Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21410

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014 pola que se crean, modifican e suprimen determinados ficheiros con datos de carácter persoal existentes nesta axencia.

A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) ten o firme propósito de dar oportuno cumprimento á normativa en materia de protección de datos, polo que durante todos estes anos vén realizando continuas auditorías e verificacións periódicas das medidas de seguridade, tanto técnicas coma organizativas.

No marco dunha nova revisión, é preciso reformular a estrutura dos ficheiros declarados, modificalos para que reflictan a realidade dos datos que a eles se incorporan e declarar aqueles novos, que dean cobertura ás finalidades a que se destinan por parte da Axega.

Ao abeiro do artigo número 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e do título V do seu regulamento aprobado mediante o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, no que se refire á creación, modificación e supresión de ficheiros das administracións públicas, especifícase que só se poderá facer mediante a disposición xeral correspondente publicada no diario oficial correspondente.

En consecuencia, e en virtude das facultades conferidas no artigo 9 do Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Emerxencias,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto a creación, modificación e supresión dos ficheiros de datos de carácter persoal existentes na Axencia Galega de Emerxencias que se relacionan no anexo.

Artigo 2. Contido

A información exixida para as disposicións de creación de ficheiros no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento asociado, o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, está contida no anexo desta resolución.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros da Axencia Galega de Emerxencias creados por esta resolución só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e os declarados no anexo. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas observarase o disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros

A responsabilidade sobre os ficheiros creados por esta resolución correspóndelle á Axencia Galega de Emerxencias, encadrada na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

No anexo detállase a unidade ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguranza

Os niveis dos ficheiros creados por esta resolución atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta resolución.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente da Axencia Galega de Emerxencias

ANEXO

I. Ficheiros de nova creación responsabilidade da Axega.

Créase o seguinte ficheiro:

Denominación do ficheiro

Videovixilancia

Finalidade e usos previstos

Videovixilancia das instalacións

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Persoas que acceden ás instalacións da Axega

Procedencia de recollida de datos

O propio interesado ou representante legal

Procedemento de recollida de datos

Cámaras de videovixilancia

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: imaxe/voz

Sistema de tratamento

Automatizado

Comunicacións ou cesións de datos

Non se prevén

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non se prevén

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Secretaría Xeral

Rúa Roma, 25-27, 1º, 15703 Santiago de Compostela

lopd.axega@xunta.es

Nivel do ficheiro

Básico

II. Modificación de ficheiros responsabilidade da Axencia Galega de Emerxencias.

Modifícanse os seguintes ficheiros:

1. Ficheiro: xestión de incidencias 112 (creado por Resolución do 2 de abril de 2009; DOG núm. 76).

Responsable do ficheiro

Axencia Galega de Emerxencias

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Secretaría Xeral

Rúa Roma, 25-27, 1º, 15703 Santiago de Compostela

lopd.axega@xunta.es

Sistema de tratamento

Automatizado

Colectivo de afectados

Persoas que notifican, interveñen ou participan nunha chamada de emerxencia ao teléfono 112. Profesionais e técnicos que realicen funcións de protección civil. Cargos públicos

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de circunstancias sociais: licenzas, permisos, autorizacións, pertenza a clubs ou asociacións.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional.

Datos de saúde.

Motivo da modificación

Cambio no responsable do ficheiro, na súa estrutura ou colectivo afectado, así como o sistema de tratamento. Modifícase tamén o órgano encargado da atención dos dereitos ARCO

Nivel do ficheiro

Alto

2. Ficheiro: xestión TAXGAL (creado por Resolución do 2 de abril de 2009; DOG núm. 76).

Responsable do ficheiro

Axencia Galega de Emerxencias

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Secretaría Xeral

Rúa Roma, 25-27, 1º, 15703 Santiago de Compostela

lopd.axega@xunta.es

Sistema de tratamento

Automatizado

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, enderezo (postal/electrónico), teléfono, teléfono móbil; representante legal; matrícula do vehículo; imaxe/voz.

Datos de características persoais: estado civil, datos de familia, data de nacemento, idade, sexo.

Datos de circunstancias sociais: licenzas, permisos, autorizacións, pertenza a clubs ou asociacións.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional.

Datos de saúde.

Motivo da modificación

Cambio no responsable do ficheiro, na súa estrutura, así como o sistema de tratamento. Modifícase tamén o órgano encargado da atención dos dereitos ARCO

Nivel do ficheiro

Básico

3. Ficheiro: control de acceso ás instalacións (creado por Resolución do 2 de abril de 2009; DOG núm. 76).

Responsable do ficheiro

Axencia Galega de Emerxencias

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Secretaría Xeral

Rúa Roma, 25-27, 1º 15703 Santiago de Compostela

lopd.axega@xunta.es

Finalidade

Control de acceso aos edificios

Estrutura básica do ficheiro. Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome, apelidos, sinatura.

Datos de detalle de emprego: posto de traballo, situación laboral, categoría profesional.

Motivo da modificación

Cambio no responsable do ficheiro, na súa estrutura e finalidade. Modifícase tamén o órgano encargado da atención dos dereitos ARCO

Nivel do ficheiro

Básico

III. Supresión de ficheiros responsabilidade da Axencia Galega de Emerxencias.

Suprímese o seguinte ficheiro:

Nome do ficheiro

Xestión de usuarios

Data de creación

21.4.2009

Motivo da supresión

Os datos non compoñen un conxunto organizado deles, senón a relación de usuarios dos sistemas de información, tanto propios como os dos encargados de tratamentos da Axega

Destino dos datos

Os datos figuran como parte do documento de seguridade ou dos contratos do artigo 12 da Lei orgánica 15/1999

Previsión de destrución

Consérvanse todos os datos na medida de seren necesarios