Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21578

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios (Tragsatec) subscrita no exercicio 2014, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun máximo dun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Encomenda de xestión relativa ao servizo técnico cualificado para a predición do clima, o seguimento do estado ecolóxico das augas, o cambio climático e o control da calidade do aire, confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Temas prioritarios: 3.47-Calidade do aire; 3.48-Prevención e control integrados da contaminación e 3.53-Prevención de riscos.

Actividade. Apoio técnico cualificado á parte das funcións desenvolvidas pola Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación, principalmente na predición e difusión meteorolóxica, no seguimento do estado ecolóxico das augas e no control da calidade do aire, mediante o desenvolvemento das actuacións descritas no texto da encomenda.

Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 31 de decembro de 2014.

Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase nun máximo dun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e encádrase nos temas prioritarios: 33.47-Calidade do aire; 3.48-Prevención e control integrados da contaminación e 3.53-Prevención de riscos.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

P.D. (Orde do 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas