Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29554

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xuño de 2014 pola que se modifica a Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

Advertido erro na Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 16 de xuño, procédese a efectuar a oportuna corrección.

No artigo 15.1.b), páxina 27046, onde di: «b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2014», debe dicir: «b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2014».

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria