Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15611

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 25 de marzo de 2014 sobre os libros-rexistro e o deber de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na orde antes citada, na versión de galego, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 66, do 4 de abril de 2014, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 14912, no segundo parágrafo, onde di: «As instrucións para cubrir os diferentes modelos. Serán publicados pola citada dirección xeral a través da páxina web da consellería competente en materia de supervisión de seguros», debe dicir: «As instrucións para cubrir os diferentes modelos, serán publicadas pola citada dirección xeral a través da páxina web da consellería competente en materia de supervisión de seguros».