados, ou a proporción que corresponda. A diferenza por cada nivel será de 0,075, tanto de complemento de destino como de específico. En caso de que non se poida certificar o nivel de complemento específico, asimilarase ao complemento de destino.

Asegurarase como mínimo que a puntuación será a que corresponda ao posto de nivel inferior en que se pode prestar servizos nesta universidade dentro de cada grupo funcionarial da RPT vixente.

Puntuación máxima desta epígrafe: 25 puntos.

1.3. Antigüidade.

Os servizos prestados na Administración pública, en que se inclúen os servizos previos recoñecidos que se presten con anterioridade á condición de funcionario de carreira, valoraranse por cada ano completo (ou fracción 1/12 por mes completo), ata un máximo de 20 puntos, do seguinte xeito:

– Servizos prestados noutras administracións: 0,534 puntos por ano completo de servizo.

– Servizos prestados no Sistema universitario de Galicia: 0,667 puntos por ano completo de servizo.

Neste punto consideraranse como servizos prestados na UDC o tempo traballado en centros adscritos de natureza xurídico-pública con anterioridade á súa integración e de acordo coas normas da dita integración.

Ao abeiro do disposto no Real decreto 255/2006, polo que se modifica o Real decreto 364/1995 e o Real decreto 365/1995, engadirase á puntuación obtida por antigüidade (por enriba dos 20 puntos) e só se terá en conta para postos de igual ou inferior nivel ao do posto que ocupa no momento do concurso con carácter definitivo ou en adscrición provisional, e que se poderá obter polos seguintes supostos:

a) 1,25 puntos no caso de que o destino previo do cónxuxe funcionario, obtido mediante convocatoria pública, se localice no municipio en que radique o posto ou os postos de traballo solicitados, sempre que se acceda desde un municipio distinto.

b) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado de fillos, tanto cando foren por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, ata que o fillo cumpra doce anos, sempre que a persoa interesada acredite fidedignamente que o posto solicitado permite unha mellor atención do menor.

c) 1,25 puntos no caso de acreditar o coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, sempre que, por razóns de idade, de accidente, de enfermidade ou de discapacidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, que se acceda desde un municipio distinto e sempre que a persoa interesada acredite que o posto que se solicita permite unha mellor atención do familiar. A valoración deste suposto será incompatible coa concedida polo coidado de fillos.

1.4. Formación.

Nesta subepígrafe serán valorados os cursos, impartidos e/ou recibidos, de formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo. Non se avaliará a formación no DEA de posuír a titulación de doutor.

1.4.1. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Cursos de aptitude: 0,075 puntos por hora.

– Cursos de asistencia: 0,05 puntos por hora.

Os cursos impartidos avaliaranse como un curso de aptitude polo número de horas dunha edición.

As estadías noutras universidades de duración igual ou superior a 5 días valoraranse como 20 horas de asistencia a unha acción formativa.

A puntuación máxima será de 15 puntos.

A formación que tiver unha antigüidade de máis de 10 anos á data en que finalice o prazo de presentación de instancias non poderá superar un máximo de 10 puntos.

1.4.1.1. Valoraranse os cursos organizados pola UDC, os recibidos na EGAP, no INAP ou noutros centros oficiais de calquera Administración pública, así como os homologados pola EGAP e os impartidos por organizacións sindicais e empresariais dentro dos programas de formación continua e outros organismos públicos. Igualmente para os postos reservados ás escalas de arquivos, bibliotecas e museos, valoraranse os cursos específicos organizados por entidades profesionais, membros da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística.

1.4.1.2. Os títulos propios, o DEA e a suficiencia investigadora valoraranse como os cursos recollidos no punto 1.4.1.1.

1.4.1.3. Non se valorarán cursos académicos completos nin por materias de forma illada.

1.4.1.4. Non serán obxecto de valoración os cursos preparatorios ou integrantes de procesos selectivos que foren organizados por calquera Administración.

1.4.2. Titulación académica.

Titulacións:

Máximo: 5

Doutor

5

Mestrado oficial (2º e sucesivos: 10 % do primeiro)

1º = 0,5 adicional

Licenciado

4

Grao

3,5

Diplomatura

3

Ciclo superior de FP

2,5

Bacharelato

2

Ciclo medio de FP

Graduado escolar

1

Segundas e sucesivas titulacións universitarias

10 % do valor da 1ª equivalente no nivel de estudos

As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo ministerio e a persoa interesada deberá citar a disposición e o BOE en que se establece.

Non se lles dará a consideración de 2ª titulación ás que constitúan unha especialidade por itinerario da titulación ou ás titulacións adaptadas ao EEES (graos) ás cales se acceda a través dun curso ponte.

No suposto de posuír dúas titulacións, cando se accede ao segundo ciclo dunha titulación mediante a superación do primeiro ciclo doutra, só se terá en conta a de nivel superior.

1.4.3. Coñecemento da lingua galega.

Valoraranse os cursos segundo o recollido na Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG do 24 de xuño), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), así como as equivalencias que esta última orde dispón no artigo 5:

Galego

Máximo: 5

Linguaxe administrativa, nivel superior ou Celga 5

5

Linguaxe administrativa, nivel medio

3,3

Celga 4

1,6

Celga 3

0,8

1.4.4. Coñecemento de idiomas.

O coñecemento de idiomas valorarase seguindo os niveis de competencias lingüísticas establecidas polo Consello de Europa no Marco común europeo de referencia das linguas (MECRL), segundo a táboa de equivalencias contida no anexo III.

Para os efectos de valoración do nivel de competencias lingüísticas teranse en conta tamén as previsións e equivalencias dos diferentes títulos obtidos nas escolas oficiais de idiomas regulados no R.D. 1629/2006, do 29 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do currículo das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como no Decreto 191/2007, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 20 de setembro, polo que se establece a ordenación de ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio, e o Decreto 239/2008, da Comunidade Autónoma de Galicia, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo de nivel avanzado.

Nivel

Máximo: 2,5

C2

2,25

C1

1,75

B2

1,25

B1

0,75

A2

0,25

A1

0,1

1.5. Grupo do corpo ou escala de pertenza.

Polo grupo a que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso concederanse os seguintes puntos:

Subgrupo

Máximo: 12,5

A1

12,5

A2

9,375

C1

6,25

C2

3,125

E (AP)

0

2. Méritos específicos.

2.1. Esta fase está dirixida á comprobación e á valoración dos méritos específicos das persoas aspirantes a postos de nivel de complemento de destino igual ou superior ao 25. Efectuarase da seguinte forma:

Elaboración dun proxecto, exposición e defensa. Puntuación total 20 puntos.

Os solicitantes deberán elaborar unha memoria en que se evidencie o coñecemento da área a que concursa, cunha análise das tarefas do posto e os requisitos, condicións e medios necesarios para desempeñalo, así como unha proposta organizativa do posto e área en que se encadra, que conteña os obxectivos que se van desenvolver nos próximos dous anos e coa descrición de, polo menos, dúas accións para cada obxectivo marcado.

Para os efectos do anterior, os solicitantes deberán presentar por escrito e defender oralmente este proxecto, nun acto público e ante a comisión para o posto a que se concurse.

Con ese fin, presentarase o proxecto no prazo de solicitude da convocatoria do concurso nun sobre branco, tamaño 36x26 cm, pechado e sen ningún tipo de identificación, no cal apareza só o enderezo da Universidade da Coruña. Deberá ter unha extensión máxima de 10 folios, en tamaño A4, a espazo e medio e cun tipo de letra Times New Roman ou Arial de tamaño 12. Dentro deste sobre incluirase, ademais do proxecto, un segundo sobre pechado e tamén sen identificación, dentro do cal o aspirante indicará os seus datos persoais (nome, apelidos e fotocopia do documento nacional de identidade).

A valoración do proxecto, farase en dúas fases:

Fase a). Lectura do proxecto por parte da Comisión Avaliadora. A valoración faise sen coñecer o nome dos aspirantes e avaliarase cun máximo de 10 puntos, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión. Esta puntuación farase pública antes da exposición.

Fase b). Exposición pública do proxecto. A valoración farase con base nos criterios que previamente estableza a Comisión. O tempo máximo de intervención para a defensa e exposición por cada candidato será de 30 minutos. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros da comisión. A puntuación será de 10 puntos como máximo, que resultará da media aritmética das puntuacións outorgadas por cada un dos membros da comisión, unha vez escoitada a exposición e concluído o diálogo coa persoa aspirante. O aspirante deberá obter nesta segunda fase una puntuación mínima de 5 puntos para conservar a puntuación obtida na primeira fase. No caso de no se presentar ou non obter esta puntuación mínima, non se lle computará a puntuación obtida na fase a) precedente.

O acto será único para todos os aspirantes a un mesmo posto e será público. Os aspirantes serán convocados para a exposición e defensa pública pola Universidade da Coruña cunha antelación de, como mínimo, 3 días hábiles. Unha vez outorgada a puntuación do proxecto, a Comisión levantará a acta correspondente, que será publicada no prazo máximo dos cinco días seguintes á data da exposición e na cal deberán figurar os criterios de valoración aplicados pola Comisión.

A avaliación dos méritos desta segunda fase efectuarase mediante a puntuación obtida coa media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión avaliadora, desbotando para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, de ser o caso, unha das que aparezan repetidas como tales. As puntuacións outorgadas, así como a avaliación final, deberán reflectirse na acta que se redactará para o efecto.

Cuarta. Solicitudes

As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexo II desta resolución e deberán presentarse no Rexistro Xeral da universidade, no prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de seren varios os postos que se solicitaren, a preferencia deles virá establecida pola orde en que aparezan consignados na solicitude.

Poderanse condicionar as peticións de dous funcionarios por razón de convivencia familiar ao feito de obteren ambos destino neste concurso e no mesmo municipio, de tal xeito que se un deles non obtiver destino, quedará anulada tamén a solicitude do outro.

Quinta. Relación de persoas admitidas e excluídas

Despois de rematar o prazo de presentación de solicitudes, a Comisión prevista na base sexta elaborará unha proposta que será trasladada ao xerente, quen resolverá e declarará a relación de persoas admitidas e excluídas, onde se indicará a causa de exclusión. Esta relación publicarase na páxina web e nos taboleiros de anuncios da Reitoría e na Vicerreitoría do Campus de Ferrol e as persoas excluídas terán un prazo de dez días hábiles para reclamaren en contra da exclusión.

Sexta. Comisión de valoración

Os méritos serán valorados por unha comisión. A composición desta comisión será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría.

A Comisión de Valoración terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Sétima. Acreditación de méritos

Os requisitos, os méritos e demais datos deberán ser acreditados polas persoas interesadas mediante a presentación dos documentos e dos títulos orixinais, ou de fotocopias compulsadas, e as certificacións das correspondentes unidades de persoal. As certificacións deberán estar referidas á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Os servizos prestados na Administración pública serán acreditados de oficio polo Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. Caso de estes non constaren no expediente da persoa interesada, deberán ser acreditados mediante unha certificación expedida pola xefatura de persoal da Administración onde se prestasen.

A Comisión de Valoración non terá en conta os méritos que a persoa interesada non acredite documentalmente.

Non obstante, a Comisión de Valoración poderá, se o considerar oportuno, requirir das persoas concursantes a presentación dos documentos adicionais, as aclaracións e as probas que considerar precisas.

Oitava. Resolución do concurso e toma de posesión

A orde de prioridade para a adxudicación dos postos virá dada pola puntuación total que se obteña. Caso de empate na puntuación acudirase para dirimilo á orde de valoración de méritos establecida no artigo 10.1 do Decreto da Xunta de Galicia 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Despois de remataren os traballos de valoración de méritos, a Comisión de Valoración publicará na páxina web e nos taboleiros de anuncios da Reitoría e na Vicerreitoría do Campus de Ferrol as puntuacións que obteñan as persoas aspirantes por cada concepto, así como a proposta provisional de adxudicación dos postos, contra a cal as persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de dez días hábiles, que contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Despois de transcorrer este prazo, a Comisión remitiralle ao xerente a proposta definitiva de adxudicación de postos a favor das persoas solicitantes que obtiveren a maior puntuación, e especificará, se for o caso, os postos que quedasen desertos.

O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante resolución do órgano convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se implica o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración e os que participen nela.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso de reposición ante este órgano.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2014

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Relación de postos vacantes de persoal funcionario

Nº posto

Posto

C. destino

N. C. específico

C. específico

Tipo

Provisión

Subgrupo

Escalas especiais

Quenda

Campus

Formación específica

Área

Unidade

Centro

59

Posto base de relacións internacionais

16

19

480,56

N

C

C1/C2

M

F

2

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

Vicexerencia Campus de Ferrol

Xerencia

81

Xefe de servizo

28

29

1.321,87

S

C

A1/A2

M

C

Servizo de Retribucións, Seguridade Social e Acción Social

Xerencia

89

Xefe de servizo

28

29

1.321,87

S

C

A1/A2

M

C

Servizo de Persoal de Administración e Servizos

Xerencia

103

Xefe do Negociado de Obras

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica

Xerencia

155

Xefe do Negociado de Bolsas e Axudas Propias

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Servizo de Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

163

Xefe da Sección de Coordinación da Investigación

25

26

941,28

S

C

A1/A2/C1

M

C

Servizo de Investigación

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia

243

Xefe do Negociado de Plans de Estudo

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Servizo de Organización Académica

Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

260

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

C

Servizo de Organización Académica

Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías

369

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

C

Servizo de Estudantes

Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura

390

Posto base de relacións internacionais

16

19

480,56

N

C

C1/C2

M

C

2

Oficina de Relacións Internacionais

Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación

400

Xefe do Negociado de Asuntos Académicos I

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

F

Unidade de Xestión Académica Integrada de Esteiro (UXAI-Esteiro)

Administración

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

406

Administrador de asuntos económicos e residencia universitaria

25

25

841,13

S

C

A1/A2/C1

M

F

Unidade de Xestión Académica Integrada de Esteiro (UXAI-Esteiro)

Administración

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

419

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

ETS de Arquitectura

445

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos

454

Bibliotecario

21

21

560,71

N

C

A1/A2

Facultativo/axudante

T

C

Biblioteca

ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos

455

Auxiliar técnico de biblioteca

18

19

480,56

N

C

C1

Auxiliar

M

C

Biblioteca

ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos

471

Auxiliar técnico de biblioteca

18

19

480,56

N

C

C1

Auxiliar

T

C

Biblioteca

ETS de Náutica e Máquinas

485

Auxiliar técnico de biblioteca

18

19

480,56

N

C

C1

Auxiliar

T

C

Biblioteca

EU de Arquitectura Técnica

500

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

F

Administración

EU Politécnica

501

Xefe do Negociado de Asuntos Económicos

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

F

Administración

EU Politécnica

506

Auxiliar técnico de biblioteca

18

19

480,56

N

C

C1

Auxiliar

T

F

Biblioteca

EU Politécnica

519

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

F

Administración

Escola Politécnica Superior

525

Auxiliar técnico de biblioteca

18

19

480,56

N

C

C1

Auxiliar

T

F

Biblioteca

Escola Politécnica Superior

537

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Ciencias

541

Administrador

25

25

841,13

S

C

A1/A2/C1

M

C

Administración

Facultade de Ciencias

546

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

C

Administración

Facultade de Ciencias

564

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Ciencias da Educación

567

Administrador

25

25

841,13

S

C

A1/A2/C1

M

C

Administración

Facultade de Ciencias da Educación

586

Secretario de decanato

19

19

480,56

S

C

C1/C2

M

C

Dirección

Facultade de Ciencias da Saúde

616

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Dereito

622

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

C

Administración

Facultade de Dereito

635

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Economía e Empresa

647

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

C

Administración

Facultade de Economía e Empresa

653

Auxiliar técnico de biblioteca

18

19

480,56

N

C

C1

Auxiliar

T

C

Biblioteca

Facultade de Economía e Empresa

668

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Filoloxía

678

Auxiliar técnico de biblioteca

18

19

480,56

N

C

C1

Auxiliar

T

C

Biblioteca

Facultade de Filoloxía

683

Secretario de decanato

19

19

480,56

S

C

C1/C2

M

F

Dirección

Facultade de Humanidades e Documentación

688

Xefe de negociado

21

21

560,71

S

C

A2/C1

M

C

Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación

Dirección

Facultade de Informática

691

Administrador

25

25

841,13

S

C

A1/A2/C1

M

C

Administración

Facultade de Informática

698

Posto base

16

17

450,55

N

C

C1/C2

M

C

Administración

Facultade de Informática

Notas:

O nivel de coñecemento de idiomas será o que establece a Orde do 18 de febreiro de 2011 (DOG do 26 de abril) do seguinte xeito:

– Para os grupos A1 e A2: nivel C1.

– Para os grupos C1 e C2: nivel B2.

Formación específica:

2 Inglés ou outro idioma da EU fóra do Estado español.

ANEXO II

Concurso de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servizos da Universidade da Coruña

(Convocado por Resolución do 2 de xaneiro de 2014)

MODELO DE SOLICITUDE

Don/dona

Escala/corpo:

Grupo:

Situación administrativa:

DNI:

Posto que ocupa:

Nivel:

Centro ou dependencia:

Grao consolidado:

Domicilio:

Teléfono:

SOLICITA OS POSTOS SEGUINTES:

Orde de

petición

Nº de posto

(1)

Denominación do posto

Centro de destino

(1) Indíquese un R se o posto se solicita a resultas, por non estar actualmente vacante

A Coruña, ____ de _____________ de 2014

Asdo.:__________________________________

Xerencia da Universidade da Coruña (UDC)

MODELO DE CURRÍCULO

(Deberán numerarse os xustificantes por orde correlativa e farase constar o número nos correspondentes recadros)

Apelidos:

Nome:

NRP:

Corpo/escala:

Grupo:

Posto que ocupa:

Nivel:

Nº RPT:

Situación administrativa:

Destino definitivo (cubrir só no caso de ser distinto que o posto que ocupa):

Centro/unidade:

Nivel:

Nº RPT:

1. Grao persoal consolidado: ____

2. Traballo desenvolvido:

Denominación do posto

Centro/unidade

Nivel

Desde

Ata

3. Antigüidade na Administración:

Servizos prestados noutras administracións (recoñecidos) en

data __________ : ______________

Anos

Meses

Días

Servizos prestados na Universidade da Coruña (recoñecidos) en

data ___________: ______________

Anos

Meses

Días

4. Cursos de formación xeral e específica:

Denominación

Impartido por

Horas

Nº xustif.

5. Titulación académica:

� Bacharelato, FPII ou equivalente.

� Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente.

� Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

� Doutor.

6. Coñecemento da lingua galega:

� Curso de iniciación á lingua galega.

� Curso de perfeccionamento.

� Curso de linguaxe administrativa nivel medio.

� Curso de linguaxe administrativa nivel superior.

7. Coñecemento de idiomas:

1º idioma: _______________________

� C2

� C1

� B2

� B1

� A2

� A1

2º idioma: _______________________

� C2

� C1

� B2

� B1

� A2

� A1

8. Grupo do corpo ou escala de pertenza:

� Grupo A1

� Grupo A2

� Grupo C1

� Grupo C2

A Coruña, _______de _________ de 2014

Asdo.: _____________________________________

ANEXO III

Táboa de equivalencias no Marco europeo común de referencia das linguas (MECRL)

 

A1

A2

B1

B2

C1

C2

Alemán

Start Deutsch 1
Fit in Deutsch 1

Start Deutsch 2
Fit in Deutsch 2

Zertifikat Deutsch (ZD)
Zertifikat Deutsch für Jugendliche (ZDj)

TestDaF
Zertifikat Deutsch für den Beruf (ZDfB)

TestDaF
Prüfung Wirtschaftsdeutsch International (PWD)

Zentrale Oberstufen-
prüfung (ZOP)
Kleines Deutsches Sprachdiplom (KDS)
Großes Deutsches Sprachdiplom (GDS)

Catalán

 

Certificat de nivell bàsic de català

Certificat de nivell elemental de català

Certificat de nivell intermedi de català

Certificat de nivell suficiència de català

Certificat de nivell superior de català

Chinés

HSK I

HSK II

HSK III

HSK IV

HSK V

HSK VI

Danés

 

Prøve i Dansk 1

Prøve i Dansk 2

Prøve i Dansk 3

Studieprøven

 

Éuscaro

 

 

PL 1 – IVAP y Osakidetza
Lehenengo maila/Nivel 1 HABE Intermedio

PL 2 – IVAP y Osakidetza
PL 1 – Ertzaintza
Bigarren maila/Nivel 2 HABE Avanzado

Euskararen Gaitasun Agiria (EGA)
PL 3 – IVAP y Osakidetza
PL 2 – Ertzaintza
Hirugarren maila/Nivel 3 HABE

Laugarren maila/Nivel 4 HABE

Finés

 

Suomen kieli perustaso 1

Suomen kieli perustaso 2-3
keskitaso 3

Suomen kieli keskitaso 4-5 ylintaso 5

Suomen kieli
ylintaso 6

Suomen kieli
ylintaso 7-8

Francés

Diplôme initial de langue française (DILF), Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF A1)

Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF A2)

Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF B1)

Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF B2)

Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C1)

Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C2)

Grego

 

 

Bebaevsh Ellhnomaqeiai (Veveosi Elinomathias)

Elinomathias Epipedo Eparkias

 

 

Inglés

Preliminary English Test (PET),
GESE 2

Key English Test (KET),
Young Learners,
BULATS 1
ISE 0,
GESE 3 e 4

Preliminary English Test
(PET),
BEC 1,
BULATS 2,
ISE I
GESE 5 e 6

First Certificate in English (FCE),
BEC 2,
BULATS 3,
ILEC,
ISE II,
GESE 7, 8 e 9

Certificate in Advanced English (CAE),
BEC 3,
BULATS 4,
ILEC,
ISE III,
GESE 10 e 11

Certificate of Proficiency in English (CPE),
BULATS 5,
ISE IV,
GESE 12

Italiano

Diploma Elementare di
Lingua Italiana (DELI), PLIDA A1

Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 1 (CELI 1), PLIDA A2

Diploma Intermedio di Lingua Italiana (DILI)
Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 2 (CELI 2), PLIDA B1

Diploma Avanzado di Lingua Italiana (DALI)
Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 3 (CELI 3), PLIDA B2

Diploma Commerciale di Lingua Italiana (DALC)
Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 4 (CELI 4), PLIDA C1

Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 5 (CELI 5), PLIDA C2

Xaponés

N5 (antigo 4-kyû)

N4 (antigo 3-kyû)

N3

N2 (antigo 2-kyû)

N1 (antigo 1-kyû)

Luxemburgués

 

Zertifikat Lëtzebuergesch als Friemsprooch (ZLaF)

Éischten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (1DLaF)

Zweten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (2DLaF)

 

Ieweschten Diplom Lëtzebuergesch

Neerlandés

 

Profiel Toeristische en Informele Taalvaardigheid (PTIT)

Profiel Maatschappelijke Taalvaardigheid (PMT)

Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen I (NT2-I)
Profiel Professionele Taalvaardigheid (PPT)

Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen II (NT2-II)
Profiel Academische Taalvaardigheid (PAT)

 

Noruegués

 

 

Språkprøven i norsk for voksne innvandrere

 

Test i norsk for fremmed-språklige Høyere nivå

 

Portugués

 

Certificado Inicial de Português Língua Estrangeira (CIPLE)

Diploma Elementar de Português Língua Estrangeira (DEPLE)

Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE)

Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira (DAPLE)

Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira (DUPLE)

Ruso

 

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ B) Básico/Bazoviy

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ I) Primeiro/Perviy

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ II) Segundo/Vtoroy

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ III) Terceiro/Tretii

Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ IV) Cuarto/Chetvertiy

Sueco

 

 

Sfi-provet

 

Test in Swedish for University
Studies (TISUS)

 

Valenciano

 

Certificat de coneixements orals de valencià

Certificat elemental de coneixements de valencià

Certificat mijtà de coneixements de valencià

Certificat superior de coneixements de valencià