Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7352

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de febreiro de 2014 pola que se revoga a autorización para impartir determinadas titulacións universitarias oficiais de grao e máster universitario nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola Comunidade Autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, e pola Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de seren autorizadas para implantaren os estudos, as universidades quedarán obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición máis aló dun curso académico. Por razóns excepcionais, debidamente xustificadas, o departamento competente en materia de universidades poderá autorizar que non se imparta da titulación noutro curso académico. A non impartición da titulación máis alá de dous cursos académicos consecutivos levará consigo o inicio do procedemento de supresión que determinará a revogación da autorización da súa implantación.

O Pleno do Consello Galego de Universidades do 20 de decembro de 2013 e do 10 de febreiro de 2014, no exercicio das competencias previstas no artigo 56 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, acordou emitir informe favorable sobre a revogación da autorización ás universidades do Sistema universitario de Galicia para impartir as ensinanzas universitarias oficiais dos títulos universitarios que se relacionan.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Revogar a autorización á Universidade da Coruña para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

• Grao en Arquitectura Naval, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 2502205.

• Grao en Enxeñaría en Propulsión e Servizos do Buque, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 2502208.

• Máster universitario en Enxeñaría Matemática (interuniversitario coordina USC e participa UDC e UVIGO), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310358.

• Máster universitario en Lingua e Usos Profesionais, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310008.

• Máster universitario en Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario coordina UVIGO e participa UDC), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310600.

• Máster universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia (interuniversitario), autorizado para USC polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a UDC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4310330.

Artigo 2

Revogar a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

• Máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311947.

• Máster universitario en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311766.

• Máster universitario en Enxeñaría Matemática (interuniversitario coordina USC e participa UDC e UVIGO), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310358.

• Máster universitario en Estudo e Edición de Textos Literarios Españois e Latinoamericanos, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312582.

• Máster universitario en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4311761.

• Máster universitario en Estudos Ingleses. Tendencias Actuais e Aplicacións, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311757.

• Máster universitario en Estudos Lingüísticos, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311759.

• Máster universitario en Lecturas sobre a Cidade Histórica. Arte, Patrimonio Cultural e a súa Xestión, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4312583.

• Máster universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia (interuniversitario), autorizado para USC polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a UDC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4310330.

• Máster universitario en Química Orgánica (interuniversitario coordina USC e participa a Universidade Autónoma e a Universidade Complutense de Madrid), autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310360.

• Máster universitario en Química Teórica e Modelización Computacional (interuniversitario), autorizado para UVIGO polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a USC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4311360.

Artigo 3

Revogar a autorización á Universidade de Vigo para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

• Máster universitario en Artes Escénicas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310596.

• Máster universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional, autorizado polo Decreto 245/2011, do 15 de decembro (DOG do 3 de xaneiro de 2012), e que figura inscrito no RUCT co código 4313039.

• Máster universitario en Enxeñaría Matemática (interuniversitario coordina USC e participa UDC e UVIGO), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310358.

• Máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados: Interpretación Textual e Cultural das Sociedades Anglófonas Contemporáneas, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310597.

• Máster universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310396.

• Máster universitario en Lingüística e as súas Aplicacións (interuniversitario coordina UVIGO e participa UDC), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4310600.

• Máster universitario en Ordenación Xurídica do Mercado, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311042.

• Máster universitario en Química Teórica e Modelización Computacional (interuniversitario), autorizado para UVIGO polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (DOG do 8 de febreiro), e para a USC polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (DOG do 28 de marzo), e que figura inscrito no RUCT co código 4311360.

• Máster universitario en Tecnoloxías Avanzadas de Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311010.

• Máster universitario en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo, e que figura inscrito no RUCT co código 4310399.

• Máster universitario en Tradución e Paratradución, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro, e que figura inscrito no RUCT co código 4311046.

Artigo 4

As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que estean cursando estudos que inician o proceso de revogación de acordo co establecido no artigo 16 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria