Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 304/1998, do 6 de novembro (DOG núm. 225, do 19 de novembro), o seguinte:

Primeiro. Con data do 23 de maio de 2014 o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista dos resultados da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público na Casa do Concello de Ribadumia, durante o período de interposición de recursos. Os documentos que se poden examinar no dito concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. No prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva, poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, podendo os recorrentes presentar os recursos no Rexistro Único do Edificio Administrativo de Pontevedra, sito na rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra, no Rexistro Xeral da consellería, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación.

Pontevedra, 11 de xuño de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra