Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 16957

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 3 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca, e se convocan para o exercicio 2014.

O Regulamento (CE) número 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP), define o marco de apoio comunitario a favor do desenvolvemento sustentable do sector pesqueiro para o período 2007-2013.

O dito regulamento tenta adaptar a frota pesqueira comunitaria de xeito que se poida conceder axuda pública para a paralización definitiva de buques pesqueiros afectados por plans de axuste do esforzo pesqueiro, segundo se establece no artigo 21 do Regulamento (CE) nº 1198/2006. Estes plans de axuste do esforzo pesqueiro refírense a plans de recuperación, plans de xestión, Plan nacional de desmantelamento, medidas de urxencia da Comisión, medidas de urxencia do Estado membro, medidas dos Estados membros dentro das 12 millas mariñas e medidas dos Estados membros aplicables unicamente aos buques pesqueiros que enarboran o seu pavillón.

Segundo a Decisión C (2012)9373 de execución da Comisión, que modifica a Decisión C (2007)6615, a taxa media de cofinanciamento do FEP é dun 75 % en todas as medidas.

Por todo isto, e de acordo co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á paralización definitiva das actividades de pesca de buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, de conformidade co disposto no artigo 23 do Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, para o período 2007-2013, así como proceder á súa convocatoria para o exercicio 2014.

Artigo 2. Finalidade das axudas

A finalidade das axudas reguladas nesta orde é axeitar a capacidade pesqueira da frota coa dispoñibilidade dos recursos mariños, mediante a redución do esforzo pesqueiro, e así lograr un equilibrio sustentable que asegure que a pesca siga sendo unha actividade de desenvolvemento económico para esta comunidade.

A paralización definitiva poderase materializar por despezamento, asignación definitiva a tarefas non pesqueiras ou reconversión en arrecifes artificiais.

Artigo 3. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2014 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. O importe total máximo de concesión destas subvencións neste ano será de 5.685.457,70 €.

2. O período de elixibilidade do actual programa operativo (2007-2013) abrangue desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2015, segundo dispón o artigo 55.1 do Regulamento (CE) nº 1198/2006.

3. O importe fixado na presente convocatoria poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto.

4. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

5. As axudas mencionadas contan co financiamento do FEP nun 75 % e do Estado membro nun 25 %.

Artigo 4. Requisitos dos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios os propietarios de buques pesqueiros da 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques que cumpran os seguintes requisitos:

a) O buque ten que ter unha antigüidade mínima de dez anos, ter o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Censo de Frota Pesqueira Operativa.

b) O buque deberá ter unha actividade pesqueira mínima de 90 días de pesca en cada un dos dous períodos de doce meses anteriores á data de solicitude de paralización definitiva ou, alternativamente, 120 días de pesca nos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de paralización definitiva.

c) O buque non deberá estar achegado como baixa para unha nova construción ou modernización.

d) O buque ten que estar afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.

e) Ao solicitar a axuda, o buque deberá estar libre de cargas e gravames, salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización expresa da entidade crediticia para solicitar esta axuda.

f) O buque deberá estar en condicións de navegar e realizar a actividade pesqueira nas condicións que exixe a normativa en vigor.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os solicitantes da axuda, antes de que se dite a proposta de resolución, deben estar ao día das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación. Excepcionalmente, en casos xustificados, logo de petición do interesado, os prazos poderán ser prorrogados por resolución expresa do secretario xeral do Mar.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.

e) Comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.

f) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.

g) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

h) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.

j) No caso das frotas que teñan dereitos de pesca asignados de xeito individual, o propietario do buque que se vaia paralizar deberá comprometerse a traspasar o 100 % dos dereitos de pesca a buques con porto base en Galicia ou a buques de empresas que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia. A permanencia do receptor na nosa Comunidade (porto base ou domicilio fiscal) terá que ser por un tempo de 5 anos desde que se realice a transferencia de dereitos. O seu incumprimento implicará o reintegro pro rata temporis da axuda. Para este efecto para proceder ao pagamento cubrirase o anexo VI desta orde.

k) Con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, o buque debe estar de alta no Censo de Frota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.

Artigo 6. Contía das axudas

A contía das axudas será como máximo a seguinte:

a) Prima por despezamento:

Categoría por tonelaxe do buque (GT)

Importe máximo da prima (€)

0 < 10

11.500 × GT + 2.100

10 < 25

5.250 × GT + 65.100

25 < 100

4.410 × GT + 86.100

100 < 300

2.835 × GT +243.600

300 < 500

2.310 × GT + 401.100

500 ou máis

1.260 × GT + 926.100

b) Prima por afundimento para a reconversión en arrecifes artificiais: mesmo baremo que o despezamento.

c) Prima no caso de que o buque se reconverta a tarefas non pesqueiras de carácter non lucrativo: mesmo baremo que o despezamento.

d) Prima no caso de que o buque se reconverta a tarefas non pesqueiras de carácter lucrativo: os importes máximos da prima por despezamento reduciranse nun 50 %.

2. Os importes máximos veranse reducidos nun 1 % por cada ano que exceda os vinte anos ata un máximo de 30 anos ou máis.

3. A contribución pública desta axuda poderá chegar ao 100 %.

4. As primas por paralización definitiva non serán acumulables con outra axuda comunitaria. Estas primas reduciranse:

– Nunha parte do importe percibido anteriormente no caso de axuda á modernización. Esta parte calcularase proporcionalmente ao tempo transcorrido desde a data de remate dos traballos de modernización, tomando como tal a data contable do último pagamento da axuda, ata a data de presentación da solicitude da axuda á paralización, dentro do período de cinco anos precedentes á paralización definitiva.

– No caso de perda do buque ou sinistro entre o momento da concesión da axuda e a paralización definitiva real, efectuarase unha corrección financeira equivalente á indemnización pagada polo seguro.

Artigo 7. Compatibilidade das axudas

1. As axudas establecidas nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra concedida por outras administracións públicas ou por entidades públicas ou privadas, sempre que non teñan financiamento parcial ou total de fondos procedentes doutro instrumento financeiro comunitario, e a suma total das axudas non supere a porcentaxe máxima fixada no Regulamento (CE) 1198/2006 para a contribución pública.

2. No suposto de que a suma de todas as axudas supere os ditos límites, procederase por resolución do órgano concedente á minoración da axuda concedida.

Artigo 8. Prazo de presentación da solicitude e documentación necesaria (anexos normalizados e documentación complementaria)

1. Para esta convocatoria de 2014 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel (en orixinal e unha copia cotexada) por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Malia o anterior, tamén se poderá presentar en formato papel en orixinal e unha copia cotexada no Rexistro Único e de Información do Complexo Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou en calquera das oficinas a que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante de forma electrónica superase os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

6. A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:

– Anexo I desta orde relativo ao modelo de solicitude de axuda.

– Anexo II de declaración doutras axudas (solicitude)

– Anexo IV de compromiso de retirada da actividade pesqueira.

– Anexo V, de relación de pescadores que formen parte da tripulación do buque obxecto da solicitude de paralización cos NIF e número de afiliación no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar, no momento da solicitude da axuda, xunto coa fotocopia compulsada da inscrición dos tripulantes no rol de dotación do buque. No suposto de que no momento da convocatoria das axudas o buque estivese pescando en caladoiros afastados, presentarase certificación da capitanía marítima coa relación da tripulación enrolada a bordo.

– Só no caso de que o solicitante sexa una pluralidade de persoas físicas:

i) Anexo III.

ii) Anexo VIII (compromiso de execución e de non disolución da agrupación ata que transcorran catro anos desde a concesión da axuda).

7. A documentación complementaria está formada por:

I. Se o solicitante é a persoa física propietaria do buque:

– Copia cotexada do DNI só no caso de non autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro de 2008 (DOG nº 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134, do 10 de xullo).

II. Se o solicitante é unha persoa xurídica:

– Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.

– Certificación rexistral actualizada en que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.

– Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

– Copia cotexada do DNI do representante só no caso de non autorización do representante ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro de 2008 (DOG nº 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134, do 10 de xullo).

III. Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas, deberán presentar:

– Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da axuda asinado por todos.

– Copia cotexada do DNI de cada un dos propietarios da embarcación só no caso de non cubrir no anexo III a autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro de 2008 (DOG nº 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG nº 134, do 10 de xullo).

– CIF da comunidade de bens ou sociedade civil.

– Copia cotexada da escritura de constitución e a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros, só no caso de non presentar o anexo III. En calquera caso deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.

IV. Outra documentación:

– Se o buque está en réxime de gananciais, autorización do cónxuxe ou parella de feito para a presentación do buque ás axudas de paralización definitiva.

– Certificación do Rexistro Mercantil en que conste a titularidade e o estado de cargas ou gravames do barco.

– Certificación de despachos, expedida pola capitanía marítima correspondente, acreditativa de que o buque foi despachado para a actividade pesqueira. Sen prexuízo do anterior, o órgano instrutor realizará as comprobacións necesarias para acreditar os días efectivos de actividade pesqueira mediante os rexistros oficiais de vendas en lonxa, posicións transmitidas ou outros medios que considere suficientes, para o cal poderá requirirlle ao solicitante a presentación da documentación necesaria.

– Copia certificada e actualizada da folla de asento do buque.

Artigo 9. Tramitación das solicitudes, resolución e recursos

1. O Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota da Consellería do Medio Rural e do Mar, como órgano instrutor dos expedientes, elaborará unha listaxe de puntuación provisional con todos os expedientes presentados, que remitirá ás delegacións territoriais para efectos informativos. Posteriormente analizará os expedientes e requirirá a documentación necesaria, de ser o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, e se así non o fixer terase por desistido da súa solicitude. Sen prexuízo do anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez instruído o expediente, remitirase a unha comisión de selección formada pola subdirectora xeral de Innovación Tecnolóxica, o xefe do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota e unha persoa funcionaria do Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota, que emitirán un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada. Con aqueles expedientes que reúnan os requisitos e a documentación necesarios elaborarán unha proposta de expedientes priorizada e ata onde cheguen a dispoñibilidades orzamentarias. A dita proposta remitirase á Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Acadado o acordo entre ambas as administracións elevarase á persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar para a súa resolución, quen poderá delegar na persoa titular da Secretaría xeral do Mar.

4. En caso da imposibilidade de asistir dalgún dos membros da comisión de selección indicada no número anterior, poderán ser substituídos por quen designe a persoa titular da Secretaría Xeral do Mar.

5. A resolución de concesión indicará, entre outros aspectos, os compromisos asumidos polos beneficiarios, os créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto, a contía da subvención individualizada e a porcentaxe do financiamento do Fondo Europeo de Pesca, os prazos e modo de pagamento da subvención e o prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para a cal se cobra a subvención.

6. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución da axuda será de sete meses desde a data de publicación desta orde de convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. Unha vez notificada a dita resolución o interesado terá un prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ao da súa notificación para a súa aceptación. Transcorrido este prazo sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada a axuda.

8. Contra a resolución que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación. Se transcorrido o prazo para resolver establecido no punto 6 deste artigo, ao interesado non lle é notificada a resolución, entenderase desestimada por silencio negativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo de tres (3) meses, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte a que se produza o acto presunto.

9. Os expedientes que non cumpran os requisitos contidos nestas bases e na normativa de aplicación serán inadmitidos ou desestimados segundo o caso.

Artigo 10. Subrogación

1. Como norma xeral, non se admitirá a subrogación dun novo propietario do barco na condición de solicitante ou beneficiario das axudas, salvo por falecemento ou incapacidade ou porque o novo propietario sexa resultante dun proceso de fusión, un cambio de denominación da empresa ou transformación do tipo de sociedade. Deberase indicar que o que se subroga debe reunir as condicións para ser beneficiario que se exixiron ao comezo. En todos os casos, deberase contar coa autorización previa da Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. En calquera caso, o novo beneficiario deberá cumprir os requisitos desta orde e asumir as obrigas derivadas da concesión.

Artigo 11. Criterios de selección

1. Para a convocatoria do ano 2014, e só para as axudas destinadas ao caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste, os criterios de selección serán os seguintes:

a) Que o buque estea afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e a modalidade de pesca sexa o cerco: 35 puntos.

b) Que o buque estea afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e a modalidade de pesca sexa artes menores: 31 puntos.

c) Que o buque estea afectado polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste e a modalidade de pesca sexa distinta das anteriores: 30 puntos.

d) Idade do buque: 1 punto por ano a partir dos 20 e ata os 30 anos; 0,25 puntos por ano a partir dos 30 e ata os 50 anos.

2. En caso de empate, terán prioridade os buques máis antigos. De persistir o empate, os que capturen maioritariamente especies para as que exista un plan de recuperación. De persistir aínda o empate, os que empreguen artes menos selectivas.

Artigo 12. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en particular, a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, e o incumprimento dos prazos de materialización da paralización definitiva, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 13. Forma de materialización da paralización definitiva

1. A paralización definitiva das actividades pesqueiras dun buque pesqueiro só poderá lograrse mediante:

a) O despezamento do buque pesqueiro.

b) A reconversión do buque, baixo pavillón dun Estado membro, para a asignación definitiva a actividades non relacionadas coa pesca.

c) Afundimento para crear arrecifes artificiais, logo de avaliación do impacto ambiental e do cumprimento dos obxectivos que se indican no artigo 38, punto 2, letra a) do Regulamento do Fondo Europeo da Pesca.

2. No suposto da letra b) o buque non poderá cambiar ás listas 4 e 7. Coa solicitude da axuda deberá achegarse unha memoria explicativa do destino do buque e os estatutos da entidade a que se transfire a súa propiedade. No documento en que se formalice a transmisión deberá figurar unha cláusula pola que o adquirente se comprometa a non transmitir a embarcación nin volver a exercer a actividade de pesca.

3. En ningún caso se entenderá a exportación a países terceiros como unha forma de materializar a paralización definitiva. No caso de que unha vez concedida a axuda o propietario realizase a exportación do buque, entenderase decaído do seu dereito ao cobramento.

4. A modificación na forma de materialización da paralización definitiva respecto da que conste no compromiso de retirada da actividade pesqueira requirirá a autorización previa do órgano competente. No suposto do punto 1.b) deste artigo será de aplicación o número 2.

Artigo 14. Xustificación e pagamento da axuda

1. Con carácter xeral o prazo para a materialización e xustificación do despezamento será o 1 de decembro de 2014. Excepcionalmente, a resolución individual de concesión da axuda poderá dispor un prazo distinto. Por causas xustificadas poderá concederse unha prórroga por resolución do órgano concedente, que deberá solicitarse dentro do prazo de execución inicial. A solicitude de prórroga deberá presentarse por escrito e estar suficientemente motivada.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que o beneficiario presentase a documentación xustificativa, declararase decaído do seu dereito ao cobramento.

3. Para o pagamento da axuda é imprescindible a materialización da paralización definitiva do buque, e realizarase unha vez presentada en orixinal e unha copia cotexada no Rexistro Único e de Información do Complexo Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a seguinte documentación:

a) Acreditación da materialización da paralización definitiva:

i) No caso de despezamento:

– Certificación da capitanía marítima correspondente acreditativa de que o buque foi efectivamente despezado. Se o buque se despeza no estranxeiro, deberá acreditarse mediante certificación dun organismo habilitado para tal fin coa inescusable intervención das autoridades españolas correspondentes (embaixada, consulado ou outras con capacidade para realizala).

– O buque debe estar dado de baixa no Censo da Frota Pesqueira Operativa.

ii) No caso de reconversión para actividades non relacionadas coa pesca:

– Documento da transmisión cunha cláusula pola que o adquirinte se comprometa a non transmitir a embarcación nin volver exercer a actividade de pesca.

– O cambio de lista debe estar materializado.

– O buque debe estar dado de baixa no Censo da Frota Pesqueira Operativa.

iii) No caso de afundimento para reconversión para crear arrecifes artificiais:

– Autorización do órgano que sexa competente.

– Baixa no Censo da Frota Pesqueira Operativa.

b) Acreditación de notificar formalmente a todos os tripulantes a concesión da axuda por paralización definitiva do buque, mediante a presentación do documento de comunicación que se une como anexo VII desta orde, debidamente cuberto, xunto coa coa fotocopia compulsada da inscrición dos tripulantes no rol do buque no momento da concesión da axuda (isto último só no caso de que os tripulantes no momento da solicitude de axuda do buque por paralización definitiva e os tripulantes no momento da concesión fosen distintos).

c) Anexo II (pagamento) relativo á declaración doutras axudas.

d) Anexo VI (compromiso dereitos de pesca).

e) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil en que conste a titularidade do buque.

f) Calquera outra documentación que se indique na resolución de concesión da axuda.

Artigo 15. Garantías

Se ao interesado se lle concedese unha prórroga nos termos previstos no artigo 14.1 desta orde e a data para xustificación tanto material como documental dos investimentos fose no ano inmediatamente seguinte, deberá presentar ante a Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda un aval polo importe do 110 % da axuda.

Artigo 16. Incumprimento e reintegro das axudas

1. Se o beneficiario incumprise calquera dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións que, se for o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderanse anular os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida, así como os xuros de mora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Tamén será causa de reintegro, de acordo coas directrices comunitarias para o exame das axudas estatais no sector da pesca e da acuicultura (2008/C 84/06), a comisión polo beneficiario dunha infracción do dereito comunitario e, en especial, das normas da política pesqueira común, durante o período cuberto pola subvención. O reembolso das axudas será proporcional á gravidade da infracción cometida.

4. O beneficiario poderá devolver total ou parcialmente a subvención concedida sen o requirimento previo da Administración mediante o seu ingreso na conta de Novagalicia Banco ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención. Neste caso, o beneficiario deberá presentar ante o órgano concedente unha copia xustificativa da devolución realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 17. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, aos beneficiarios das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Autorizacións do beneficiario

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, deberá presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

3. Coas solicitudes das persoas interesadas xuntaranse os documentos e as informacións determinados no artigo 8, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante. Neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Artigo 19. Publicidade

En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso.

Disposición adicional única

Delégase na persoa titular da Secretaría Xeral do Mar a resolución destas axudas.

Disposición transitoria

Para esta convocatoria do ano 2014, a aqueles solicitantes da axuda que lles fose concedida na convocatoria do ano 2013 e renunciasen, non aceptasen ou fosen declarados decaídos no seu dereito de cobramento, seralles descontado o 35 % dos puntos acadados despois de aplicar os criterios de selección establecidos no artigo 11 desta orde.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral do Mar para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2014

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file