Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 17829

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 203/2013, do 27 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Estética e Beleza.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é da competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o ordinal primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

A dita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1, 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral, respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III do título preliminar que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V do título I establece os principios xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da Lei de economía sustentable, introducen modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no marco legal das ensinanzas de formación profesional, que pretenden, entre outros aspectos, adecuar a oferta formativa ás demandas dos sectores produtivos.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo tomando como base o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu artigo 8, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia e respectando o seu perfil profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e á organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o Real decreto 256/2011, do 28 de febreiro, polo que se establece o título de técnico en Estética e Beleza e se fixan as súas ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á consellería con competencias en materia de educación establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico en Estética e Beleza. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto á especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o contorno profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociada a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de maneira integrada, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de Formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos, que non terán carácter laboral, en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de Formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e sete de decembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en Estética e Beleza, establecido polo Real decreto 256/2011, do 28 de febreiro.

CAPÍTULO II
Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional e prospectiva
do título no sector ou nos sectores

Artigo 2. Identificación

O título de técnico en Estética e Beleza identifícase polos seguintes elementos:

– Denominación: Estética e Beleza.

– Nivel: formación profesional de grao medio.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Imaxe Persoal.

– Referente europeo: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada da educación).

Artigo 3. Perfil profesional do título

O perfil profesional do título de técnico en Estética e Beleza determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4. Competencia xeral

A competencia xeral do título de técnico en Estética e Beleza consiste en aplicar técnicas de embelecemento persoal e comercializar servizos de estética, cosméticos e perfumes, cumprindo os procedementos de calidade e os requisitos de prevención de riscos laborais e protección ambiental establecidos na normativa.

Artigo 5. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico en Estética e Beleza son as que se relacionan:

a) Recibir, almacenar e distribuír os produtos, aparellos e utensilios, en condicións idóneas de mantemento e conservación, e controlar o seu consumo e as súas existencias.

b) Atender a clientela durante o proceso, aplicando normas de procedemento deseñadas pola empresa e conseguindo calidade no servizo.

c) Obter información das demandas da clientela e da análise profesional, e rexistrar e arquivar os datos.

d) Seleccionar os materiais, os equipamentos e os cosméticos adecuados para os tratamentos ou as técnicas estéticas que se vaian aplicar.

e) Manter o material, os equipamentos e as instalacións en óptimas condicións para a súa utilización.

f) Efectuar a hixiene cutánea e preparar a pel para tratamentos posteriores.

g) Efectuar a hidratación cutánea para manter e mellorar o aspecto da pel.

h) Realizar maquillaxe social personalizada e adaptada ás necesidades da clientela.

i) Depilar e descolorar a peluxe, utilizando procedementos mecánicos e produtos químicos adecuados.

j) Aplicar técnicas de manicura e pedicura para o embelecemento e os coidados das mans, os pés e as uñas.

k) Elaborar uñas artificiais, cunha técnica e un deseño individualizados, segundo as demandas da clientela.

l) Asesorar sobre perfumes, fragrancias e produtos naturais tendo en conta as características persoais, sociais e profesionais da clientela.

m) Informar a clientela dos coidados que teña que realizar logo do tratamento na cabina de estética, así como dos hábitos de vida saudables.

n) Realizar a promoción e a comercialización de produtos e servizos no ámbito dunha empresa de imaxe persoal.

ñ) Adaptarse ás novas situacións laborais orixinadas por cambios tecnolóxicos e organizativos nos procesos produtivos, actualizando os seus coñecementos e utilizando os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo da vida e as tecnoloxías da comunicación e da información.

o) Actuar con responsabilidade e autonomía no ámbito da súa competencia, organizando e desenvolvendo o traballo asignado e cooperando ou traballando en equipo con outros profesionais no ambiente de traballo.

p) Resolver de maneira responsable as incidencias relativas á súa actividade, identificando as súas causas, dentro do ámbito da súa competencia e con autonomía.

q) Comunicarse eficazmente respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.

r) Aplicar os procedementos e as medidas preventivas de riscos laborais e protección ambiental durante o proceso produtivo para evitar danos nas persoas e no ámbito laboral e ambiental.

s) Aplicar procedementos de calidade e de accesibilidade e deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.

t) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa e ter iniciativa na súa actividade profesional.

u) Exercer os seus dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Artigo 6. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título

1. Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe, IMP120_2 (Real decreto 1087/2005, do 16 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0354_2: atender a clientela do servizo estético de hixiene, depilación e maquillaxe en condicións de seguridade, saúde e hixiene.

– UC0355_2: aplicar técnicas estéticas de hixiene e hidratación facial e corporal.

– UC0345_1: eliminar por procedementos mecánicos e descolorar a peluxe.

– UC0065_2: mellorar a harmonía do rostro con estilos de maquillaxe social.

– UC0352_2: asesorar e vender produtos e servizos para a imaxe persoal.

b) Coidados estéticos de mans e pés, IMP121_2 (Real decreto 1087/2005, do 16 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0356_2: atender a clientela do servizo estético de mans e pés en condicións de seguridade, hixiene e saúde.

– UC0357_2: aplicar técnicas estéticas para coidar e embelecer as uñas.

– UC0358_2: elaborar e aplicar uñas artificiais.

– UC0359_2: realizar tratamentos estéticos de mans e pés.

Artigo 7. Contorno profesional

1. Este profesional exerce a súa actividade en medianas e pequenas empresas que teñen relación directa coa imaxe persoal, nomeadamente en establecementos do sector de servizos de estética e peiteado e, en xeral, en establecementos relacionados coa venda de produtos de imaxe persoal, así como coa cosmética, desempeñando tarefas de execución de maquillaxe social, depilación mecánica, tratamentos básicos de hixiene, hidratación facial e corporal, estética de mans e pés, asesoramento sobre perfumes e cosmética natural, así como a comercialización dos produtos e os servizos estéticos, ofrecendo un servizo de atención á clientela da empresa. Podería ser persoal traballador por conta propia efectuando a organización da súa propia empresa.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética.

– Maquillador/a.

– Técnico/a en uñas artificiais.

– Técnico/a en depilación.

– Técnico/a en manicura e pedicura.

– Recepcionista en empresas estéticas.

– Demostrador/a de equipamentos, cosméticos e técnicas estéticas.

– Axente comercial en empresas do sector.

– Asesor/a vendedor/a en perfumarías e drogarías.

Artigo 8. Prospectiva do título no sector ou nos sectores

1. Cambio nos hábitos de vida da poboación consumidora. O sector da estética e a beleza sufriu unha evolución nos últimos anos como consecuencia do desenvolvemento que experimentaron os sectores económicos en xeral e o sector de servizos en particular, que supuxo unha forte demanda de profesionais con esta ocupación. A sociedade actual tende á promoción persoal, social e profesional a través da proxección dunha boa imaxe persoal, de aspecto coidado e san.

2. No relativo á tipoloxía dos establecementos, téndese a dous tipos de empresas moi diferentes entre elas e complementarias: a especializada (empresas de servizos de pedicura, uñas artificiais, depilacións, etc.) e a globalizada (empresas que ofrecen todos os procesos ou que os contratan, e mesmo abranguen os subsectores da estética e de peiteado).

3. Novos campos profesionais. A evolución do sector da beleza e a estética está en expansión. As principais tendencias actuais débense ter en conta para a formación de futuros profesionais:

– Cambio constante e avances tecnolóxicos nas técnicas e nos equipamentos estéticos.

– Avances da cosmética, que xeran continuamente novas formulacións e ingredientes activos: tendencia ao uso de cosméticos con ingredientes naturais como plantas (fitocosmética), derivados mariños ou terras (arxilas); individualización dos cosméticos en cabina mediante a incorporación de aceites esenciais (aromaterapia); unión entre a cosmética e a nutrición, que fai que se tenda a complementar os tratamentos estéticos cos chamados nutricosméticos; tendencia actual a fomentar benestar a través das neuromoléculas, dos aromas ou dos perfumes.

– Incremento da demanda de novos servizos e usuarios, entre os cales destaca o sector masculino, que demanda cada vez maior número de tratamentos de estética e cosméticos.

4. Formación dos profesionais: como consecuencia do anterior, o sector exixe por parte destes profesionais non só uns coñecementos en procedementos especializados senón tamén capacidade para abranguer un número amplo de tarefas e de orientación á clientela. Por outra banda, fanse imprescindibles as actitudes favorables de cara á autoformación e de cara á responsabilidade, no referido tanto á importancia da seguridade, a hixiene e a calidade, como á posición que supón traballar nun ámbito organizativo de estandarización crecente.

CAPÍTULO III
Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto

Artigo 9. Obxectivos xerais

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza son os seguintes:

a) Identificar e clasificar produtos, materiais e utensilios, caracterizando as súas propiedades e as súas condicións idóneas de manipulación e conservación, para os recibir, os almacenar e os distribuír.

b) Interpretar as normas deseñadas nos procedementos para atender a persoa usuaria, aplicando os procedementos descritos desde a hora do acollemento ata a despedida.

c) Realizar a análise do órgano cutáneo, avaliando as súas características, para obter información estética.

d) Identificar utensilios, equipamentos e cosméticos, e avaliar as súas características para seleccionar os idóneos á técnica ou ao tratamento aplicados.

e) Hixienizar os materiais, os equipamentos e as instalacións limpándoos, desinfectándoos e esterilizándoos, para os manter en óptimas condicións.

f) Aplicar as técnicas adecuadas, seguindo os procedementos establecidos e as normas de calidade e seguridade e hixiene, para efectuar a limpeza da pel.

g) Aplicar as técnicas axeitadas, seguindo os procedementos establecidos e as normas de calidade e de seguridade e hixiene, en relación coas necesidades fisiolóxicas da pel para conseguir a súa hidratación.

h) Deseñar e executar técnicas de visaxismo, de aplicación de cosméticos decorativos e estilos de maquillaxe, tendo en conta a súa relación coas características persoais, sociais e profesionais da persoa usuaria, para realizar unha maquillaxe social personalizada.

i) Seleccionar procedementos mecánicos e químicos para depilar e descolorar a peluxe, elixindo e aplicando a técnica adecuada.

j) Efectuar operacións técnicas de manicura e pedicura, adaptando os procedementos de execución, para coidar e embelecer mans, pés e uñas.

k) Seleccionar e aplicar materiais e produtos de esculpido de próteses ungueais, seguindo instrucións técnicas, en condicións de seguridade e hixiene, para elaborar uñas artificiais.

l) Recoñecer as características e as propiedades dos fitocosméticos, xeocosméticos, produtos mariños e aromamoléculas, tendo en conta a súa relación cos seus usos e as súas aplicacións, para asesorar sobre perfumes, fragrancias e produtos naturais.

m) Analizar os tipos de tratamentos estéticos e os hábitos de vida saudables en relación coa anatomofisioloxía humana.

n) Identificar operacións de venda e técnicas publicitarias e de merchandising, valorando as características e as demandas do mercado, para promocionar e comercializar os produtos e os servizos estéticos.

ñ) Seleccionar os cosméticos adecuados atendendo ás necesidades da pel e ao tipo, á composición e á forma de presentación destes, para realizar e recomendar a súa aplicación.

o) Analizar e utilizar os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo da vida e as tecnoloxías da comunicación e da información para aprender e actualizar os seus coñecementos, recoñecendo as posibilidades de mellora profesional e persoal, para adaptarse a diferentes situacións profesionais e laborais.

p) Desenvolver traballos en equipo e valorar a súa organización, participando con tolerancia e respecto, e tomar decisións colectivas ou individuais para actuar con responsabilidade e autonomía.

q) Adoptar e valorar solucións creativas ante problemas e continxencias que se presentan no desenvolvemento dos procesos de traballo, para resolver de xeito responsable as incidencias da súa actividade.

r) Aplicar técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á súa finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia do proceso.

s) Analizar os riscos ambientais e laborais asociados á actividade profesional, en relación coas súas causas, para fundamentar as medidas preventivas que se vaian adoptar, e aplicar os protocolos correspondentes co fin de evitar danos propios, nas demais persoas, no contorno e no ambiente.

t) Analizar e aplicar as técnicas necesarias para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universais.

u) Analizar e aplicar as técnicas necesarias para mellorar os procedementos de calidade do traballo no sector produtivo de referencia durante o proceso de aprendizaxe.

v) Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.

w) Recoñecer os seus dereitos e os seus deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

x) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

Artigo 10. Módulos profesionais

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza, que se desenvolven no anexo I, son os que se relacionan:

– MP0633. Técnicas de hixiene facial e corporal.

– MP0634. Maquillaxe.

– MP0635. Depilación mecánica e descoloración da peluxe.

– MP0636. Estética de mans e pés.

– MP0637. Técnicas de uñas artificiais.

– MP0638. Análise estética.

– MP0639. Actividades en cabina de estética.

– MP0640. Imaxe corporal e hábitos saudables.

– MP0641. Cosmetoloxía para estética e beleza.

– MP0642. Perfumaría e cosmética natural.

– MP0643. Márketing e venda en imaxe persoal.

– MP0644. Formación e orientación laboral.

– MP0645. Empresa e iniciativa emprendedora.

– MP0646. Formación en centros de traballo.

Artigo 11. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza son os establecidos no anexo II.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberán estar en función do número de alumnos e alumnas, e deben ser os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos e cantas outras sexan de aplicación, e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12. Profesorado

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A).

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da devandita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores, para efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B).

3. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C).

A consellería con competencias en materia de educación establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, no cal se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

– Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

– Se os devanditos obxectivos non están incluídos, ademais da titulación deberá acreditarse mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

CAPÍTULO IV
Accesos e vinculación a outros estudos, e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13. Acceso e vinculación a outros estudos

1. O título de técnico en Estética e Beleza permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio nas condicións de admisión que se establezan.

2. O título de técnico en Estética e Beleza permitirá acceder mediante proba ou superación dun curso específico, nas condicións que se establecen no Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos en que coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados.

3. O título de técnico en Estética e Beleza permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 34.2 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo.

Artigo 14. Validacións e exencións

1. As validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos profesionais do título de técnico en Estética e Beleza, establécense no anexo IV.

2. As persoas que superasen o módulo profesional de Formación e orientación laboral ou o módulo profesional de Empresa e iniciativa emprendedora, en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validados os ditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

3. As persoas que obtivesen a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, poderán validar o módulo de Formación e orientación laboral sempre que:

– Acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral.

– Estean en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

4. De acordo co establecido no artigo 39 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de Formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral sempre que se acredite unha experiencia relacionada co ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza nos termos previstos no dito artigo.

Artigo 15. Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico en Estética e Beleza para a súa validación ou exención queda determinada no anexo V A).

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico en Estética e Beleza coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo V B).

CAPÍTULO V
Organización da impartición

Artigo 16. Distribución horaria

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo VI.

Artigo 17. Unidades formativas

1. Consonte o artigo 10 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo de Galicia, e coa finalidade de promover a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VII a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A consellería con competencias en materia de educación determinarán os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Disposición adicional primeira. Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia do título de técnico en Estética e Beleza

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da consellería con competencias en materia de educación, conforme o procedemento que se estableza, e garantirá que o alumnado poida conseguir os resultados de aprendizaxe destes, de acordo co disposto neste decreto.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes e vinculación coas capacitacións profesionais

1. Consonte o establecido na disposición adicional trixésimo primeira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os títulos que se relacionan a seguir terán os mesmos efectos profesionais que o título de técnico en Estética e Beleza, establecido no Real decreto 256/2011, do 28 de febreiro, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

– Título de técnico auxiliar en Estética, rama de Peiteado e Estética, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico auxiliar en Estética Facial, rama Peiteado e Estética, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

2. O título que se indica a seguir terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico en Estética e Beleza establecido no Real decreto 256/2011, do 28 de febreiro, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

– Título de técnico en Estética Persoal Decorativa, establecido polo Real decreto 630/1995, do 21 de abril, cuxo currículo para Galicia foi establecido polo Decreto 307/1999, do 11 de novembro.

3. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de Formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Disposición adicional terceira. Regulación do exercicio da profesión

1. Os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión regulada ningunha.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas nos puntos 1 e 2 da disposición adicional segunda entenderanse sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Disposición adicional cuarta. Accesibilidade universal nas ensinanzas do título de técnico en Estética e Beleza

1. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que o alumnado poida acceder e cursar o ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de «deseño universal». Para tal efecto, deben recoller as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

3. En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de maneira significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Disposición adicional quinta. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Disposición adicional sexta. Desenvolvemento do currículo

1. O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo, consonte o establecido no artigo 34 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao contexto socioeconómico do centro, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Disposición transitoria única. Centros privados con autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Estética e Beleza, ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro

A autorización concedida aos centros educativos de titularidade privada para impartir as ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 307/1999, do 11 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Estética Persoal Decorativa entenderase referida ás ensinanzas reguladas neste decreto.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normas

Queda derrogado o Decreto 307/1999, do 11 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Estética Persoal Decorativa, e todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto, sen prexuízo do establecido na disposición derradeira primeira.

Disposición derradeira primeira. Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto

1. No curso 2014-2015 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o primeiro curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 307/1999, do 11 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Estética Persoal Decorativa.

2. No curso 2015-2016 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o segundo curso das ensinanzas a que se fai referencia no Decreto 307/1999, do 11 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Estética Persoal Decorativa.

3. No curso 2014-2015 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de decembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I. Módulos profesionais.

1.1. Módulo profesional: Técnicas de hixiene facial e corporal.

• Código: MP0633.

• Duración: 186 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica o tipo de pel, aplicando técnicas de exploración, e rexistra os datos obtidos.

– CA1.1. Preparáronse o espazo de traballo e os utensilios, os aparellos e os materiais necesarios para os procesos de hixiene facial e corporal.

– CA1.2. Identificáronse as fases de atención á clientela segundo os protocolos establecidos.

– CA1.3. Acomodouse e protexeuse o modelo na posición anatómica adecuada en condicións de seguridade e benestar.

– CA1.4. Realizouse unha entrevista ou un cuestionario para recoller datos de interese como hábitos de vida, cosméticos utilizados, reaccións ao sol e aos axentes climáticos, etc.

– CA1.5. Identificáronse os equipamentos, os métodos e as técnicas de exploración para realizar o estudo da pel.

– CA1.6. Precisáronse os factores internos e externos que determinan o estado da pel.

– CA1.7. Identificáronse as alteracións da pel que inflúen nos procesos de hixiene facial e corporal.

– CA1.8. Valoráronse as alteracións da pel que son obxecto de tratamento por diferentes profesionais.

– CA1.9. Utilizáronse os medios e os aparellos de diagnóstico para observar o estado da pel e posibles alteracións.

– CA1.10. Identificouse o tipo de pel segundo parámetros como a emulsión epicutánea, o grosor da pel, a vascularización, etc.

– CA1.11. Rexistráronse os datos obtidos na ficha técnica.

– CA1.12. Realizouse o diagnóstico profesional a partir da análise e da valoración dos datos obtidos.

• RA2. Establece a técnica de hixiene máis adecuada valorando as necesidades da persoa usuaria, as características e as condicións da pel, para o cal selecciona cosméticos, equipamentos e utensilios.

– CA2.1. Identificáronse as necesidades da persoa usuaria para adecuar as técnicas de hixiene facial e corporal.

– CA2.2. Analizáronse as fases dun proceso de hixiene facial ou corporal.

– CA2.3. Xustificáronse a técnica de hixiene elixida e a secuencia do proceso.

– CA2.4. Desinfectáronse e/ou esterilizáronse os utensilios, os materiais e os accesorios segundo o contaminante e as súas características.

– CA2.5. Identificáronse e seleccionáronse os cosméticos que se van empregar na hixiene facial ou corporal en función do tipo e do estado da pel.

– CA2.6. Identificáronse e seleccionáronse os aparellos, os utensilios e os materiais adecuados para a realización da hixiene facial e/ou corporal.

– CA2.7. Dispuxéronse os materiais, os cosméticos, os utensilios e os aparellos de maneira ordenada para facilitar a súa utilización.

– CA2.8. Revisáronse os aparellos que se van empregar e verificouse que están en óptimas condicións de seguridade e hixiene.

• RA3. Realiza as operacións técnicas de desmaquillaxe e exfoliación mecánica e/ou química seguindo as indicacións e as pautas de utilización de cosméticos e aparellos específicos.

– CA3.1. Describíronse as fases de desmaquillaxe e exfoliación da pel en relación cos produtos e os aparellos que se van utilizar.

– CA3.2. Desmaquilláronse a área periocular, as pestanas e os beizos coas técnicas e os cosméticos máis adecuados ás características e á sensibilidade da zona.

– CA3.3. Desmaquilláronse o rostro, o pescozo e o escote cos cosméticos específicos, adaptando as manobras á zona.

– CA3.4. Elixiuse o cosmético exfoliante adecuado en función das características e do estado da pel.

– CA3.5. Aplicouse e retirouse o cosmético exfoliante con técnicas manuais segundo a súa forma cosmética e as instrucións de fábrica.

– CA3.6. Realizouse a exfoliación con aparellos de efecto mecánico, segundo as súas indicacións e as súas pautas de utilización.

• RA4. Aplica manobras de masaxe estética específica adaptando os parámetros ás características de cada zona e aos efectos pretendidos.

– CA4.1. Verificouse que non existan alteracións na zona que se vai tratar que desaconsellen a realización de técnicas de masaxe.

– CA4.2. Describíronse as manobras de masaxe estética adecuadas aos procesos de hixiene facial e corporal.

– CA4.3. Preparouse a pel e aplicouse o produto adecuado para realizar a masaxe.

– CA4.4. Seleccionáronse as manobras de masaxe estética, para os procesos de hixiene facial e corporal, segundo o estado da pel da clientela.

– CA4.5. Aplicáronse as manobras de masaxe estética específica de xeito secuenciado.

– CA4.6. Adaptáronse as mans segundo a rexión anatómica que se trate.

– CA4.7. Axustáronse os parámetros de tempo, ritmo, intensidade e dirección aos efectos pretendidos e ás características da pel.

– CA4.8. Mantívose o contacto coa pel da persoa usuaria durante a aplicación da masaxe.

• RA5. Executa técnicas de hixiene facial e corporal integrando cosméticos e medios técnicos e manuais, e asesora a persoa usuaria sobre hábitos de hixiene, cosméticos máis adecuados e pautas de utilización.

– CA5.1. Seleccionáronse as técnicas de hixiene facial e corporal de acordo coas necesidades e as demandas da persoa usuaria.

– CA5.2. Informouse a persoa usuaria verbo das fases do proceso de hixiene facial ou corporal que se lle vaian aplicar.

– CA5.3. Preparouse a pel coas técnicas específicas, os cosméticos, os aparellos de calor seca ou húmida e a masaxe para facilitar a súa hixiene, segundo as súas características e as súas necesidades.

– CA5.4. Realizouse a extracción de espiñas (nos casos que cumpra) cos produtos, os utensilios e os medios adecuados ás condicións e ao estado da pel, extremando as medidas de hixiene.

– CA5.5. Aplicáronse adecuadamente os cosméticos e os aparellos nos procesos de hixiene facial e corporal, segundo as características e a sensibilidade da persoa usuaria e as especificacións de fábrica.

– CA5.6. Finalizouse no tempo apropiado o tratamento de hixiene facial e corporal utilizando as técnicas adecuadas para relaxar, calmar, hidratar e protexer.

– CA5.7. Utilizáronse medidas de hixiene e equipamentos de protección persoal en todo o proceso.

– CA5.8. Realizouse o asesoramento posterior ao tratamento referente aos cosméticos e ás pautas de hixiene en distintos estados fisiolóxicos.

– CA5.9. Efectuouse o asesoramento verbo da importancia dos hábitos de vida saudable e a súa influencia no estado da pel.

– CA5.10. Rexistráronse na ficha técnica da persoa usuaria os cosméticos e as técnicas empregadas, así como as posibles incidencias, para mellorar posteriores traballos.

• RA6. Valora os resultados obtidos aplicando criterios de calidade.

– CA6.1. Determináronse os criterios que definen un servizo óptimo de hixiene facial e corporal.

– CA6.2. Identificáronse as principais causas que poden dar lugar a deficiencias nas técnicas de hixiene facial e corporal.

– CA6.3. Valoráronse os resultados obtidos.

– CA6.4. Aplicáronse técnicas para detectar o grao de satisfacción nos procesos de hixiene facial e corporal.

– CA6.5. Identificáronse as posibles medidas de corrección.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Identificación do tipo de pel.

• Execución de protocolos de atención á clientela.

• Preparación do espazo de traballo: utensilios, aparellos, etc.

• Medidas de protección do persoal e das persoas usuarias.

• Protocolo de actuación na identificación da tipoloxía cutánea.

• Alteracións da pel e os seus anexos con repercusión nos procesos de hixiene facial e corporal: identificación.

• Aparellos empregados na análise da pel: pautas de selección; aplicación.

• Procedementos de análise da pel facial e corporal: execución práctica.

BC2. Selección de cosméticos, equipamentos e utensilios.

• Cosmética específica para a hixiene facial e corporal: criterios de selección.

• Aparellos, utensilios e materiais específicos para a hixiene facial e corporal: criterios de selección e aplicación.

• Mantemento de equipamentos e utensilios.

• Hixiene, desinfección e esterilización: selección e execución técnica.

BC3. Execución das técnicas de desmaquillaxe e exfoliación mecánica e química.

• Cosméticos desmaquillantes: pautas de preparación, manipulación, aplicación e conservación.

• Cosméticos exfoliantes: pautas de preparación, manipulación, aplicación e conservación.

• Aparellos específicos para a exfoliación (cepillos e peeling ultrasónico): pautas para a súa utilización; aplicación.

• Desmaquillaxe: descrición das fases; procedemento.

• Exfoliación: descrición das fases; procedemento.

• Aplicación de normas de seguridade, hixiene e saúde nos procesos de desmaquillaxe e exfoliación.

BC4. Aplicación de técnicas manuais.

• Introdución á masaxe estética. Concepto de masaxe. Zonas e rexións anatómicas de aplicación. Efectos, indicacións e contraindicacións.

• Masaxe facial aplicada aos procesos de hixiene facial. Manobras básicas da masaxe estética facial: efectos, indicacións e contraindicacións.

• Masaxe corporal aplicada aos procesos de hixiene corporal. Manobras básicas da masaxe estética corporal: efectos, indicacións e contraindicacións.

BC5. Realización de técnicas de hixiene facial e corporal.

• Fases do proceso de hixiene facial e/ou corporal: organización e selección.

• Aparellos con aplicación nos procesos de hixiene facial e corporal: vapor, lámpada de infravermellos, ventosas, pulverizacións frías e aparellos emisores de corrente de alta frecuencia. Pautas para a súa correcta utilización.

• Aplicación de cosméticos nos procesos de hixiene facial e corporal.

• Procedementos para a realización de técnicas de hixiene facial e corporal.

• Aplicación de normas de seguridade, hixiene e saúde nos procesos de hixiene facial e corporal.

BC6. Valoración dos resultados obtidos.

• Control de calidade dos procesos de hixiene facial e corporal.

• Grao de satisfacción nos procesos de hixiene facial e corporal.

• Medidas correctoras para presumibles desviacións no resultado obtido.

• Asesoramento de cosméticos de uso persoal no domicilio.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de aplicación de técnicas de hixiene facial e corporal.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións e abrangue aspectos relacionados con:

– Análise da pel.

– Selección de aparellos, cosméticos, materiais e utensilios.

– Aplicación de normas de hixiene, desinfección e esterilización.

– Manobras de masaxe estética específica.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en procesos de execución de técnicas de masaxe estética específica e de hixiene facial e corporal.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), c), d), e), f), m) e n) do ciclo formativo e as competencias b), c), d), e), f), l) e m).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Execución de técnicas de diagnóstico.

– Selección e aplicación de aparellos, cosméticos, materiais e utensilios.

– Aplicación de técnicas de desmaquillaxe e exfoliación.

– Aplicación de técnicas manuais.

– Atención e asesoramento anterior e posterior ao tratamento.

1.2. Módulo profesional: Maquillaxe.

• Código: MP0634.

• Duración: 160 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina a morfoloxía e as características cromáticas do rostro tendo en conta a súa relación co deseño e a cor das correccións.

– CA1.1. Simuláronse recepcións de persoas usuarias, con valoración da cortesía, o respecto, a empatía e a discreción.

– CA1.2. Elaboráronse fichas técnicas utilizando aplicacións informáticas durante a xestión de datos persoais e morfolóxicos e fisiopatolóxicos do rostro.

– CA1.3. Definíronse as formas do óvalo e os perfís.

– CA1.4. Describíronse os tipos de frontes, cellas, ollos, narices, beizos e queixos.

– CA1.5. Propuxéronse cambios de imaxe facial aplicando técnicas de visaxismo: liñas, volumes, claroscuro e contribución do peiteado.

– CA1.6. Aplicáronse os sistemas de identificación das demandas, os gustos e as necesidades da clientela.

– CA1.7. Realizáronse deseños gráficos de distintos tipos de óvalos e faccións.

– CA1.8. Deseñáronse as correccións adaptadas ás características do rostro: delineación, sombras nos ollos e claroscuro na fronte, no nariz, no queixo e no óvalo.

• RA2. Selecciona a gama de cores que se deben empregar na maquillaxe, efectuando probas de cosméticos, colorido e iluminación sobre bosquexos e modelos.

– CA2.1. Analizouse a relación entre a iluminación e a elección dos cosméticos de maquillaxe.

– CA2.2. Establecéronse factores que caracterizan a harmonía do rostro e a súa relación coas cores de maquillaxe.

– CA2.3. Estudáronse as regras de harmonía e contraste para a aplicación das cores en maquillaxe.

– CA2.4. Practicáronse probas de cor en zonas concretas para comprobar a influencia da iluminación.

– CA2.5. Efectuáronse mesturas de cor para obter as tonalidades desexadas segundo a teoría da cor e da luz.

– CA2.6. Debuxáronse bosquexos coa maquillaxe e o colorido propostos.

– CA2.7. Relacionáronse as características da maquillaxe con cada época histórica.

• RA3. Propón e executa cambios en cellas e pestanas utilizando as técnicas de depilación, tinguidura, permanente e/ou aplicación de pestanas postizas.

– CA3.1. Protexéronse a roupa e os ollos da clientela durante o proceso.

– CA3.2. Estudouse a morfoloxía das cellas e relacionouse coas expresións e co tipo de rostro e de ollos da persoa.

– CA3.3. Propuxéronse os cambios de cor, densidade e forma da cella.

– CA3.4. Valorouse a viabilidade de realizar técnicas de tinguidura, permanente e aplicación de pestanas postizas.

– CA3.5. Realizouse a proba de sensibilidade anterior á aplicación de produtos onduladores de pestanas e colorantes de cellas e pestanas.

– CA3.6. Plasmáronse con éxito as propostas anteriores en casos prácticos.

– CA3.7. Derivouse a diferentes profesionais no caso de que cumpra aplicar procedementos de micropigmentación de cellas.

– CA3.8. Realizáronse as operacións de limpeza, desinfección e esterilización dos utensilios empregados utilizando o método máis adecuado a cada tipo de material.

• RA4. Prepara o espazo de traballo, os cosméticos e os utensilios, e xustifica o procedemento seguido.

– CA4.1. Definíronse as características dunha cabina de maquillaxe e os requisitos particulares que debe cumprir en aspectos de luminosidade.

– CA4.2. Valorouse a utilización de materiais dun só uso, en determinados procesos, como medida de seguridade e hixiene.

– CA4.3. Relacionáronse as texturas de produtos decorativos co tipo de pel que se vai maquillar.

– CA4.4. Describíronse os tipos, a utilidade, a función e a aplicación de cosméticos adecuados ás tipoloxías cutáneas para antes, durante e despois da maquillaxe.

– CA4.5. Especificouse como se deben manipular as maquillaxes, as barras de beizos, os lapis de ollos e as máscaras de pestanas para evitar infeccións cruzadas.

– CA4.6. Describíronse o uso, a finalidade e o manexo dos utensilios e os accesorios (pinceis, esponxas, espátulas, bastóns de algodón, etc.).

– CA4.7. Describíronse a utilidade, o funcionamento, o manexo e a limpeza do aerógrafo de maquillaxe.

– CA4.8. Detalláronse as propiedades e as particularidades dos cosméticos e da maquillaxe con aerógrafo.

– CA4.9. Explicáronse as normas de seguridade e hixiene para os aparellos de aerografía.

• RA5. Executa protocolos de maquillaxe personalizados para diversos actos sociais e razoa o procedemento e a secuencia.

– CA5.1. Definíronse e realizáronse as accións de preparación da pel previas á execución da maquillaxe.

– CA5.2. Aplicáronse os cosméticos correctores para disimular pequenas alteracións e neutralizar as imperfeccións.

– CA5.3. Describíronse os criterios de selección e aplicación de fondos de maquillaxe.

– CA5.4. Realizáronse as técnicas de maquillaxe de delineción, esfumado, resalte, etc.

– CA5.5. Fixouse o fondo de maquillaxe mediante os tipos de cosmético (pos, fixadores en aerosol, etc.).

– CA5.6. Aplicáronse os cosméticos decorativos (sombras de ollos, delineadores, perfiladores labiais e coloretes) e realizáronse as correccións necesarias.

– CA5.7. Efectuáronse maquillaxes faciais axeitadas ás circunstancias sociais e ás características do rostro.

– CA5.8. Efectuáronse maquillaxes faciais para actos sociais e eventos.

– CA5.9. Elaboráronse maquillaxes de fantasía faciais adaptadas a diversos actos sociais.

– CA5.10. Desenvolvéronse as técnicas de limpeza, desinfección e esterilización dos utensilios empregados no proceso, segundo o seu tipo e as súas características.

– CA5.11. Elimináronse de xeito selectivo os residuos xerados durante o proceso.

• RA6. Asesora a persoa usuaria en cosmética e técnicas de maquillaxe tendo en conta os parámetros que definen a calidade do servizo.

– CA6.1. Proporcionáronselle á persoa usuaria pautas de uso e referencias sobre os produtos cosméticos decorativos máis convenientes á súa pel e ao seu estilo.

– CA6.2. Elaboráronse protocolos de asesoramento de maquillaxe segundo os estilos.

– CA6.3. Realizáronse fichas para analizar o resultado do servizo, con valoración da satisfacción da persoa usuaria.

– CA6.4. Detectáronse as desviacións respecto aos resultados esperados e analizáronse as súas posibles causas.

– CA6.5. Avaliouse o servizo e propuxéronse medidas de mellora.

– CA6.6. Utilizouse unha linguaxe técnica no asesoramento.

– CA6.7. Proporcionáronse pautas para a mellora e a duración da maquillaxe.

– CA6.8. Establecéronse protocolos para tratar as suxestións.

– CA6.9. Aplicáronse medidas de seguridade e hixiene en todo o proceso de maquillaxe.

– CA6.10. Recoñeceuse a importancia dunha correcta imaxe profesional.

– CA6.11. Establecéronse as normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores.

– CA6.12. Describíronse as pautas para a recepción e atención á clientela no proceso de maquillaxe.

– CA6.13. Caracterizáronse as posicións anatómicas adecuadas e as medidas de protección persoal e da clientela no proceso de maquillaxe.

– CA6.14. Valorouse o uso de materiais dun só uso en determinados procesos como medida de seguridade e hixiene.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Análise da morfoloxía do rostro.

• Ficha estética de maquillaxe: datos persoais, morfolóxicos e fisiolóxicos.

• Visaxismo: análise e estudo do rostro; morfoloxía. Denominación das zonas do rostro. Medidas e técnicas de corrección do rostro.

• Identificación das necesidades e as demandas da clientela.

• Relación da fisiopatoloxía do rostro cos cosméticos correctores.

• Técnicas de debuxo para maquillaxe.

• Liña e forma en maquillaxe.

• Aplicacións informáticas na maquillaxe.

BC2. Luz e cor aplicadas á maquillaxe.

• Teoría da cor aplicada á maquillaxe.

• Teoría da luz aplicada á maquillaxe.

• Teoría da iluminación aplicada á maquillaxe.

• Círculo cromático.

• Harmonías cromáticas e contrastes.

• Influencia do tipo de pel na selección da maquillaxe.

• Historia e épocas da maquillaxe.

• Estilos de maquillaxe social.

BC3. Cambios de cor e forma en cellas e pestanas.

• Análise específica de cellas: estudo e técnicas de corrección das cellas.

• Depilación de cellas.

• Proba de sensibilidade aos cosméticos colorantes e descolorantes.

• Cambios de cor en cellas e pestanas.

• Técnica de maquillaxe para a simulación de cellas, pelo a pelo e compactas.

• Cosmética decorativa de cellas e pestanas: criterios de selección. Pautas de preparación.

• Cambio de forma de pestanas.

• Aplicación de pestanas postizas en grupo, tira, extensións, etc.

BC4. Preparación do espazo de traballo: equipamentos, utensilios e produtos.

• Área de maquillaxe: espazos, equipamento e ambiente.

• Imaxe persoal (hixiene, maquillaxe, peiteado, indumentaria e complementos).

• Utensilios de maquillaxe: descrición, uso e limpeza.

• Material dun só uso en maquillaxe.

• Normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores.

• Recepción e atención á clientela para o proceso de maquillaxe.

• Cosméticos de maquillaxe: criterios de selección e aplicación; clasificación segundo o tipo, a textura e o xeito de presentación.

• O aerógrafo en maquillaxe.

BC5. Execución de protocolos de maquillaxe. Asesoramento cosmético.

• Técnicas previas á aplicación de maquillaxe: desmaquillaxe e preparación da pel.

• Técnicas de aplicación de produtos cosméticos decorativos. Parámetros que hai que ter en conta para a aplicación. A maquillaxe de fondo: técnicas de batedura, arrastre e esfumado. Técnica de aplicación de cosméticos decorativos especiais: auga cor. Técnica de aplicación de cosméticos decorativos especiais para aerógrafo.

• Técnicas de realización de correccións claras e escuras.

• Técnicas de realización de correccións de maquillaxe de ollos: delineación e esfumados. Beizos: perfilaxe e maquillaxe. Colorete: cor e forma.

• Estilos de maquillaxe social: clasificación.

• Proceso de realización de cada estilo de maquillaxe social e a súa adecuación ao modelo, ao sexo, á idade e á circunstancia: fases e secuencia. Automaquillaxe.

• Técnicas de fixación e mantemento; retoques e transformación de maquillaxes.

• Criterios de asesoramento para a automaquillaxe.

• Xestión de residuos.

BC6. Control de calidade no proceso de maquillaxe.

• Seguridade e hixiene no proceso de maquillaxe. Aplicación de métodos de hixiene, desinfección e esterilización.

• Medidas de protección do persoal e da clientela durante a realización da maquillaxe.

• Ergonomía e hixiene postural.

• Avaliación e control de calidade dos procesos de maquillaxe social.

• Técnicas para medir o grao de satisfacción da clientela e detectar a desviación na prestación dos servizos de maquillaxe.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de deseñar e realizar maquillaxes personalizadas.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións e abrangue aspectos relacionados con:

– Posta a punto do lugar de traballo.

– Execución e control do proceso produtivo.

– Control do produto durante o proceso.

– Preparación de bosquexos para propostas de maquillaxe.

– Preparación de cosméticos.

– Preparación, uso e mantemento do aerógrafo.

– Elaboración de diversos tipos de maquillaxe.

– Terminación e presentación da maquillaxe.

– Fotografía e gravación da maquillaxe.

– Mantemento de instalacións.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nos procesos de:

– Propostas de maquillaxe.

– Execucións de maquillaxes sociais.

– Maquillaxe en televisión, pasarela e moda, book fotográfico e asociada a evento.

– Maquillaxe por aerografía.

– Maquillaxe en tanatorios na sección de tanatopraxia.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), c), d), e), h), m) e n) do ciclo formativo e as competencias b), c), d), e), h), j), m), o), q) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Recoñecemento das morfoloxías faciais.

– Elaboración de deseños de maquillaxe personalizados.

– Relación entre a personalidade, a circunstancia e o evento en que se vaia lucir a maquillaxe.

– Uso de técnicas e cosméticos de maquillaxe.

– Interpretación das demandas da persoa usuaria.

– Posta en práctica das medidas que aseguran a calidade do servizo.

1.3. Módulo profesional: Depilación mecánica e descoloración da peluxe.

• Código: MP0635.

• Duración: 140 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Prepara o espazo de traballo aplicando normas establecidas de mantemento e hixiene de equipamentos de depilación e xustifica o procedemento.

– CA1.1. Asociáronse os espazos básicos onde se van desenvolver as actividades con cada proceso.

– CA1.2. Relacionáronse os equipamentos e os utensilios coas técnicas de eliminación ou disimulación da peluxe.

– CA1.3. Estudáronse as medidas de protección e seguridade do persoal e das persoas usuarias.

– CA1.4. Valorouse a importancia da utilización de material dun só uso.

– CA1.5. Mantivéronse as instalacións en condicións óptimas de hixiene.

– CA1.6. Controlouse o funcionamento e o bo estado dos equipamentos e dos aparellos.

– CA1.7. Recoñecéronse os factores de ambientación do espazo de traballo (ventilación, luz, cor, olor, etc.) como factor de calidade do servizo.

– CA1.8. Sinalouse a importancia da hixiene postural e a ergonomía para previr lesións óseas, circulatorias e musculares.

– CA1.9. Aplicáronse as normas de control e almacenamento.

– CA1.10. Ordenouse e controlouse o almacén da área de depilación.

– CA1.11. Rexeitáronse materiais e produtos non adecuados, caducados ou en mal estado e xestionouse convenientemente a súa eliminación.

– CA1.12. Aplicáronse os métodos de limpeza, desinfección e/ou esterilización necesarios.

– CA1.13. Determináronse as medidas adecuadas para actuar en caso de riscos imprevistos.

• RA2. Realiza a análise estética aplicando os protocolos establecidos para o proceso de depilación e descoloración da peluxe.

– CA2.1. Utilizáronse as técnicas de comunicación na fase de toma de datos.

– CA2.2. Explicáronse as normas deontolóxicas que se deben cumprir para manter a confidencialidade da persoa usuaria.

– CA2.3. Describíronse as aptitudes fundamentais para o desenvolvemento das actividades de depilación e descoloración da peluxe.

– CA2.4. Definíronse as actitudes e os principios básicos que debe adoptar o persoal profesional de estética e beleza.

– CA2.5. Realizáronse medidas de atención á clientela.

– CA2.6. Avaliáronse as características do pelo e da peluxe.

– CA2.7. Determináronse alteracións do sistema piloso susceptibles destes tratamentos.

– CA2.8. Diferenciáronse alteracións cutáneas e vasculares con repercusión en depilación.

– CA2.9. Interpretouse a demanda para corrixir alteracións estéticas causadas pola peluxe.

– CA2.10. Identificáronse reaccións adversas provocadas pola depilación e a descoloración da peluxe.

– CA2.11. Rexistráronse na ficha técnica os datos máis salientables para estes procesos, como a distribución e as características da peluxe.

– CA2.12. Detalláronse as indicacións e as contraindicacións destes tratamentos.

– CA2.13. Adoptáronse actitudes e calidades profesionais como pulcritude, destreza manual, gusto estético, amabilidade, responsabilidade, organización, rapidez de reflexos, etc.

– CA2.14. Identificáronse os tipos de cellas.

– CA2.15. Estableceuse a relación entre as cellas e o tipo de rostro.

• RA3. Selecciona procedementos de depilación e descoloración da peluxe tendo en conta a relación entre as propiedades de cada técnica e as necesidades da persoa usuaria.

– CA3.1. Definíronse a terminoloxía e as técnicas de depilación e epilación.

– CA3.2. Diferenciáronse os métodos de depilación polas súas características ou forma de aplicación.

– CA3.3. Seleccionáronse os métodos segundo a zona corporal e as características da pel ou do pelo que se vaia tratar.

– CA3.4. Determinouse a utilización dos métodos de descoloración segundo características da pel e do pelo onde se vaia aplicar.

– CA3.5. Identificáronse as propiedades, o modo de utilización e a presentación dos cosméticos depilatorios.

– CA3.6. Describíronse as técnicas actuais de depilación mecánica.

– CA3.7. Describíronse as técnicas de depilación utilizadas a través da historia.

– CA3.8. Describíronse os aparellos utilizados en depilación con cera quente, morna e fría, indicando as pautas para a súa correcta utilización e conservación.

– CA3.9. Clasificáronse os utensilios, os equipamentos e os aparellos para a depilación mecánica.

– CA3.10. Identificáronse os cosméticos de utilización anterior e posterior á depilación, as súas propiedades e a forma de aplicación.

– CA3.11. Describíronse as propiedades, a presentación e o modo de aplicación dos retardadores do crecemento da peluxe.

• RA4. Executa técnicas de depilación mecánica, para o cal selecciona o procedemento.

– CA4.1. Preparouse a zona de aplicación antes do tratamento.

– CA4.2. Adaptáronse os protocolos de depilación facial e corporal para cada zona tendo en conta as súas características.

– CA4.3. Efectuouse a depilación con cera quente, para o cal se comprobou que a súa temperatura e viscosidade sexan as axeitadas.

– CA4.4. Realizouse a depilación con cera morna utilizando bandas de papel ou tecido e espátulas ou roletes.

– CA4.5. Efectuouse a depilación por avulsión con pinzas.

– CA4.6. Executouse o proceso no tempo establecido.

– CA4.7. Finalizouse o tratamento utilizando produtos posdepilación e manobras manuais.

– CA4.8. Valoráronse posibles efectos posteriores á depilación.

• RA5. Executa técnicas de descoloración da peluxe utilizando os produtos adecuados.

– CA5.1. Realizouse a proba de sensibilidade cutánea previa ao proceso de descoloración.

– CA5.2. Valoráronse as indicacións e as contraindicacións do tratamento.

– CA5.3. Preparouse o persoal profesional e a clientela cos equipamentos de protección individual e colectiva.

– CA5.4. Determinouse a cor da peluxe.

– CA5.5. Preparouse a zona antes do tratamento.

– CA5.6. Seleccionouse o produto adecuado para a descoloración.

– CA5.7. Axustáronse as proporcións e as concentracións dos axentes oxidantes e alcalinizantes segundo a zona que se vai descolorar.

– CA5.8. Controlouse o tempo adecuado para a reacción esperada.

– CA5.9. Explicouse o proceso químico polo cal se produce a descoloración.

– CA5.10. Limpouse a zona de residuos descolorantes.

– CA5.11. Finalizouse o tratamento con cosmética protectora.

• RA6. Analiza os parámetros que definen a calidade nos procesos de depilación e descoloración da peluxe, controlando os aspectos que cumpra ter en conta na valoración de resultados.

– CA6.1. Identificáronse os indicadores de calidade nos procesos de depilación mecánica e descoloración da peluxe.

– CA6.2. Verificouse o grao de cumprimento dos protocolos establecidos.

– CA6.3. Controlouse o grao de eficacia do tratamento.

– CA6.4. Aplicáronse técnicas para identificar as fases do proceso onde se producisen desviacións sobre o resultado previsto.

– CA6.5. Utilizouse linguaxe técnica adecuada ao nivel e á profesión.

– CA6.6. Determinouse o mantemento posterior á depilación.

– CA6.7. Valorouse a calidade do servizo mediante preguntas que permitan coñecer o grao de satisfacción da clientela.

– CA6.8. Relacionáronse outras propostas de depilación avanzada.

– CA6.9. Coñecéronse outros tratamentos asociados á depilación.

– CA6.10. Elaborouse un expediente técnico de depilación e técnicas complementarias.

1.3.2. Contidos básicos.

BC1. Preparación do espazo de traballo.

• A cabina de estética para procesos de depilación.

• Seguridade e hixiene nos procesos de depilación e descoloración da peluxe. Medidas de protección para o persoal e a clientela.

• Precaucións, conservación e mantemento de aparellos, equipamentos e cosméticos utilizados en depilación: limpeza e desinfección e/ou esterilización de materiais e equipamentos.

• Protocolos de actuación ante riscos inesperados.

• Hixiene postural e ergonomía.

• Prevención de accidentes e reaccións adversas.

• Xestión de residuos.

BC2. Realización de análise estética para depilación.

• Actitudes e aptitudes profesionais.

• Deontoloxía profesional.

• Preparación da clientela.

• Ficha de clientela.

• Tipos e distribución de pelo e localización zonal da peluxe superflua.

• Estudo das cellas e a súa corrección.

• Identificación das alteracións do órgano cutáneo con repercusión no proceso da depilación.

• Identificación das alteracións estéticas corporais causadas pola peluxe.

• Hipertricose e hirsutismo.

• Alteracións de tipo vascular.

• Contraindicacións absolutas ou relativas na aplicación de tratamentos estéticos de depilación.

BC3. Selección de procedementos de depilación.

• Concepto de epilación e depilación.

• A depilación a través da historia.

• Tipos de técnicas depilatorias: químicas e físicas.

• Materiais, utensilios e equipamentos de depilación mecánica: fundidores e aplicadores de cera quente e morna.

• Criterios para a elección de técnicas depilatorias: zona, cantidade de peluxe, duración e estado da pel.

• Tipos de depilacións mecánicas actuais: ceras quentes de baixa temperatura, ceras dun só uso, bandas adhesivas, etc. Métodos de aplicación.

• Cosméticos utilizados antes da depilación mecánica e despois desta.

• Cosméticos inhibidores ou retardadores do crecemento da peluxe.

• Precaucións no uso de aparellos, equipamentos e cosméticos de depilación mecánica.

BC4. Execución de técnicas de depilación mecánica.

• Depilación mecánica: operacións previas; técnicas e execucións en función da rexión anatómica; efectos e contraindicacións.

• Protocolos de actuación no proceso de depilación con cera quente, con cera morna e con pinzas.

• Procedementos específicos para zonas corporais e faciais.

• Uso de bandas, espátulas e utensilios en función do método.

• Efectos non desexados e control de riscos en depilación.

BC5. Execución de técnicas de descoloración de peluxe.

• Color da peluxe.

• Proba de sensibilidade.

• Cosméticos de uso previo e posterior á descoloración da peluxe.

• Criterios de selección e utilización dos produtos para a descoloración da peluxe, nas súas formas cosméticas.

• Fundamentos da descoloración.

• Toxicidade e control de riscos.

• Grao de descoloración do pelo.

• Protocolo de actuación na descoloración da peluxe.

• Contraindicacións do tratamento.

• Protocolo de actuación fronte a unha reacción adversa dos produtos descolorantes.

• Medidas de seguridade e hixiene na aplicación da descoloración da peluxe.

• Medios específicos de protección do persoal e da clientela.

BC6. Análise dos parámetros que definen a calidade nos procesos de depilación e descoloración da peluxe superflua.

• Control de calidade dos procesos de depilación mecánica e descoloración da peluxe.

• Factores de calidade destes procesos.

• Grao de satisfacción.

• Información doutros tratamentos asociados e proposta de depilación avanzada.

• Elaboración de expediente técnico de depilación e técnicas complementarias.

• Valoración dos resultados obtidos.

• Control e mellora de resultados.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de eliminación da peluxe por depilación mecánica e técnicas complementarias e o ocultamento da peluxe superflua.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións deste técnico e abrangue aspectos relacionados con:

– Preparar o espazo de traballo.

– Aplicar normas de hixiene e mantemento de equipamentos de depilación.

– Realizar análise estética aplicado en depilación e descoloración da peluxe.

– Seleccionar procedementos de depilación e descoloración da peluxe.

– Executar técnicas de depilación mecánica e descoloración da peluxe.

– Definir parámetros de calidade nos procesos de depilación e descoloración da peluxe.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procesos de eliminación da peluxe en departamentos especializados de depilación.

– Procesos de disimulación dos efectos antiestéticos da peluxe.

– Procesos de asesoramento e coidados complementarios á depilación.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), i) e n) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), i) e m).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Preparación e mantemento do contorno en depilación.

– Realización de análise estética e propostas para a eliminación da peluxe.

– Execución de técnicas de depilación mecánica.

– Aplicación de descoloración da peluxe superficial.

– Cumprimento das normas establecidas de seguridade e hixiene e control de resultados para garantir a calidade.

1.4. Módulo profesional: Estética de mans e pés.

• Código: MP0636.

• Duración: 107 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina o proceso de manicura e pedicura observando a morfoloxía das mans e dos pés e en relación coas demandas da persoa usuaria.

– CA1.1. Definíronse os procesos estéticos de manicura e pedicura.

– CA1.2. Estudouse a morfoloxía dos pés e das mans.

– CA1.3. Estudáronse as alteracións características da pel das mans e dos pés.

– CA1.4. Valoráronse as necesidades, as demandas e os gustos da persoa usuaria.

– CA1.5. Identificáronse as normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores.

– CA1.6. Deseñáronse os protocolos para realizar as técnicas estéticas de manicura e pedicura.

– CA1.7. Rexistráronse na ficha técnica os protocolos, os datos persoais e a información de interese profesional.

– CA1.8. Coidáronse as medidas estéticas do persoal que realiza estas técnicas.

• RA2. Identifica a área de traballo e prepara os espazos, os equipamentos, os cosméticos, os aparellos e o persoal profesional para a realización dos procesos de manicura e pedicura.

– CA2.1. Identificáronse as instalacións e os espazos onde se van realizar os procesos estéticos de manicura e pedicura.

– CA2.2. Mantivéronse as instalacións en óptimas condicións hixiénicas antes do seu uso e despois.

– CA2.3. Seleccionáronse os equipamentos, os materiais e os cosméticos.

– CA2.4. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA2.5. Detalláronse as pautas básicas para a recepción e atención á clientela.

– CA2.6. Simuláronse a recepción e a atención á clientela coa aplicación de técnicas de comunicación e normas de comportamento.

– CA2.7. Identifica as actitudes e as destrezas necesarias para o desempeño do proceso de manicura e pedicura.

– CA2.8. Describíronse as normas que definen unha correcta imaxe profesional.

– CA2.9. Coidouse a imaxe do persoal.

– CA2.10. Identifica as actitudes e as destrezas necesarias para o desempeño do proceso de manicura e pedicura.

– CA2.11. Caracterizáronse as posicións anatómicas axeitadas e as medidas de protección persoal e da clientela no proceso da estética das mans e dos pés.

– CA2.12. Manexáronse con destreza os utensilios, os aparellos e os cosméticos.

– CA2.13. Aplicáronse os métodos máis adecuados de mantemento, desinfección e esterilización da área de traballo para a estética das mans e dos pés.

• RA3. Aplica técnicas de manicura e pedicura seguindo as normas de seguridade e hixiene establecidas.

– CA3.1. Planificáronse a acomodación e a protección da persoa usuaria atendendo a criterios de confortabilidade e seguridade.

– CA3.2. Seleccionáronse os protocolos de actuación para a realización das técnicas estéticas de manicura e pedicura aplicando medidas de seguridade e hixiene específicas.

– CA3.3. Aplicáronse técnicas de desmaquillaxe da lámina ungueal.

– CA3.4. Realizáronse as técnicas de conformación de uñas: corte, arranxo e forma.

– CA3.5. Limáronse e puíronse as uñas segundo a súa morfoloxía.

– CA3.6. Aplicáronse as técnicas de acondicionamento e/ou retirada de cutícula.

– CA3.7. Adaptáronse as técnicas de manicura e pedicura ás características e ás necesidades dun usuario masculino.

– CA3.8. Aplicáronse as técnicas de masaxe, para o cal se xustificaron a súa secuencia, os seus efectos, as súas indicacións e as súas contraindicacións.

• RA4. Elabora tratamentos estéticos específicos das mans, os pés e as uñas integrando no proceso técnicas novas.

– CA4.1. Describíronse protocolos específicos de tratamentos para os pés, as mans e as uñas.

– CA4.2. Identificáronse as técnicas de masaxe específicas.

– CA4.3. Planificáronse os equipamentos, os medios e os cosméticos empregados nos tratamentos e nas técnicas de manicura e pedicura.

– CA4.4. Manexáronse os aparellos para os tratamentos específicos: efluvios, ventosas cepillos, pulverizadores, parafina, etc.

– CA4.5. Utilizáronse os cosméticos específicos segundo os procedementos de uso e medidas hixiénico-sanitarias.

– CA4.6. Integráronse as técnicas, os aparellos e os cosméticos para realizar os tratamentos estéticos para mans e pés.

– CA4.7. Aplicáronse técnicas de mantemento e coidado de aparellos, utensilios e cosméticos.

– CA4.8. Demostráronse os coñecementos da normativa hixiénico-sanitaria sobre o uso e a eliminación dos residuos e os utensilios dun só uso utilizados na aplicación destas técnicas.

• RA5. Realiza a decoración de uñas combinando técnicas e cosméticos.

– CA5.1. Deseñáronse de forma gráfica diversas maquillaxes de uñas.

– CA5.2. Clasificáronse os produtos de decoración e maquillaxe por textura e técnicas de aplicación.

– CA5.3. Aplicáronse técnicas de maquillaxe mixtas: aerógrafo e pincel.

– CA5.4. Aplicáronse técnicas de maquillaxe con esmaltes: mixtas, de pincel e punzón.

– CA5.5. Aplicáronse técnicas de maquillaxe con produtos acrílicos.

– CA5.6. Realizáronse diversos tipos e deseños de maquillaxe de uñas: francesa, media lúa, picos, diagonal, floral, marmoreamento e fantasías.

– CA5.7. Executáronse técnicas de piercing no bordo libre da uña.

– CA5.8. Executáronse técnicas específicas de embelecemento da uña masculina.

– CA5.9. Verificáronse os resultados comparándoos coas demandas, os gustos e as necesidades da persoa usuaria.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Determinación dos procesos estéticos de manicura e pedicura.

• Clasificación dos servizos de manicura e pedicura. Deseño de protocolos.

• Estudo estético das mans, os pés e as uñas.

• Control de calidade na prestación do servizo. Recepción e atención á persoa usuaria. Imaxe do persoal como factor de calidade na prestación do servizo: coidados estéticos.

• Clasificación dos servizos de manicura e pedicura. Deseño de protocolos.

• Arquivamento e conservación da documentación.

BC2. Organización e preparación dos espazos, equipamentos, cosméticos e aparellos.

• Distribución de espazos. Ambiente. Importancia da luz. Sistema de renovación do aire.

• Equipamentos e cosméticos utilizados en manicura e pedicura.

• Imaxe e profesionalidade: imaxe do persoal como imaxe de empresa (vestimenta, calzado, hixiene corporal, peiteado e complementos).

• Normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores. Aspectos básicos de comunicación verbal e non verbal. Comunicación interpersoal.

• Importancia do traballo en equipo.

• Recepción e atención á clientela para o proceso de manicura e pedicura. Normas para a primeira cita.

• Instrumentos de identificación das necesidades e demandas da clientela. Asesoramento e derivación a superiores ou diferentes profesionais.

• Actitudes, destrezas e habilidades necesarias para o proceso de manicura e pedicura.

• Métodos de limpeza, desinfección e esterilización: clasificación.

• Instalacións: seguridade e hixiene; aplicación de métodos de hixiene e desinfección.

• Medidas de protección do persoal e da clientela durante o proceso de manicura e pedicura. Ergonomía e hixiene postural.

• Manexo, aplicación e conservación dos utensilios e os aparellos.

• Manipulación, aplicación, conservación e mantemento dos cosméticos: efectos, indicacións e contraindicacións.

• Pautas para a aplicación e o mantemento de materiais, utensilios, equipamentos e cosméticos.

• Normativa nos procesos de manicura e pedicura. Pautas de aplicación.

BC3. Execución de técnicas de manicura e pedicura.

• Recepción, acomodación e protección da persoa usuaria.

• Manicura básica, conformación, cutícula e limpeza do leito e da lámina.

• Técnica de desmaquillaxe de uñas: lámina e dobramento periungueal.

• Arranxo e forma. Técnica do corte de uñas de mans e pés. Técnica de limadura e puído das uñas. Técnica de acondicionamento e retirada de cutículas. Técnicas específicas de manicura e pedicura masculina e feminina.

• Manobras de masaxe de mans e pés: secuencia, efectos, indicacións e contraindicacións; utilización.

BC4. Tratamentos específicos de mans e pés.

• Clasificación dos tratamentos estéticos de mans e pés.

• Equipamentos empregados en tratamentos de mans e pés (equipamentos de correntes de alta frecuencia para a aplicación de efluvios, ventosas, vibradores, cepillos e radiacións infravermellas): descrición, fundamento científico e criterios de selección.

• Cosméticos específicos: criterios de selección e utilización.

• Procedemento de aplicación de tratamentos.

• Normas de uso, efectos indicacións e contraindicacións.

BC5. Decoración e maquillaxe de uñas.

• Técnica de puído e maquillaxe de uñas.

• Clasificación dos esmaltes pola súa textura.

• Técnicas de maquillaxe con acrílicos.

• Técnica de fantasía: altorrelevo, baixorrelevo con punzón e pegado.

• Técnicas de piercing en bordo libre da uña: preparación, perforación e acabamento (peche de garza e de rosca).

• Técnicas de maquillaxe con esmalte: pincel, aerógrafo e punzón.

• Técnicas de deseños de maquillaxe de uñas.

• Tipos de maquillaxes de uñas: francesa, media lúa, picos, diagonal, floral, marmoreamento e fantasía.

• Pautas de asesoramento sobre o coidado de mans e pés.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de realización de técnicas estéticas específicas para as mans e os pés.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións deste técnico, e abrangue aspectos relacionados con:

– Protocolos de atención á clientela.

– Determinación das necesidades da clientela.

– Selección de aparellos, materiais e utensilios.

– Formalización da ficha técnica.

– Verificación do resultado final dos procesos de manicura e pedicura.

– Aplicación de métodos de hixiene, desinfección e esterilización.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Manicura e pedicura.

– Maquillaxe e desmaquillaxe de uñas.

– Tratamentos específicos de mans, pés e uñas.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), d), e), k), n), ñ) e q) do ciclo formativo e as competencias b), d), i), l) e ñ).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Execución de técnicas de pedicura e manicura.

– Selección e aplicación de aparellos, cosméticos, materiais e utensilios.

– Aplicación de tratamentos estéticos específicos de mans e pés.

– Decoración e maquillaxe de uñas.

– Aplicación de tratamentos estéticos específicos de mans e pés masculinos.

– Preparación dos espazos de traballo.

– Realización da ficha técnica.

1.5. Módulo profesional: Técnicas de uñas artificiais.

• Código: MP0637.

• Duración: 105 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Selecciona o procedemento de elaboración de uñas artificiais en relación co estado da uña e a morfoloxía dos dedos.

– CA1.1. Definíronse as características estéticas e morfolóxicas das uñas e dos dedos das mans e dos pés.

– CA1.2. Detalláronse as alteracións e as incidencias que inflúen nos procesos de elaboración das uñas artificiais.

– CA1.3. Describíronse as contraindicacións relativas ou absolutas para estas técnicas.

– CA1.4. Clasificáronse os tipos de uñas artificiais (características, procedementos e métodos).

– CA1.5. Determinouse a finalidade da aplicación das uñas artificiais.

– CA1.6. Sinaláronse criterios de viabilidade para a súa aplicación.

– CA1.7. Valorouse a imaxe do persoal nos servizos de estética.

– CA1.8. Aplicáronse os protocolos de recepción.

– CA1.9. Rexistráronse os datos de interese profesional na ficha técnica.

• RA2. Prepara o lugar de traballo en condicións de seguridade e hixiene e describe as instalacións, os materiais, os equipamentos e os cosméticos empregados.

– CA2.1. Identificáronse as áreas de traballo para a realización de uñas artificiais e describíronse espazos e sistemas de seguridade.

– CA2.2. Describíronse as normas dunha correcta imaxe profesional.

– CA2.3. Identificáronse as normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores.

– CA2.4. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA2.5. Detalláronse as pautas básicas para a recepción e a atención á clientela.

– CA2.6. Simuláronse a recepción e a atención á clientela coa aplicación de técnicas de comunicación e normas de comportamento.

– CA2.7. Caracterizáronse as posicións anatómicas axeitadas e as medidas de protección persoal e da clientela no proceso de uñas artificiais.

– CA2.8. Identificáronse as actitudes e as destrezas necesarias para o desempeño da profesión de estética.

– CA2.9. Identificáronse os equipamentos para a aplicación de uñas artificiais.

– CA2.10. Escolléronse o tipo e os parámetros do torno, da lámpada UV (velocidade e potencia) e das fresas (forma, grosor e dureza), así como as precaucións para o seu uso.

– CA2.11. Organizáronse os materiais, os utensilios e os aparellos para realizar as uñas artificiais: tips, resinas, polímeros, lámpadas UV, torno, fresas, etc.

– CA2.12. Organizáronse a conservación e o mantemento de utensilios e aparellos.

– CA2.13. Aplicáronse os métodos de hixiene, desinfección e esterilización.

– CA2.14. Identificáronse os cosméticos específicos para a realización de uñas artificiais, así como a súa orde de aplicación.

– CA2.15. Valorouse a importancia dos equipamentos de protección individual.

– CA2.16. Estudouse a normativa de riscos e protección ambiental.

• RA3. Aplica próteses da uña seguindo o protocolo e individualizando a técnica.

– CA3.1. Planificouse a acomodación da persoa usuaria con criterios de confortabilidade e seguridade.

– CA3.2. Elixíronse os tips ou os moldes para este proceso.

– CA3.3. Adaptáronse os tips personalizando a súa forma.

– CA3.4. Determináronse os factores que proporcionan unha ancoraxe perfecta do tip.

– CA3.5. Realizáronse os procesos de manicura e pedicura previos á aplicación de uñas artificiais.

– CA3.6. Realizouse a preparación especifica da uña natural.

– CA3.7. Empregouse a técnica de xel, con e sen lámpada.

– CA3.8. Utilizouse a técnica de porcelana con tip.

– CA3.9. Definiuse o proceso de porcelana con molde.

– CA3.10. Aplicáronse uñas artificiais con decoracións incluídas.

• RA4. Decora as uñas artificiais desenvolvendo distintas técnicas.

– CA4.1. Realizáronse deseños gráficos de maquillaxe para uñas.

– CA4.2. Aplicáronse técnicas de maquillaxe con esmalte, pincel e punzón.

– CA4.3. Aplicáronse técnicas de maquillaxe con aerógrafo.

– CA4.4. Realizáronse técnicas de fantasía: altorrelevo, baixorrelevo e pegado.

– CA4.5. Aplicáronse técnicas de piercing no bordo libre da uña.

– CA4.6. Realizáronse diversos tipos de maquillaxe de uñas: francesa, media lúa, picos, diagonal, marmoreamento, florais e fantasías.

• RA5. Mantén a uña artificial efectuando a súa restauración con técnicas de recheo e renovación.

– CA5.1. Aplicáronse as técnicas previas á restauración de uñas artificiais.

– CA5.2. Recoñeceuse o protocolo de restauración segundo as necesidades da persoa usuaria.

– CA5.3. Preparouse o lugar de traballo segundo o protocolo.

– CA5.4. Realizáronse as técnicas de restauración das uñas artificiais polo procedemento de recheo.

– CA5.5. Restauráronse as uñas artificiais polo procedemento de renovación.

– CA5.6. Informouse a persoa usuaria acerca das precaucións, os coidados e o mantemento das uñas artificiais.

– CA5.7. Elimináronse de xeito selectivo os residuos xerados durante o proceso.

– CA5.8. Documentouse graficamente, na ficha técnica, o antes e o despois do proceso.

• RA6. Analiza a calidade do proceso aplicando os protocolos establecidos pola empresa.

– CA6.1. Avaliáronse a calidade, o proceso e os parámetros para observar resultados.

– CA6.2. Definíronse as pautas para realizar o control de calidade da prestación do servizo.

– CA6.3. Avaliáronse os resultados e o grao de satisfacción da persoa usuaria mediante a realización dun cuestionario tipo.

– CA6.4. Estableceuse o método de tratamento de queixas.

1.5.2. Contidos básicos.

BC1. Selección dos procesos de uñas artificiais.

• Estudo estético de mans, pés e uñas. Morfoloxía das mans, dos pés e das uñas.

• Identificación de alteracións que inflúen nos procesos de elaboración de uñas artificiais.

• Uñas artificiais: clasificación de técnicas; criterios de selección.

• Causas: malformacións, alteracións e traumatismos.

• Profesional e clientela nestes procesos. Recepción e toma de datos: ficha técnica. Arquivamento e conservación da documentación.

BC2. Preparación dos espazos de traballo.

• Instalacións: definición de necesidades e normas para a instalación. Deseño de espazos: importancia da iluminación (luz artificial e natural), a ventilación e a extracción do aire.

• Imaxe e profesionalidade: imaxe do persoal como imaxe de empresa (hixiene, maquillaxe, peiteado, indumentaria e complementos).

• Normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores. Aspectos básicos de comunicación verbal e non verbal. Comunicación interpersoal.

• Importancia do traballo en equipo.

• Recepción e atención á clientela nos servizos de uñas artificiais. Normas para a primeira cita.

• Instrumentos de identificación das necesidades e demandas da clientela. Asesoramento e derivación a superiores ou diferentes profesionais.

• Seguridade e hixiene no proceso de uñas artificiais: ergonomía e hixiene postural.

• Actitudes, destrezas e habilidades do persoal profesional da estética e a beleza.

• Utensilios e aparellos: criterios de selección; pautas de conservación, selección e manexo antes do seu uso e despois.

• Cosméticos empregados na elaboración de uñas artificiais: criterios de selección; pautas de conservación, selección e manexo antes do seu uso e despois.

• Aplicación de medidas de hixiene, desinfección e esterilización.

• Aplicación de medidas de protección individual (autoprotección).

• Organización do servizo de uñas artificiais: preparación do lugar de traballo e dos equipamentos.

BC3. Execución de técnicas de uñas artificiais.

• Proceso de manicura e pedicura previo á execución.

• Desenvolvemento de técnicas de uñas artificiais:

– Técnica de acondicionamento do molde ou tip.

– Técnica de ancoraxe da aplicación do molde ou tip.

– Técnica de aplicación de moldes ou patróns.

– Técnica de elaboración uña de resina-acrílico.

– Técnica de uña de xel.

– Técnicas novas de uñas artificiais.

– Técnicas de mantemento e conservación das uñas artificiais.

BC4. Decoración e maquillaxe da uñas.

• Técnica de perforación e ancoraxe de piercing no bordo libre.

• Técnicas de decoración e maquillaxe de uñas artificiais:

– Técnica de maquillaxe con esmaltes, pincel e punzón.

– Técnica de aerógrafo.

– Técnicas de fantasía: altorrelevo, baixorrelevo e pegado.

– Tipos de maquillaxes de uñas: francesa, media lúa, picos, diagonal, florais, marmoreamento e fantasía.

BC5. Mantemento da uña artificial.

• Técnicas de restauración de uñas artificiais. Procedemento de eliminación de uñas despegadas. Procedemento de eliminación total das uñas. Procedemento de recheo. Procedemento de renovación.

• Técnicas para uñas especiais: pequenas, rotas e tortas.

• Técnicas de arranxo da uña partida, estelada ou rota, tanto natural como artificial.

• Preparación e coidados das uñas naturais.

• Reciclaxe de residuos das uñas artificiais.

• Ficha de seguimento.

BC6. Análise dos parámetros que definen a calidade.

• Avaliación e control de calidade.

• Avaliación do grao de satisfacción da clientela na aplicación de uñas artificiais.

• Información á persoa usuaria sobre os coidados e o mantemento do proceso.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación de servizos na execución técnica de uñas artificiais en mans e pés.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:

– Protocolos de atención á clientela.

– Determinación das necesidades da clientela.

– Selección de aparellos, materiais e utensilios.

– Formalización de ficha técnica.

– Verificación do resultado final dos procesos de manicura e pedicura.

– Aplicación de métodos de hixiene, desinfección e esterilización.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Elaboración de uñas artificiais.

– Decoración de uñas artificiais.

– Aplicación e mantemento de uñas artificiais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais, b), d), e), m), n), ñ) e q) do ciclo formativo e as competencias b), d), k), l), k) e ñ).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Execución de técnicas de uñas artificiais.

– Selección e aplicación de aparellos, cosméticos, materiais e utensilios.

– Aplicación de cosméticos específicos para a realización de uñas artificiais.

– Decoración e maquillaxe de uñas.

– Aplicación estética de uñas artificiais e embelecemento de uñas para homes.

– Preparación dos espazos de traballo.

– Realización da ficha técnica.

1.6. Módulo profesional: Análise estética.

• Código: MP0638.

• Duración: 107 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a área de análise estética, aplica protocolos de atención á clientela e valora a importancia da actitude profesional.

– CA1.1. Identificáronse as instalacións onde se realiza o proceso de análise estética.

– CA1.2. Describíronse as normas que definen unha correcta imaxe profesional.

– CA1.3. Identificáronse as normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores.

– CA1.4. Valorouse a importancia do traballo en equipo para lograr a eficiencia empresarial.

– CA1.5. Detalláronse as pautas básicas para a recepción e atención á clientela.

– CA1.6. Simulouse a recepción e a atención á clientela coa aplicación de técnicas de comunicación e normas de comportamento.

– CA1.7. Caracterizáronse as posicións anatómicas axeitadas e as medidas de protección persoal e da clientela no proceso de análise estética.

– CA1.8. Identificáronse as normas de hixiene e desinfección imprescindibles na área de análise estética.

– CA1.9. Aplicáronse os métodos de hixiene, desinfección e esterilización máis adecuados para a área de análise estética.

– CA1.10. Definiuse o concepto de deontoloxía profesional.

– CA1.11. Identificáronse os deberes e as obrigas do persoal profesional.

– CA1.12. Identificáronse as normas de respecto cara ás persoas.

– CA1.13. Xustificouse, na profesión de estética, a importancia do segredo profesional e como pode afectar tanto a clientela como o persoal profesional.

– CA1.14 Analizouse a Lei de protección de datos e a súa repercusión na profesión de estética.

– CA1.15. Definíronse os dereitos das persoas reflectidos na Constitución.

• RA2. Caracteriza a anatomía e a fisioloxía das tipoloxías cutáneas e os seus anexos en relación coas funcións que realizan.

– CA2.1. Definíronse as características xerais da pel.

– CA2.2. Describíronse os aspectos macroscópicos e microscópicos da pel, a súa irrigación e a innervación.

– CA2.3. Describiuse a fisioloxía cutánea en relación coas estruturas anatómicas.

– CA2.4. Describiuse o proceso de melanoxénese e queratinización.

– CA2.5. Detallouse a estrutura dos anexos cutáneos en relación coas funcións que realizan e o estado da pel.

– CA2.6. Analizáronse as funcións da pel.

– CA2.7. Relacionáronse as funcións da pel con posibles modificacións estéticas desta.

– CA2.8. Distinguíronse as características particulares da pel de distintas partes do corpo, da pel masculina, da de diferentes razas, etc.

– CA2.9. Clasificáronse os tipos de pel en función da emulsión epicutánea.

– CA2.10. Especificáronse as reaccións da pel fronte ao sol.

• RA3. Identifica as lesións básicas e as alteracións da pel e os anexos, para o cal describe as súas características e a súa repercusión estética.

– CA3.1. Recoñecéronse as lesións cutáneas máis frecuentes que poden influír na aplicación de tratamentos estéticos.

– CA3.2. Identificáronse as fases do protocolo para a identificación e o recoñecemento de alteracións relacionadas coa estética e a beleza.

– CA3.3. Identificáronse as alteracións da hidratación, sudación, lipidación, pigmentación e queratinización cutánea con repercusión nos procesos estéticos.

– CA3.4. Describíronse as alteracións vasculares relacionadas cos procesos estéticos.

– CA3.5. Clasificáronse as alteracións da cantidade do sistema piloso, con valoración dos signos que poden indicar unha modificación estética.

– CA3.6. Citáronse as alteracións da derme e da hipoderme e os tumores malignos da pel.

– CA3.7. Caracterizáronse as alteracións das mans e dos pés que inflúen na realización de técnicas de coidados estéticos de manicura, pedicura e uñas artificiais.

– CA3.8. Definíronse as reaccións irritativas e alérxicas e establecéronse as semellanzas e as diferenzas entre elas.

– CA3.9. Identificáronse as alteracións que poden supor unha contraindicación para a realización dos servizos de estética e as que poden ser obxecto de tratamento por diferentes profesionais.

• RA4. Identifica os equipamentos e os medios para a análise cutánea tendo en conta a relación entre o fundamento científico, as indicacións e as normas de utilización, en condicións de seguridade e hixiene.

– CA4.1. Clasificáronse os equipamentos que se empregan para o estudo e a análise da pel e os anexos.

– CA4.2. Analizouse o fundamento científico de cada equipamento.

– CA4.3. Identificouse a maneira de interpretar os resultados proporcionados por cada aparello.

– CA4.4. Describíronse as medidas de seguridade e as precaucións que compre ter en conta no emprego dos equipamentos de análise.

– CA4.5. Relacionáronse as normas de hixiene e o mantemento de cada equipamento.

– CA4.6. Comprobáronse o funcionamento e as normas de uso dos equipamentos empregados na análise da pel e os anexos.

• RA5. Realiza análise de pel e os anexos, para o cal interpreta protocolos establecidos.

– CA5.1. Definíronse as fases do protocolo de análise da pel e os anexos.

– CA5.2. Identificáronse os datos que se deben recoller na entrevista persoal e na ficha técnica.

– CA5.3. Especificáronse a preparación do material e os equipamentos necesarios para realizar o servizo de análise.

– CA5.4. Estableceuse a secuencia do proceso de realización da análise: observación directa, tacto e palpación.

– CA5.5. Empregáronse os equipamentos de análise segundo a secuencia do proceso.

– CA5.6. Emitiuse o diagnóstico e realizouse a proposta de tratamento estético (de hixiene e hidratación, de mans e pés, e de depilación) a partir da información obtida na entrevista persoal e nos resultados da exploración.

– CA5.7. Indicouse cando, como e por que se debe derivar a persoa usuaria cara a persoal superior ou a diferentes profesionais.

• RA6. Recoñece e utiliza os equipamentos empregados nos servizos de estética e beleza tendo en conta a relación entre o seu fundamento científico, os requisitos técnicos de utilización e os efectos producidos.

– CA6.1. Clasificáronse os equipamentos que se empregan para tratamentos estéticos de hixiene, hidratación, depilación mecánica de mans e pés.

– CA6.2. Analizáronse o seu fundamento científico, os parámetros, o modo de emprego, os efectos, as indicacións e as contraindicacións.

– CA6.3. Describíronse as normas de seguridade e hixiene de cada equipamento para a súa utilización, a súa conservación e o seu mantemento correctos.

– CA6.4. Utilizáronse os aparellos e os equipamentos aplicando as medidas de protección da clientela e do persoal.

– CA6.5. Definíronse as medidas que se deberán seguir en caso de producirse un accidente durante o uso dos aparellos e os equipamentos.

– CA6.6. Xustificouse o emprego do equipamento adecuado en función do tratamento específico que se vaia realizar.

1.6.2. Contidos básicos.

BC1. Organización da área de análise estética e análise da deontoloxía profesional.

• Área de análise estética: espazos, equipamento e ambiente.

• Imaxe e profesionalidade: imaxe do persoal como imaxe de empresa (hixiene, maquillaxe, peiteado, indumentaria e complementos).

• Normas de comportamento fronte á clientela, compañeiros e compañeiras de traballo e superiores. Aspectos básicos de comunicación verbal e non verbal. Comunicación interpersoal.

• Importancia do traballo en equipo.

• Recepción e atención á clientela para o proceso de análise estética. Normas para a primeira cita.

• Instrumentos de identificación das necesidades e demandas da clientela. Asesoramento e derivación a superiores ou a diferentes profesionais.

• Seguridade e hixiene na análise estética. Aplicación de métodos de hixiene, desinfección e esterilización. Medidas de protección do persoal e da clientela durante a análise estética. Ergonomía.

• Concepto de deontoloxía.

• Deberes e obrigas do persoal profesional. Normas deontolóxicas na profesión de estética.

• A Lei de protección de datos e a profesión de estética.

• Dereitos como profesional.

BC2. Descrición da anatomía e fisioloxía do órgano cutáneo.

• Estrutura macroscópica e microscópica da pel: epiderme, derme e tecido celular subcutáneo. Vascularización e innervación.

• Fisioloxía da epiderme: melanoxénese e queratoxénese.

• Anexos cutáneos glandulares e córneos. Glándulas sebáceas e sudoríparas. As uñas e o pelo.

• Funcións da pel e os anexos.

• Tipos de pel: características fisiolóxicas, aspecto e propiedades. Necesidades cutáneas e coidados cosméticos.

• Evolución da pel ao longo da vida segundo os estados fisiolóxicos da muller.

• Pel masculina.

• Pel e razas.

• A pel e o sol: características da radiación solar. Fototipos cutáneos. Reaccións da pel ao sol.

BC3. Identificación das alteracións da pel e os anexos.

• Lesións elementais da pel.

• Protocolo de recoñecemento das alteracións relacionadas coa estética e a beleza.

• Alteracións da hidratación, sudación, lipidación, pigmentación e queratinización cutánea con repercusión nas técnicas estéticas.

• Alteracións vasculares relacionadas cos procesos estéticos.

• Alteracións da cantidade do sistema piloso.

• Alteracións da derme e a hipoderme.

• Tumores malignos da pel.

• Alteracións específicas das mans, dos pés e das uñas.

• Reaccións irritativas e alérxicas.

• Indicacións e contraindicacións de tratamentos estéticos relacionados coa competencia do persoal técnico en Estética e Beleza e coas principais doenzas con repercusión no órgano cutáneo.

BC4. Identificación dos equipamentos para a análise da pel e os anexos.

• Equipamentos empregados na análise facial (lupa, luz de Wood, medidor de hidratación e sebo, etc.): clasificación.

• Descrición, bases científicas e interpretación de resultados.

• Normas de emprego e precaucións de aplicación.

• Hixiene, desinfección e mantemento de equipamentos de análise.

BC5. Análise da pel e os anexos.

• Fases do protocolo de análise facial.

• Entrevista persoal: historial estético. Ficha técnica.

• Técnicas de exploración para a análise facial: observación, tacto e palpación.

• Estudo da información: diagnóstico facial e proposta de tratamento. Informe a superiores.

• Derivación cara a superiores ou cara a diferentes profesionais.

BC6. Recoñecemento dos equipamentos empregados en tratamentos básicos de estética.

• Clasificación dos aparellos e dos equipamentos usados en tratamentos básicos de estética: hixiene, hidratación, depilación mecánica e coidados de mans e pés.

• Descrición e fundamento científico: vapor-ozono, IR, ventosas, duchas e pulverizacións mornas, cepillos para a limpeza cutánea, equipamentos para correntes de Arsonval (AF), equipamentos para a depilación mecánica, fundidores de parafina e outros equipamentos para o coidado das mans e dos pés.

• Normas de emprego e precaucións de uso.

• Indicacións e contraindicacións.

• Hixiene, desinfección e mantemento dos equipamentos.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo contén a formación necesaria para desempeñar a función de análise estética da pel e os anexos.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións deste técnico e abrangue aspectos relacionados con:

– Identificación das características e das funcións da pel.

– Clasificación dos tipos de pel.

– Descrición das alteracións básicas da pel.

– Manexo de equipamentos para a análise da pel e os anexos.

– Aplicación de protocolos para a análise da pel e os anexos.

– Estudo dos equipamentos utilizados en tratamentos estéticos básicos.

– Cumprimento das normas de deontoloxía profesional.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Análise estética da pel e os anexos.

– Identificación das alteracións cutáneas.

– Aplicación de aparellos específicos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), d), e), f) e g) do ciclo formativo e as competencias c), d), e), f) e g).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Análise das características anatómicas do órgano cutáneo.

– Identificación das lesións básicas da pel e os anexos.

– Identificación dos equipamentos utilizados para o diagnóstico.

– Análise da pel e os anexos.

– Recoñecemento dos equipamentos utilizados en tratamentos estéticos básicos.

– Análise das normas de deontoloxía profesional.

1.7. Módulo profesional: Actividades en cabina de estética.

• Código: MP0639.

• Duración: 157 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece a estrutura dunha cabina de estética creada na aula describindo espazos, normas de comportamento e protocolos de atención á clientela.

– CA1.1. Identificáronse as instalacións onde se realizan os procesos de actividades básicas.

– CA1.2. Deseñouse unha cabina de estética distribuíndo espazos, moblaxe, aparellos e tipo de ambiente para a realización de cada unha das actividades básicas.

– CA1.3. Describíronse as normas que definen unha correcta imaxe profesional.

– CA1.4. Detalláronse as pautas básicas para a recepción e a atención á clientela.

– CA1.5. Simuláronse a recepción e a atención á clientela coa aplicación de técnicas de comunicación e normas de comportamento.

– CA1.6. Analizáronse correctamente as demandas e as necesidades da clientela mediante entrevista ou cuestionario apropiado.

– CA1.7. Caracterizáronse as posicións ergonómicas adecuadas e as medidas de protección persoal e da clientela nos procesos de actividades básicas.

– CA1.8. Identificouse a área de hixiene e desinfección como lugar fundamental dentro da cabina.

– CA1.9. Aplicáronse os métodos de hixiene, desinfección e esterilización máis adecuados para os equipamentos, os materiais e os utensilios utilizados nas actividades básicas.

• RA2. Realiza actividades derivadas da acción comercial integrando as operacións e os medios técnicos necesarios.

– CA2.1. Púxose a punto o almacén seguindo criterios de orde, limpeza, temperatura, humidade, etc.

– CA2.2. Clasificáronse e ordenáronse os materiais e os cosméticos segundo o seu ámbito de aplicación e as condicións de conservación.

– CA2.3. Realizáronse supostos prácticos de control e xestión de almacén coa formalización de pedidos a empresas distribuidoras.

– CA2.4. Deseñáronse técnicas de desenvolvemento comercial: de merchandising, promocionais, publicitarias, etc.

– CA2.5. Realizáronse técnicas de empaquetado e embalaxe dentro da actividade comercial.

– CA2.6. Utilizáronse documentación informativa e bibliografía especializada como elementos de consulta e apoio para actualizarse e formarse de xeito continuo.

– CA2.7. Especificáronse os datos que cómpre ter en conta para a elaboración dunha ficha técnica integral.

– CA2.8. Recoñecéronse os tipos de sistemas de arquivamento de datos da clientela, produtos e provedores/as, tendo en conta a normativa de protección de datos.

– CA2.9. Analizáronse as aplicacións e utilidades das TIC para a xestión e a organización dunha cabina de estética.

• RA3. Executa tratamentos de hidratación facial e corporal coordinando os medios estéticos: cosméticos, aparellos e masaxe.

– CA3.1. Identificáronse os factores que afectan o grao de deshidratación da pel.

– CA3.2. Realizouse a análise das alteracións da hidratación cos métodos adecuados.

– CA3.3. Determinouse o grao de deshidratación da pel para recomendar o tratamento máis adecuado.

– CA3.4. Seleccionáronse os cosméticos e os aparellos adecuados para o tratamento de hidratación da pel.

– CA3.5. Programáronse os parámetros dos equipamentos eléctricos básicos empregados no tratamento de hidratación da pel.

– CA3.6. Aplicáronse os aparellos indicados.

– CA3.7. Seleccionáronse as técnicas de masaxe estética.

– CA3.8. Coordináronse técnicas manuais, cosmetolóxicas e equipamentos no tratamento de hidratación da pel.

– CA3.9. Realizáronse os tratamentos de hidratación superficial e profunda.

• RA4. Coordina servizos estéticos secuenciando e aplicando protocolos establecidos.

– CA4.1. Xustificáronse o servizo estético proposto e a secuencia do proceso que cómpre seguir.

– CA4.2. Informouse a persoa usuaria sobre os servizos que lle van prestar e o tempo aproximado que se vai investir na súa realización.

– CA4.3. Preparouse a cabina segundo o servizo que se vai realizar.

– CA4.4. Empregáronse as medidas de protección específicas que se requiren en cada servizo.

– CA4.5. Informouse a persoa usuaria acerca do proceso que se vai seguir e das sensacións que vai percibir durante a aplicación das técnicas.

– CA4.6. Seguiuse o protocolo establecido en cada servizo estético.

– CA4.7. Aplicáronse os procesos dos servizos estéticos no tempo estimado.

– CA4.8. Traballouse en equipo coordinando os procesos.

• RA5. Avalía e valora os resultados dos servizos de estética e propóñense medidas de corrección.

– CA5.1. Identificáronse os aspectos que cómpre avaliar por ser determinantes na calidade do servizo prestado.

– CA5.2. Identificáronse as principais causas que poden dar lugar a deficiencias no servizo prestado.

– CA5.3. Formuláronse preguntas tipo que permiten detectar o grao de satisfacción da clientela, tanto polo resultado final obtido como pola atención persoal recibida.

– CA5.4. Propuxéronse medidas correctoras para mellorar os servizos prestados e o grao de satisfacción das persoas usuarias.

– CA5.5. Realizáronse supostos prácticos de valoración dos resultados.

– CA5.6. Identificouse o proceso que cómpre seguir ante unha reclamación.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Organización dunha cabina de estética creada na aula.

• A cabina de estética: imaxe de empresa, estudo e distribución de espazos en relación cos tratamentos (cores, moblaxe, complementos, lenzaría, luz, temperatura e música).

• Imaxe e profesionalidade: a imaxe do persoal como imaxe de empresa (hixiene, maquillaxe, peiteados, indumentaria e complementos).

• Normas de comportamento fronte á clientela, superiores, persoal en liña e provedores/as.

• Recepción e atención á clientela para os servizos estéticos. Reserva de servizos de forma presencial e telefonicamente. Organización da axenda manual e con soporte informático. Técnicas de comunicación interpersoal telefónica e escrita.

• Instrumentos de identificación das necesidades e demandas da clientela. Asesoramento.

• Seguridade e hixiene nos procesos de actividades básicas. A área de hixiene e desinfección. Aplicación de métodos de hixiene, desinfección e esterilización. Medidas de protección do persoal e da clientela en función do tratamento. Ergonomía.

BC2. Realización de actividades derivadas da acción comercial.

• Aprovisionamento. Formalización e recepción de pedidos e distribución interna de pedidos. Control de existencias de cosméticos e materiais. O inventario.

• Almacenamento: sistemas. Clasificación e colocación de produtos. Condicións de conservación.

• Documentación informativa: catálogos de produtos e materiais, revistas especializadas, dossier de aparellos, normativa legal reguladora da profesión, etc.

• Arquivo. Fichas técnicas. Selección de sistemas de arquivamento para a clientela, produtos, cosméticos e provedores/as. Rexistro de datos da clientela, servizos prestados, entrada e saída de produtos.

• Tecnoloxías informáticas: utilidades, aplicacións, transmisión da información.

BC3. Execución de técnicas de hidratación facial e corporal.

• Deshidratación da pel: necesidades cutáneas.

• Clasificación dos tratamentos de hidratación e mantemento facial e corporal.

• Criterios de selección e modo de aplicación de aparellos básicos con aplicación nos procesos de hidratación facial e corporal.

• Cosmética específica para a hidratación facial e corporal: criterios de selección, preparación e aplicación.

• Procesos de execución de técnicas manuais, mecánicas e cosmetolóxicas de hidratación facial e corporal: organización e selección; fases e secuencia.

• Aplicación de normas de seguridade hixiene e saúde nos procesos de hidratación facial e corporal.

BC4. Coordinación dos servizos de estética e beleza.

• Información e asesoramento.

• Tratamentos de estética e beleza: determinación e criterios de selección.

• Cosméticos, aparellos, materiais e utensilios empregados nas actividades básicas: identificación, selección e preparación.

• Protocolos de servizos de estética e beleza.

• Coordinación dos servizos estéticos de hixiene facial e corporal, tratamentos de hidratación, mantemento, manicura, pedicura, depilación e maquillaxe.

BC5. Avaliación da calidade dos servizos de estética e beleza.

• Principais causas de deficiencias nos servizos estéticos básicos.

• Técnicas para detectar o grao de satisfacción da clientela.

• Técnicas para corrixir as desviacións producidas nos servizos de estética e beleza.

• Técnicas de resolución de queixas e reclamacións.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de coordinar todas as actividades básicas que se producen nunha cabina de estética.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións deste técnico e abrangue aspectos relacionados con:

– Atención á clientela.

– Aprovisionamento, almacenaxe e control de consumo de materiais e cosméticos.

– Técnicas de comunicación e normas de comportamento.

– Elaboración e rexistro de fichas técnicas.

– Aplicación de tratamentos de hidratación facial e corporal.

– Integración de actividades básicas nunha cabina de estética.

– Aplicacións informáticas.

– As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en procesos de execución de actividades comerciais, tratamentos de hidratación e mantemento da pel e execución de actividades básicas.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), h), i), j), m), n), t) e u) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), f), g), h), i), j), m) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Organización dunha cabina de estética.

– Protocolos de atención á clientela.

– Coordinación de actividades básicas.

– Aplicación de tratamentos de hidratación facial e corporal.

– Resolución de queixas e reclamacións.

1.8. Módulo profesional: Imaxe corporal e hábitos saudables.

• Código: MP0640.

• Duración: 133 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza a imaxe corporal identificando a súa estrutura, a súa morfoloxía e as súas proporcións.

– CA1.1. Especificáronse as zonas e as posicións anatómicas.

– CA1.2. Establecéronse os termos de localización a través dos eixes e os planos anatómicos.

– CA1.3. Valorouse o uso de terminoloxía anatomofisiolóxica en imaxe persoal.

– CA1.4. Establecéronse os parámetros que definen as proporcións corporais e faciais.

– CA1.5. Identificáronse os factores que determinan o tipo de constitución corporal.

– CA1.6. Medíronse as variables antropométricas que definen os somatotipos.

– CA1.7. Identificáronse os tipos de rostro e faccións.

– CA1.8. Identificáronse as desproporcións morfolóxicas que se poden corrixir a través das técnicas de peiteado e estética.

• RA2. Caracteriza os sistemas e aparellos corporais describindo a súa estrutura, o seu funcionamento e as alteracións relacionadas coa imaxe persoal.

– CA2.1. Estableceuse a estrutura xerárquica do organismo.

– CA2.2. Identificouse a estrutura da célula e as súas funcións.

– CA2.3. Identificáronse os tecidos en relación cos órganos, os aparellos e os sistemas.

– CA2.4. Caracterizouse a anatomía do aparello circulatorio.

– CA2.5. Especificáronse as funcións do sangue e da linfa.

– CA2.6. Identificáronse a anatomía e a fisioloxía do aparello respiratorio.

– CA2.7. Especificouse a estrutura dos músculos e dos ósos que permiten o movemento.

– CA2.8. Establecéronse os tipos de movemento corporal.

– CA2.9. Identificáronse os principais grupos musculares.

– CA2.10. Relacionouse a morfoloxía do pé e da man cos tratamentos de manicura e pedicura.

– CA2.11. Identificáronse a anatomía e a fisioloxía do sistema endócrino.

– CA2.12. Determinouse a influencia das hormonas no órgano cutáneo.

– CA2.13. Identificouse o mecanismo do sistema nervioso como coordinador e controlador do medio interno e externo.

– CA2.14. Identificouse a importancia dos aparellos dixestivo e excretor, así como os procesos fisiolóxicos asociados, no equilibrio do organismo humano.

– CA2.15. Identificouse a importancia do aparello reprodutor e os procesos fisiolóxicos asociados no equilibrio do organismo humano e estableceuse a súa relación coa imaxe corporal.

• RA3. Identifica pautas de alimentación e nutrición, e analiza a súa influencia na imaxe corporal e no órgano cutáneo.

– CA3.1. Establecéronse as diferenzas entre alimentación e nutrición.

– CA3.2. Especificáronse os nutrientes básicos.

– CA3.3. Relacionáronse os nutrientes coa súa función no organismo.

– CA3.4. Identificáronse as necesidades nutritivas do organismo para o seu bo funcionamento e en cada etapa da vida.

– CA3.5. Recoñecéronse os alimentos que forman parte da pirámide alimentaria.

– CA3.6. Valorouse a importancia da auga na saúde en xeral e na hidratación cutánea en particular.

– CA3.7. Valorouse a influencia dunha dieta equilibrada na saúde e na imaxe corporal.

– CA3.8. Identificáronse as medidas para previr o sobrepeso e a obesidade.

– CA3.9. Identificáronse as principais desordes alimentarias que afectan a imaxe persoal, así como as medidas para as previr.

– CA3.10. Identificáronse as medidas alimentarias para a prevención de doenzas.

• RA4. Promove hábitos de vida saudables en relación cos procesos de imaxe persoal.

– CA4.1. Identificáronse os parámetros que definen o concepto de vida saudable.

– CA4.2. Xustificáronse o exercicio físico e o sono no aspecto persoal.

– CA4.3. Identificáronse os efectos, xerais e sobre a pel, producidos polo consumo de tabaco e alcohol.

– CA4.4. Xustificouse a importancia da prevención da drogodependencia.

– CA4.5. Xustificouse a importancia da prevención das doenzas de transmisión.

– CA4.6. Relacionáronse as medidas de hixiene persoal coa súa repercusión no ámbito profesional.

– CA4.7. Relacionouse a prevención do cancro cos hábitos de vida saudable.

• RA5. Selecciona os métodos de hixiene e desinfección en relación co risco de infeccións e infestacións do material.

– CA5.1. Establecéronse as condicións necesarias para o desenvolvemento microbiano.

– CA5.2. Identificáronse os tipos de microorganismos.

– CA5.3. Estableceuse a diferenza entre infección e infestación.

– CA5.4. Caracterizáronse as infeccións e infestacións máis importantes no ámbito da imaxe persoal.

– CA5.5. Especificáronse as etapas da cadea epidemiolóxica.

– CA5.6. Relacionáronse as técnicas de imaxe persoal (tatuaxes, piercing, rasurado, etc.) cos seus riscos potenciais.

– CA5.7. Valoráronse a orde, a limpeza e a desinfección das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.

– CA5.8. Identificáronse e aplicáronse os métodos de limpeza, desinfección e esterilización.

– CA5.9. Valorouse a importancia de establecer procedementos e manuais de boas prácticas para unha axeitada hixiene, desinfección e esterilización de utensilios, equipamentos e instalacións.

– CA5.10. Relacionáronse os métodos de tratamentos de residuos cos riscos biolóxicos que poidan producir.

– CA5.11. Aplicáronse as normas establecidas para a eliminación de residuos.

• RA6. Determina hábitos de seguridade para previr doenzas profesionais e identifica os riscos asociados e as medidas para os previr.

– CA6.1. Identificáronse os riscos inherentes á actividade e as doenzas profesionais asociadas.

– CA6.2. Relacionáronse os riscos coas causas máis frecuentes de accidentes nos establecementos de imaxe persoal.

– CA6.3. Determináronse as medidas de protección persoal que cómpre adoptar na preparación e na execución das operacións técnicas.

– CA6.4. Valorouse a importancia dunha boa hixiene postural para evitar lesións derivadas da práctica profesional.

– CA6.5. Prevíronse medidas de prevención específicas na clientela durante a prestación no ámbito da imaxe persoal.

– CA6.6. Recoñecéronse as condicións dos espazos de traballo para evitar riscos profesionais.

– CA6.7. Relacionáronse as medidas de protección individual do persoal coa actividade que vaia desenvolver.

– CA6.8. Aplicáronse técnicas de primeiros auxilios en reaccións adversas e accidentes.

1.8.2. Contidos básicos.

BC1. Estudo da imaxe corporal.

• Estrutura xeral do corpo humano: rexións e zonas corporais. Posicións anatómicas. Termos de localización e posición relativa ou direccións no espazo.

• Forma e proporcións corporais: características. Factores que determinan a constitución do corpo. Somatotipos ou tipos constitucionais. Variables antropométricas: peso e talle. Evolución da imaxe corporal ao longo da historia. Factores que inflúen nos canons de beleza.

• Forma e proporcións faciais. Análise da forma do cranio, do óvalo e do perfil. Tipos de rostro.

• Relación entre a imaxe corporal e os procesos de imaxe persoal.

BC2. Caracterización de sistemas e aparellos corporais.

• Niveis de organización do organismo: a célula (estrutura e funcións) e os tecidos (tipos).

• Sistemas e aparellos relacionados co transporte de substancias no organismo. Anatomía e fisioloxía do aparello circulatorio: sistema sanguíneo e linfático. Anatomía e fisioloxía do aparello respiratorio. Alteracións máis frecuentes e a súa relación coa imaxe persoal.

• Sistemas relacionados co movemento. Anatomía e fisioloxía do sistema óseo e muscular. As mans e os pés. Alteracións máis frecuentes e a súa relación coa imaxe persoal.

• Sistemas relacionados coa regulación e o control. Anatomía e fisioloxía do sistema endócrino. Anatomía e fisioloxía do sistema nervioso e dos órganos dos sentidos. Alteracións máis frecuentes e a súa relación coa imaxe persoal.

• Sistemas e aparellos relacionados coa nutrición e excreción. Anatomía e fisioloxía do aparello dixestivo. Estrutura e función: o tubo dixestivo e as glándulas anexas.

• Anatomía e fisioloxía do aparello do excretor. Importancia na imaxe persoal.

• Sistemas e aparellos relacionados coa reprodución. Anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor. Importancia na imaxe persoal.

BC3. Identificación de pautas de alimentación e nutrición.

• Alimentación e nutrición. Nutrientes: criterios de clasificación. Alimentos: función enerxética, plástica e reguladora.

• Alimentación equilibrada: pirámide alimentaria e necesidades nutricionais en cada etapa da vida.

• A auga na dieta: importancia na hidratación cutánea.

• Importancia da dieta na imaxe persoal.

• Alteracións relacionadas coa inxestión alimentaria: sobrepeso e obesidade.

• Alteracións da percepción da imaxe persoal relacionadas coa alimentación e as desordes alimentarias: anorexia, bulimia, dismorfofobia, ortorexia, etc.

• Prevención de doenzas a través da dieta.

BC4. Promoción de hábitos de vida saudables en imaxe persoal.

• Concepto de saúde. Promoción da saúde a través da prevención.

• Imaxe persoal e hábitos diarios: o exercicio físico e o sono.

• As drogas e o órgano cutáneo.

• Educación hixiénico-sanitaria.

• Imaxe corporal e sexualidade. Prevención de doenzas de transmisión sexual.

• O cancro: medidas de prevención.

BC5. Selección de métodos de hixiene e desinfección.

• Microorganismos: condicións necesarias para o seu desenvolvemento. Clasificación dos microorganismos.

• Concepto de infección e infestación. As infeccións e infestacións e os procesos de imaxe persoal.

• Clasificación segundo o axente causal (infeccións por bacterias, fungos, virus e parasitos): características, síntomas e signos.

• Infeccións cruzadas: prevención nos servizos de peiteado e estética.

• Métodos físicos e químicos para a hixiene, a desinfección e a esterilización de utensilios, equipamentos, superficies e instalacións.

• Procesos de limpeza, hixiene, desinfección e esterilización: procedementos e boas prácticas.

• Normas e procedemento para a eliminación de residuos.

BC6. Determinación de hábitos de seguridade nas actividades de imaxe persoal.

• Riscos de accidentes laborais e doenzas profesionais asociadas.

• Riscos no uso de cosméticos e desinfectantes. Reaccións adversas: locais e sistémicas.

• Riscos na aplicación de equipamentos eléctricos. Lesións eléctricas.

• Riscos asociados ao material cortante.

• Riscos na aplicación de produtos e equipamentos xeradores de calor.

• Riscos asociados a hábitos posturais.

• Outros riscos independentes da actividade profesional.

• Factores que aumentan o risco de accidente.

• Medidas de prevención de accidentes asociadas á actividade: xerais e específicas.

• Clasificación de equipamentos de protección individual e colectiva.

• Técnicas básicas de primeiros auxilios ante posibles reaccións adversas e/ou accidentes no ámbito profesional.

• Hixiene postural. Medidas para previr lesións derivadas da práctica profesional.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación de soporte relacionada coa imaxe corporal e os hábitos saudables necesarios para o desenvolvemento dos procesos de peiteado, barbaría, perfumaría e estética.

A formación contida neste módulo aplícase nas diferentes funcións deste técnico e abrangue aspectos relacionados con:

– Caracterización da imaxe corporal da clientela.

– Selección do servizo de imaxe persoal.

– Aplicación das medidas de seguridade e hixiene no ámbito laboral da imaxe persoal para cada tipo de servizo.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procesos de seguridade, hixiene e desinfección no ámbito laboral.

– Asesoramento sobre hábitos de alimentación e vida saudable.

– Aplicación de tratamentos estéticos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais d), e), m) e s) do ciclo formativo e as competencias d), e), m) e r).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Recoñecemento das actitudes e das aptitudes do persoal profesional de imaxe persoal necesarias para o desempeño da profesión.

– Recoñecemento das estruturas do corpo humano.

– Compilación e identificación de datos sobre a morfoloxía facial e corporal.

– Elaboración de diagramas de organización e esquemas dos niveis de limpeza, desinfección e esterilización.

– Clasificación dos aparellos e sistemas.

– Identificación das funcións corporais.

– Uso da terminoloxía científica.

– Interpretación das medidas de seguridade e hixiene e dos protocolos de prevención de riscos laborais.

– Posta en práctica das medidas ergonómicas e das posturas corporais.

1.9. Módulo profesional: Cosmetoloxía para estética e beleza.

• Código: MP0641.

• Duración: 160 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os fundamentos da química cosmética e determina os compoñentes dun cosmético aplicando a regulamentación técnico-sanitaria.

– CA1.1. Identificáronse os átomos, os ións e as moléculas que forman as substancias inorgánicas e orgánicas de uso cosmético.

– CA1.2. Diferenciáronse as expresións de medidas das concentracións das mesturas de uso cosmético.

– CA1.3. Clasificáronse as substancias e as mesturas químicas segundo o seu pH.

– CA1.4. Describíronse as reaccións redox en que interveñen os cosméticos.

– CA1.5. Xustificouse o uso de determinadas substancias químicas na fabricación cosmética.

– CA1.6. Definiuse o produto cosmético e diferenciouse do medicamento e do nutricosmético.

– CA1.7. Analizouse a regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos.

– CA1.8. Identificáronse as substancias prohibidas e as restrinxidas.

– CA1.9. Describíronse os requisitos que deben cumprir os produtos cosméticos canto ao seu envasado, á súa etiquetaxe e á data de caducidade.

– CA1.10. Analizouse a información subministrada polo fabricante dun produto cosmético e comprobouse o cumprimento da lexislación.

– CA1.11. Describíronse as características das substancias máis frecuentemente empregadas en cosméticos.

– CA1.12. Definíronse os conceptos de principio activo, excipiente e aditivos da composición dun cosmético e analizouse a función de cada un.

– CA1.13. Recoñecéronse os principais grupos de compoñentes de diversos cosméticos comerciais.

• RA2. Identifica equipamentos, material de laboratorio e operacións elementais para a preparación de cosméticos e recoñece a natureza fisicoquímica dos produtos cosméticos obtidos.

– CA2.1. Xustificáronse as diferenzas entre os sistemas homoxéneos e os heteroxéneos.

– CA2.2. Identificáronse a composición, as características, as propiedades e a concentración das disolucións, así como a súa aplicación en cosmética.

– CA2.3. Describíronse a composición, as propiedades e as características dos sistemas dispersos heteroxéneos e a súa aplicación en cosmética.

– CA2.4. Clasificáronse os tensiactivos e analizouse a súa función.

– CA2.5. Interpretáronse as diferenzas entre suspensións, xeles e emulsións.

– CA2.6. Identificouse a natureza fisicoquímica de diversos cosméticos.

– CA2.7. Identificáronse o material e os equipamentos de laboratorio necesarios para preparar cosméticos.

– CA2.8. Seguíronse os protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos necesarios para a fabricación e o envasado de mesturas e cosméticos sinxelos en condicións de saúde.

– CA2.9. Aplicáronse as medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio necesarias para a fabricación e a manipulación de mesturas de compostos e cosméticos sinxelos en condicións de saúde.

– CA2.10. Realizáronse as operacións empregadas na fabricación de cosméticos cos materiais específicos para esas técnicas.

– CA2.11. Elimináronse de xeito selectivo os residuos dos produtos de refugo xerados.

– CA2.12. Recoñecéronse e cubríronse as epígrafes da ficha de elaboración dun cosmético (compoñentes, concentración, forma cosmética, materiais utilizados, modus operandi, descrición das substancias utilizadas e resultados obtidos).

• RA3. Clasifica os produtos cosméticos e relaciona os graos de penetración cosmética coa acción cosmética.

– CA3.1. Clasificáronse os cosméticos en función da súa acción principal e o lugar de aplicación.

– CA3.2. Identificáronse as formas de presentación dos cosméticos.

– CA3.3. Describíronse as vantaxes e os inconvenientes de cada forma cosmética, así como a súa forma de utilización.

– CA3.4. Avaliáronse a vía e o grao de penetración dos cosméticos na pel.

– CA3.5. Analizáronse os factores que inflúen na penetración dos cosméticos na pel e na súa forma de actuar.

– CA3.6. Determináronse os parámetros que definen a eficacia dos cosméticos influíndo na súa calidade.

• RA4. Selecciona os cosméticos de hixiene adecuados para cada tipoloxía cutánea, para o cal identifica a súa composición, as súas características e a súa forma de actuar.

– CA4.1. Definíronse os conceptos de limpeza e hixiene e identificáronse os compoñentes que forman parte da sucidade que se acumula na superficie da pel nas súas diferentes zonas e nos anexos cutáneos.

– CA4.2. Diferenciáronse os mecanismos de acción das substancias limpadoras.

– CA4.3. Describíronse as características que deben cumprir os cosméticos empregados na limpeza da pel.

– CA4.4. Analizáronse a composición, así como as vantaxes e os inconvenientes dos produtos limpadores faciais e corporais.

– CA4.5. Relacionouse o xeito de actuar dun tónico facial cos ingredientes que o compoñen.

– CA4.6. Diferenciouse a exfoliación estética da exfoliación médica.

– CA4.7. Clasificáronse os cosméticos exfoliantes e diferenciouse o seu mecanismo de acción.

– CA4.8. Clasificáronse as máscaras en función dos seus principios activos e da súa forma cosmética.

– CA4.9. Identificáronse os principios activos dos desodorizantes e dos antitranspirantes segundo o seu mecanismo de acción.

– CA4.10. Analizáronse e preparáronse no laboratorio fórmulas sinxelas de cosméticos de hixiene.

• RA5. Selecciona os cosméticos de hidratación, mantemento e protección da pel adecuados para cada tipoloxía cutánea, tendo en conta a relación entre os seus principios activos e o seu mecanismo de acción.

– CA5.1. Distinguíronse as substancias naturais que interveñen na hidratación cutánea.

– CA5.2. Clasificáronse os principios activos hidratantes segundo o seu mecanismo de acción.

– CA5.3. Seleccionouse a composición dos cosméticos hidratantes en función do tipo de pel onde se vaian empregar.

– CA5.4. Establecéronse as diferenzas entre unha emulsión e un aceite para hidratación corporal.

– CA5.5. Clasificáronse os cosméticos solares segundo a súa finalidade e o momento da súa aplicación.

– CA5.6. Diferenciáronse os principios activos que interveñen na formulación dos fotoprotectores solares.

– CA5.7. Interpretouse o grao de resistencia á auga dun fotoprotector solar e o seu poder de protección.

– CA5.8. Asociouse a composición dos produtos para despois do sol coa súa función.

– CA5.9. Analizáronse e preparáronse no laboratorio fórmulas sinxelas de cosméticos de hidratación, mantemento e protección da pel.

• RA6. Selecciona os cosméticos decorativos adecuados para cada tipoloxía cutánea, para o cal identifica a súa composición, a súa función e zona da súa aplicación.

– CA6.1. Identificáronse os principios activos responsables da acción decorativa dos cosméticos e diferenciáronse en función da súa solubilidade.

– CA6.2. Relacionouse a composición dos cosméticos decorativos coa súa forma de presentación.

– CA6.3. Clasificáronse os cosméticos decorativos en función da zona de aplicación.

– CA6.4. Analizáronse os cosméticos para maquillar a pel do rostro, os ollos e os beizos e especificouse o seu obxectivo.

– CA6.5. Especificáronse as condicións que debe cumprir un cosmético labial en canto á dureza e composición.

– CA6.6. Enumerouse a composición dos cosméticos utilizados nos procesos de maquillaxe das uñas.

– CA6.7. Clasificáronse os cosméticos para a maquillaxe corporal.

– CA6.8. Diferenciáronse os principios activos dos cosméticos autobronceadores e a súa maneira de actuar.

– CA6.9. Analizáronse artigos e dossieres sobre innovacións en cosmética decorativa.

• RA7. Selecciona os cosméticos para os procesos de depilación, descoloración, tratamento de mans e pés e próteses ungueais adecuados ás tipoloxías cutáneas, tendo en conta a relación entre a composición, a forma de presentación e os efectos producidos.

– CA7.1. Identificáronse os compoñentes dos depilatorios químicos e o efecto que orixinan sobre a peluxe.

– CA7.2. Describíronse os tipos de películas adhesivas, a súa composición e as súas características.

– CA7.3. Analizáronse a composición, os efectos e o mecanismo de acción dos cosméticos que se empregan antes e despois da depilación.

– CA7.4. Determináronse as vantaxes e os inconvenientes dos cosméticos para eliminar a peluxe.

– CA7.5. Distinguiuse o xeito de actuar dos cosméticos descolorantes baseándose nos seus principios activos.

– CA7.6. Analizouse a composición de cada cosmético empregado en manicura e pedicura.

– CA7.7. Establecéronse os criterios de selección dos cosméticos de manicura, pedicura e tratamentos de mans e pés en función da súa acción e do servizo estético que se vaia realizar.

– CA7.8. Describíronse a composición e o modo de actuar dos cosméticos empregados para uñas artificiais.

• RA8. Aplica pautas de almacenamento, conservación e manipulación dos cosméticos, para o cal identifica as condicións óptimas de uso, e prevén as reaccións adversas que poidan orixinar.

– CA8.1. Recoñecéronse as causas e os factores que producen con máis frecuencia alteracións nos cosméticos.

– CA8.2. Relacionáronse as alteracións na composición dos produtos cosméticos cos cambios que se orixinan nas súas características organolépticas.

– CA8.3. Identificáronse o lugar e as condicións óptimas de almacenamento para garantir a correcta conservación dos produtos cosméticos e a organización axeitada do almacén.

– CA8.4. Especificáronse as pautas correctas de manipulación dos produtos cosméticos para garantir unhas condicións hixiénico-sanitarias idóneas de aplicación.

– CA8.5. Analizáronse as consecuencias dunha incorrecta manipulación dos produtos cosméticos.

– CA8.6. Describíronse as pautas de recollida dos produtos cosméticos contaminados e/ou alterados, respectando a normativa e o ambiente.

– CA8.7. Identificáronse as reaccións adversas que poidan orixinar os cosméticos, así como os medios para as previr.

– CA8.8. Enumeráronse as precaucións que debe seguir o persoal para previr riscos e doenzas profesionais e evitar contaminacións.

– CA8.9. Pautouse o xeito de actuar do persoal ante a aparición de reaccións adversas a cosméticos.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Química cosmética e cosmetoloxía xeral.

• Átomo, molécula e compostos inorgánicos e orgánicos.

• Expresións de medidas de concentracións das mesturas de uso cosmético.

• pH e a súa relación coa cosmética e co órgano cutáneo.

• Reaccións redox.

• Substancias químicas de uso frecuente na formulación cosmética.

• Concepto de cosmético e diferenzas cos medicamentos e nutricosméticos.

• Regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos.

• Substancias prohibidas en formulación cosmética.

• Elementos externos dun cosmético: envase, cartonaxe, prospecto e etiqueta. Etiquetaxe: requisitos. Símbolos (PAO). Ingredientes: composición cualitativa e cuantitativa. Normas da etiquetaxe. Substancias restrinxidas e a súa especificación na etiquetaxe. Nomenclatura ou código INCI.

• Elementos internos dun cosmético: substancias máis empregadas. Compoñentes internos do cosmético: principio activo, vehículo, aditivos xerais e correctores.

BC2. Introdución ao laboratorio cosmético.

• Natureza fisicoquímica dos cosméticos: sistemas dispersos, sistemas homoxéneos (disolucións), sistemas heteroxéneos, dispersións (suspensións) xeles, emulsións e aerosois.

• O laboratorio: utensilios, materiais e equipamentos. Operacións elementais na preparación de cosméticos.

• Protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos necesarios para a fabricación e o envasado de mesturas e cosméticos sinxelos en condicións de saúde.

• Aplicación das medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio, necesarias para realizar os procesos de preparación de mesturas de compostos e cosméticos sinxelos, en condicións de saúde.

• Preparación de cosméticos.

• Xestión de residuos.

BC3. Clasificación de cosméticos. Penetración na pel.

• Formas de clasificación cosmética.

• Formas cosméticas de presentación.

• Vías e graos de penetración dos cosméticos na pel.

• Factores que inflúen na penetración dos cosméticos.

• Vectores cosméticos.

BC4. Descrición dos cosméticos de hixiene facial e corporal.

• Concepto de limpeza e hixiene.

• Substancias limpadoras: mecanismo de acción.

• Cosméticos limpadores faciais e corporais: composición, mecanismo de acción e formas cosméticas.

• Cosméticos tonificantes: mecanismo de acción; clasificación.

• Cosméticos dous en un de limpeza: soportes impregnados de limpeza.

• Cosméticos exfoliantes: mecanismos de acción, tipos, composición e formas cosméticas.

• Cosméticos complementarios. Máscaras: tipos, composición, criterios de selección.

• Cosméticos complementarios para o baño: sales, perlas, barras, aceites, espumas,  etc.

• Cosméticos complementarios da hixiene corporal: desodorizantes e antitranspirantes.

BC5. Análise dos cosméticos de hidratación, mantemento e protección da pel.

• Cosméticos hidratantes e de mantemento da pel: concepto de hidratación cutánea natural e cosmética. Principios activos hidratantes: hidratantes faciais e corporais.

• Cosméticos solares. Cosméticos previos ao bronceado. Fotoprotectores: composición, resistencia á auga, factor de protección solar e formas cosméticas.

• Cosméticos para despois do sol.

BC6. Clasificación dos cosméticos decorativos.

• Composición xeral: principios activos e excipientes.

• Innovacións en cosmética decorativa: pigmentos, excipientes, etc.

• Cosméticos para maquillar o rostro: previos á maquillaxe, fondos de maquillaxe, correctores, pos, coloretes, etc.

• Cosméticos para a decoración da zona dos ollos.

• Cosméticos para os beizos.

• Cosméticos para a decoración das uñas: bases, vernices, lacas, esmaltes e especiais para aerógrafo.

• Cosméticos para a decoración corporal.

• Cosméticos para o broncedo artificial.

BC7. Cosméticos para os procesos de depilación, descoloración, tratamentos de mans e pés e próteses ungueais.

• Cosméticos para depilación (químicos e películas adhesivas): tipos, composición e características. Cosméticos predepilatorios e posdepilatorios.

• Cosméticos descolorantes.

• Cosméticos para mans e pés. Cosméticos de manicura e pedicura: composición, mecanismo de acción e formas cosméticas. Cosméticos de tratamento estético de mans e pés.

• Cosméticos para uñas artificiais.

BC8. Seguridade e hixiene no almacenamento, na conservación, na manipulación e na aplicación de cosméticos.

• Estabilidade e alteracións dos cosméticos.

• Conservación e almacenamento.

• Alteracións relacionadas coa manipulación e coa aplicación de cosméticos.

• Normativa sobre recollida de produtos cosméticos contaminados e/ou alterados.

• Reaccións adversas a cosméticos: causas, consecuencias, prevención e modo de actuar.

• Doenzas profesionais relacionadas coa manipulación de cosméticos: prevención.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación de soporte necesaria para desempeñar a función de determinar os produtos cosméticos empregados na prestación de servizos básicos de estética e beleza e na súa promoción e venda.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións deste técnico e abrangue aspectos relacionados con:

– Identificación dos produtos cosméticos, a súa composición e o mecanismo de acción.

– Selección dos máis adecuados en función do proceso de venda e/ou prestación do servizo estético que se vaia realizar.

– Análise dos efectos que orixinan.

– Manipulación e conservación.

– Asesoramento á clientela.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Selección e asesoramento de cosméticos para maquillaxe e para tratamentos estéticos (cabinas de estética, distribuidoras de cosméticos e tanatorios, na sección de tanatopraxia).

– Almacenamento e conservación de produtos cosméticos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), d) e n) do ciclo formativo e as competencias a), d) e n).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Identificación das partes dun cosmético.

– Identificación de equipamentos, material de laboratorio e operacións elementais para a preparación de cosméticos.

– Clasificación dos produtos cosméticos.

– Descrición dos cosméticos de hixiene –hidratación, mantemento e protección da pel– e dos cosméticos decorativos e para os anexos córneos da pel.

– Almacenamento, conservación e manipulación dos cosméticos e recoñecemento das reaccións adversas que poidan orixinar.

1.10. Módulo profesional: Perfumaría e cosmética natural.

• Código: MP0642.

• Duración: 105 horas.

1.10.1. Unidade formativa 1: Perfumaría.

• Código: MP0642_12.

• Duración: 30 horas.

1.10.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza os produtos de perfumaría, para o cal analiza a súa estrutura e asesora sobre a súa elección.

– CA1.1. Estableceuse a secuencia do uso do perfume ao longo da historia.

– CA1.2. Definiuse o perfume, analizouse a súa composición e clasificáronse os tipos de materias primas que o constitúen.

– CA1.3. Identificáronse as notas de fondo, corpo e saída na estrutura do perfume.

– CA1.4. Diferenciáronse os métodos de extracción das materias primas naturais.

– CA1.5. Diferenciáronse as fragrancias en función das sensacións olfactivas de acordo coas clasificacións perfumistas.

– CA1.6. Explicáronse os factores que inflúen no desenvolvemento individual do aroma do perfume.

– CA1.7. Esquematizáronse os tipos de perfume segundo o seu contido en esencias e solución alcohólica.

– CA1.8. Enumeráronse as normas de conservación dos perfumes e as precaucións na súa aplicación.

– CA1.9. Describíronse os factores que inflúen na elección dun perfume.

– CA1.10. Relacionouse o perfume coa moda e co seu uso por profesionais da imaxe persoal.

• RA2. Identifica os produtos de aromaterapia, para o cal analiza as súas propiedades cosméticas.

– CA2.1. Determináronse os conceptos de aromaterapia e de aceite esencial.

– CA2.2. Identificáronse os aceites esenciais.

– CA2.3. Relacionáronse as moléculas aromáticas cos seus efectos no sistema nervioso.

– CA2.4. Describíronse os efectos xerais dos aceites esenciais.

– CA2.5. Identificáronse os modos de aplicación dos aceites esenciais.

– CA2.6. Enumeráronse os aceites portadores con que se poden mesturar os aceites esenciais para poderen ser aplicados sobre a pel.

– CA2.7. Especificouse como se deben conservar os aceites esenciais.

– CA2.8. Esquematizáronse as precaucións e as contraindicacións derivadas do seu uso.

– CA2.9. Especificouse a importancia da calidade dos aceites esenciais para o seu uso en estética.

– CA2.10. Individualizáronse os tratamentos de estética e beleza co uso de aceites esenciais.

• RA3. Prepara perfumes no laboratorio.

– CA3.1. Analizouse a fórmula cosmética de perfumes e identificáronse os seus compoñentes.

– CA3.2. Seguíronse os protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos, necesarios para a fabricación e o envasamento de perfumes en condicións de saúde.

– CA3.3. Aplicáronse as medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio necesarias para a fabricación e a manipulación de perfumes en condicións de saúde.

– CA3.4. Describiuse o procedemento para elaborar un perfume.

– CA3.5. Preparáronse perfumes a partir de fórmulas sinxelas con diferentes materias primas.

– CA3.6. Elimináronse selectivamente os residuos dos produtos de refugo xerados.

1.10.1.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización dos produtos de perfumaría.

• Historia da perfumaría e o perfume.

• Definición de perfume.

• Composición e estrutura cosmética do perfume.

• Obtención de materias primas.

• Clasificación das fragrancias.

• Tipos de perfumes: solucións alcohólicas perfumadas.

• O envase en perfumaría e a súa importancia no márketing.

• Conservación do perfume.

• Elección do perfume: pautas para a compra e educación do sentido olfactivo.

• Relación entre a moda, os medios audiovisuais e o perfume.

• Relación entre o persoal profesional de imaxe persoal e o perfume.

• Aplicación do perfume e precaucións para ter en conta.

BC2. Identificación dos produtos de aromaterapia e aromacosmética.

• Concepto de aromaterapia.

• Aceites esenciais.

• Moléculas aromáticas e a súa relación co sistema nervioso.

• Efectos e xeitos de aplicación; aceites portadores.

• Precaucións e contraindicacións.

• Calidades dos aceites esenciais de uso cosmético.

• Aromacosmética: concepto e aplicacións. Cosmética personalizada mediante o emprego de aceites esenciais.

BC3. Elaboración de perfumes no laboratorio.

• Elaboración de perfumes: material necesario, fórmula cosmética e modus operandi.

• Protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos, necesarios para a fabricación e o envasado de mesturas e cosméticos sinxelos en condicións de saúde.

• Aplicación das medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio, necesarias para realizar os procesos de preparación de mesturas de compostos e cosméticos sinxelos, en condicións de saúde.

• Xestión de residuos.

1.10.2. Unidade formativa 2: Cosmética natural.

• Código: MP0642_22.

• Duración: 75 horas.

1.10.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os cosméticos naturais e produtos complementarios e indica a súa aplicación nos tratamentos estéticos básicos.

– CA1.1. Definíronse as características dos cosméticos naturais.

– CA1.2. Indicouse a evolución dos produtos naturais ao longo do tempo.

– CA1.3. Detalláronse os procesos de obtención de extractos vexetais.

– CA1.4. Clasificáronse os extractos vexetais en función do disolvente empregado na súa extracción.

– CA1.5. Analizáronse os efectos e as indicacións dos extractos vexetais utilizados na elaboración de produtos cosméticos.

– CA1.6. Especificáronse os produtos derivados do mar, os seus efectos e as súas indicacións.

– CA1.7. Definíronse os tipos de arxilas e minerais relacionados coa cosmética.

– CA1.8. Describíronse as indicacións dos nutricosméticos como complemento dos tratamentos de estética e beleza.

– CA1.9. Esquematizáronse as contraindicacións dos cosméticos naturais e dos produtos complementarios.

– CA1.10. Identificouse a maneira de conservar e almacenar os produtos naturais.

• RA2. Prepara cosméticos utilizando materias primas naturais no laboratorio.

– CA2.1. Analizáronse as fórmulas de cosméticos naturais e identificáronse os seus compoñentes.

– CA2.2. Seguíronse os protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos, necesarios para a fabricación e o envasado de cosméticos naturais, en condicións de saúde.

– CA2.3. Aplicáronse as medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio, necesarias para a fabricación e a manipulación de cosméticos naturais, en condicións de saúde.

– CA2.4. Describiuse o procedemento para elaborar cosméticos naturais.

– CA2.5. Elaboráronse fórmulas sinxelas de cosméticos naturais.

– CA2.6. Definíronse os tipos de creacións artísticas perfumadas.

– CA2.7. Elaboráronse creacións artísticas como sales, pindas e outros.

– CA2.8. Elimináronse selectivamente os residuos dos produtos de refugo xerados.

– CA2.9. Compiláronse e analizáronse fórmulas cosméticas populares.

• RA3. Distingue os tipos de establecementos de cosmética natural vinculándoos coa posibilidade de xeración de emprego.

– CA3.1. Diferenciáronse os tipos de establecementos de venda de cosmética natural.

– CA3.2. Definíronse os establecementos de perfumaría e drogaría.

– CA3.3. Describíronse as características das herboristarías e a súa relación coa estética.

– CA3.4. Identificáronse as seccións de venda de cosmética natural de grandes superficies.

– CA3.5. Determinouse a especialización dos establecementos de venda de esencias e creacións artísticas.

– CA3.6. Indicouse o punto de venda personalizado que se realiza dentro da cabina de estética.

– CA3.7. Relacionáronse a decoración e o perfume ambiental do establecemento coa imaxe de profesionalidade da empresa.

– CA3.8. Valorouse a importancia do merchandising nos establecementos de cosmética natural.

1.10.2.2. Contidos básicos.

BC1. Recoñecemento dos cosméticos naturais e produtos complementarios.

• Cosmética natural: concepto e características.

• Fitocosmética. Extractos vexetais: concepto, métodos de extracción, clasificación, efectos e usos.

• Cosmética mariña: concepto. Algas e derivados, animais mariños, plancto e derivados; sales.

• Arxilas e minerais utilizados en cosmética: efectos e usos.

• Nutricosméticos e cosmecéuticos; novos conceptos como complementos da estética.

• Contraindicacións e efectos adversos da cosmética natural e os produtos complementarios.

• Almacenamento e conservación de produtos naturais.

BC2. Elaboración de cosméticos naturais no laboratorio.

• Creacións artísticas perfumadas: sales, pindas, saquiños, estruturas florais, talcos, candeas, etc.

• Elaboración de cosméticos naturais: cremas, xabóns artesanais, etc.

• Protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos necesarios para a fabricación e o envasado de cosméticos naturais sinxelos en condicións de saúde.

• Aplicación das medidas hixiénico-sanitarias do persoal no laboratorio, necesarias para realizar os procesos de preparación de cosméticos naturais sinxelos, en condicións de saúde.

• Xestión de residuos.

BC3. Establecementos de perfumaría e cosmética natural.

• Tipos de establecemento de venda de cosmética natural e perfumes: perfumarías, herboristarías, establecementos de venda de esencias e creacións artísticas e centros de beleza.

• Importancia da decoración, o perfume ambiental e o merchandising nos centros de beleza e nas empresas de venda de perfumes e cosmética natural.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de asesorar a poboación usuaria da imaxe persoal sobre o uso como complemento dos perfumes, os cosméticos naturais e os nutricosméticos.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións deste técnico e abrangue aspectos relacionados con:

– Educación do sentido olfactivo para o coñecemento dos perfumes.

– Preparación de perfumes e cosméticos naturais e creación de produtos aromáticos artesanais.

– Uso da aromaterapia, os cosméticos naturais e os nutricosméticos nos tratamentos estéticos.

– Desenvolvemento da capacidade de asesoramento ás persoas usuarias sobre o uso dos perfumes e dos cosméticos complementarios.

– Coñecemento das perfumarías, as herboristarías e os centros de comercialización de produtos cosméticos naturais para o desenvolvemento da autoxeración de traballo.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Asesoramento, uso e preparación de perfumes e fragrancias para as persoas usuarias nos establecementos dos servizos da imaxe persoal.

– Aplicación dos cosméticos de aromaterapia, dos cosméticos naturais e dos nutricosméticos como tratamentos complementarios dos servizos estéticos básicos.

– Autoxeración de emprego no ámbito das perfumarías e centros de venda de cosméticos naturais e nutricosméticos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), d) e l), do ciclo formativo e as competencias a), f), l), m) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Recoñecemento dos tipos dos perfumes, os cosméticos naturais e os nutricosméticos.

– Relación entre os cosméticos naturais, os fitocosméticos, a cosmética mariña e as arxilas na súa aplicación para os tratamentos estéticos básicos.

– Uso dos perfumes, os produtos cosméticos de aromaterapia e os nutricosméticos tanto no asesoramento das persoas usuarias como na aplicación complementaria nos tratamentos estéticos básicos.

– Uso e manipulación das materias primas naturais e sintéticas para a elaboración de perfumes artesanais.

– Definición e interpretación dos tipos de establecementos estéticos relacionados cos perfumes, a aromaterapia, a cosmética natural e os nutricosméticos.

1.11. Módulo profesional: Márketing e venda en imaxe persoal.

• Código: MP0643.

• Duración: 70 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica os produtos e os servizos en empresas de imaxe persoal aplicando técnicas de márketing.

– CA1.1. Caracterizouse o márketing no ámbito da imaxe persoal.

– CA1.2. Identificáronse os tipos de márketing.

– CA1.3. Determináronse os elementos do márketing mix que pode utilizar a empresa.

– CA1.4. Establecéronse as diferenzas entre un ben, como produto tanxible, e un servizo.

– CA1.5. Especificáronse as características propias dos servizos de imaxe persoal.

– CA1.6. Analizouse a importancia do prezo como ferramenta do márketing mix.

– CA1.7. Recoñecéronse os tipos de canles de distribución (grosistas e retallistas) relacionadas coa imaxe persoal.

– CA1.8. Valoráronse as franquías de peiteado e estética como un tipo de distribución con posibilidades de autoemprego.

– CA1.9. Identificáronse os elementos da servución.

– CA1.10. Simulouse a creación dun servizo de imaxe persoal aplicando as ferramentas do márketing.

– CA1.11. Definíronse as fases do plan de márketing.

• RA2. Determina as necesidades da clientela, para o cal analiza as motivacións de compra de produtos e servizos de imaxe persoal.

– CA2.1. Identificouse a clientela como elemento máis importante nas empresas de imaxe persoal.

– CA2.2. Estableceuse a clasificación da clientela segundo a súa tipoloxía, o seu carácter e o seu papel.

– CA2.3. Analizáronse as variables que inflúen no consumo da clientela de imaxe persoal.

– CA2.4. Identificáronse as motivacións de compra da clientela.

– CA2.5. Establecéronse as fases do proceso de compra.

– CA2.6. Especificáronse os niveis de motivación da teoría de Maslow.

– CA2.7. Definíronse criterios de calidade na prestación de servizos de imaxe persoal.

– CA2.8. Valorouse a importancia de conseguir a satisfacción da clientela como parte do proceso da venda.

– CA2.9. Determináronse os mecanismos de fidelización da clientela.

• RA3. Establece pautas de atención á clientela utilizando as técnicas de comunicación e as súas ferramentas.

– CA3.1. Determinouse o protocolo de atención á clientela en todas as fases do proceso, desde a recepción ata a despedida.

– CA3.2. Identificáronse os elementos, as etapas, as barreiras e os obxectivos da comunicación.

– CA3.3. Identificáronse os instrumentos que utilizan as empresas de imaxe persoal na comunicación interna e externa.

– CA3.4. Caracterizouse a comunicación verbal coas persoas usuarias.

– CA3.5. Estableceuse a secuencia de actuación nunha presentación ou charla comercial.

– CA3.6. Identificáronse as fases da comunicación telefónica.

– CA3.7. Analizáronse os instrumentos de comunicación escrita (cartas, folletos, tarxetas, etc.).

– CA3.8. Valorouse a importancia da comunicación xestual nas relacións comerciais.

– CA3.9. Realizáronse demostracións de produtos e servizos.

• RA4. Utiliza técnicas de promoción e publicidade e xustifica a selección dos instrumentos empregados.

– CA4.1. Identificáronse os obxectivos da publicidade.

– CA4.2. Establecéronse as fases dunha campaña publicitaria.

– CA4.3. Especificáronse os medios publicitarios máis utilizados polas empresas do sector.

– CA4.4. Relacionáronse os instrumentos da promoción cos obxectivos e os efectos.

– CA4.5. Establecéronse as fases dunha campaña de promoción.

– CA4.6. Realizouse unha campaña promocional dun produto ou servizo de estética.

• RA5. Aplica as técnicas do merchandising promocional utilizando os instrumentos específicos e adecuándoos á imaxe da empresa.

– CA5.1. Establecéronse os obxectivos do merchandising.

– CA5.2. Clasificáronse os tipos de compras segundo o comportamento da clientela.

– CA5.3. Especificáronse os elementos do merchandising.

– CA5.4. Relacionáronse os efectos da ambientación visual, sonora e olfactiva co proceso de venda.

– CA5.5. Estableceuse a distribución dos espazos e os produtos nos puntos de venda.

– CA5.6. Identificáronse os carteis e os expositores como instrumentos de publicidade no lugar de venda.

– CA5.7. Analizouse a función do escaparate e a súa influencia na decisión de compra das persoas.

– CA5.8. Aplicáronse e combináronse os elementos do merchandising.

• RA6. Realiza demostracións de venda de servizos e produtos de imaxe persoal, para o cal define as etapas e utiliza as técnicas específicas.

– CA6.1. Identificáronse as calidades, as actitudes, as aptitudes e as habilidades que debe reunir o persoal asesor de vendas nas relacións comerciais.

– CA6.2. Establecéronse as técnicas de asertividade utilizadas nas relacións comerciais.

– CA6.3. Aplicáronse técnicas de asertividade e habilidades sociais.

– CA6.4. Valorouse a importancia da imaxe persoal e profesional do persoal asesor de vendas como primeira carta de presentación.

– CA6.5. Establecéronse as fases e as técnicas de venda.

– CA6.6. Estableceuse a argumentación comercial como fórmula de recomendación á clientela.

– CA6.7. Establecéronse as pautas para a resolución de obxeccións á venda.

– CA6.8. Identificáronse os sinais de peche da venda.

– CA6.9. Establecéronse estratexias para o peche dunha venda.

– CA6.10. Identificouse e expúxose a información que se lle debe achegar á clientela para a asesorar sobre o uso de cosméticos e servizos de imaxe persoal.

– CA6.11. Aplicáronse técnicas de asesoramento sobre o uso de cosméticos e servizos de imaxe persoal.

– CA6.12. Establecéronse os procedementos para o seguimento posvenda nos procesos comerciais.

• RA7. Avalía a calidade do servizo e trata as reclamacións e as queixas aplicando procedementos de resolución de conflitos.

– CA7.1. Deseñáronse cuestionarios para avaliar a atención recibida e o grao de satisfacción da clientela.

– CA7.2. Describiuse o procedemento para a resolución de conflitos e reclamacións.

– CA7.3. Describiuse o procedemento para a recollida de reclamacións.

– CA7.4. Identificáronse as alternativas ao procedemento que se lle poidan ofrecer á clientela ante reclamacións doadamente emendables.

– CA7.5. Comprobouse que se dispón dos formularios oficiais de reclamación e que se informou a clientela da súa dispoñibilidade.

– CA7.6. Trasladouse a información sobre a reclamación segundo a orde xerárquica preestablecida.

– CA7.7. Rexistrouse a información do seguimento posvenda, de incidencias, de peticións e de reclamacións da clientela como indicadores para mellorar a calidade do servizo prestado e aumentar a fidelización.

1.11.2. Contidos básicos.

BC1. Identificación de produtos e servizos en empresas de imaxe persoal.

• Definición e conceptos básicos de márketing.

• Márketing nas empresas de imaxe persoal. Tipos de márketing.

• Márketing mix: características e elementos.

• Produtos e servizos en imaxe persoal: características.

• Servución.

• Creación de servizos de imaxe persoal. Factores que interveñen: profesionais, infraestruturas, materiais e clientela.

• Plan de márketing: fases.

BC2. Determinación das necesidades da clientela.

• Importancia da clientela nas empresas de imaxe persoal.

• Concepto e identificación da clientela: clientela interna e externa.

• Clasificación da clientela: tipolóxica, segundo o carácter, segundo o papel, etc.

• Necesidades, demandas e gustos da clientela.

• Variables que inflúen no consumo da clientela.

• Motivación, frustración e mecanismos de defensa. Teoría de Maslow.

• Proceso de decisión de compra.

• Calidade na prestación do servizo.

• Importancia da satisfacción da clientela.

• Fidelización da clientela.

BC3. Pautas de atención á clientela.

• Protocolo de atención á clientela en cada fase do proceso.

• Etapas e elementos do proceso de comunicación.

• Obxectivos da comunicación. Tipos de comunicación nunha empresa de imaxe persoal.

• Comunicación verbal oral: técnicas de comunicación interpersoal ou colectiva; barreiras da comunicación; organización de charlas; comunicación telefónica.

• Comunicación verbal escrita: normas de comunicación e expresión escrita; instrumentos de comunicación escrita empregados nas empresas de imaxe persoal (cartas, folletos, documentos internos, tarxetas, etc.).

• Comunicación xestual.

• Presentación e demostración dun produto ou servizo: pautas de realización.

BC4. Técnicas de publicidade e promoción.

• Publicidade: concepto e obxectivos. Campaña publicitaria: fases. Mensaxe e medios publicitarios. Elementos que conforman a publicidade como técnica de venda.

• Promoción de vendas: concepto e clasificación. Principais obxectivos e efectos que perseguen as promocións. Instrumentos promocionais utilizados no sector.

• Campaña promocional: fases e deseño en imaxe persoal.

BC5. Aplicación das técnicas do merchandising.

• Concepto de merchandising. Merchandising básico e promocional. O merchandising no centro de beleza.

• Tipos de compras: compras previstas e por impulso.

• Elementos do merchandising: ambientación xeral, puntos de venda, elementos exteriores do establecemento e escaparates. Publicidade no lugar de venda (PLV): carteis e expositores.

BC6. Técnicas de venda en imaxe persoal.

• Características do persoal asesor de vendas en imaxe persoal: asertividade e empatía; imaxe persoal e profesional.

• Fases e técnicas de venda. Argumentación comercial. Obxeccións: clasificación e tratamento. Peche da venda: sinais, técnicas e tipos. Venda cruzada.

• Asesoramento profesional na venda de cosméticos e servizos de imaxe persoal. Fichas de apoio técnico á venda de cosméticos.

• Servizo de asistencia posvenda. Seguimento comercial ou posvenda: documentación de seguimento. Procedementos posvenda utilizados. Análise da información: informes comerciais.

BC7. Avaliación da calidade do servizo e tratamento de queixas e reclamacións.

• Valoración da clientela da atención recibida. Cuestionarios de satisfacción.

• Procedementos para a resolución de queixas e reclamacións.

• Elementos dunha queixa ou reclamación.

• Formularios oficiais de reclamación ou queixas.

• Procedemento de recollida das reclamacións.

• Documentos necesarios ou probas nunha reclamación.

• Fases da resolución de queixas e reclamacións.

1.11.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de promoción e venda de produtos e servizos nun establecemento de imaxe persoal.

A formación contida neste módulo aplícase a diferentes funcións deste técnico e abrangue aspectos relacionados con:

– Atención á clientela.

– Identificación de demandas e necesidades.

– Identificación da clientela tipo da empresa.

– Realización de demostracións de produtos e servizos.

– Realización de campañas promocionais.

– Acondicionamento e ambientación do lugar de venda.

– Realización da montaxe e do mantemento de escaparates.

– Venda de produtos e servizos de imaxe persoal.

– Atención a reclamacións e queixas.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Comercialización e venda de servizos estéticos e cosméticos.

– Asesoramento na venda de cosméticos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), n), ñ), p), q) e r) do ciclo formativo e as competencias b), m), n), o), p) e q).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Recoñecemento das técnicas de vendas.

– Interpretación dos protocolos de tratamento das queixas e reclamacións da clientela.

– Programación de accións de seguimento posvenda.

– Posta en práctica do plan de promoción nun caso suposto.

– Identificación dos recursos de márketing, publicidade e promoción de produtos e servizos de imaxe persoal.

– Interpretación das tipoloxías, do carácter e do papel da clientela.

– Selección e aplicación de técnicas de comunicación.

– Desenvolvemento das técnicas de merchandising.

– Deseño de escaparates.

– Selección e aplicación de técnicas de venda.

1.12. Módulo profesional: Formación e orientación laboral.

• Código: MP0644.

• Duración: 107 horas.

1.12.1. Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais.

• Código: MP0644_12.

• Duración: 45 horas.

1.12.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias, relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

– CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

– CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

– CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– CA1.4. Comprendéronse as actuacións adecuadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación, e de menores.

– CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector da imaxe persoal.

– CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

• RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector da imaxe persoal.

– CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico en Estética e Beleza.

– CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

– CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico en Estética e Beleza.

– CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico en Estética e Beleza.

– CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

– CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

– CA3.2. Clasificáronse os modos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

– CA3.3. Determináronse os modos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

– CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

– CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

– CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico en Estética e Beleza.

– CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

• RA4. Determina as medidas de prevención e protección no ámbito laboral da titulación de técnico en Estética e Beleza.

– CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

– CA4.2. Analizáronse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) adecuados ás situacións de risco atopadas.

– CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.12.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

• Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu ámbito laboral.

• Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

• Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Riscos específicos no sector da imaxe persoal en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

• Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector da imaxe persoal.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

• Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

• Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Planificación da prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

• Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

• Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.12.2. Unidade formativa 2: Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.

• Código: MP0644_22.

• Duración: 62 horas.

1.12.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

– CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico en Estética e Beleza e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

– CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

– CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

– CA1.4. Empregáronse adecuadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

– CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

– CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

– CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

• RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

– CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

– CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

– CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

– CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

– CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

– CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico en Estética e Beleza.

– CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

– CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

– CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

– CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

– CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

– CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contextos de organización do traballo.

• RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

– CA3.1. Valorouse o papel da seguridade social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

– CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

– CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

– CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas de seguridade social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

– CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

• RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

– CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

– CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

– CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros Estados da Unión Europea.

– CA4.4. Valorouse o principio de non discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

– CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico en Estética e Beleza.

– CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para melloralas e permitir unha adecuada inserción laboral.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico en Estética e Beleza.

– CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

– CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.12.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

• Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

• Valoración das vantaxes e dos inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

• Equipos no sector da imaxe persoal segundo as funcións que desempeñen.

• Dinámicas de grupo.

• Equipos de traballo eficaces e eficientes.

• Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

• Conflito: características, tipos, causas e etapas.

• Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

• Dereito do traballo.

• Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

• Análise da relación laboral individual.

• Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

• Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico en Estética e Beleza.

• Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

• Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

• Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

• Sindicatos e asociacións empresariais.

• Representación das persoas traballadoras na empresa.

• Conflitos colectivos.

• Novos contextos de organización do traballo.

BC3. Seguridade social, emprego e desemprego.

• A seguridade social como piar do Estado social.

• Estrutura do sistema de seguridade social.

• Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

• Protección por desemprego.

• Prestacións contributivas da seguridade social.

BC4. Procura activa de emprego.

• Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

• Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico en Estética e Beleza.

• Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

• Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico en Estética e Beleza.

• Definición e análise do sector profesional do título de técnico en Estética e Beleza.

• Proceso de toma de decisións.

• Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

• Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.12.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector da imaxe persoal.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais o), p), q), r) s) e w) do ciclo formativo e as competencias ñ), o), p), q), r) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector da imaxe persoal.

– Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

– Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

– Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

– Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

– Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

– Identificación de ofertas de emprego público ás cales se pode acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.

– Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

– Estudo das condicións de traballo do sector da imaxe persoal a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector da imaxe persoal.

– Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

– Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que, polo menos, dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.13. Módulo profesional: Empresa e iniciativa emprendedora.

• Código: MP0645.

• Duración: 53 horas.

1.13.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

– CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

– CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

– CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, da creatividade, da formación, da responsabilidade e da colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

– CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector da imaxe persoal.

– CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

– CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

– CA1.7. Decidiuse, a partir das ideas emprendedoras, unha determinada idea de negocio do ámbito da estética e beleza que servirá de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

– CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

• RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

– CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

– CA2.2. Analizáronse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

– CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

– CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores/as, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

– CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de estética e beleza en función da súa posible localización.

– CA2.6. Analizáronse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

– CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa estética e beleza e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

– CA2.8. Identificáronse, en empresas de estética e beleza, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

– CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

– CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

– CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de estética e beleza e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

– CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

• RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

– CA3.1. Analizáronse o concepto de persoa empresaria así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

– CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determináronse as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

– CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector da imaxe persoal.

– CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

– CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

– CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

– CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

– CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de estética e beleza tendo en conta a súa localización.

– CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, aos trámites administrativos, ás axudas e ás subvencións.

• RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

– CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

– CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

– CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada coa estética e beleza, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

– CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, notas promisorias e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de estética e beleza, e describíronse os circuítos que percorre esa documentación na empresa.

– CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.13.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

• Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de estética e beleza (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

• A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

• Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

• Actuación das persoas emprendedoras no sector da imaxe persoal.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

• Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

• Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

• Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito de estética e beleza.

BC2. A empresa e o seu contorno.

• A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

• Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de estética e beleza: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

• Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de estética e beleza: clientela, provedores/as, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

• Localización da empresa.

• A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

• Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

• Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

• Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

• Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

• Formas xurídicas das empresas.

• Responsabilidade legal do empresariado.

• A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

• Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

• Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

• Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de estética e beleza.

• Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

• Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector da imaxe persoal.

• Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

• Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

• Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

• Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

• Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de estética e beleza: documentos administrativos e documentos de pagamento.

• Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.13.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto de cara ao autoemprego como de cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais q) e v) do ciclo formativo e as competencias p) e t).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de estética e beleza, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

– Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector da imaxe persoal.

– Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

– Realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de estética e beleza, composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro debe incluír o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que, polo menos, dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.14. Módulo profesional: Formación en centros de traballo.

• Código: MP0646.

• Duración: 410 horas.

1.14.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación cos tipos de servizos que presta.

– CA1.1. Identificáronse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

– CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientela co desenvolvemento da actividade empresarial.

– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

• RA2. Amosa hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

– Dispoñibilidade persoal e temporal necesaria no posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

– Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

– Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais, de aplicación na actividade profesional.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, interpretando e cumprindo as instrucións recibidas.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo, comunicando as incidencias salientables.

– CA2.9. Valoráronse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

• RA3. Realiza operacións relacionadas coa acción comercial aplicando os procedementos establecidos pola empresa.

– CA3.1. Interpretáronse as instrucións recibidas do titor segundo as normas da empresa e comunicáronse as desviacións detectadas.

– CA3.2. Valorouse a propia imaxe persoal como imaxe de empresa, coidando aspectos como a hixiene persoal, a maquillaxe, o peiteado, a indumentaria, etc.

– CA3.3. Aplicáronse os procedementos de acollemento e despedida.

– CA3.4. Efectuouse a recepción telefónica e presencial da clientela.

– CA3.5. Organizouse a axenda de xeito manual ou informatizado.

– CA3.6. Realizáronse, baixo supervisión, operacións de cobramento.

– CA3.7. Colaborouse na recepción, na distribución, no almacenamento e no control de existencias de produtos e materiais utilizados nos servizos ofrecidos pola empresa.

– CA3.8. Aplicáronse técnicas de empaquetado e embalaxe xestionando distintos tipos de envíos.

– CA3.9. Manexáronse os tipos de información e documentación utilizada e xerada ao longo do proceso comercial.

– CA3.10. Leváronse a cabo as actuacións para o mantemento e a limpeza de instalacións, equipamentos e utensilios relacionados coas actividades asignadas.

• RA4. Asesora e vende produtos e servizos relacionados co seu posto de traballo desenvolvendo as técnicas de márketing.

– CA4.1. Aplicáronse os procedementos de comunicación e atención á clientela deseñados pola empresa.

– CA4.2. Identificáronse os tipos de produtos e servizos que ofrece a empresa.

– CA4.3. Distinguíronse a tipoloxía da clientela, as súas motivacións e as súas necesidades de compra.

– CA4.4. Mantivéronse coas persoas usuarias actitudes, valores e normas propias dunha empresa de servizo como autocontrol, cortesía, sociabilidade e discreción.

– CA4.5. Aplicáronse as técnicas de venda.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas de merchandising utilizadas no local para fomentar as compras.

– CA4.7. Recoñecéronse os tipos de publicidade que aplica a empresa.

– CA4.8. Fomentáronse os incentivos de promoción de vendas deseñados pola cabina de estética.

– CA4.9. Utilizouse unha linguaxe técnica para informar e asesorar as persoas usuarias sobre os hábitos, os produtos e os servizos estéticos.

– CA4.10. Aplicáronse os procedementos de resolución de reclamacións e queixas.

• RA5. Analiza o órgano cutáneo, as características e as necesidades da clientela e rexistra os datos na ficha técnica.

– CA5.1. Recoñecéronse os datos que aparecen na ficha estética.

– CA5.2. Seguíronse as pautas para analizar as características anatomofisiolóxicas e morfolóxicas da zona onde se aplique o tratamento.

– CA5.3. Recoñecéronse as principais alteracións que determinan a indicación ou contraindicación dos servizos propostos.

– CA5.4. Organizouse toda a información na ficha técnica.

– CA5.5. Propúxose o tratamento ou a técnica máis adecuados tras a análise.

• RA6. Realiza técnicas decorativas de maquillaxe facial e ungueal, e de colocación de uñas artificiais, seguindo procedementos normalizados de traballo.

– CA6.1. Interpretáronse as instrucións recibidas para a aplicación de técnicas inherentes á actividade que se vai realizar.

– CA6.2. Acomodouse a clientela segundo a posición ergonómica máis apropiada para o servizo.

– CA6.3. Verificouse a dispoñibilidade de todos os materiais e aparellos para a realización do servizo decorativo.

– CA6.4. Colocáronse os materiais, os cosméticos e os equipamentos de forma cómoda na cabina de estética.

– CA6.5. Preparáronse a pel, as uñas e a zona periungueal para a aplicación dun tratamento posterior.

– CA6.6. Maquillouse segundo as circunstancias persoais, sociais e profesionais da clientela.

– CA6.7. Executáronse os procesos de elaboración de uñas artificiais segundo as instrucións e as normas establecidas.

– CA6.8. Decoráronse as uñas das mans e dos pés en diferentes estilos.

– CA6.9. Aplicáronse as medidas de hixiene e desinfección axeitadas segundo normas hixiénico-sanitarias.

• RA7. Realiza tratamentos de hixiene e de mantemento e hidratación facial e corporal das mans e dos pés tendo en conta a relación entre a secuencia establecida e as características da clientela.

– CA7.1. Acomodouse a clientela valorando a súa confortabilidade.

– CA7.2. Informouse a clientela acerca dos efectos e das sensacións que vai ter durante o tratamento e despois deste.

– CA7.3. Seleccionáronse os equipamentos e os cosméticos segundo as instrucións do persoal responsable.

– CA7.4. Preparouse a zona que se vai tratar para aumentar a eficacia do tratamento posterior.

– CA7.5. Aplicáronse técnicas de hixiene, hidratación e mantemento da pel segundo as necesidades da clientela.

– CA7.6. Individualizáronse os cosméticos utilizados nestas técnicas co uso de aceites esenciais ou produtos naturais.

– CA7.7. Realizáronse os tratamentos de manicura e pedicura adaptando os procedementos á dispoñibilidade de medios da empresa.

– CA7.8. Recoñeceuse como indicador da calidade do servizo o aspecto final da clientela, o tempo de realización da técnica, a ambientación, etc.

– CA7.9. Informouse a persoa usuaria acerca dos tratamentos posteriores que teña que realizar fóra e dentro da cabina estética.

• RA8. Realiza operacións de eliminación ou descoloración da peluxe corporal utilizando procedementos mecánicos e/ou produtos químicos adaptados á análise da persoa usuaria.

– CA8.1. Avaliáronse as características vasculares do pelo e da pel da clientela.

– CA8.2. Preparouse a zona que se vai tratar para evitar reaccións irritativas.

– CA8.3. Realizáronse, baixo supervisión do persoal responsable, as mesturas de cosméticos segundo instrucións de fábrica.

– CA8.4. Depilouse a peluxe corporal con diversas técnicas mecánicas.

– CA8.5. Executáronse procedementos de descoloración da peluxe.

– CA8.6. Realizouse o tratamento no tempo establecido.

– CA8.7. Valorouse, como parámetro de satisfacción da clientela, un bo acabamento do servizo.

– CA8.8. Adoptáronse as medidas estipuladas, relativas a prevención de riscos laborais e protección ambiental, no desenvolvemento das fases de execución do servizo.

1.14.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico superior en Estética e Beleza e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzaron no centro educativo como os de difícil consecución nel.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente.

60

40

20 %

Taller de estética.

120

90

50 %

Laboratorio de cosmetoloxía e perfumaría.

90

60

30 %

• A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas tomando como referencia, para a determinación das superficies necesarias, as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

• O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

• Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos e alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos ou outras etapas educativas.

• En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento

  • Equipamentos audiovisuais. Cámara de vídeo e fotográfica.
  • Equipamentos informáticos en rede e con conexión á internet. Software.
  • Moblaxe adecuada para cada espazo.
  • Material e equipamentos básicos de laboratorio químico.
  • Persoa clástica e modelos anatómicos.
  • Toucadores con andel e espellos con luz arredor.
  • Butacas específicas de maquillaxe modificables en altura e con repousacabezas.
  • Padiolas de masaxe regulables en altura.
  • Equipamentos para a análise cutánea: lupas, luz de Wood, medidor de hidratación, sebómetro e microcámara.
  • Equipamentos para maquillaxe: aerógrafo con distintas boquillas e depósitos, programa informático de
    maquillaxe virtual.
  • Equipamentos para manicura e pedicura: repousapés para pedicura; bandexas para pediluvios; cubeta para
    baño de pés; duchas, pulverizacións, torno con diferentes fresas e lámpada catalizadora para uñas artificiais,
    cortadores de tips.
  • Equipamentos para a depilación mecánica.
  • Equipamentos para tratamentos estéticos: aparellos de vapor-ozono, pulverizador e ventosas, equipamento de
    correntes continuas, variables e de alta frecuencia, peeling ultrasónico e quentador de parafina.
  • Equipamentos para a limpeza e a desinfección de utensilios, materiais e equipamentos: esterilizador por
    radiacións UVC e de calor seca; autoclave; desinfectantes químicos.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza.

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

  • MP0633. Técnicas de hixiene facial e corporal.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP0634. Maquillaxe.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP0635. Depilación mecánica e descoloración da peluxe.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP0636. Estética de mans e pés.

Estética.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP0637. Técnicas de uñas artificiais.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP0638. Análise estética.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP0639. Actividades en cabina de estética.

Estética.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP0640. Imaxe corporal e hábitos saudables.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP0641. Cosmetoloxía para estética e beleza.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP0642. Perfumaría e cosmética natural.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP0643. Márketing e venda en imaxe persoal.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP0644. Formación e orientación laboral.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP0645. Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións equivalentes para os efectos de docencia.

Corpos

Especialidades

Titulacións

• Profesorado de ensino secundario.

Formación e Orientación Laboral.

  • Diplomado/a en Ciencias Empresariais.
  • Diplomado/a en Relacións Laborais.
  • Diplomado/a en Traballo Social.
  • Diplomado/a en Educación Social.
  • Diplomado/a en Xestión e Administración Pública.

• Profesorado técnico de formación profesional.

Estética.

  • Técnico superior en Estética.
  • Técnico especialista en Estética.

Perrucaría.

  • Técnico superior en Asesoría de Imaxe Persoal.
  • Técnico especialista en Peiteado.

C) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que conforman o título para os centros de titularidade privada e doutras administracións distintas da educativa, e orientacións para a Administración educativa.

Módulos profesionais

Titulacións

  • MP0638. Análise estética.
  • MP0640. Imaxe corporal e hábitos saudables.
  • MP0641. Cosmetoloxía para estética e beleza.
  • MP0642. Perfumaría e cosmética natural.
  • MP0643. Márketing e venda en imaxe persoal.
  • MP0644. Formación e orientación laboral.
  • MP0645. Empresa e iniciativa emprendedora.
  • Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.
  • MP0633. Técnicas de hixiene facial e corporal.
  • MP0634. Maquillaxe.
  • MP0635. Depilación mecánica e descoloración da peluxe.
  • MP0636. Estética de mans e pés.
  • MP0637. Técnicas de uñas artificiais.
  • MP0639. Actividades en cabina de estética.
  • Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.
  • Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.
  • Técnico/a superior en Estética ou outros títulos equivalentes.
  • Técnico/a superior en Asesoría de Imaxe Persoal ou outros títulos equivalentes.

4. Anexo IV.

Validacións entre módulos profesionais de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) e os establecidos no título de técnico en Estética e Beleza ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

Módulos profesionais incluídos nos ciclos formativos establecidos na LOXSE

Módulos profesionais do ciclo formativo (LOE):

técnico en Estética e Beleza

  • Técnicas de hixiene facial e corporal.
  • MP0633. Técnicas de hixiene facial e corporal.
  • Maquillaxe.
  • MP0634. Maquillaxe.
  • Depilación mecánica e técnicas complementarias.
  • MP0635. Depilación mecánica e descoloración da peluxe.
  • Escultura de uñas e estética de mans e pés.
  • MP0636. Estética de mans e pés.
  • MP0637. Técnicas de uñas artificiais.
  • Anatomía e fisioloxía humanas básicas.
  • MP0640. Imaxe corporal e hábitos saudables.
  • Cosmetoloxía aplicada á estética decorativa.
  • MP0641. Cosmetoloxía para estética e beleza.
  • Promoción e venda de produtos e servizos no ámbito da estética persoal.
  • MP0643. Márketing e venda en imaxe persoal.
  • Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.
  • MP0645. Empresa e iniciativa emprendedora.
  • Formación en centro de traballo do título de técnico en Estética Persoal Decorativa.
  • MP0646. Formación en centros de traballo.

5. Anexo V.

A) Correspondencia das unidades de competencia acreditadas consonte o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, cos módulos profesionais para a súa validación.

Unidades de competencia acreditadas

Módulos profesionais validables

  • UC0355_2: aplicar técnicas estéticas de hixiene e hidratación facial e corporal.
  • MP0633. Técnicas de hixiene facial e corporal.
  • UC0065_2: mellorar a harmonía do rostro con estilos de maquillaxe social.
  • MP0634. Maquillaxe.
  • UC0354_2: atender a clientela do servizo estético de hixiene, depilación e maquillaxe en condicións de seguridade, saúde e hixiene.
  • UC0345_1: eliminar por procedementos mecánicos e descolorar a peluxe.
  • MP0635. Depilación mecánica e descoloración da peluxe.
  • UC0357_2: aplicar técnicas estéticas para coidar e embelecer as uñas.
  • UC0359_2: realizar tratamentos estéticos de mans e pés.
  • MP0636. Estética de mans e pés.
  • UC0358_2: elaborar e aplicar uñas artificiais.
  • MP0637. Técnicas de uñas artificiais.
  • UC0354_2: atender a clientela do servizo estético de hixiene, depilación e maquillaxe en condicións de seguridade, saúde e hixiene.
  • UC0356_2: atender a clientela do servizo estético de mans e pés en condicións de seguridade, hixiene e saúde.
  • MP0638. Análise estética.
  • MP0641. Cosmetoloxía para estética e beleza.
  • UC0352_2: asesorar e vender produtos e servizos para a imaxe persoal.
  • MP0643. Márketing e venda en imaxe persoal.

Nota: as persoas matriculadas no ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza que teñan acreditadas todas as unidades de competencia incluídas no título, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, terán validado o módulo profesional «MP0639: Actividades en cabina de estética».

B) Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación.

Módulos profesionais superados

Unidades de competencia acreditables

  • MP0633. Técnicas de hixiene facial e corporal.
  • UC0355_2: aplicar técnicas estéticas de hixiene e hidratación facial e corporal.
  • MP0634. Maquillaxe.
  • UC0065_2: mellorar a harmonía do rostro con estilos de maquillaxe social.
  • MP0635. Depilación mecánica e descoloración da peluxe.
  • UC0345_1: eliminar por procedementos mecánicos e descolorar a peluxe.
  • MP0636. Estética de mans e pés.
  • UC0357_2: aplicar técnicas estéticas para coidar e embelecer as uñas.
  • UC0359_2: realizar tratamentos estéticos de mans e pés.
  • MP0637. Técnicas de uñas artificiais.
  • UC0358_2: elaborar e aplicar uñas artificiais.
  • MP0638. Análise estética.
  • MP0641. Cosmetoloxía para estética e beleza.
  • UC0354_2: atender a clientela do servizo estético de hixiene, depilación e maquillaxe en condicións de seguridade, saúde e hixiene.
  • UC0356_2: atender a clientela do servizo estético de mans e pés en condicións de seguridade, hixiene e saúde.
  • MP0643. Márketing e venda en imaxe persoal.
  • UC0352_2: asesorar e vender produtos e servizos para a imaxe persoal.

6. Anexo VI.

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio de Estética e Beleza para o réxime ordinario.

Curso

Módulo

Duración

Especialidade profesorado

  • MP0633. Técnicas de hixiene facial e corporal.

186

Estética.

  • MP0634. Maquillaxe.

160

Estética.

  • MP0636. Estética de mans e pés.

107

Estética.

Perrucaría.

  • MP0638. Análise estética.

107

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

  • MP0640. Imaxe corporal e hábitos saudables.

133

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

  • MP0641. Cosmetoloxía para estética e beleza.

160

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

  • MP0644. Formación e orientación laboral.

107

Formación e Orientación Laboral

Total 1º

(FCE)

960

  • MP0635. Depilación mecánica e descoloración da peluxe.

140

Estética.

  • MP0637. Técnicas de uñas artificiais.

105

Estética.

  • MP0639. Actividades en cabina de estética.

157

Estética.

  • MP0642. Perfumaría e cosmética natural.

105

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

  • MP0643. Márketing e venda en imaxe persoal.

70

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

  • MP0645. Empresa e iniciativa emprendedora.

53

Formación e Orientación Laboral.

Total 2º

(FCE)

630

  • MP0646. Formación en centros de traballo.

410

7. Anexo VII.

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

  • MP0642. Perfumaría e cosmética natural.
  • MP0642_12. Perfumaría.

30

  • MP0642_22. Cosmética natural.

75

  • MP0644. Formación e orientación laboral.
  • MP0644_12. Prevención de riscos laborais.

45

  • MP0644_22. Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.

62