Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 2014 Páx. 8669

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 17 de febreiro de 2014 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería para o curso 2014/15.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 7366, letra g), onde di: «(con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes)», debe dicir: «(con efectos do día anterior ao da publicación desta orde)».

Na páxina 7382, anexo V, punto 3º. Situación económica, onde di: «R.P.C. mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente», debe dicir: «R.P.C. mensual da unidade familiar, referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente (calculada de acordo co establecido no artigo 7 desta orde)».