Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 25981

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que terá lugar a primeira parte da proba.

De acordo coa base común 8 da Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, estes tribunais, de conformidade coas instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, acordan o seguinte:

Primeiro. Data do acto de presentación e hora de todos os tribunais, no lugar indicado por cada tribunal no punto segundo desta resolución:

– Acto de presentación:

Data: 21 de xuño de 2014.

Hora: 9.30 horas.

Recórdase que, de conformidade co punto 8.7 da Orde do 17 de marzo de 2014, a asistencia ao acto de presentación é obrigatoria, ten carácter persoal e, en consecuencia, non se admitirán acreditacións nin poderes de representación.

O persoal aspirante que non asista ao citado acto decaerá nos seus dereitos e será excluído do procedemento, agás nos casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal; igualmente, será motivo de exclusión o feito de presentarse nun tribunal ao cal non estea adscrito.

Se este acto de presentación ou a realización dalgunha das partes da proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir ao acto de presentación ou á realización da proba por causas derivadas do embarazo, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Neste acto de presentación os tribunais identificarán o persoal aspirante, que deberá ir provisto do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a identidade. Darán as instrucións que consideren convenientes e aclararán as dúbidas presentadas para o mellor desenvolvemento do procedemento selectivo.

Segundo. Datas, horas e lugares do acto de presentación e da realización da primeira parte da proba:

• Especialidade: Xeografía e Historia.

– Primeira proba:

Data: 21 de xuño de 2014.

Primeira parte ás 11.00 horas.

Segunda parte ás 17.30 horas.

– Lugar:

Tribunais número 1 e 2:

IES Politécnico de Vigo. Rúa Torrecedeira, 88, 36208 Vigo (Pontevedra).

Tribunais número 3 e 5:

IES Álvaro Cunqueiro. Rúa O Porriño, s/n, 36209 Vigo (Pontevedra).

Tribunais número 4 e 6:

CIFP Valentín Paz Andrade. Estrada Vella de Madrid, 160, 36214 Vigo (Pontevedra).

• Especialidade: Matemáticas, tribunais 1, 2 e 3.

– Primeira parte da proba:

Data: 21 de xuño de 2014.

Hora: 11.00 horas.

– Lugar:

IES Blanco Amor de Ourense. Rúa Vicente Risco, nº 13, 32001 Ourense.

• Especialidade: Bioloxía e Xeoloxía, tribunais 1, 2, 3 e 4.

– Primeira proba:

Data: 21 de xuño de 2014.

Primeira parte ás 11.00 horas.

Segunda parte ás 18.00 horas.

– Lugar:

IES Universidade Laboral de Culleredo. Rúa Salvador Allende, s/n, 15670 Culleredo (A Coruña).

• Especialidade: Inglés, tribunais 1, 2, 3 e 4.

– Primeira parte da proba:

Data: 21 de xuño de 2014.

Primeira parte ás 11.30 horas.

Segunda parte ás 17.00 horas.

– Lugar:

Tribunais nº 1 e nº 2: IES A Xunqueira II. Rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 6, 36005 Pontevedra.

Tribunais nº 3 e nº 4: IES A Xunqueira I. Rúa Alexandre Bóveda, nº 1, 36005 Pontevedra.

• Especialidade: Administración de Empresas, tribunais 1 e 2.

– Primeira proba:

Data: 21 de xuño de 2014.

Primeira parte ás 16.00 horas.

– Lugar: IES As Fontiñas. Rúa Estocolmo, 5, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro. A orde de actuación dos aspirantes iniciarase alfabeticamente por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra B, conforme o sorteo realizado pola Consellería de Facenda no ano 2014 (DOG do 10 de febreiro). Os tribunais que non conten con aspirantes cuxo apelido empece pola letra indicada iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos