Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27418

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014 pola que se procede á execución da sentenza correspondente ao P.A. 300/2012 en relación co proceso selectivo para a provisión de catro prazas de condutor vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade por Resolución reitoral do 18 de febreiro de 2011.

Esta xerencia, ao abeiro do disposto no artigo 40 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, e da Resolución reitoral de delegación de competencias do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

1. Deixar sen efecto o Acordo do tribunal cualificador do proceso selectivo, adoptado o 19 de novembro de 2012, polo que se establecían as puntuacións definitivas da fase de concurso do proceso selectivo convocado pola Resolución reitoral do 18 de febreiro de 2011. As puntuacións definitivas da fase de concurso serán, en todo caso, as recollidas no Acordo adoptado o 25 de abril de 2012 polo tribunal cualificador coas consecuencias inherentes relativas á configuración da listaxe de agarda.

2. Modificar a Resolución reitoral do 17 de decembro de 2012 pola que se publica a relación definitiva de persoas aprobadas no proceso selectivo nos termos expresados no anexo.

3. Conferir a Arturo José Canto Vázquez un prazo de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de formalizar as esixencias recollidas na base 11 da Resolución reitoral do 18 de febreiro de 2011, pola que se convocou o proceso selectivo para a provisión de catro prazas de condutor vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade (BOE nº 56, do 7 de marzo).

A toma de posesión de Arturo José Canto Vázquez comportará o cesamento de Juan Carlos Neira Rodríguez, así como a revogación do seu nomeamento primeiro como persoal laboral fixo da UDC e, tras a superación do proceso de funcionarización, como funcionario de administración e servizos da UDC.

4. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. Notificar a presente resolución a Arturo José Canto Vázquez e a Juan Carlos Neira Rodríguez.

Contra a presente resolución, que se dita en execución de sentenza, non cabe recurso ningún, agás as actuacións que os interesados poidan promover perante o Xulgado número 1 do Contencioso-Administrativo da Coruña.

A Coruña, 2 de xuño de 2014

P.D. (Resolución reitoral do 16.1.2012)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

Anexo
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para
a provisión de catro prazas de condutor vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocadas pola Resolución do 18 de febreiro de 2011 (DOG do 15 de marzo)

Nome e apelidos

Oposición

Antigüidade

Formación

Concurso

Total

Costa Fernández, Manuel

53,25

30

4,25

34,25

87,5

Losada Bugallo, Luis Manuel

42,607

30

4,5

34,5

77,107

Canto Vázquez, Arturo José

34,25

25,65

10

35,65

69,9

Fanego Pereira, Alberto

41,5

7,8

10

17,8

59,3