Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21244

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de abril de 2014 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2014/15 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.

A función docente constitúe un factor esencial da calidade da educación e para o seu adecuado desenvolvemento a formación do profesorado é unha peza clave. Por outra banda, a función docente experimentou unha notable transformación nos últimos anos, transformación que vai parella aos novos retos que ten que afrontar o sistema educativo. Neste contexto a oferta formativa debe, por unha banda, coordinarse cos grandes obxectivos e programas da política educativa e, por outra banda, facer o profesorado partícipe, permitindo implicarse de forma activa na mellora das súas competencias de xeito que se fomente a creatividade, a capacidade de innovación e, en resumo, que agrome o talento existente.

Neste sentido, os cambios derivados do desenvolvemento do Decreto 74/2011, do 14 de abril, regulador da formación permanente do profesorado en Galicia, tratan de que a formación permanente responda, tanto nas súas estruturas como nos seus plans e nas accións concretas, a unha vocación de apoio constante na mellora da función docente do profesorado galego.

No marco normativo xeral a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, dedica o seu título III a salientar o protagonismo que debe adquirir o profesorado no sistema educativo actual, cunha atención prioritaria á súa formación inicial e permanente.

O artigo 102 establece que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros, coa finalidade, entre outras, de prever a adecuación dos coñecementos e métodos á evolución das ciencias e das didácticas específicas. E, por outra parte, o artigo 105, de medidas para o profesorado de centros públicos, dispón na alínea 2.d) que a Administración educativa disporá o desenvolvemento de licenzas retribuídas, de acordo coas condicións e requisitos que establezan, coa finalidade de estimular a realización de actividades de formación e de investigación e innovación educativas que revertan en beneficio directo do propio sistema educativo.

Ademais da formación anual programada e desenvolvida polas estruturas de formación a través de actividades para o profesorado, é conveniente ofertar unha modalidade formativa de máis longa duración nun contexto de implicación activa do profesorado no seu deseño e de acordo coas principais liñas de traballo marcadas para o sistema educativo. Neste sentido, as novas tecnoloxías acadan unha importante presenza e gozan de gran proxección no eido docente, polo que a Administración pretende facer partícipe o profesorado na realización de proxectos de investigación, elaborando materiais didácticos, sen esquecer a especificidade da formación profesional, que lles permita afondar nesta vertente do seu labor profesional e, ao tempo, que proporcionen o seu coñecemento e experiencia ao conxunto da comunidade educativa no deseño de actividades de formación a distancia, modalidade cun crecemento substancial dentro da formación do profesorado. Por outra banda, a potenciación da formación do profesorado nas linguas estranxeiras constitúe un eixe fundamental para o sistema educativo galego, de xeito que na función docente se tenda a acadar os niveis adecuados de competencia dentro dun marco europeo de referencia para as linguas.

Por todo o exposto, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto e persoas destinatarias

Apróbanse as bases e convócanse licenzas para o curso 2014/15, dirixidas ao persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio (en diante citarase como LOE), modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, destinado durante o próximo curso 2014/15 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a distribución do anexo I desta orde.

Artigo 2. Modalidades de licenzas por formación

As licenzas por formación, retribuídas, poden solicitarse para as seguintes modalidades:

Modalidade 1: proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria.

Ten por obxecto a creación de materiais dixitais que desenvolvan preferentemente contidos curriculares dalgunha materia dos cursos do terceiro ciclo de primaria ou de primeiro e segundo de educación secundaria. Valorarase especialmente a creación de secuencias didácticas para os niveis indicados. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 2: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais en primaria e secundaria.

Ten por obxecto a creación de materiais dixitais que desenvolvan preferentemente contidos curriculares dalgunha materia dos cursos do terceiro ciclo de primaria ou de primeiro e segundo de educación secundaria. Valorarase especialmente a creación de secuencias didácticas para os niveis indicados. A presentación do proxecto seguirá o establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 3: proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional.

Ten por obxecto a creación de materiais que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2.f) do artigo 23 do Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. A relación de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional da LOE que son obxecto de elaboración de materiais para esta convocatoria relaciónanse no anexo IX.

Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no procedemento de elaboración de programacións de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación de FP, grupos de traballo, etc.). A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será de tres meses.

Modalidade 4: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional.

Ten por obxecto a creación de materiais que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2.f) do artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial. A relación de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional da LOE que son obxecto de elaboración de materiais para esta convocatoria relaciónanse no anexo IX.

Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no procedemento de elaboración de programacións de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación de FP, grupos de traballo, etc.). A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será de tres meses.

Modalidade 5: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

Ten por obxecto a creación de cursos non presenciais de formación do profesorado que se impartirán na Plataforma de teleformación galega (Platega). A presentación do proxecto versará sobre algunha das actividades propostas no anexo VIII e segundo as instrucións proporcionadas polo departamento do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) que vaia coordinar o curso. O obxectivo desta modalidade é a creación e, de ser o caso, a posterior titoría dos cursos, segundo o compromiso recollido no anexo V, e nas condicións normativas establecidas no desenvolvemento de actividades de formación permanente do profesorado. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será de un a tres meses, dentro do período comprendido entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2014.

Modalidade 6: perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Ten por obxecto o perfeccionamento da lingua estranxeira correspondente e a consecución da cualificación necesaria para promover a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües, segundo o compromiso recollido no anexo VI. Está dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 18 febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas polo profesorado, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira. A adxudicación de licenzas realizarase consonte a seguinte orde de preferencia: en primeiro lugar o profesorado non especialista de ensino primario e secundario, en segundo lugar o profesorado que imparta docencia na formación profesional e, por último, o profesorado especialista en linguas estranxeiras.

A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV. O proxecto centrarase na presentación do plan de perfeccionamento da lingua que se desenvolverá durante o período da licenza.

As licenzas desta modalidade terán unha duración mínima dun mes e máxima de tres meses.

Artigo 3. Requisitos

As persoas candidatas á licenza deberán reunir os seguintes requisitos:

1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2012/13 e 2013/14, e no 2014/15 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Teren, como mínimo, dous anos de antigüidade como persoal docente de carreira nos corpos e nas escalas que se establecen no artigo 1 desta orde. Para estes efectos computaranse os servizos ata o 31 de agosto de 2014. Para a modalidade 6 terá preferencia o profesorado con destino definitivo no centro educativo durante o curso 2014/15.

3. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2014/15, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral.

4. Obteren como mínimo oito puntos na epígrafe 1 e, de ser o caso, tamén na epígrafe 5, do baremo que figura no anexo III desta convocatoria.

5. A obtención da licenza é incompatible coa participación simultánea en programas europeos, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro ofrecidas á marxe desta convocatoria.

A persoa solicitante que obteña praza en calquera destas convocatorias deberá notificalo urxentemente e por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 4. Solicitudes, documentación e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse utilizando o modelo do anexo II. A solicitude será única e para unha soa modalidade.

2. Á solicitude achegaráselle a seguinte documentación:

a) Para as modalidades 1, 3 e 6: acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo III desta orde. As modalidades 2, 4 e 5, ao seren de grupo, quedan exentas.

b) Para todas as modalidades: proxecto de traballo segundo o contido do anexo IV.

3. O prazo de presentación será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Todas as persoas participantes deberán presentar relación numerada e asinada da documentación entregada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo III. Non se terán en conta nin se valorarán os méritos nin os servizos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire este artigo.

Non terán que presentarse os documentos xustificativos de méritos alegados que xa fosen achegados polo profesorado para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais

Artigo 5. Comisión de selección

1. A selección das persoas candidatas realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

– Presidencia: a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa, ou persoa en quen delegue.

– Vogais: ata un máximo de catro, con categoría de titular de subdirección xeral, xefatura de servizo ou membro da Inspección educativa, por designación da persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

– Secretaría: unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará con voz e sen voto.

Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da comisión.

A comisión, para os efectos dun mellor coñecemento e unha mellor valoración das solicitudes, poderá realizar peticións de informes, por medio da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, á Inspección educativa ou ás persoas especialistas da citada consellería.

2. A comisión poderá dispor a constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos puntos 2, 3 e 4 do baremo do anexo III. Ás reunións desta subcomisión poderá asistir unha persoa representante de cada unha das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

3. Esta comisión estará incluída na categoría que corresponda para os efectos do previsto no Decreto 144/2008, do 26 de xuño –que modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño–, concretado na Resolución do 20 de xuño de 2008 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de xuño de 2008 respecto da actualización do previsto no anexo IV do citado Decreto 144/2001.

Artigo 6. Criterios de selección e puntuación provisional

1. A comisión seleccionadora baremará as solicitudes presentadas de conformidade cos criterios establecidos no anexo III. De ser o caso, poderá convocar os solicitantes dunha determinada modalidade a unha entrevista que versará sobre o proxecto e/ou o nivel de competencia dixital necesario para o seu desenvolvemento.

Cumpirá acadar unha puntuación mínima de 8 puntos na valoración tanto no proxecto como, de ser o caso, na entrevista para optar a unha licenza.

2. En caso de empate, este dirimirase atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 1 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

c) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

3. No caso de se produciren vacantes nalgunha das modalidades, poderán acumularse ás outras modalidades. En ningún caso poderá excederse o número total de licenzas retribuídas establecido no anexo I.

4. A puntuación provisional obtida polas persoas candidatas farase pública no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na internet (www.edu.xunta.es), e abrirase un prazo de dez días naturais para efectuar reclamacións ante a presidencia da comisión.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior presentaranse as posibles renuncias á concesión das licenzas, dirixidas á presidencia da mencionada comisión seleccionadora.

Artigo 7. Resolución definitiva

1. Logo de resoltas as reclamacións, a comisión seleccionadora remitirá ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da concesión de licenzas por formación, xunto coa acta ou as actas definitivas, nas cales se indicarán as valoracións outorgadas a cada persoa candidata, así como a relación final de persoas beneficiarias das licenzas. Esta proposta de resolución definitiva publicarase no portal educativo www.edu.xunta.es. A seguir procederase á publicación da resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia.

2. Despois de resolta esta convocatoria non se admitirán renuncias ás licenzas concedidas, agás en casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As licenzas concedidas executaranse nos termos autorizados, e non se admitirá modificación ningunha salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

3. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

4. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de cinco meses desde a data de publicación desta orde.

Artigo 8. Período de desenvolvemento das licenzas

O período de desenvolvemento para o exercicio da licenza é o abranguido entre o 15 de setembro de 2014 e o 31 de agosto de 2015, agás para a modalidade 5 –grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado– que será o comprendido entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2014.

Artigo 9. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Nas modalidades 1, 2 e 5, unha persoa asesora do CAFI e, nas modalidades 3 e 4, unha persoa asesora do Servizo de Ordenación e Formación Profesional ou das estruturas de formación do profesorado, porase en contacto coas persoas beneficiarias co fin de lles transmitir as instrucións para a elaboración dos materiais. Durante o período de duración da licenza, as persoas beneficiarias asumen a obriga de entregar os documentos precisos para lle facilitar o labor de seguimento correspondente e de seguir, de ser o caso, as súas indicacións técnicas. Poderán ser convocadas a unha reunión inicial para establecer as pautas de coordinación e indicacións técnicas xerais.

2. Logo de rematada a licenza e nun prazo máximo de dous meses desde a súa finalización, as persoas beneficiarias presentarán a correspondente documentación xustificativa do cumprimento dos obxectivos previstos. A citada documentación enviarase ao Servizo de Formación do Profesorado, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e constará dos seguintes elementos:

a) Para as modalidades 1 a 5, os seguintes elementos comúns:

a.1. Unha declaración xurada ou promesa (de cada membro do equipo ou do representante da entidade) de posuír, como responsables da autoría, plenos dereitos de divulgación e publicación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados –incluídos sons, vídeos, animacións, flash, textos, ... que forman parte dos ODE–, e de que estes non estean comercializados. A autoría deberá aparecer expresada na portada do traballo obxecto da licenza.

a.2. No caso de que se inclúan imaxes de menores, en aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, achegaranse as correspondentes autorizacións de pais, nais ou persoas responsables da súa titoría legal, en soporte impreso e electrónico (PDF), debidamente cubertas e asinadas.

a.3. Poderanse incluír outros materiais complementarios que os autores e as autoras consideren de interese.

b) Elementos específicos para cada modalidade:

b.1. Para as modalidades 1 e 2:

b.1.1. Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.

b.1.2. Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, preparado para a súa publicación na internet, preferentemente con empaquetaxe SCORM. Para isto último deberanse seguir as recomendacións sobre creación e estrutura de contidos dixitais dispoñibles no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/web/ODEs

b.1.3. Un manual de uso (en formato PDF ou RTF) en que se expliquen, cunha linguaxe axeitada para o nivel do alumnado, as pautas de utilización do material. Cando, por razóns especiais, non se xulgue necesario este documento, deberase razoar a decisión nun documento específico de igual título.

b.1.4. Un documento técnico en galego e castelán (en formato PDF ou RTF) en que se especifiquen os pasos que haxa que seguir para a instalación e os parámetros de configuración e execución da aplicación desde a internet e no servidor cliente.

b.2. Para as modalidades 3 e 4:

b.2.1. Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, no cal constará:

– Puntos 1, 3 e 4 da programación dos módulos profesionais de que se elaboran materiais, elaborado mediante a aplicación informática de elaboración de programacións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consonte o modelo de programación establecido no anexo XIII da citada Orde do 12 de xullo de 2011. Elaboraranse para o punto 4 as unidades didácticas a que pertenzan as actividades realizadas.

b.2.2. Orixinal en soporte dixital editable dos materiais elaborados, no cal constarán:

– As actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación elaboradas que desenvolvan algunha das relacionadas no punto 4.f) das unidades didácticas da correspondente programación. A suma da duración das actividades elaboradas será dun mínimo de 40 horas por persoa individual ou por persoa participante no grupo de traballo.

b.3. Para a modalidade 5:

b.3.1. Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.

b.3.2. Orixinal en soporte dixital editable dos materiais elaborados para o curso que estean embebidos na Platega e aloxados en servizos externos (Youtube, Slideshare, Issuu, etc.).

b.4. Para a modalidade 6:

b.4.1. Memoria final –segundo o guión que figura no anexo VII–.

b.4.2. Certificación orixinal ou unha fotocopia compulsada expedida polo centro ou a institución onde se realizou o perfeccionamento na lingua estranxeira, con expresión da duración en datas e número total de horas da formación recibida, así como unha tradución desa certificación.

Artigo 10. Situación administrativa das persoas beneficiarias

Durante o tempo de duración dunha licenza, o persoal docente seleccionado recibirá os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. As persoas beneficiarias dunha licenza consideraranse, para todos os efectos, en situación de servizo activo.

Artigo 11. Incompatibilidades

A concesión de licenzas con retribución implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade remunerada pública ou privada.

Artigo 12. Responsabilidades por incumprimento

O incumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da licenza ou á incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario do persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 13. Seguimento

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa efectuará o axeitado seguimento e control dos estudos e dos traballos que se realicen durante o período da licenza, e poderá solicitar directamente, a través de entrevista ou por medio da Inspección educativa, información sobre o traballo realizado e sobre o que quede pendente, de tal xeito que o incumprimento do establecido no proxecto inicial poida dar lugar á revogación da licenza.

Artigo 14. Propiedade dos materiais

Con independencia do recoñecemento da súa autoría, os materiais realizados serán propiedade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que reserva para si o dereito de reprodución, distribución e comunicación pública, e poderaos distribuír baixo unha licenza Creative commons by-sa (recoñecemento-compartir igual).

Os autores e as autoras, para poderen difundir pola súa conta os devanditos traballos, farán constar na correspondente difusión que o traballo foi realizado durante unha licenza retribuída pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 15. Retirada de documentación

A partir dos dous meses da data de publicación da resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas ou aquelas en quen deleguen disporán dun prazo de tres meses para retiraren a documentación perante a presidencia da comisión. Transcorrido o dito prazo, entenderase que renuncian á súa devolución.

Artigo 16. Réxime dos recursos

Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición adicional primeira

O profesorado con nivel B1 poderá optar á licenza en modalidade 6 cando teña por obxecto a acreditación B2 e sirva para a súa consolidación no desempeño de seccións bilingües.

Disposición adicional segunda

Cando do marco das accións de colaboración, promoción e cooperación establecidas entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e outras institucións ou entidades derive unha oferta de accións formativas para o profesorado, estas poderán adxudicarse, de ser o caso, dentro da cota de prazas existentes, en atención á modalidade retribuída que por analoxía lle corresponda.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar as medidas necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Distribución das licenzas por formación retribuídas que se convocan
segundo as modalidades

Modalidades

Meses

1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais

80

2. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais

80

3. Proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional

30

4. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional

70

5. Grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais

40

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior

200

Totais

500

ANEXO III

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos

máximo

Documentos

1. Proxecto de traballo.

1.1. Proxecto de traballo. Cumprirá alcanzar un mínimo de oito puntos.

Ata 20 puntos

20

O solicitado para cada modalidade no anexo IV

2. Méritos docentes:

2.1. Servizos docentes.

Por cada ano de servizos na función pública docente (non se computarán os exixidos como requisito): ..................................

1 punto por ano completo

Por esta subepígrafe, ata 10 puntos

3. Actividades de formación permanente do profesorado organizadas ou homologadas polas administracións educativas.

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas

3.1. Docencia en actividades de formación do profesorado.......

Nota: para titores e titoras de prácticas de mestres e mestras, do ICE e das universidades (prácticas de psicopedagoxía ou similar) puntuarase 0,15 puntos por cada ano.

Por cada dez horas.... 0,05 puntos

2

3.2. Coordinación e/ou asistencia a actividades de formación do profesorado ...........................................................................

Por cada dez horas.... 0,05 puntos

4

4. Méritos académicos non exixidos para o ingreso no corpo.

4

Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudos, de ser o caso

4.1. Título de doutor ou doutora .................................................

1,50 puntos

4.2. Licenciatura ou equivalente ................................................

1 punto

4.3. Diplomatura ou equivalente ................................................

0,5 puntos

4.4. Por cada ciclo formativo ou grao de ensinanzas de réxime especial ou formación profesional .............................................

4.5. Outros estudos de posgrao (DEA ou equivalente, títulos propios da universidade, mestrados, etc.) .................................

0,25 puntos

0,25 puntos

5. Entrevista.

5.1. Entrevista. Cumprirá alcanzar un mínimo de oito puntos.

Ata 20 puntos

20

ANEXO IV
Esquema dos contidos dos proxectos de licenzas por formación
e documentación complementaria

Modalidades 1 e 2. Proxectos e grupos de traballo para elaboración de materiais curriculares dixitais:

1. Presentarase unha proposta sobre o traballo que se vaia realizar durante o período da licenza, onde se concretará, de xeito especial, como se levarán a cabo as fases de posta en práctica e avaliación. Nesta proposta, que deberá ser de carácter tanto organizativo como curricular, farase constar:

a ) Título do proxecto.

b) Participantes: datos persoais e profesionais.

c) Materia ou materias e cursos a que se dirixa, e ámbito ou ámbitos en que se desenvolverá dentro da modalidade.

d) Breve descrición do contido do proxecto.

e) Relación de contidos curriculares que se vaian desenvolver.

f) Descrición do soporte e das ferramentas que se utilizarán para a elaboración do material. Deberá terse en conta o seguinte:

– Os recursos terán que visualizarse correctamente nas últimas versións dos navegadores máis comúns: Mozilla Firefox, Chrome e Internet Explorer. Deben funcionar sen necesidade de instalar ningún plugin específico no navegador, agás os de Flash, Java, Descartes e Malted.

– Deberán ser multiplataforma, de xeito que se poidan utilizar nos sistemas operativos máis comúns.

– Cumprirá ter en conta que os contidos se deben visualizar en equipamentos cunha resolución máxima de pantalla de 1.024×768 píxeles, se o contido se reproduce en pantalla completa, ou unha resolución de pantalla de 920×500 píxeles, se o recurso está deseñado para visualizarse de xeito integrado na propia interface de Moodle.

g) Organización da execución do proxecto e calendario de realización.

2. Requisitos e características dos materiais dixitais:

Todos os materiais cumprirán, no momento da súa publicación, a normativa expresada na Lei 34/2002, do 11 de xullo (disposición adicional quinta, punto 1), modificada pola Lei 56/2007, do 28 de decembro, canto á accesibilidade das páxinas das administracións públicas na internet.

Características dos materiais dixitais:

– Multimedia, interactividade, accesibilidade, adaptabilidade, interoperabilidade e portabilidade. Os materiais presentados non poderán incluír publicidade de empresas, produtos nin servizos comerciais.

– Presentarase en soporte dixital (CD, DVD, pen drive, etc.) correctamente etiquetado.

– O material incluirá todas as páxinas e os ficheiros necesarios para a correcta execución da súa interactividade, tanto se se executa esta en modo servidor coma se se trata de módulos ou aplicacións que actúan en modo cliente.

– Os materiais estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización cun navegador estándar sobre distintos sistemas operativos, libres e propietarios, e poderán ser executados en local.

– O material creado publicarase baixo a licenza Creative Commons que combine as seguintes propiedades: recoñecemento, non comercial e compartir igual.

– O arquivo comprimido zip de cada obxecto dixital educativo (en diante, ODE) creado terá un peso nunca superior a 100 Mb. Cada traballo pode ter os ODE que o autor estime necesarios para desenvolver o proxecto presentado.

– Os traballos entregaranse en soporte físico. Non virán protexidos con contrasinal. Tampouco se admitirán materiais aloxados na internet en servizos da web 2.0.

– Tanto nos arquivos de entrega coma nos nomes dos arquivos de recursos que se utilizan para elaborar o material ou que se vinculan dentro do mesmo (é dicir, en toda a estrutura de navegación) é importante non usar espazos, eñes, acentos nin caracteres especiais.

3. Os traballos e as investigacións que supoñan unha actuación en centros docentes ou noutras institucións públicas ou privadas xuntarán certificado de conformidade das respectivas direccións, co visto e prace da Inspección educativa ou autorización das persoas responsables das institucións, de ser o caso.

4. O proxecto terá unha extensión máxima de 20 páxinas en papel tamaño DIN-A4, a dobre espazo e con letra tipo Arial ou Times New Roman de 12 puntos.

Modalidades 3 e 4. Proxecto individual ou grupo de traballo de dous membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional.

1. Presentarase unha proposta sobre as actividades que se vaian realizar durante o período da licenza, onde se fará constar:

a ) Ciclo formativo e módulo profesional.

b) Participantes: datos persoais e profesionais.

c) Relación de unidades didácticas e das súas actividades que se vaian desenvolver, cunha breve descrición e estimación da súa duración.

f) Organización da execución do proxecto e calendario de realización.

2. Requisitos e características dos materiais. Os materiais elaboraranse seguindo o formato e as instrucións que especifique o Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

3. O proxecto terá unha extensión máxima de 15 páxinas en papel tamaño DIN-A4, a dobre espazo e con letra tipo Arial ou Times New Roman de 12 puntos.

Modalidade 5. Grupos de traballo para a creación de cursos non presenciais.

1. Presentarase unha proposta sobre o curso a distancia que se vaia realizar durante o período da licenza, na cal se fará constar:

a) Título do curso.

b) Participantes: datos persoais e profesionais.

c) Relación de contidos que se vaian desenvolver.

d) Descrición das ferramentas de Moodle que se vaian empregar no desenvolvemento dos contidos.

e) Descrición de ferramentas externas a Moodle que se vaian empregar, xunto coa integración na aula virtual dos contidos xerados con elas.

f) Métodos de avaliación previstos para o profesorado matriculado no curso.

g) Organización da execución do proxecto e calendario de realización.

2. Requisitos e características dos materiais dixitais.

Todos os materiais cumprirán, no momento da súa publicación, a normativa expresada na Lei 34/2002, do 11 de xullo (disposición adicional quinta, punto 1), modificada pola Lei 56/2007, do 28 de decembro, canto á accesibilidade das páxinas das administracións públicas na internet.

Características dos materiais dixitais:

– Multimedia, interactividade, accesibilidade, flexibilidade, modularidade, adaptabilidade, rexeitabilidade, interoperabilidade e portabilidade. Os materiais presentados non poderán incluír publicidade de empresas, produtos nin servizos comerciais.

– Crearanse directamente nunha aula virtual na Platega. Cando se usen programas externos os materiais presentarase en soporte dixital (CD, DVD, etc.) correctamente etiquetado cos materiais creados con ferramentas externas á aula virtual.

– Os materiais estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización cun navegador estándar sobre distintos sistemas operativos, libres e propietarios, e integrados na Platega.

– O material creado publicarase baixo a licenza Creative Commons que combine as seguintes propiedades: recoñecemento, non comercial e compartir igual.

3. O proxecto terá unha extensión máxima de 15 páxinas en papel tamaño DIN-A4, a dobre espazo e con letra tipo Arial ou Times New Roman de 12 puntos.

As licenzas para esta modalidade soamente poden solicitarse durante o primeiro trimestre do curso 2014/15.

Modalidade 6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Deberase presentar a documentación seguinte:

1. Certificación acreditativa de dispor do nivel B2 na lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas, agás para o profesorado especialista.

2. Anexo VI da orde cuberto e asinado.

3. O proxecto consistirá na exposición, cunha extensión máxima de catro folios, do plan de perfeccionamento que se pretenda acometer con base na lingua estranxeira que se vaia perfeccionar, con expresión de, polo menos:

a) País onde se levará a cabo. Enténdese que o país escollido deberá ter como lingua oficial aquela que perfeccionará a persoa solicitante.

b) Centro ou institución onde recibirá a formación, achegando os datos identificativos.

c) Denominación da formación que vaia recibir, nivel académico e a súa duración expresada en días e cómputo total de horas.

d) Razóns ou motivos por que solicita a licenza por estudos para o perfeccionamento da lingua estranxeira.

e) Beneficios que espera obter tanto para o profesorado como para o centro de destino.

ANEXO VII
Guión para a elaboración da memoria final (modalidade 6)

Extensión máxima de cinco folios.

1. Datos de identificación do profesor ou da profesora participante.

2. Datos do centro de acollemento.

3. Descrición dos contidos do programa traballados.

4. Actividades pedagóxicas e culturais realizadas no país de acollida.

5. Posible impacto do seu perfeccionamento na lingua estranxeira no seu centro educativo, e medidas de difusión do aprendido no estranxeiro.

6. Achegas persoais.

ANEXO VIII
Relación de cursos non presenciais (modalidade 5)

– Formación continua dos departamentos de orientación.

– Metodoloxía para a creación de secuencias didácticas utilizando as TIC.

– Recursos on line para a competencia oral en inglés.

– A tradición clásica en Galicia: pegadas da cultura grecorromana na sociedade galega contemporánea.

– Iniciación á planificación lingüística en centros.

– As familias na escola.

– Orientación vocacional e desenvolvemento profesional.

– Desenvolvemento do traballo colaborativo a través de dispositivos móbiles.

– Recursos prácticos para ensinar fonética inglesa.

– Recursos e aplicacións TIC para atención á diversidade.

– Creación de materiais dixitais utilizando ferramentas de autor sinxelas.

ANEXO IX
Relación de módulos profesionais de ciclos formativos obxecto
de elaboración de materiais

Con carácter xeral serán obxecto de elaboración de materiais os módulos profesionais de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE).

No caso dos módulos recollidos na seguinte táboa, poderanse completar os materiais elaborados en anteriores convocatorias ata o número de horas especificado.

Código

Módulo

Duración do módulo

Horas pendentes de elaborar

MP0486

Acceso a datos

157

117

MP0201

Acústica e elementos de protección sonora

187

147

MP0061

Anatomofisioloxía e patoloxía básicas

107

27

MP0223

Aplicacións ofimáticas

240

200

MP0216

Atención sanitaria

213

133

MP0690

Botánica agronómica

80

40

MP0579

Composicións florais e con plantas

140

100

MP0352

Configuración de instalacións solares térmicas

107

67

MP0488

Desenvolvemento de interfaces

140

100

MP0613

Desenvolvemento web en contorno servidor

175

95

MP0246

Deseño de construcións metálicas

267

227

MP0387

Deseño de produtos turísticos

140

100

MP0614

Despregamento de aplicacións web

88

48

MP0211

Destrezas sociais

123

83

MP0011

Didáctica da educación infantil

240

200

MP0569

Eficiencia enerxética en edificación

70

30

Empresa e iniciativa emprendedora

53

13

MP0562

Estruturas de construción

107

67

MP0376

Implantación de aplicacións web

122

82

MP0237

Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios

123

43

MP0236

Instalacións de distribución

155

115

MP0007

Interpretación gráfica

133

93

MP0373

Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información

133

53

MP0013

O xogo infantil e a súa metodoloxía

187

147

MP0046

Preelaboración e conservación de alimentos

240

200

MP0650

Proceso integral da actividade comercial

133

93

MP0386

Procesos de guía e asistencia turística

105

65

MP0048

Produtos culinarios

350

310

MP0105

Promoción da saúde

157

77

MP0920

Recursos expresivos audiovisuais e escénicos

187

147

MP0177

Recursos humanos no aloxamento

87

47

MP0384

Recursos turísticos

187

147

MP0832

Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

214

174

MP0563

Representacións de construción

347

307

MP0226

Seguridade informática

140

60

MP0385

Servizos de información turística

70

30

MP0375

Servizos de rede e internet

140

100

MP0656

Simulación empresarial

140

100

MP1098

Son para audiovisuais

267

147

MP0693

Topografía agraria

107

27

MP0440

Tratamento informático da información

267

187

MP0627

Xestión administrativa do comercio internacional

187

27

MP0815

Xestión da conservación do medio natural

123

83

MP0602

Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas

70

30

MP0813

Xestión da pesca continental

87

47

Os materiais dos módulos recollidos na seguinte táboa están completos, polo que non se concederán licenzas por formación para a súa elaboración.

Código

Módulo

Duración do módulo

Formación e orientación laboral

107

MP0017

Habilidades sociais

123

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file