O director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo procedemento de provisión de libre designación, dunha praza de xefe/a do Servizo de Contratación.
Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 (praza Martín Herrera, nº 2, 2º andar, 15706 Santiago de Compostela), poderán presentarse no seu rexistro ou mediante calquera das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na intranet da propia fundación e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014
José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Contratación.
Grupo de clasificación: A1.
Nº de vacantes: 1.