Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5156

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

A Orde do 19 de febreiro de 2009, DOG do 4 de marzo, pola que se regulan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos, foi modificada parcialmente pola Orde do 10 de febreiro de 2012 e prevé no seu artigo 5.1 que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocará as citadas probas nunha ou máis convocatorias de forma ordinaria e, no número 2, que establecerá as datas de matrícula e realización, así como os centros en que se van realizar.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da orde de referencia,

RESOLVO:

Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2014, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Primeira. Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).

4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2013/14 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.

5. O alumnado matriculado durante o curso 2013/14 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Segunda. Forma, lugar e prazos de presentación

1. Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario que figura no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

3. Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:

□ Fotocopia do DNI ou pasaporte, ou doutro documento equivalente cando non se autorice a súa consulta telemática ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

□ Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos números 3, 4 e 5 da epígrafe décima desta resolución.

□ Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.

□ Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.

4. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:

a) A Coruña:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rafael Dieste, prol. Manuel Murguía/esq. Rda. de Outeiro.

b) Ferrol:

– Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n.

c) Santiago de Compostela:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3.

d) Lugo:

– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n.

e) Ourense:

– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4.

f) Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.

g) Vigo:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «F»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «G» e a letra «O»: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «P» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7.

h) O Porriño:

– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros).

i) Tui:

– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n.

5. Cando nos centros autorizados o número de persoas matriculadas exceda o aforo dos espazos dispoñibles para realizar a proba, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que corresponda establecerá o centro ou centros en que os matriculados realizarán a proba.

6. No suposto anterior, o centro en que se formalice a matrícula elaborará listaxes definitivas de admitidos diferenciadas para cada centro en que deben presentarse para realizar as probas. As listaxes organizaranse seguindo criterios de orde alfabética, por grupos de letras.

7. Para a realización das probas, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá agrupar nun único tribunal os aspirantes inscritos en dous ou máis centros, en caso de que o seu número non xustifique a creación dun tribunal.

Terceira. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o anexo I desta resolución inclúe unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informacións determinados na epígrafe 2.3 desta resolución, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da administración actuante. Neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á publicación das listas provisionais de persoas admitidas.

Cuarta. Persoas con necesidades educativas especiais

1. As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

2. A xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que poderá delegar no presidente ou na presidenta do tribunal, determinará se procede adoptar medidas ou facilitar recursos adicionais, e informará a persoa interesada e o tribunal correspondente da súa decisión.

Quinta. Exención de lingua galega

1. Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria.

2. As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, segundo o establecido no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitaria de Galicia.

3. O director ou a directora do centro onde presente a solicitude, de conformidade co artigo 19 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, resolverá sobre a concesión ou a denegación da exención, fará pública tal circunstancia cando se publiquen as listas provisionais de admitidos e comunicarallo ao presidente ou á presidenta do tribunal que corresponda.

4. Contra a resolución da dirección do centro, cabe interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante o xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Sexta. Listas de admitidos e reclamacións

1. No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.

2. As persoas aspirantes disporán dun prazo de tres días hábiles para a reclamación, contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista de admitidos. Transcorrido ese prazo, publicarase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.

3. O día hábil seguinte ao da publicación da lista definitiva de persoas admitidas, os directores ou directoras dos centros en que se realizou a matrícula deberán comunicar o número de aspirantes que solicitan a realización da proba ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es, do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas, pertencente á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Tamén deberán comunicalo á respectiva xefatura territorial.

Sétima. Realización das probas

1. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 23 de maio e 11 de setembro para as respectivas convocatorias.

2. Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.

3. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.

Na segunda parte, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 18.30 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua galega e literatura.

a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción, terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

b) Lingua Castelá e Literatura.

b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1 para a Lingua Galega e Literatura.

b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua estranxeira (inglés ou francés).

Oitava. Normas de realización das probas

1. Para a realización das probas, as persoas inscritas acreditarán a súa identidade presentando o DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.

2. Na proba do ámbito científico-tecnolóxico, o alumnado poderá utilizar as calculadoras científicas habituais non programables.

3. Non se permitirá o uso do teléfono móbil con calquera finalidade nin ningún outro dispositivo electrónico, agás o mencionado no punto anterior.

4. Os aspirantes, unha vez resolta cada proba, que será de respostas pechadas, trasladarán as opcións elixidas a unha folla de respostas.

Novena. Tribunais

1. Cada tribunal estará constituído por un presidente ou presidenta e catro vogais, designados polo xefe ou xefa territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Na composición do tribunal garantirase que existan dous vogais que impartan docencia no ámbito de comunicación, un deles de idioma estranxeiro, e outros dous que impartan docencia nos ámbitos científico-tecnolóxico e social.

2. Os membros do tribunal poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

3. O tribunal facilitará aos aspirantes con ámbitos superados unha certificación coas cualificacións obtidas ou de proposta para a expedición do título, utilizando os anexos III e IV desta resolución, e cubrirá a ficha estatística, que se xunta como anexo V, para enviala á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa antes do próximo 10 de xullo, para a convocatoria de maio, e antes do 30 de outubro, para a convocatoria de setembro.

4. Logo de rematado o proceso de avaliación, a presidencia do tribunal entregará na secretaría do centro as actas de avaliación e demais documentación relacionada coas probas para a súa tramitación e custodia. A partir dese momento, serán o director ou directora e o secretario ou secretaria do centro os que, á vista dos documentos custodiados, asinen todas as certificacións relacionadas coa realización das probas no ano 2014 e cos seus resultados.

Décima. Avaliación, validación de ámbitos e puntuación das probas

1. O profesorado que compoña o tribunal realizará a avaliación das probas por ámbitos de coñecemento e en función da súa especialidade.

2. As persoas para quen o tribunal determine que non procede a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria conservarán para sucesivas convocatorias as cualificacións positivas obtidas no ámbito ou nos ámbitos superados nos termos de suficiente (5), ben (6), notable (7-8) e sobresaliente (9-10).

3. De acordo coas especificacións establecidas no anexo II, as persoas aspirantes que acrediten ter superado algún ámbito nas probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria en convocatorias anteriores, algún módulo número catro dos ámbitos de educación secundaria de persoas adultas, algún módulo voluntario dos programas de cualificación profesional inicial ou algún ámbito dos programas de diversificación curricular de cuarto curso quedarán eximidas da realización da proba no ámbito ou ámbitos superados. A cualificación deses ámbitos consignarase nas actas de avaliación das probas nos termos de suficiente (5), ben (6), notable (7-8) e sobresaliente (9-10).

4. Quen acredite ter superadas algunhas materias do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria ou de segundo curso de bacharelato unificado polivalente (establecido na Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación), de acordo tamén coas especificacións do anexo II, quedará eximido da realización das probas do ámbito ou ámbitos correspondentes. Neste caso, as cualificacións consignaranse co resultado da media aritmética desas materias, redondeada á unidade máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior.

5. A cualificación de cada ámbito outorgarase consonte a seguinte escala:

a) Ámbito científico-tecnolóxico.

Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxía.

Puntuación máxima: 55 puntos.

b) Ámbito social.

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.

Música, e Educación Plástica e Visual.

Puntuación máxima: 25 puntos.

c) Ámbito lingüístico.

Lingua Galega e Literatura.

Redacción.

Cuestións de Lingua Galega e Literatura.

Lingua Castelá e Literatura.

Redacción.

Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

Lingua Estranxeira.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 5 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 5 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 40 puntos.

6. Cualificación dos ámbitos:

a) Científico-tecnolóxico.

Puntuación

Cualificación

52 a 55 puntos

47 a 51,99 puntos

42 a 46,99 puntos

37 a 41,99 puntos

32 a 36,99 puntos

27 a 31,99 puntos

Menos de 27:

21 a 26,99 puntos

14 a 20,99 puntos

7 a 13,99 puntos

0 a 6,99 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

b) Lingüístico.

Puntuación

Cualificación

37 a 40 puntos

34 a 36,99 puntos

31 a 33,99 puntos

28 a 30,99 puntos

24 a 27,99 puntos

20 a 23,99 puntos

Menos de 20:

15 a 19,99 puntos

10 a 14,99 puntos

5 a 9,99 puntos

0 a 4,99 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

c) Social.

Puntuación

Cualificación

23 a 25 puntos

21 a 22,99 puntos

19 a 20,99 puntos

17 a 18,99 puntos

15 a 16,99 puntos

12 a 14,99 puntos

Menos de 12:

9 a 11,99 puntos

6 a 8,99 puntos

3 a 5,99 puntos

0 a 2,99 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

7. No caso das persoas exentas da proba de Lingua Galega, a puntuación máxima que se outorgará ao ámbito lingüístico será esta:

Lingua Castelá e Literatura.

Redacción.

Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

Lingua estranxeira.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Puntuación máxima: 5 puntos.

Puntuación máxima: 10 puntos.

Total máxima puntuación: 25 puntos.

Cualificación do ámbito lingüístico para o alumnado exento de galego:

Puntuación

Cualificación

23 a 25 puntos

21 a 22,99 puntos

19 a 20,99 puntos

17 a 18,99 puntos

15 a 16,99 puntos

12 a 14,99 puntos

Menos de 12:

9 a 11,99 puntos

6 a 8,99 puntos

3 a 5,99 puntos

0 a 2,99 puntos

Sobresaliente (10)

Sobresaliente (9)

Notable (8)

Notable (7)

Ben (6)

Suficiente (5)

Insuficiente (4)

Insuficiente (3)

Insuficiente (2)

Insuficiente (1)

8. Cualificación global da proba.

a) Os días 5 de xuño e 20 de setembro os tribunais farán pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias, que tamén poderá ser consultada no enderezo web http://www.edu.xunta.es

b) Contra a cualificación provisional, poderase presentar reclamación ante a presidencia do tribunal no prazo de cinco días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.

c) Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a listaxe de cualificacións.

d) Contra a listaxe definitiva da proba, poderase interpor no prazo dun mes recurso de alzada ante o xefe ou xefa territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que esgotará a vía administrativa.

e) As persoas aspirantes que superen os tres ámbitos da proba serán propostas polo centro para a expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, a través da aplicación de xestión administrativa de centros (XADE).

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO ii

1. Equivalencias entre ensinanzas ou probas superadas e as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Ámbitos da proba libre dos que quedará exento o/a aspirante

4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Aspirante que superou estas materias

4º módulo (nivel II) dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas ou módulos voluntarios de PCPI

4º módulo dos ámbitos da educación secundaria para persoas adultas, currículo LOXSE

2º curso de BUP (Lei 14/1970, do 4 de agosto). Aspirante que superou estas materias

Ámbito de comunicación

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, primeira ou segunda lingua estranxeira.

Comunicación.

Comunicación.

Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, e lingua estranxeira.

Ámbito científico-tecnolóxico

Matemáticas e, polo menos, dúas materias das seguintes:

– Tecnoloxía.

– Bioloxía e Xeoloxía.

– Física e Química.

Científico-tecnolóxico.

Ámbito tecnolóxico-matemático.

Ámbito da natureza.

Matemáticas, e Física e Química.

Ámbito social

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.

Social.

Da sociedade.

Xeografía Humana e Historia.

2. Equivalencias entre as ensinanzas dos programas de diversificación curricular e as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

Ámbitos da proba libre dos que pode quedar exento o/a aspirante

Ámbitos e materias dun programa de diversificación curricular dun ano ou de segundo curso dun programa de diversificación curricular de dous anos

Ámbito da comunicación e ámbito social.

Aspirantes que teñen superado o ámbito lingüístico-social e a materia de lingua estranxeira.

Ámbito social.

Aspirantes que teñen superado o ámbito lingüístico-social.

Ámbito científico-tecnolóxico.

Aspirantes que teñen superado o ámbito científico-técnico e a materia de tecnoloxías.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file