Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17615

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Enxeñaría Informática (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE do 23 de abril de 2013 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades de 2 de abril de 2013).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Informática (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Informática (2ª edición)

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

60

Optativas

12 (42)

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

90 (120)

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Redes de Computadoras II

6

Optativo

Complementos formativos (só alumnos de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Diplomatura en Informática)

Bases de Datos II

6

Optativo

Hardware de Aplicación Específica

6

Optativo

Seguridade en Sistemas Informáticos

6

Optativo

Sistemas Operativos II

6

Optativo

Arquitecturas Paralelas

6

Optativo

Procesadores de Linguaxe

6

Optativo

Sistemas Intelixentes

6

Optativo

Concorrencia e Distribución

6

Optativo

Centros de Datos

6

Optativo

Planificación e Dirección de Proxectos

6

Obrigatorio

Dirección e Xestión

Dirección e Xestión da Innovación

6

Obrigatorio

Deseño e Xestión Avanzada de Redes

6

Obrigatorio

Tecnoloxías Informáticas

Enxeñaría do Coñecemento

6

Obrigatorio

Sistemas de Información

6

Obrigatorio

Sistemas Gráficos Interactivos

6

Obrigatorio

Sistemas e Servizos de Internet

6

Obrigatorio

Auditoría e Xestión da Seguridade

6

Obrigatorio

Auditoría e Certificación de Calidade de Sistemas Informáticos

6

Obrigatorio

Computación Distributiva e de Altas Prestacións

6

Obrigatorio

Dirección das Tecnoloxías da Información

6

Optativo

Especialidade. Dirección de Informática

Xestión Operativa das Tecnoloxías da Información

6

Optativo

Integración de Sistemas e Redes

6

Optativo

Especialidade. Deseño e Administración de Sistemas e Redes

Administración Avanzada de Sistemas

6

Optativo

Calidade de Procesos de Desenvolvemento de Software

6

Optativo

Especialidade. Calidade de Procesos e Servizos Informáticos

Calidade de Servizos de Tecnoloxías da Información

6

Optativo

Prácticas profesionais

9

Obrigatorio

Prácticas profesionais

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Informática (2ª edición), o alumnado deberá superar os 90 ou 120 ECTS de que consta o máster, de acordo coas seguintes condicións de terminación:

Título

Obrigatorios

Optativos

Máster universitario en Enxeñaría Informática
Especialidade: Dirección de Informática

78

12

Máster universitario en Enxeñaría Informática
Especialidade: Calidade de Procesos e Servizos Informáticos

78

12

Máster universitario en Enxeñaría Informática
Especialidade: Deseño e Administración de Sistemas e Redes (CF)

78

42

Máster universitario en Enxeñaría Informática
Especialidade: Calidade de Procesos e Servizos Informáticos (CF)

78

42

Máster universitario en Enxeñaría Informática
Especialidade: Deseño e Administración de Sistemas e Redes

78

12

Máster universitario en Enxeñaría Informática
Especialidade: Dirección de Informática (CF)

78

42