Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilaromarís II (Oroso-A Coruña).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Senra-Cardama-Vilaromarís II (Oroso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 55/1991, do 14 de febreiro (DOG do 28 de febreiro), o seguinte:

Primeiro. O 4 de xuño de 2014, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Oroso e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 20 de xuño de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña